Termalismo IMSERSO

O Termalismo Saudable configúrase en España como un servizo complementario ás prestacións do Sistema da Seguridade Social que ten por obxecto facilitar a asistencia, que nos balnearios se presta, ás persoas maiores que a precisen.

 

Poden participar no Programa as pensionistas do Sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación e invalidez, en todo caso, e polo concepto de viuvez ou doutras pensións unicamente cando o solicitante cumpra os sesenta anos de idade.

 

Outros requisitos para participar no Programa son valerse por si mesmo para as actividades da vida diariay non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nun centro residencial nin enfermedade infecto contaxiosa

 

O solicitante pode ir acompañado do seu cónxuxe, para o que non se esixen os requisitos de pensión e idade.

 

-Documentación:

           

           –Solicitude

Balnearios

 

-Prazo de presentación de solicitudes:

 

 Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto, ambos os dous inclusive:
-Con prioridade na adxudicación de praza: ata o 4 de xaneiro de 2018.
-Para a súa inclusión na orde que corresponda, na Lista de Espera de Prazas: ata  o día 10 de maio de 2018.

 

Para as quendas dos meses de setembro a decembro, ambos os dous inclusive:
-Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 11 de maio de 2018.

 

Para a súa inclusión na «Lista de Espera de Prazas» para a cobertura de prazas que vaian   quedando vacantes por distintos motivos: ata o 31 de outubro de 2018.

           

 –Normativa:

 

Orden de 26 de diciembre de 1990 por la que se modifica la de 15 de marzo de 1989, que  estableció y reguló el Servicios de Termalismo Social del Instituto Nacional de Servicios  Sociales.

 

Orden de 15 de marzo de 1989 por la que se establece y regula el Servicio de Termalismo   Social del Instituto Nacional de Servicios Sociales.

 

Resolución de 9 de diciembre de 2014, del Instituto de Mayores y Servicios Sociales, por la  que se convoca la concesión de plazas para pensionistas que deseen participar en el   Programa de Termalismo Saludable