Título de Familia Numerosa

Considérase Familia Numerosa a integrada por:

  1. Un ou dous ascendentes con tres ou máis fillas ou fillos, sexan ou non comúns.
  2. Un ou dous ascendentes con dúas fillas ou fillos, sexan ou non comúns, sempre que polo menos un deles sexa discapacitado ou estea incapacitado para traballar.
  3. Duas persoas ascendentes, cando ambas fosen discapacitadas ou como mínimo, unha delas tivese un grao de discapacidade en grao igual ou superior ao 65%, ou estivesen incapacitados para traballar, con duas fillas ou fillos,sexan ou non comúns
  4. O pai ou a nai separados ou divorciados, con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns, aínda que estean en distintas unidades familiares, sempre que se encontren baixo a súa dependencia económica aínda que non vivan no domicilio conxugal.
  5. Dous/dúas ou máis irmáns orfos/as de pai e nai sometidos a tutela, acollemento ou garda que convivan coa persoa titora, acolledora ou gardadora, pero que non estean ás súas expensas.
  6. Tres ou máis irmáns orfos/as de pai e nai, maiores de 18 anos (ou dous, se un deles é discapacitado) que convivan e teñan unha dependencia económica entre eles.
  7. O pai ou a nai con dous fillos, cando teña falecido o outro proxenitor.

Considéranse ascendente ao pai, nai ou a ámbolos dous conxuntamente cando exista vínculo conxugal e, no seu caso, ao cónxuxe dun deles. A falta destes, equiparanse os que tiveran ó seu cargo a tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo dos fillos, sempre que éstes convivan con ela ou elas ou ás súas expensas.

Terán a mesma consideración que os fillos as persoas sometidas a tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

Enténdese por discapacitado aquel que teña recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ó 33% e por incapaz para traballar aquela persoa que teña reducida a súa capacidade de traballo nun grao equivalente ó da incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez.

Categorías:

  1. Especial: as de cinco ou máis fillos e as de catro fillos dos cales polo menos tres procedan de parto, adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo múltiples. Tamén se clasifican nesta categoría as unidades familiares con catro fillos cando os seus ingresos anuais divididos polo número de membros que as compoñen, non superen, en cómputo anual o 75% do IPREM vixente, incluídas as pagas extraordinarias.
  2. Xeral: as restantes unidades familiares.

Cada fillo ou filla que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% ou que teña reducida a súa capacidade de traballo nun grao equivalente ao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez computará como 2 para determinar a categoría na que se clasifica a unidade familiar da que forma parte.

-Documentación:

-Impreso de solicitude/renovación

-Libro de Familia.

-No caso, de non autorizar a súa consulta fotocopia do DNI, NIE. Ou permiso de residencia (só nos casos de expedición por primeira vez)

-En supostos de fillos entre os 21 e os 25 anos (inclusive), xustificante de estudios

-No caso de viuvez: libro de familia onde conste o falecemento ou, no seu defecto certificado de defunción.

-No caso de separación ou divorcio, o proxenitor que opte por solicitar o recoñecemento da condición de familia numerosa, propoñendo que se teñan en conta os fillos que non convivan con él, deberá presentar a resolución xudicial na que se declare a súa obriga de prestarlles alimentos, así como un documento asinado polo outro proxenitor acreditativo do seu consentimento.

-No caso de discapacidade dalgún membro: certificado de discapacidade.

-No caso de adopción ou tutela: resolución xudicial.

-No caso de acollemento familiar permanente ou preadoptivo: resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.

-No caso de expedición baseada en criterios económicos, copia da última declaración do IRPF de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar, ou certificado da AEAT onde consten os ingresos.

            Este título terá validez en todo o territorio nacional.

 

            Normativa:

-Lei 40/2003, de 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas. (BOE nº 277 do 19/11/2003)

-Lei 52/2003 de 10 de decembro, de disposicións específicas en materia de Seguridade Social. (BOE nº 296 do 11/12/2003)

-Real Decreto 1621/2005, de 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.(BOE nº 15 do 18/01/2006). Modificado polo Real Decreto 1918/2008 (BOE nº 289 do 1/12/2008)

Lei 40/2007, de 4 de decembro, de medidas en materia de Seguridade Social (BOE nº 291 do 5/12/2007)(Disposición adicional decimoterceira)

Lei 4/2009, do 20 de outubro, de medidas tributarias relativas ao imposto sobre        transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para o fomento do acceso á     vivenda e á sucesión empresarial.(DOG nº 211 do 28/10/2009)