12/02/2018

1.191 persoas desfilarán na Valenzá na gran foliada do entroido

54 comparsas, carrozas, individuais e parellas, charangas e contracharangas participan no desfile do entroido de Barbadás

Habilitarase un espazo destinado ás persoas con mobilidade reducida ou con diversidade funcional para que poidan disfrutar cómodamente da visualización do desfile.

O aparcamento do hipermercado Carrefour abrirase ao público para facilitar a accesibilidade á avenida de Celanova, por onde desfilarán os/as participantes.

1.191 persoas desfilarán pola vía principal da Valenzá no Gran Folión de Entroido.
24 persoas forman parte da organización do desfile, en tanto que o xurado está composto por 5 membros.

Na coordinación da seguridade colaboran a plantilla da policía local e a Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil de Barbadás así como a Garda Civil.
A gran Foliada de Entroido (desfile) comezará ás 17,00 horas dende a zona do campo de fútbol/rúa das Cuartas (o punto de inicio pola avenida de Celanova será a altura aproximada do número 5).
No desfile da Valenzá están inscritos 54 participantes nas diferentes categorías (charangas_con instrumentos musicais_, contracharangas _sen instrumentos, pero con animación musical, carrozas, comparsas, parellas, individuais e infantís (3 categorías: de 0 a 5 anos, de 6 a 10 anos e de 11 a 14 anos).
Os premios que se outorgan oscilan entre os 50 e os 500 euros nas diferentes modalidades e nos diferentes premios (dende os primeiros clasificados ata os quintos premiados en cada categoría.
Os premios en cada unha das 3 categorías da modalidade infantil será un bono regalo de 200 € ao/á primeiro/a clasificado/a para mercar en librerías ou xogueterías do concello.
O xurado valorará unha serie de factores: graza, empatía co público, sátira, transgresión, animación musical, creatividade, elaboración de vestiario, etc.
O Concello de Barbadás habilitou unha zona específica para que estacionen as persoas con mobilidade reducida ou con biodiversidade funcional.
Dende o estacionamento habilitado ao efecto poderán acceder e situarse nunha zona elevada ubicada á altura do supermercado Mercadona e sinalizada a tal fin.
A habilitación deste espazo pretende que as persoas con dificultade na mobilidade poidan disfrutar comodamente da visualización do desfile dende un lugar privilexiado.
O público en xeral que se acchegue á Valenzá para disfrutar do desfile dispoñerá do aparcamento de Carrefour para estacionar os seus vehículos e acceder dun xeito máis cómodo á avenida de Celanova, evitando así a previsible alta densidade de tráfico na hora punta.
Ao remate do desfile haberá animación musical a cargo do grupo Os Festicultores na avenida de Celanova e posterior entrega de premios.

Cultura, Novas

CONTENT.1539982902

SINGLE.1539982902