04/03/2019
1.300 persoas protagonizarán a Foliada de Barbadás o Martes de Entroido
1.300 PERSOAS PROTAGONIZARÁN A FOLIADA DE ENTROIDO DE BARBADÁS
Carrozas, comparsas, contracharanga, individuais e parellas suman un total de 45 inscritos/as
O Concello de Barbadás habilitará 3 lugares específicos para que as persoas con mobilidade reducida poidan visualizar comodamente o desfile
- A cita entroideira coa Foliada de Barbadás será á hora habitual: as 17,00 horas.
- O desfile de Entroido congregará a un total de 45 inscritos/as nas diferentes categorías.
- A vía principal da Valenzá será o escenario polo que desfilarán 23 comparsas, 8 carrozas, 13 participantes nas categorías de parella e/ou individual e 1 contracharanga.
- 300 persoas serán as protagonistas de unha das folicadas máis significativas da provincia de Ourense.
- A Organización (Concellería de Cultura do Concello de Barbadás) informa que a pesar das previsións metereolóxicas manterase a celebración do desfile.
- A habitual afluencia de público provoca que, no marco da colaboración entre o Concello e o hipermercado Carrrefour, esta empresa habilite o aparcadoiro para os/as visitantes en horario de 15,00 horas ata as 22,00 horas.
- O Concello habilitará, tal e como ven sendo habitual nos 2 últimos anos, unha zona para os espectadores con diversidade funcional.
- Estas persoas con dificultades de mobilidade poderán observar o desfile dende a balconada situada no sendeiro que hai no camiño hacia a igrexa, na confluencia entre avenida de Celanova e a rúa do Viso.
- Habilitaranse tamén 2 novas zonas para que as persoas con mobilidade reducida poidan ver comodamente o desfile: unha delas na confluencia da avenida de Celanova coa rúa Porto do Río (baixada hacia as piscinas) e outra zona á altura do número 82 da avenida de Celanova (á altura do antigo centro médico).
- A Foliada será encabezada por un grupo musical formado exclusivamente por mulleres, co obxectivo de visibilizar a presenza da muller no ámbito da Cultura.
- O tráfico permanecerá pechado entre as 16,45 e as 20,00 horas ao longo de toda a avenida de Celanova, en tanto que entre as 20,00 e as 22,00 horas permanecerá pechado o tramo entre a Glorieta da Familia e a rúa do Viso.
- Os/as entroideiros que protagonizarán o desfile abarcan dende os/as máis nenos/as, pasando por participantes procedentes doutros puntos da provincia, ata a representación de persoas que veñen dende os diferentes pobos que compoñen o municipio de Barbadás.
- A foliada estará marcada por compoñentes ineludibles como a diversión, a creatividade, a actualidade, a fantasía ou a retranca.
- O Desfile de Entroido de Barbadás congrega habitualmente a milleiros de espectadores e representa o broche final do Entroido de Ourense cidade e da súa contorna.
- A entrega de premios será na Glorieta da Familia.
- Ao remate da Foliada entregaranse ata 25 premios que oscilan entre os 50 e os 500 euros para charangas, carrolzas, comparsas, parellas e individuais.
- No apartado de participantes infantís, os/as gañadores/as recibirán un único premio por categoría consistente nun bono regalo de 200 euros para mercar en librerías ou xogueterías do Concello.
- A Organización convida aos/ás participantes a acudir á Queima da Meco o mércores ás 20,30 horas na Praza da Valenzá Vella.
- O inicio da comitiva fúnebre de despedida do Entroido partirá dende o inicio da Valenzá ata a Praza da Valenzá Vella, onde ademais da queima do meco procederase á queima dos mecos participantes no concurso e ao indulto do/a meco/a gañador/a.
- A despedida do Entroido será animada polo grupo “Trécola Teatro”.
- O público asistente ao Desfile da Queima do Meco poderá coller as velas na Casa de Cultura ou no propio desfile.