08/02/2023
101 oportunidades de coñecernos mellor
Historias que dan valor a quen dá valor.
![2023-Barbadás-100 historias (1)](https://www.barbadas.es/wp-content/uploads/2023/02/2023-Barbadás-100-historias-1-1-1200x432.jpg)
Os seres humanos precisamos estar conectados, pertencer á comunidade, amosar, coñecer, dar e recibir. Relacionarnos, compartir vivencias da xente do noso pasado, presente e futuro, facéndoas perdurables no tempo.
- Saber ….
de onde vimos, cales son os nosos antecedentes culturais, quen son os nosos veciños, quen rexe o tecido comercial da nosa área, recoñecer logros deportivos, culturais, fitos profesionais, actos solidarios …
- Estes foron os principais propósitos, das historias que semanalmente compartimos nos distintos medios, pretendendo dar valor a quen dá valor.
- Xa van publicados 101 TEXTOS cos que, dende o concello, quixemos render a nosa especial homenaxe a deportistas, músicos, emprendedores, veciños, asociacións, ancestros… a nosa especial homenaxe ás xentes que tecen fíos de unión na nosa comunidade.