22/01/2020
Concerto solidario de alumnado da Escola Municipal de Música a favor da asociación AODEM
180 ALUMNOS/AS DA ESCOLA DE MÚSICA DE BARBADÁS, PROTAGONISTAS NO CONCERTO SOLIDARIO PARA APOIAR Á ASOCIACIÓN OURENSÁ DE ESCLEROSE MÚLTIPLE, ELA, PARQUINSON E OUTRAS ENFERMIDADES NEURODEXENERATIVAS
A cita musical-solidaria será o 1 de febreiro ás 19,00 horas no Conservatorio de Ourense
A recadación destinarase a dar continuidade aos programas iniciados dende a Asociación de Esclerose múltiple (AODEM)
- A sexta edición do concerto solidario protagonizado polo alumnado da Escola de Música de Barbadás a favor da Asociación Ourensá de Esclerose múltiple, Ela, Parquinson (AODEM) e outras enfermidades neurodexenerativas celebrarase o 1 de febreiro ás 19,00 horas.
- O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, afirmou hoxe na presentación do concerto solidario que “para o Concello de Barbadás é un orgullo poder colaborar durante estes anos con un colectivo que precisa de visibilidade e que ten unhas necesidades que precisan de apoio por parte das institucións”.
- No evento musical-solidario participarán un total de 180 alumnos/as da Escola Municipal de Música de Barbadás.
- Susana Fernández, presidenta da Asociación Ourensá de Esclerose múltiple, Ela, Parquinson e outras enfermidades neurodexenerativas, agradeceu ao Concello de Barbadás e á Escola de Música “a oportunidade que nos estades dando de divulgación e visibilidade para a asociación”.
- Fernández explicou que os donativos “servirán para dar continuidade aos programas que están en marcha e mellorar a calidade de vida das persoas afectadas polas patoloxías que engloba a asociación”.
- Marga Pérez, concelleira de Cultura, comentou que este evento “ten unha parte musical e outra solidaria”, destacando o esforzo do alumnado e do profesorado para a posta en escea do espectáculo”.
- A recadación que se obteña no concertó solidario será para dar continuidade ás múltiples actividades da asociación ao longo do ano e para dar apoio a familiares das persoas que teñen estas patoloxías.
- Marga Pérez, informou que aquelas persoas que non poden acudir teñen a posibilidade de colaborar a través de donativos porque existe unha fila cero para estes casos.
- As entradas para asistir ao concerto solidario están á venda no centro comercial Ponte Vella.
- Xoán Manuel Xil Páxaro, director da Escola Municipal de Música de Barbadás, resaltou “o traballo e a implicación de pais/nais, alumnos e alumnas da escola e do profesorado.
- Destacou ademais a importante colaboración con esta causa solidaria do Conservatorio de música de Ourense e do centro comercial Ponte Vella.
- Tamén se poden facer aportacións no seguinte número de conta: ES9101826853960201558049- BBVA