24/03/2020
Recibos de taxas e prezos de servizos municipais
O CONCELLO DE BARBADÁS SUSPENDE A EMISIÓN DE RECIBOS DE TAXAS E PREZOS MENTRAS DURE O ESTADO DE ALARMA
- O Concello de Barbadás suspendeu a emisión de recibos dos seguintes servizos municipais:
- Escola Infantil Municipal.
- Escola Municipal de Música.
- Servizo “Bos días cole”.
- Servizo “Actividades extraescolares”.
- Escolas Deportivas Municipais.
- Transporte de bacharelato ao IES Ferro Couselo.
- Terrazas e Veladores.
- Niños empresariais.
- Considerando que con data 14 de marzo de 2020 decretouse o estado de alarma en todo o territorio nacional e á vista do Bando de Alcaldía de data 12 de marzo de 2020, onde se decretaba o peche dos servizos e actividades municipais ofertados á cidadanía, o Alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, a través de unha resolución de Alcaldía resolveu suspender, mentres dure o estado de alarma, a emisión dos recibos de tasas e prezospúblicos anteriormente enumerados.
- Respecto á Escola Infantil Municipal non se van emitir recibos mentras dure o estado de alarma, en tanto que respecto á Escola de Música non se vai proceder ao cobro do trimestre, de xeito que, de mellorar a situación e reiniciarse a actividade, os recibos repercutiranse en pagos sucesivos.
- Ao mesmo tempo, o Servizo de Recadación da Deputación Provincial de Ourense, que tramita a recadación de impostos municipais do Concello de Barbadás suspendeu os prazos de pago.
- Os impostos que xestiona a Deputación son os seguintes: o de circulación, imposto sobre bens inmobles ou o de actividades económicas.
- Cando remate o estado de alarma, a Deputación emitirá unha nova carta de pago para proceder ao mesmo que deberá solicitar no Servizo de Recadación.
- Os prazos dos recibos que xa están xerados son válidos para facer efectivo o pago. Se o/a cidadán/á non fai efectivo o pago a pesar de ter recibido a carta de pago, posteriormente, é dicir, cando se regularice a situación,