21/04/2020
O Concello poen en marcha unha iniciativa de recollida de alimentos para o Banco Solidario entre a cidadanía
O CONCELLO DE BARBADÁS PON EN MARCHA UNHA INICIATIVA PARA QUE A POBOACIÓN POIDA COLABORAR NA ENTREGA SOLIDARIA DE ALIMENTOS PARA O BANCO SOLIDARIO
- O Concello de Barbadás promove unha iniciativa para a recollida de alimentos entre a cidadanía para o Banco Solidario de Barbadás.
- O obxectivo desta iniciativa é concienciar á poboación para que colaboren coas súas aportacións en alimentos para axudar ás familias que se atopan en situación de vulnerabilidade.
- “En momentos de emerxencia sanitaria, vostede pode ser unha man solidaria” é o título da campaña para axudar a aqueles/as que máis o precisan.
- Para participar nesta iniciativa pode vostede poñerse en contacto con Concello de Barbadás chamando ao número de teléfono 638 746 501.