09/05/2020

Enquisa á veciñanza para programar proxectos de intervención sociocomunitaria

Enquisa ao vecindario

O CONCELLO DE BARBADÁS PRESENTA UNHA ENQUISA Á VECIÑANZA PARA OPTIMIZAR O BENESTAR E PLANIFICAR INTERVENCIÓNS EN SITUACIÓNS SIMILARES ÁS DO COVID-19

  • O Servizo de Educación e Apoio Familiar da área de Servizos Sociais do Concello de Barbadás elaborou unha enquisa que servirá “para coñecer máis polo miúdo as nosas fortalezas e debilidades, o noso potencial e aquelo que sentimos como ameaza”.
  • Esta enquisa voluntaria e anónima será un instrumento para “afrontar a realidade concreta coa que traballar de cara ao futuro”.
  • A enquisa será tamén un instrumento para identificar cómo coidar e coidarnos cando a emerxencia sanitaria remate e se retome a vida normalizada “e tamén no caso de que por calquera outra cuestión tiveramos que voltar a unha situación de emerxencia”.
  • A participación da cidadanía cumplimentando esta enquisa será útil porque os datos propiciarán a programación de proxectos municipais de intervención sociocomunitaria “feitos á medida das nosas necesidades e inquedanzas”, indica a responsable do Servizo de Educación e Apoio Familiar, Eva Dorado.
  • A enquisa está enfocada para coñecer a opinión da cidadanía ante diferentes cuestións e extraer conclusións “para saber cómo abordar cuestións de saúde pública relacionadas coa súa vivencia no estado de alarma polo Covid-19”, indica Eva Dorado.
  • Dende a Área de Educación e Apoio Familiar, encargada de prestar atención psicolóxica a quen o solicite durante a emerxencia sanitaria destácase “a exemplar resposta da nosa comunidade e da sociedade en xeral ante as medidas extraordinarias adoptadas durante o estado de alarma”.
  • É destacale tamén, segundo este Servizo, “o cumprimento e a solidariedade vecinal e social amosada polas numerosas persoas que prestan soporte e apoio material, profesional e moral, con aquelas outras que o precisan”, sinala Dorado.
  • O obxectivo de esta enquisa é preguntarse cómo nos estamos a sentir qué nos está a axudar agora pode servir para cando a pandemia remane ou se vexa minimizada.
  • A enquisa de valoración do coidado persoal e familiar no estado de alarma polo COVID-19 require un tempo aproximado de 5 minutos e será moi útil para abordar cuestións de saúde pública.
  • O cuestionario inclúe preguntas relacionadas coa situación laboral, co nivel de preocupación ante determinadas necesidades, co grao de información da persoa enquisada, coa credibilidade que se lle dá á información recibida, con aspectos relacionados co estado de ánimo ou co grado de confianza ante determinados ámbitos: sanidade, educación, etc.
  • Tamén se pregunta na enquisa por cuestións relacionadas co estado de ánimo durante o confinamento, con cambios nas costumes ou con situacións coas que se sente identificado/a.

Novas, Servizos sociais

CONTENT.1711722052

SINGLE.1711722052