19/05/2020
O Concello de Barbadás oferta unhas xornadas formativas “on line” para a procura de emprego
O CONCELLO DE BARBADÁS OFERTA UNHAS XORNADAS FORMATIVAS PARA A PROCURA DE EMPREGO
A formación “on line” pretende ofrecer aos/ás participantes ferramentas sobre as canles actuais de comunicación para a procura de emprego
- O Concello de Barbadás, a través do Centro Empresarial Transfronteirizo, oferta unhas xornadas formativas para a procura de emprego.
- Estas xornadas pretenden ofrecer ferramentas “on line” para a procura de emprego a través das canles actuais de comunicación.
- As xornadas desenrólanse entre os días 20 e 22 de maio, en horario de 16,30 a 19,30 horas.
- O link de acceso dende o ordenador é https:meetingsemea19.webex.com/meet/pr955393009”.
- O acceso dende dispositivos móbiles é “APP WEBEX”, número de reunión 955393009.
- Estas xornadas teñen como obxectivo que as persoas en situación de desemprego coñezan as novas ferramentas que existen e se adapten ás novas canles de comunicación na procura de traballo.
- É unha posibilidade formativa útil, cómoda e efectiva para coñecer as novidades nas novas formas de busca de emprego a través do móbil ou do ordenador.