16/02/2021
162 persoas compoñen a comitiva do Desfile Virtual do Entroido de Barbadás

162 PERSOAS PARTICIPAN NA COMITIVA DO DESFILE VIRTUAL DO ENTROIDO DE BARBADÁS
66 participantes integran o Desfile Virtual de Barbadás, concursando nas modalidades de Individual Infantil, Individual Adultos, Parellas e Comparsas
O vídeo do desfile virtual podera visualizarse dende a propia páxina web www.barbadas.gal, así coma nas redes sociais do concello: Instagram (concello_barbadas), Twiter (@Conc_Barbadas) e Facebook (Concello de Barbadás), o propio Martes de Entroido, a partir das 11:00h.
- Un total de 66 participantes integran o Desfile Virtual de Barbadás, concursando nas modalidades de Individual Infantil, Individual Adultos, Parellas e Comparsas.
- As 66 inscricións que chegaron dende todas as localidades do concello de Barbadás e doutros puntos da xeografía galega coma Ferrol, Sober, Bande, Ourense ou Toén.
- A creatividade, humor e retranca son visibles neste desfile virtual, onde a actualidade, protagonizada pola Covid, deu a inspiración a varios participantes.
- O vídeo do desfile virtual podera visualizarse dende a propia páxina web www.barbadas.gal, así coma nas redes sociais do concello: Instagram (concello_barbadas), Twiter (@Conc_Barbadas) e Facebook (Concello de Barbadás), o propio Martes de Entroido, a partir das 11:00h.
- Un Entroido diferente pero non menos ilusionante que o Concello de Barbadás quixo manter, pois é unha das citas do ano de maior protagonismo no noso municipio.
- Na categoría de Indiviuais Infantís participan un total de 23 nenos e nenas.
- En Individuais Adultos/as formarán parte da comitiva 19 persoas.
- Un total de 12 parellas optan ao concurso virtual do Entroido de Barbadás.
- 12 comparsas darán colorido a este particular desfile entroideiro.
- Ademais dos participantes oficiais haberá presencia de persoas disfrazadas fóra de concurso, integrantes da corporación municipal, e unha mensaxe da comunicadora Montse Estévez, o que suma un total de 162 persoas.