07/10/2021

Taller de Memoria. Actividad en los locales sociales

HORARIO

Banner Memoria
    • A  Concello de Barbadás,  dentro do programa de actividades da Concellería de Servizos Sociais,Sanidade e Participación Veciñal, organiza un obradoiro de MEMORIA, dirixido a poboación adulta,  que se desenvolverá nos seguintes locais sociais:
      • Local social de Loiro.
      • Local social de Bentraces.
      • Local social O Fonval.
      • Local social de Piñor.

     

    • As prazas ofertadas serán de 6 persoas por local.
      O número de prazas ofertadase o indicado segundo as disposicións aplicables que a administración autonómica e estatal dispón en relación coa apertura dos locais sociais e a distribución de espazos dentro dos mesmos, con motivo da incidencia do COVID-19.
      Para que se leve a cabo a actividade será preciso un número mínimo de 5 persoas.

     

    • A actividade comezará en outubro do 2021 e rematarán en maio do 2022.
      En horario de tarde.
      O horario determinarase no momento da aprobación dos listados definitivos.

     

    • O prazo para a presentación de solicitudes será dende o día 14 de setembro ata o día 21 de setembro de 2021 (ámbolos inclusive).

     

    • A solicitude debidamente cumprimentada deberá presentarse por unha das seguintes formas:
      • De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal.
      • De forma presencial no rexistro (Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168).
      • En calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.
        As solicitudes estarán dispoñibles na páxina web do Concello (www.barbadas.es).

     

    • O listado provisional de admitidos/as publicarase o día 22 de setembro de 2021 na páxina web do Concello de Barbadás (www.barbadas.es), e nos taboleiros de anuncios do Concello e das oficinas municipais da Valenzá.
      Os listados definitivos publicaranse o día 30 de setembro de 2021.

     

    • O Obradoiro de Memoria ten un custo total de 40 euros.

     

     

Data Adxuntos
07/10/2021 BASES REGULADORAS TALLER DE MEMORIA 2021-2022 VND.OPENXMLFORMATS-OFFICEDOCUMENT.WORDPROCESSINGML.DOCUMENT [150 KB]
07/10/2021 SOLICITUDE DE INSCRION DE TALLER DE MEMORIA MSWORD [171 KB]
07/10/2021 LISTADO PROVISIONAL TALLER DE MEMORIA 2021-2022- PDF [234 KB]
07/10/2021 LISTADO PROVISIONAL ACTUALIZADO TALLER DE MEMORIA 2021-2022.. PDF [328 KB]
07/10/2021 Horario Memorias PDF [46 KB]

Cursos, Participación cidadá

CONTENT.1743141938

SINGLE.1743141938