Arquivo mensual: Xaneiro 2018

29/01/2018

“O CARRABOUXO” SERÁ O PREGOEIRO NO ENTROIDO DE BARBADÁS

Os obradoiros infantís de Comadres e Compadres serán enfocados en clave de igualdade O Entroido en Barbadás comeza o día 1 de febreiro co Xoves de Compadres, dirixido a calquera persoa que queira participar, pero fundamentalmente...

Os obradoiros infantís de Comadres e Compadres serán enfocados en clave de igualdade

O Entroido en Barbadás comeza o día 1 de febreiro co Xoves de Compadres, dirixido a calquera persoa que queira participar, pero fundamentalmente aos nenos.
O 8 de febreiro celébrase o Xoves de Comadres.
Ambas dúas actividades consistirán na elaboración de compadres e comadres e posterior “ruada”.
Os obradoiros serán impartidos por Sabela Gago e estarán enfocados para que os/as nenos e nenas perciban esta actividade dende un punto de vista da igualdade entre homes e mulleres.
Tanto o obradoiro de Compadres (1 de febreiro) coma o de Comadres (8 de febreiro) desenrolaranse no Espazo Infantil a partir das 18,00 horas.
Unhas das principales atraccións do Entroido de Barbadás serán os desfiles polas rúas das Lamas e da Valenzá do alumnado dos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato respectivamente.
Os desfiles infantís desenrolaranse o día 9 de febreiro: os/as nenos/as do colexio Filomena Dato desfilarán polas rúas Ensino, Tomás Rodríguez Punxín, Garrida, avenida Celanova e Picouto a partir das 13,00 horas.
Os/as alumnos/as do colexio O Ruxidoiro desfilarán pola estrada de Barbadás e polo pobo das Lamas a partir de mediodía.
O venres 9 de febreiro dará comezo o Entroido na Praza da Valenzá Vella a cargo de Xosé Lois González “O Carrabouxo” a partir das 20,00 horas.
O pregón do Entroido estará amenizado por charangas e polo grupo “Velai vai”, do municipio de Barbadás.
O sábado 10 de febreiro a partir das 11 da mañá haberá “Troula Entroideira” con disfraces do mundo para nenos e nenas de ata 12 anos. Será esta unha actividade festiva con xogos, maquillaxe de Entroido e máscaras.
O Domingo e Luns de Entroido haberá ambientación de charangas polos pobos e pola Valenzá.
O Martes de Entroido, día grande en Barbadás, será a gran Foliada co desfile de comparsas, carrozas, charangas, etc pola avenida de Celanova. O desfile comezará ás 17,00 horas.
O mércores día 14 despídese o Entroido coa “Queima do Meco”. Entregarase o premio ao Meco gañador do concurso de mecos e haberá unha actuación de Isabel Risco na Praza da Valenzá Vella.
O prazo para participar na Foliada do Martes de Entroido está aberto ata o 9 de febreiro nas diferentes categorías: charangas (con instrumentos musicais), contracharangas (sen instrumentos pero con animación musical), carrozas, comparsas (mínimo de 8 persoas), parellas e individuais.
Tamén hai modalidade de participación para o público infantil en 3 categorías: de 0 a 5 anos, de 6 a 10 anos de de 11 a 11 anos.
Os premios oscilan entre os 50 e os 500 euros, excepto para as comparsas infantís, cuxo premio é un bono regalo de 200 euros por cada categoría.
O xurado, composto por 5 persoas, valorará a graza, a empatía co público, a sátira, a creatividade ou a elaboración de vestiario e atrezzo.
A asociacións inscritas no Concello de Barbadás que participen e que se atopen inscritas no rexistro correspondente recibirán unha axuda de 100 €.
A inscrición na Foliada do Martes de Entroido pode facerse a través do e-mail casacultura@barbadas.es, a través da páxina web ou por medio do teléfono 988246885.

Cultura, Eventos, Igualdade

CONTENT.1713542953

CONTENT.1713542954

CONTENT.1713542954

CONTENT.1713542954

CONTENT.1713542954

CONTENT.1713542954

CONTENT.1713542954