Arquivo mensual: Febreiro 2018

CONTENT.1540132035

28/02/2018

A cobranza do imposto de vehículos de tracción mecánica do ano 2018 comeza o 1 de marzo

Los/las contribuyentes recibirán en su domicilio los impresos de los recibos de pago

Os/as contribuintes recibirán no seu domicilio os impresos dos recibos de pagamento que deberán aboar en calquera oficina das seguintes entidades bancarias: Novagalicia Banco, Banco Pastor, Banco Popular, BBVA, Banco Santander e targobank.

O prazo de cobranza abarca entre os días 1 de marzo e o 30 de abril de 2018.

Aqueles/as contribuintes que non reciban nos seus domicilios os correspondentes recibos antes de rematala data indicada, poderán solicitar un duplicado no Servizo de Recadación da Deputación de Ourense.

A veciñanza debe ter en conta que o feito de non recibiren os impresos non exime da obriga do pagamento se o/a contribuinte figura na lista cobratoria como contribuinte.

Para máis información as persoas que teñan o vehículo de tracción mecánica dado de alta en Barbadás poden chamar aos seguintes teléfonos: 988- 317720, 988-317724 ou 988-317725.

Data Adxuntos
28/02/2018 BANDO-COBRANZA-IVTM-2018-7 PDF [0 bytes]

Novas, Taxas e tributos

15/10/2018

Biblioteca da Casa da Cultura Manuel María

Novidades de outubro

11/10/2018

Listado de axudas de material didáctico para Educación Infantil curso 2018/2019

Listado provisional das axudas destinadas a material didáctico en Educación Infantil

11/10/2018

Listados de Actividades para Adultos nos pobos do Concello de Barbadás 2018-2019

CONTENT.1540132035

01/03/2018

BARBACAN: Charlas, Exhibición de destreza e rescate e pasarela de adopcións

Cita co mundo canino en Barbadás

24 de febreiro de 2018 no Paseo dos Amieiros (A Valenzá)

  • 16,00 horas: charla informativa impartida por unha representante de ALMA (Asociación de Ladridos e Maullidos Adoptables), de Barbadás.
    Tema: concienciación ante a adopción de peludos.
  • 16,30- Charla a cargo de membros de PROGAPE (Protectora de Gatos e Cans de Ourense).
    Tema: “O peludo abandoado: as segundas oportunidades”.
  • 17,00 horas: Exhibición de busca, destreza e rescate a cargo do Servizo Cinolóxico e Remonta da Garda Civil.
  • Para pechar o acto HABERÁ UNHA PASARELA DE ADOPCIÓNS, no que as persoas interesadas TERÁN A POSIBILIDAD DE ADOPTAR. (18,00 HORAS)

Eventos

CONTENT.1540132035

12/02/2018

1.191 persoas desfilarán na Valenzá na gran foliada do entroido

54 comparsas, carrozas, individuais e parellas, charangas e contracharangas participan no desfile do entroido de Barbadás

Habilitarase un espazo destinado ás persoas con mobilidade reducida ou con diversidade funcional para que poidan disfrutar cómodamente da visualización do desfile.

O aparcamento do hipermercado Carrefour abrirase ao público para facilitar a accesibilidade á avenida de Celanova, por onde desfilarán os/as participantes.

1.191 persoas desfilarán pola vía principal da Valenzá no Gran Folión de Entroido.
24 persoas forman parte da organización do desfile, en tanto que o xurado está composto por 5 membros.

Na coordinación da seguridade colaboran a plantilla da policía local e a Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil de Barbadás así como a Garda Civil.
A gran Foliada de Entroido (desfile) comezará ás 17,00 horas dende a zona do campo de fútbol/rúa das Cuartas (o punto de inicio pola avenida de Celanova será a altura aproximada do número 5).
No desfile da Valenzá están inscritos 54 participantes nas diferentes categorías (charangas_con instrumentos musicais_, contracharangas _sen instrumentos, pero con animación musical, carrozas, comparsas, parellas, individuais e infantís (3 categorías: de 0 a 5 anos, de 6 a 10 anos e de 11 a 14 anos).
Os premios que se outorgan oscilan entre os 50 e os 500 euros nas diferentes modalidades e nos diferentes premios (dende os primeiros clasificados ata os quintos premiados en cada categoría.
Os premios en cada unha das 3 categorías da modalidade infantil será un bono regalo de 200 € ao/á primeiro/a clasificado/a para mercar en librerías ou xogueterías do concello.
O xurado valorará unha serie de factores: graza, empatía co público, sátira, transgresión, animación musical, creatividade, elaboración de vestiario, etc.
O Concello de Barbadás habilitou unha zona específica para que estacionen as persoas con mobilidade reducida ou con biodiversidade funcional.
Dende o estacionamento habilitado ao efecto poderán acceder e situarse nunha zona elevada ubicada á altura do supermercado Mercadona e sinalizada a tal fin.
A habilitación deste espazo pretende que as persoas con dificultade na mobilidade poidan disfrutar comodamente da visualización do desfile dende un lugar privilexiado.
O público en xeral que se acchegue á Valenzá para disfrutar do desfile dispoñerá do aparcamento de Carrefour para estacionar os seus vehículos e acceder dun xeito máis cómodo á avenida de Celanova, evitando así a previsible alta densidade de tráfico na hora punta.
Ao remate do desfile haberá animación musical a cargo do grupo Os Festicultores na avenida de Celanova e posterior entrega de premios.

Cultura, Novas

CONTENT.1540132035

CONTENT.1540132035

12/02/2018

O Concello de Barbadás consigna nos orzamentos municipais 100.000 € para a reforma do campo de fútbol

O orzamento global do proxecto ascende a 300.000 euros e consiste na substitución do céspede principal de fútbol 11 por un céspede de última xeración

O Concello de Barbadás ten pendente de confirmación oficial a financiación por parte de outras administracións: Xunta de Galicia ou Deputación de Ourense

  • O proxecto de reforma que se pretende acometer no campo de fútbol dos Carrís (A Valenzá, Barbadás) implicará a substitución do céspede por unha cuberta nova do chan de xogo de última xeración.
  • Tamén se contempla no proxecto a instalación de céspede artificial no campo anexo de fútbol 8.
  • O concelleiro de Deportes, Adrián Varela,  explica que mellorar o terreo de xogo de fútbol 8 “daríalle unha maior utilidade e permitirá unha mellora nas condicions de adestramento dos equipos da Escola Municipal de Fútbol”.
  • Así mesmo, tamén se incluirá no proxecto a instalación dun muro axeitado que permita a utlización do campo anexo de fútbol 8 en perfectas condicións.
  • O custo aproximado destas obras de reforma rondan os 300.000 euros.
  • O Concello xa ten consignados nos orzamentos de 2018 unha contía de 100.000 euros para aportar ao financiamento do proxecto.
  • Está pendente de confirmar oficialmente a cofinanciación tanto da Deputación como da Xunta de Galicia para financiar estas obras de reforma.
  • O goberno de Barbadás mantivo diferentes conversas con máximos responsables tanto da Deputación como da Dirección Xeral para o Deporte, pero por agora ningunha das 2 administracións da pasos definitivos para asinar de xeito formal un convenio de colaboración para financiar o proxecto.
  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, apela “á lealdade institucional para asinar o convenio de colaboración que permita financiar a execución deste proxecto de reforma”.
  • Valcárcel destaca que “dentro do marco de lealdade e de colaboración institucional solicitamos que a Deputación asuma formalmente os compromisos adquiridos hai meses”.
  • Segundo o rexedor “o Concello de Barbadás é a única administración que ata o momento cumpre co compromiso de mellorar as instalacións do campo de fútbol dos Carrís”.
  • Na actualidade a Escol de Fútbol de Barbadás conta con 280 nenos e nenas que practican este deporte dende a categoría de pre-benxamín ata xuvenil.
  • O alcalde destaca tamén que esta obra de reforma é demandada non só pola veciñanza senón tamén polos e polas deportistas que utilizan as instalacións.

Deportes, Novas

CONTENT.1540132035

CONTENT.1540132035

02/02/2018

Programa FÓRMATE primeiro semestre 2018

Cursos de formación en diferentes temáticas e habilidades

Dirixido a persoas maiores de 16 anos.

Prazas limitadas.

Prazo de inscrición: ata unha semana antes do comezo do curso.

Inscricións:

Rexistro Xeral do Concello de Barbadás ( Oficinas municipais da Valenzá, na Casa do Concello ou sedelectronica.gal),  e enviando a solicitude ao enderezo electrónico: educacion@barbadas.es

Mais información:

Area de Educación

Teléfono: 988 24 68 85

Correo electrónico : educacion@barbadas.es

Cursos, Educación/Formación

CONTENT.1540132035