Arquivo mensual: Marzo 2018

28/03/2018

Curso “Manexo do móbil”

Días 3, 4, 5, 10 e 11 de abril. De 10 a 12 hs.

¿Queres aprender a manexar as funcións básicas e aplicacións máis populares do teu smartphone?

Inscríbete no curso que comeza o vindeiro martes, día 3 de abril.

Máis información na Área de Educación. Casa de Cultura Manuel María. Tfno. 988246885

 

Cursos, Educación/Formación

CONTENT.1713590145

28/03/2018

Actuación do Mago Mimo Anyo co seu espectáculo “Sen palabras”

O 6 de abril, ás 19 hs., na Casa de Cultura Manuel María

O Concello de Barbadás únese un ano mais o Festival de Maxia de Ourense, na sua terceira edición. Comezaremos coa actuación do Mago Anyo e o seu espectáculo “Sen palabras”.

O evento será o  6 de abril, ás 19 hs., na Casa de Cultura Manuel María

Público: todos os públicos

Entrada: gratuíta, previa recollida de invitacións na Casa da Cultura Manuel María.

Cultura, Eventos

CONTENT.1713590145

22/03/2018

Alumnos/as de 4º de primaria celebran o Día da Árbore

A actividade didáctica inclúe tamén unha charla de membros da asociación Amigos da Terra

 

  • Alumnos/as de 4º curso de primaria dos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato participarán o 21 de marzo nunha actividade didáctica para promover a concienciación sobre a importancia dos bosques para a vida.
  • Esta actividade enmárcase na celebración do “Día internacional dos Bosques”.
  • Entre os obxectivos desta iniciativa figuran introducir a temática ambiental nas aulas a través de actividades participativas ou entender o papel importante que xogan os bosques na vida diaria.
  • No programa de sensibilización do alumnado sobre a importancia da conservación dos bosques incídese sobre os problemas e perigos aos que se enfrentan as árbores, destacando que é fundamental a necesidade da súa protección.
  • Outra das finalidades desta unidade didáctica é concienciar sobre o impacto negativo dos incendios, dar a coñecer as especies autóctonas da rexión e ensinar o traballo que se realiza dende a asociación Amigos da Terra.
  • A actividade consistirá na repoboación con especies autóctonas na zona de Vilaescusa (Parque dos Patos e Parque do Tren): arces servais, castiñeiros, bidueiros e carballos.
  • Os/as escolares desprazaranse ata a zona acompañados de membros de Protección Civil. No lugar efectivos da brigada de Medio Ambiente do Concello de Barbadás axudarán na plantación de 30 árbores.
  • A unidade didáctica inclúe tamén unha charla informativa impartida por membros da Asociación Amigos da Terra sobre a experiencia destas persoas e farán un chamamento  á participación de todos no coidado dos nosos montes.
  • O Día da Árbore está organizado polas concellerías de Medio Ambiente e a de Educación e conta coa colaboración do Servizo de Montes da Xunta e a Asociación Amigos da Terra.

Educación/Formación, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1713590145

22/03/2018

80 escolares dos colexios de Barbadás plantan árbores autóctonas

Los/las alumnos/as participaron previamente a la plantación, en una charla didáctica a cargo de miembros da asociación Amigos da Terra

  • O alumnado que participou una plantación de árbores autóctonas (bidos, carballos, castiñeiros e arces) coñeceu a través de membros da asociación Amigos da Terra as 10 grandes claves acerca das árbores.
  • As árbores son inmensos parasoles artesanais porque hai infinidade de seres vivos que dependen da agradable sombra das árbores para a súa supervivencia.
  • A suor das árbores refréscanos: as plantas transforma a auga líquida en vapor de auga e este é despedido polas follas a modo de suor; o resultado deste fenómeno é que o aire se refresca e humedece.
  • Botellas de osíxeno diurnas: as planas no proceso de respiración gracias ao sol e á auga son capaces de consumir CO2, obter alimento e liberar osíxeno tan necesario para a vida humana.
  • Descoñecidas industrias anticontaminación: diminúen o CO2 que é xerado pola actividad humana e reducen a contaminación química atmosférica retendo nas súas follas o po e as partículas que flotan no aire.
  • Son un supermercado de alta calidade: proporcionan infinidade de recursos: froitas, especias, froitos, aceite, cortiza, resinas, etc.
  • As árbores son confortables fogares con trasteiro incluido: refuxio de aves, almacén de roedores e dormitorio de curuxas. Por exemplo nun só carballo poden atoparse ata 300 especies distintas de insectos.
  • Son farmacia aberta as 24 horas: solución efectiva para os arrefriados, fonte de compostos utilizados na fabricación de aspirinas e medicamentos contra o cancro.
  • Vistosas barreiras contra o son: atenúan a intensidade do ruído mediante a absorción da súa enerxía.
  • Candados para o solo: as raíces das árbores son capaes de reter o solo en situación de fortes ventos e riadas, evitando así a súa perda.
  • Limitados produtores de papel: o papel está composto por febras vexetais, de xeito que cada vez que gastamos inútilmente unha folla ou deixamos de reciclar un simple cartón, estamos menosprezando a vida dun marabilloso ser.
  • Os/as 80 escolares plantaron un total de 30 árbores na zona do paseo dos Muíños, na Valenzá. Incluso lle puxeron nome ás árbores, aparecendo algún ao que lle chamaron Gabriel, na honra do neno asesinado hai uns días.
  • Esta actividade didáctica foi organizada conxuntamente polas concellerías de Medio Ambiente e Educación e coa colaboración da asociación Amigos da Terra e da Dirección Xeral de Montes da Xunta.

 

Medio ambiente, Novas

CONTENT.1713590145

22/03/2018

BARBADÁS OUTLET: Cita co comercio local (17 e 18 de marzo)

Moda, tendencias, decoración, agasallos, gastronomía, animación infantil, sorteos, food trucks, na primeira edición de Barbadás Outlett

MODA, TENDENCIAS, DECORACIÓN, AGASALLOS, GASTRONOMÍA, ANIMACIÓN INFANTIL, SORTEOS, FOOD TRUCKS NA PRIMEIRA EDICIÓN DE BARBADÁS OUTLET

  • Barbadás acolle durante a fin de semana un centro comercial con prezos “outlet” en formato pop-up store
  • Todos/as visitantes que realicen unha compra e participarán así nun sorteo de 3 box para un fin de semana.
  •  O horario do Barbadás Outlet será de 11,00 a 14,30 e de 17,00 a 21,30 horas os 17 e 18 de marzo na Praza das Labercas.
  • Barbadás Outlet é unha actividade que se enmarca na programación anual que se desenvolve a través da Concellería de Comercio.
  • Trátase de un mercado do comercio local de Barbadás suxestivo e dinámico, de calidade, con prezos outlet en formato pop-up store.
  • Esta cita co comercio local pretende aglutinar moda, tendencias, decoración, agasallos ou gastronmía para converterse nun escaparate único do talento feito en Barbadás.
  • As actividades de animación infantil terán protagonismo propio, comezando o sábado a partir das 12 do mediodía, hora na que Mickey Mousse dará a benvida a nenos e nenas no Photocall do mercado (12.00-13,30 horas).
  • O sábado e o domingo pola tarde haberá obradoiros infantís no recinto do mercado, que se desenrolarán entre as 18,00 e as 19,30 horas.
  • domingo os comerciantes participantes no Barbadás Outlet sortean unha fin de semana moi especial para 2 persoas entre o público que merque algún produto no recinto durante a fin de semana. Será o domingo ás 20,00 horas.
  • concelleira de Comercio, Marga Pérez, comenta que “queremos ofrecer, dentro dun mesmo espazo, a oportunidade de visibilizar a varidade e a calidade do noso comercio local”.
  • Pérez destaca que “somos un concello xoven que presta axuda a todos os comercios e en especial aos/ás novos/as emprendedores/asque elixen Baradás para poñer en marcha un negocio”.
  • alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, sinala que “se trata de unha nova actividade de aposta e promoción do comercio local, que supón un paso adiante na potenciación d Valenzá e polo tanto de Barbadás coma un concello no que se poden mercar produtos de calidade e a bo prezo.
  • Valcárcel remarca que “queremos potenciar a presenza de visitantes e clientes da área metropolitana de Ourense e converter Barbadás nun luar atractivo para mercar”.
  • Todos/as visitantes que realicen unha compra e participarán así nun sorteo de 3 box para un fin de semana.
  • Listaxe de participantes en Barbadás Outlet: O Gato con botas (zapatería infantil); Calzados Zocos (zapatería e roupa de home); Bel Moda e Complementos (moda muller); Zapatería Psadiñas; Twins (moda home); Código Bike (bicicletas e accesorios); Mercería e Moda Esperanza; Toffe Glass; La Cigüeña (moda infantil); Librería A Valenzá; Komodamoda; Twins Men (moda home); Pequechiños (moda infantil); El Universo de Awen (tenda ecolóxica e Mobles Gosende.
  • Todos/as visitantes que realicen unha compra e participarán así nun sorteo de 3 box para un fin de semana.

Comercio, Eventos

CONTENT.1713590145

20/04/2018

Campamento de primavera 2018

Actividades lúdicas, excursións, talleres… para o período non lectivo da Semana Santa

Mocidade, Novas

CONTENT.1713590145

CONTENT.1713590145