Arquivo mensual: Abril 2018

04/05/2018

CASTRO TRAIL DE SOBRADO: Máis participantes e unha ruta con máis beleza natural

Cita co deporte de natureza en Barbadás o vindeiro 6 de maio

A 3ª EDICIÓN DO CASTRO TRAIL DE BARBADÁS AUMENTA O NÚMERO DE SENDEIROS DO PERCORRIDO PARA INCREMENTAR A BELEZA DO ITINERARIO

Máis de 200 persoas participarán nesta cita co deporte de natureza en Barbadás o vindeiro 6 de maio

A organización amplía o prazo de inscrición ata o día 3 de maio

  • A terceira edición do Castro Trail de Sobrado do Bispo (Barbadás) reunirá a máis de 200 deportistas o vindeiro 6 de maio.

 

  • As modalidades para participar serán trail longo (24 quilómetros), trail curto (15 quilómetros) no apartado competitivo. Haberá tamén unha andaina que se desenrolará ao longo dun percorrido de 15 quilómetros.

 

  • No que se refire ás categorías dos/as participanes no trail longo, establécense a absoluta, senior e veteranos, tanto no apartado masculino como feminino.

 

  • O trail curto establece a categoría absoluta masculino e feminino e haberá trofeos para os/as 3 primeiros clasificados/as.

 

  • A inscrición amplíase ata o día 3 de maio. O prezo do trail longo é de 14 euros, o trail curto de 12 euros e a andaina terá una aportación por participante de 6 euros.

 

  • As inscricións poden realizarse en ChampionChip Norte ou en Run Maniak (tenda de atletismo e “trail running” ubicada en Ourense).

 

  • David Losada e Reyes Bóveda, membros do equipo Castro Trail estiveron hoxe na presentación do evento xunto con Adrián Varela, concelleiro de Deportes.

 

  • O punto de partida será a Praza de San Xoán, en Sobrado, o domingo día 6 ás 9,00 horas.

 

  • Unha vez rematadas as tres probas os/as participantes e as persoas que acudan a Sobrado poderán disfrutar dun final de festa coa actuación La Banda de Mazinger” de Vigo.

 

  • David Losada, un dos organizadores do evento, destacou “a beleza do percorrido para que os/as participantes disfruten da vexetación, do entorno e de lugares diferentes respecto de outras edicións”.

 

  • Losada comenta que nesta terceira edición diminuíronse o número de pistas polos que transcorre o itinerario e aumentáronse os sendeiros co obxectivo de ampliar a riqueza visual e o disfrute do entorno.

 

  • O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, indica que “dende o Concello queremos mostrar o noso apoio e colaboración a celebración de eventos deportivos que poñen a Barbadás no mapa deportivo provincial e galego, xa que acudirá un gran número de participantes de fóra do municipio de Barbadás”.

 

  • Outro aspecto a destacar é que o percorrido diseñado polos organizadores vai a permitir ós participantes disfrutar da beleza paisaxística dunha das zonas máis vistosas do noso Concello, xa que ó longo do seu percorrido transitará polo monte dos Castros, entorno de gran beleza natural, apunta Varela.

 

  • Varela amosou “o agradecemento dende o Concello ós membros do Castro Trail, polo esforzo que para eles supón a organización desta proba, e invitalos a manter estas proba no calendario deportivo do Concello de Barbadás”.

 

  • Os/as mellor clasificados recibirán premios en metálico, agasallos e trofeos.

 

  • O equipo Castro Trail, promotor da iniciativa, amosaron a súa disposición a manter a cita en Barbadás co deporte de natureza.

 

  • David Losada afirmou que a participación en eventos similares, a organización do Castro Trail e o feito de converterse nun equipo aberto trouxo como consecuencia un avance notable para o equipo tanto en número de integrantes como en infraestrutura propia.

Deportes, Novas

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

26/04/2018

THE-Sastre presenta “Cosa Nostra”

O grupo teatral THE-Sastre representa a obra "Cosa Nostra". Comedia ácida baseada nos dogmas de Fe.

Actividade: Teatro.

Lugar: Casa da Cultura Manuel María.

Data: Venres, 27 de abril.

Horario: Ás 20:00h.

Público: Adulto.

Entrada: Gratuita (previa recollida de invitacións na Casa da Cultura Manuel María).

Sinopse: Comedia ácida baseada nos dogmas de Fe. Na vella Sicilia dos anos 60, unha familia ten a enfermiza manía de matar cando se falta a algún dos mandamentos da táboa de Moises. A nai intentará por remedio a isto antes de que os Carabinieri entren na casa.

Cultura, Eventos

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

20/04/2018

“I LEMBRANZA DA FEIRA DO 21” EN BENTRACES

UN OBRADOIRO DE PAN, PASO PREVIO PARA A RECREACIÓN DA ANTIGA FEIRA DO DÍA 21 DE BENTRACES

Gastronomía, arte, tradición e música confluirán na “I Lembranza da Feira do 21”

A cita coa tradición será mañá sábado na Praza do Pumar

  • A asociación de veciños de Bentraces organizou para mañá sábado unha actividade que pretende rememorar a antiga feira do día 21, que se celebraba neste pobo do municipio de Barbadás.

 

  • Tras medio século sen celebrarse, mañá sábado día 21 en Bentraces haberá feira.

 

  • Trátase dunha replica adaptada aos novos tempos da antiga feira da contorna.

 

  • A Asociación vecinal San Bieito de Bentraces organiza a “I Lembranza da Feira do 21” na Praza do Pumar o sábado 21 de abril a partir das 11,30 da mañá.

 

  • Previamente, o venres día 21, desenrolarase un obradoiro de pan no Forno do Florente (Antón) ás 18,00 horas.

 

  • O pan forneado neste forno restaurado situado na rúa de Abaixo, en Bentraces, será degustado na réplica da “Feira do 21”.

 

  • Na feira haberá unha exposición de obxectos antigos recopilados entre a veciñanza de Bentraces: artiluxios para trasfegar o viño, máquinas de coser, elementos de labranza, etc, explica Begoña Fernández Rodríguez, presidenta da asociación de veciños.

 

  • Serán expostas tamén tallas de madeira, pezas de pintura artística e elementos de manualidades.

 

  • Poderá contemplarse en vivo a virtualidade de dous artistas: Conchi Carbajo, que pintará en directo, e Julio Castro Vaamonde, que facerá unha demostración na elaboración de tallas de madeira.

 

  • A lembranza da feira terá tamén o componente gastronómico: haberá degustación de callos (socios- 1 €; non socios- 2€), de boliños e de tortilla, mesturados co pan forneado no obradoiro do venres no Forno do Antón.

 

  • A “I Lembranza da Feira do 21” conta coa colaboración do Concello de Barbadás a través da Concellería de Participación Veciñal.

 

  • Esta cita feiral hai máis de 50 anos que non se celebra. Antigamente dábanse cita vendedores/as de gando e de produtos de horta, habendo incluso no pobo de Bentraces refráns que falan desta feira.

 

  • José Luis Alfageme, membro da directiva da asociación, explica que a finalidade desta feira é “recobrar actividades que se organizaban hai anos, para recuperar as tradicións populares”.

 

  • No apartado musical actuarán o grupo “Velaí vai”, cuxos membros son do pobo de Bentraces e inclúen no seu repertorio pezas tradicionais e cantigas populares.

Eventos, Novas, Participación cidadá

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

18/04/2018

Visitas guiadas: Museo da gaita de fole + Exposición fotográfica e etnográfica de Loiro

Eventos

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

18/04/2018

Non si? Teatro presenta Romance de Micomicón e Abhelala

Sábado, 20 de abril ás 20 hs.

Actividade: Teatro.

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María.

Data: Sábado, 21 de abril.

Hora: 20h.

Público: Familiar.

Entrada: libre, ata completar aforo (recollida de invitacións na Casa da Cultura Manuel María).

Sinopse: Trapalandia é un reino extraño gobernado por unha raíña histérica nun palacio a piques de derrubar polas arroutadas de Micomicón, o principe herdeiro xigante por mor dunha maldición. Entre tanto desvarío vive Adhelala, unha princesa cautiva que posúe a sabedoría e a decisión para cambiar as cousas. Só ela coñece a orixe do mal do principe.

Cultura, Eventos

CONTENT.1711716225

16/04/2018

Actuación do Mago Teto

Actividade: Maxia.

Data: Venres 20 de abril.

Hora: 19:00h.

Público: todos os públicos.

Entrada: gratuíta, previa recollida de invitacións na Casa da Cultura Manuel María.

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

18/04/2018

Convocatoria da Xunta de Galicia de subvencións para a contratación de menores de 30 anos

Orde do 27 de marzo de 2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria

No Diario Oficial de Galicia de data 13 de abril de 2018, publícase a Orde do 27 de marzo de 2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, onde se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas e se procede a súa convocatoria para o ano 2018.

Data Adxuntos
18/04/2018 ORDE DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA PDF [985 KB]

Novas

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

18/04/2018

Inauguración exposición fotográfica en Loiro

Sábado, 14 de abril ás 18:00hs.

Novas

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

09/04/2018

MUNDOMANDARINA presenta o espectáculo Laboratorio Máxico

Actividade: Maxia.

Lugar: Casa da Cultura Manuel María.

Data: Venres, 13 de abril.

Horario: 19 horas.

Entrada: gratuíta, previa recollida de invitacións na Casa da Cultura Manuel María.

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716225

05/04/2018

200 XINETES E AMAZONAS NA 14ª XUNTANZA CABALAR DE BARBADÁS

PARTICIPANTES DE TODA GALICIA E DE PORTUGAL PARTICIPARÁN O DOMINGO 8 DE ABRIL NA XUNTANZA DE CABALEIROS EN BENTRACES

A 14 ª edición reunirá a 200 afeccionados para percorrer as rutas a cabalo polos fermosos montes da zona

  • A Xuntanza cabalar de Barbadás converteuse tras as sucesivas edicións nunha das máis importantes do territorio galego.

 

  • O número de participantes medra cada ano e reúne no entorno do campo da Veringuela de Bentraces a un nutrido grupo de afeccioados/as ao deporte das rutas a cabalo.

 

  • Os fermosos montes da zona de Barbadás serán o escenario no que se desenrolará a ruta a cabalo.

 

  • As previsións indican que serán 200 xinetes os/as que disfrutarán dunha xornada cabalar, en tanto que o número de comensais que disfrutarán do xantar da Xuntanza estará en torno ás 300 persoas.

 

  • A Xuntanza Cabalar de Barbadás é unha das que máis participantes reúne de toda Galicia.

 

  • Un dos motivos do éxito é “a fermosura dos montes de Barbadás, o bo avituallamento e unhas excelentes instalacións para disfrutar do día”, explica Jorge Castro, un dos organizadores do evento.

 

  • Outro dos motivos do alto índice de participación radica no feito de que os cabaleiros de Barbadás participan na práctica maioría das xuntanzas destas características.

 

  • Na Xuntanza Cabalar colabora o Concello de Barbadás a través da Concellería de Deportes.

 

  • Jorge Castro define a xuntanza cabalar coma un evento que “iniciamos hai anos con un cocido 40 cabaleiros da zona ata converterse nunha ruta punteira, a pesar de contar co hándicap de que no municipio de Barbadás non hai unha excesiva afección polo mundo do cabalo”.

 

  • A ruta comezará dende o campo de fútbol da Veringuela, en Bentraces, ás 10,30 da mañá.

 

  • Na metade do itinerario ofrecerase aos/ás participantes un completo refrixerio.

 

  • Para culminar a Xuntanza Cabalar celebrarase un xantar popular en torno ás 14,30 horas, que ten un custo de 20 euros e está aberto a calquera persoa que queira anotarse.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca que “se trata de un evento deportivo xa enraizado no noso concello e que convoca a un importante número de xinetes e amazonas”.

 

  • Valcarcel comenta que “este deporte ten cada día máis pulo dado que a afección medra de xeito continuado”.

 

  • Asegura tamén o rexedor que “é destacable o feito de que este é un deporte en pleno contacto co entorno natural e que ademais permite dar a coñecer as potencialidades naturais de Barbadás”.

 

  • Adrián Varela, concelleiro de Deportes de Barbadás, sinala que “esta xornada lúdica permite aos/ás participantes na ruta cabalar disfrutar da beleza paisaxística do concello de Barbadás, seguindo o roteiro deseñado pola organización con centro neurálxico no campo de fútbol de Bentraces, que percorre o entorno dos Castros”.

 

  • Varela sinala que “esta festa anual do cabalo permite durante toda a xornada do domingo a moitos/as visitantes de fóra do noso concello dar a coñecer o municipio de Barbadás e a súa grandeza paisaxística e natural”.

 

 

Novas

CONTENT.1711716225

CONTENT.1711716226

CONTENT.1711716226

CONTENT.1711716226

04/04/2018

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “LOIRO NA MEMORIA”

Inauguración o sábado 14 de abril, ás 18:00 horas no local social de Loiro

Eventos

CONTENT.1711716226

CONTENT.1711716226

CONTENT.1711716226

CONTENT.1711716226