Arquivo mensual: Maio 2018

31/05/2018

Noite Moucha en Barbadás o 1 de xuño: compras ata a medianoite

30 ESTABLECEMENTOS DO COMERCIO LOCAL DE BARBADÁS PERMANECERÁN ABERTOS ATA A MEDIANOITE NA “NOITE MOUCHA” O DÍA 1 DE XUÑO

O fascinante mundo do circo é a temática elixida polos/as comerciantes para dinamizar as compras e promover actividades lúdicas

A “circus noria”, inflables, obradoiros e animación circense infantil serán as propostas elixidas para os/as máis pequenos/as

  • A “Noite Moucha” de Barbadás terá como temática o circus maximus.

 

  • Un total de 30 establecementos permanecerán abertos ata a medianoite o día 1 de xuño.

 

  • En cada un dos establecementos participantes haberá animación e sorpresas.

 

  • O público infantil poderá disfrutar na circus noria, de inflables, obradoiros e animación circense infantil.

 

  • Os requisitos “para participar no fascinante mundo do circo son o desexo real de xogar, de deixarte sorprender, de compartir emocións e sentimentos, de descubrir e de experimentar”, explica Marga Pérez, concelleira de Comercio.

 

  • A Noite Moucha na edición de 2018 presenta un espectáculo sen igual cheo de maxia, ilusión e actividades para os/as máis cativos/as.

 

  • A Valenzá distribúese na Noite Moucha en 7 zonas.

 

  • A Zona La Cigüeña, Zocos Calviño, Valenmoble, Frutas Luci, Mimi Flores e Reale Seguros (avenida Celanova109-115) terá a disposición da clientela un phococall con temática circense e bombiñas de millo dende as 17,00 horas. A partir das 6 da tarde haberá espectáculo disco móbil. Ás 20,00 horas terá lugar a Piñata Circus Maximus. Para finalizar a noite das compras ata medianoite nesta zona está prevista unha queimada con exconxuro ás 00,00 horas.

 

  • Na zona “Universo de Awen (avenida de Celanova, 119) desenrolarase unha clase aberta de ioga Nidra ás 20,00 horas (aportación de 10 €).

 

  • A zona Peixe-peixe (Tomás Rodríguez Punxín, 1) será o escenario dunha cea-baile infantil entre as 20,30 ata as 23,30 horas.

 

  • Na zona “Móvete Galicia (rúa Areal, 8) haberá coreografías polas rúas a partir das 20,30 horas.

 

  • Na zona “Twins Men” (avenida de Celanova, 33) haberá unha festa de paiasos con música e globoflexia dente as 8 da tarde ata as 11 da noite.

 

  • A zona “Pequechiños” (avenida de Celanova, 50) os/as nenos/as poderán divertirse cos pintacaras entre as 21,00 e as 22,00 horas.

 

  • A sétima zona agrupa aos establecementos “O Gato con botas” e “Mercería e moda Esperanza” (avenida de Celanova 39-41) e contará con un gran espectáculo circense ás 21,00 horas.

 

  • Establecementos e ofertas dos 30 participantes da “Noite Moucha”:
  • Toffeglass (pastelería creativa): carriño decorado coa temática de circo. Doces e agasallos aos clientes.
  • Iduna (estética): mesa doce.
  • Bell (comercio, moda e complementos): degustación de licores caseiros e doces.
  • Oren Óptica: 30 % de descontó en gafas de sol e graduadas.
  • Fotos Cucas: tenda na rúa.
  • Noar Noivas (vestidos de ceremonia): escaparate na rúa.
  • Pequechiños (textil): pintacaras de 21,00 a 22,00 horas.
  • MVT Galicia (deporte e ocio): coreografías na rúa.
  • Kibu Coffe Shop (textil-hostelería): descontos especiais ata o 50 %. Mesa doce.
  • Carussa Baby (puericultura e moda infantil): mesa doce. Animación infantil. Agasallos.
  • Twins Men (roupa e complementos): festa de paiasos con música. Globoflexia. Copa de champán. Dende as 20,00 ata as 23,00 horas na porta do local.
  • Twins (roupa e complementos): mesa doce e agasallo sorpresa por cada compra.
  • Librería A Valenzá (librería, papelería e agasallos): mesa doce, agasallos e música.
  • La Cigüeña (roupa e artigos de puericultura): desconto do 20% en roupa. Zona outlet. Mesa doce e cava.
  • Froitas Luci: mesa con brochetas de froita. Oferta en cestas de froita.
  • Calzados Zocos (roupa de cabaleiro e zapatos de cabaleiro e señora): Descontos do 20 %. Zona outlet. Mesa salada.
  • Valenmoble: Pinchos no establecemento.
  • L’Evento Discomovil (audiovisual): instalación de disco móbil na rúa.
  • La Ibense (hostalería): carriño de xeados na rúa.
  • Carnicería Serra Martiñá.
  • Notas de perfume (comercio): música, mesa doce, grandes descontos.
  • Mimi Flores: agasallo dunha pranta por cada compra.
  • Petiscos galegos (alimentación).
  • El Universo de Awen (produtos ecolóxicos): noite de produtos galegos: cervexa, viño, doces, empanadiñas artesas ás 21,00 horas. Ás 20,00 horas haberá unha clase aberta de ioga.
  • O Gato con botas (zapatería, roupa e complementos): descontos ata o 40 %. Zona outlet dende 7,5 euros.
  • Liset (textil e complementos): Descontos varios. Zona de petiscos.
  • Mercería e moda Esperanza: descontos especiais dende o 10 ata o 20 %.
  • Reale Seguros: mesa con chuches, pinchos e globos.
  • Librería Espa: chuches para nenos/as.
  • Peixe-peixe: cea-baile infantil dende as 20,30 ata as 23,00 horas.

Comercio, Eventos, Novas

CONTENT.1711709377

CONTENT.1711709377

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1711709377

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1711709377

31/05/2018

Libro Solidario e Encontro Musical

Casa da Cultura Manuel María

Comezamos o mes con dúas novas citas na Casa da Cultura Manuel María. O venres día 1, coa presentación do libro solidario Elefantes de papel na Biblioteca e o sábado día 2, co encontro musical da rondalla Nova Xeración e as corais San Mauro de Barbadás e Voces e Cordas de Sobrado.

Cultura, Eventos

CONTENT.1711709377

CONTENT.1711709377

CONTENT.1711709377

29/05/2018

Novas adquisicións poéticas na Biblioteca da Casa da Cultura Manuel María

Yolanda Castaño

Desde a pasada presentación dos novos fondos en tema de igualdade de xénero e feminismo, na biblioteca da Casa da Cultura Manuel María e con motivo do espectáculo de poesía e música de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos dando fin á programación das Letras Galegas 2018, dispúxose un expositor coa nova obra desta excepcional poetisa para maior comodidade de todo aquel que se mostre interesado-a por seguir a súa traxectoria literaria.

Empezando polos seus primeiros títulos como Elevar as pálpebras ou O libro da egoísta ata os últimos dedicados ao público infantil como Coller as rendas, sen esquecer o universo culinario con Cociñando ao pé da letra. Para gozar con todos os sentidos!

 

Cultura, Novas

CONTENT.1711709377

CONTENT.1711709377

29/05/2018

Nova cita coa arte das musas na Casa da Cultura Manuel María

Rondalla Nova Xeración-Coral San Mauro de Barbadás-Coral Voces e Cordas de Sobrado

O encontro musical terá lugar este sábado no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María e contará coa participación da rondalla Nova Xeración e as corais San Mauro de Barbadás e Voces e Cordas de Sobrado.

 

Actividade: Musical

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Sábado, 2 de xuño

Hora: 20:00 h

Entrada: Libre

Cultura, Eventos

CONTENT.1711709377

28/05/2018

Elefantes de papel

Presentación Libro Solidario

O próximo venres pola tarde, na biblioteca municipal, presentarase o libro solidario Elefantes de papel da man dos seus autores, María Salinas e Berto Pirata.

Unha iniciativa a favor de ALMA (Asociación Ladridos y Maullidos Adoptables) organizada pola asociación San Bieito en colaboración coa concellería de Cultura de Barbadás.

 

Actividade: Literaria

Lugar: Biblioteca da Casa da Cultura Manuel María

Data: Venres, 1 de xuño

Hora: 19:00 h

Entrada: Libre

Cultura, Eventos

CONTENT.1711709377

28/05/2018

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NA ESCOLA DE MÚSICA

Aberto o prazo para solicitar praza na Escola de Música para o curso 2018/2019

Ata o vindeiro día 15 de xuño estará aberto o prazo para solicitar praza na Escola de Música para o vindeiro curso 2018/2019. Deberán imprimir o impreso adxunto e facérnolo chegar (ben entregando este na Escola de Música o ben enviándoo por correo electrónico á dirección que vai no impreso) antes do 15 de xuño.

Recibirán un correo electrónico informando da reunión (unha vez terminado o prazo de solicitude) para a elaboración da lista definitiva de admitidos, así como información sobre o procedemento de selección de alumnos que se segue na Escola de Música.

Recibirán un correo electrónico informando de la reunión (una vez terminado el plazo de solicitud) para la elaboración de la lista definitiva de admitidos, así como información sobre el procedimiento de selección de alumnos que se sigue en la Escuela de Música.

Data Adxuntos
28/05/2018 IMPRESO SOLICITUDE NOVA PRAZA CURSO 2018_2019 PDF [382 KB]

Escola de Música, Novas

CONTENT.1711709377

28/05/2018

EnRedamos no verán

Voluntariado Cultural

Pois nesas estamos na Casa da Cultura Manuel María, pensando nas actividades para desenvolver nas vacacións e tamén á súa volta. Así que se dispós de tempo e estás disposto a compartilo cos demáis non te podes perder estas propostas.

  • A primeira: Facerse YOUTUBER de cultura
  • A segunda: Voluntariado de COMPRENSIÓN LECTORA EN GALEGO
  • A terceira: CONECTADOS por hangouts
  • A cuarta: XERACIÓN INVERSA, nenos e nenas xunto con adultos nun interesante intercambio de papeis.
  • A quinta: Certificacións

Non o penses máis e ponte en contacto connosco a través do teléfono 988 24 68 85, casacultura@barbadas.es ou nas propias instalacións da Casa da Cultura Manuel María.

Cultura, Novas

CONTENT.1711709377

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1711709377

25/05/2018

Alumnado de Barbadás coñece as instalacións do Servizo de Prevención e extinción de incendios

ESCOLARES DOS COLEXIOS DE BARBADÁS VISITAN A BASE DO CASTRO DE TRELLE PARA COÑECER AS TAREFAS DE PREVENCIÓN E EXTICIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

Alumnos/as dos colexios públicos Filomena Dato e O Ruxidoiro coñeceron de preto o funcionamento do helicóptero, a brigada e a motobomba

A actividade foi organizada en colaboración polo Concello de Barbadás (Concellería de Educación e Medio Ambiente) e a Consellería de Medio Rural

  • Un total de 120 alumnos/as dos colexios de Barbadás participaron nunha actividade didáctica para coñecer o funcionamento do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

 

  • 80 escolares de 5º e 6º de Primaria do colexio Filomena Dato e 40 alumnos/as de 6º do colexio O Ruxidoiro participaron nunha charla informativa impartida por axentes forestais nos propios centros educativos antes de desprazarse á base de Toén.

 

  • O Concello de Barbadás, a través das Concellerías de Medio Ambiente e de Educación) e a Consellería de Medio Rural organizaron, en colaboración cos colexios unha actividade dirixida á concienciación da importancia do mantemento do medio natural.

 

  • A base do Castro de Trelle (Toén) forma parte do Distrito Forestal 12- Miño-Arnoia, específico de incendios forestais.

 

  • Os/as escolares coñeceron in situ e da man dos profesionais do servizo as labores que se realizan dende o helicóptero, a motobombo ou cómo realiza a brigada de prevención e extinción o seu traballo.

 

  • O alumnado que participou na actividade visitou tamén a torreta de vixiancia do Castro de Trelle.

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1711709378

25/05/2018

Igualdade de Xénero e Feminismo

A Biblioteca da Casa da Cultura Manuel María ratifica a súa aposta en firme polo incremento dos seus fondos en materia de IGUALDADE DE XÉNERO

Os lectores e lectoras de infantil, xuvenil e adultos do concello de Barbadás contan xa con novos títulos, que seguirán incrementándose, para así consolidar un dos obxectivos principais da Concellería de Cultura, Igualdade e Mocidade, mostra do seu compromiso social e rachar cos estereotipos.

Os nenos e nenas do colexio do Ruxidoiro foron os primeiros en gozar dos novos exemplares tras a súa presentación na biblioteca infantil da Casa da Cultura Manuel María.

Cultura, Novas

CONTENT.1711709378

24/05/2018

Contacontos ilustrado, mulleres galegas

María Victoria Moreno

Esta mañá, na biblioteca da Casa da Cultura Manuel María, os rapaces e rapazas de 2º de primaria do colexio O Ruxidoiro gozaron dun contacontos moi especial sobre a vida de María Victoria Moreno a cargo de Polo Correo do Vento. Sacando o lado máis creativo de cada un deles nunha actividade ilustrada na súa homenaxe.

Tamén puideron coñecer as novas incorporacións aos fondos de IGUALDADE DE XÉNERO, toda unha festa das letras para os cativos.

Cultura, Eventos

CONTENT.1711709378

24/05/2018

Iniciativa Xove 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2018. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de xuño de 2018. Máis información no DOG do 16 de maio de 2018 e iniciativa-xove-2018.

Mocidade, Novas

CONTENT.1711709378

23/05/2018

Campamentos urbanos de verán 2018

Convócanse 120 prazas para unha nova edición dos campamentos urbanos de verán do Concello de Barbadás. Unha actividade educativa dirixida a nenos/as e adolescentes con idades comprendidas entre os 3 e os 14 años que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde o 12 ao 18 de xuño de 2018.

Programa dos campamentos urbanos

Bases da actividade

Solicitude individual campamentos urbanos 2018

Solicitude múltiple campamentos urbanos 2018

Mocidade, Novas

CONTENT.1711709378

23/05/2018

Letras Galegas

Fin da programación 2018

Este xoves, na Valenzá, co Contacontos ilustrado, mulleres galegas de Polo Correo do Vento e o Espectáculo de poesía e música de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos do venres, darase por rematado o programa Letras Galegas 2018.

 

Un punto e seguido co resto das actividades para desenvolver desde a concellería de Cultura, Mocidade e Igualdade, como a presentación nesos mesmos días dos novos fondos no tema de IGUALDADE DE XÉNERO cos que conta a biblioteca infantil e xuvenil. Incorporacións que tamén teñen o seu reflexo na biblioteca para adultos con novos títulos sobre FEMINISMO.

 

E non serán as únicas novidades porque xa se está traballando na formación de diferentes grupos de VOLUNTARIADO e outras actividades que se irán anunciando neste próximo mes de xuño.

Novas

CONTENT.1711709378

21/05/2018

Aberto o prazo para inscribirse nos campamentos de verán dos pobos de Barbadás

O CONCELLO DE BARBADÁS ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NOS CAMPAMENTOS RURAIS DE VERÁN

Baixo a denominación “Verán de troula” os pobos de As Lamas, Barbadás, Sobrado do Bispo, Bentraces, Loiro, Finca Fierro, Parada, Piñor e O Fonsillón teñen a opción de solicitar campamentos, que se celebrarán durante o mes de xullo

Os/as destinatarios destes campamentos serán nenos/as entre 5 e 12 anos

  • O obxectivo destes campamentos enmarcados no “Verán de troula” é favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante a tempada estival.

 

  • O ámbito de aplicación dos campamentos abrangue os seguintes pobos: Piñor, Parada, O Fonsillón, As Lamas, Barbadás, Loiro, Sobrado, Bentraces e Finca Fierro.

 

  • A través de actividades educativas e lúdicas ofrecerase a nenos e nenas unha opción de tempo libre positiva, alternativa e divertida.

 

  • A finalidade será “fomentar nos/nas nenos/as actitudes e valores positivos, tales como a cooperación, a solidariedade e o respecto mútuo, creando un entorno educativo durante a época estival”, explica Marga Pérez, concelleira de Educación, área dende a que se organizan os campamentos rurais.

 

  • As prazas ofertaranse de maneira individual en cada parroquia e cada neno/a só poderá inscribirse en 1 campamento.

 

  • O requisito para que o campamento se desenrole será un número mínimo de incricións, é dicir, 12 nenos/as.

 

  • O número máximo de participantes por campamento será de 20 nenos/as.

 

  • A orde de selección de nenos/as será por rigorosa orde de entrega de solicitude.

 

  • Se o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, terán preferencia os/as nenos/as empadroados/as no concello de Barbadás e as solicitudes múltiples, é dicir, cando os/as solicitantes sexan 2 ou máis irmáns/irmás, sobre as individuais.

 

  • Os/as solicitantes non admitidos/as pasarán a formar parte da lista de espera, en tanto que as solicitudes fóra de prazo estarán suxeitas á existencia de prazas libres.
  • Na lista de espera terán preferencia os/as solicitantes excluídos/as dos campamentos de verán do Espazo Infantil.

 

  • Prazo de pre-inscrición: entre o 21 e o 29 de maio.

 

  • Publicación de listas provisionais de admitidos/as e de espera: 31 de maio.

 

  • O prezo do campamento será de 25 euros. O pago para os/as admitidos/as deberá facerse efectivo entre os días 1 e 7 de xuño e debe ser acreditato nas Oficinas Municipais da Valenzá.

 

  • O chamamento para a lista de espera será por teléfono.

 

  • Causas de desestimento e anulación da iscrición na lista de espera: non aceptación da proposta, non recepción de contestación telefónica nun prazo de 48 horas e a non realización do pago.

 

  • As listas provisionais e definitivas serán publicadas nos taboleiros de anuncios das dependencias municipais e na páxina web do Concello: barbadas.es.

 

 

  • Os campamentos de verán comezarán o día 2 de xullo e rematarán o 31 de xullo.

 

  • Horario: luns a venres entre as 10,00 e as 14,00 horas.

 

  • Os campamentos “Verán de troula” desenrolaranse nos locais sociais dos pobos que acaden un número mínimo de participantes (12 persoas).

 

Bases Campamentos de Verán 2018

Solicitude individual

Solicitude multiple

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1711709378

18/05/2018

Charla sobre distancias de rozas e limpas en Barbadás

CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE DISTANCIAS DE ROZAS E LIMPAS DE MASA FORESTAL AO REDOR DE ZONAS URBÁS.

  • NAS CHARLAS TAMÉN SE ABORDARÁ NORMATIVA SOBRE DISTANCIAS DE NOVAS PLANTACIÓNS.
  • IMPARTIDAs POR UN TÉCNICO DA XUNTA DE GALICIA.
  • DÍA: SÁBADO 19 DE MAIO.
  • PIÑOR: 12,00 HORAS: LOCAL SOCIAL DO CAMPO DE ROMA.
  • A VALENZÁ: 16,00 HORAS: LOCAL MUNICIPAL DO PARQUE DA SOLAINA.
  • PONTÓN: 18,00 HORAS: LOCALDO CENTRO EMPRESARIAL TRANSFRONTEIRIZO.

 

Cursos, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1711709378

18/05/2018

Espectáculo de poesía e música

O último dos espectáculos na Valenzá da programación das Letras Galegas 2018

Fin de festa da programación das Letras Galegas 2018 cun concerto especial no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María a cargo de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos.

Actividade: Dinamización con música, teatro e danza.

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Venres, 25 de maio

Hora: 20:00 h

Entrada: Libre, ata completar aforo

Cultura, Eventos

CONTENT.1711709378

16/05/2018

Barbadás Street Food. gastronomía, música e animación infantil

 

MÚSICA, GASTRONOMÍA, ANIMACIÓN INFANTIL E COMIDA NA RÚA: PRINCIPAIS ATRACTIVOS DA “BARBADÁS STREET FOOD”

 

Un total de 7 “food trucks” ambientarán A Valenzá con unha proposta gastronómica diferente á da edición anterior

 

O escenario musical acollerá a MCarballo Band, Daniel Minimalia, 33 RPM e Soul &Roll

  • Os días 18, 19 e 20 de maio A Valenzá (Glorieta da familia) acollerá unha nova edición da “Barbadás Street Food”.

 

  • 7 food trucks, procedentes da provincia de Ourense, do resto de Galicia e doutros lugares de España ofrecerán as súas propostas gastronómicas durante a fin de semana.

 

  • Food Trucks participantes: 1) La Piccola (pizza), 2) Gale Truck (hamburguesas), 3) Kilómetro Fuego (asiática), 4) Toloache (mexicana), 5) Arepa Olé (venezolana), 6) Mean& Dogs (hot dogs), 7) Crepes & Roll (doce e salgado).

 

  • As persoas que participen na “Barbadás Street Food” poderán degustar un amplo abano de comidas: veganas, vexetarianas, sen gluten, menús infantís, etc.

 

  • Haberá tamén produtos ecolóxicos, por exemplo carne de razas de tenreira con selo de calidade .

 

  • Un dos atractivos desa edición de “Comida na rúa” será a presencia dun camión que alberga no seu interior un forno de leña no que se elaborarán pizzas artesanais.

 

  • O apartado musical, “Barbadás Street Fest”, comprende as seguintes actuacións: MCarballo Band (venres ás 21,30 h); Daniel Minimalia (sábado ás 20,00 h); 33 RPM (sábado ás 21,30 h) e Soul & Roll o domingo ás 20,00 h.

 

  • O domingo día 20 de maio haberá animación infantil a partir das 12,30 do mediodía: música, xogos e obradoiro de pintura.

 

  • Unha das novidades desta nova edición é a colaboración coa asociación animalista ALMA (Asociación de Ladridos e Maullidos Adoptables), con sede no municipio de Barbadás.

 

  • O artista Daniel Minimalia doará a esta asociación os donativos en metálico ou en especies (piensos, por exemplo) que os/as asistentes ao concierto deste artista queiran aportar para colaborar con este colectivo cuxo obxectivo é protexer aos animais abandoados ou que viven en colonias.

 

  • Na “Barbadás Street Food” participarán os seguintes food trucks: Kilómetro Fuego (cociña fusión: opción vexetarianas e sen glute; Arepa Olé (cociña caribeña: opcións vexetarianas, veganas e sen glute);Crepes & Roll: crepes doces e saladas; Mean Dogs: perritos gourmet; De La Piccola: pizzas artesas feitas en forno de leña; Gale Truck: hamburguesas de razas autóctonas galegas; Toloache: cociña mexicana.

 

  • Tamén participará o establecemento ubicado na Valenzá Toffee Glass con doces e postres caseiros.
  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, comenta que “o Concello de Barbadás en xeral e a Concellería de Comercio neste caso seguen apostando por potenciar as actividades innovadoras no noso concello”.

 

  • “Os food trucks son unha atracción máis que teñen como finalidade atraer cidadáns do municipio e doutros lugares da provincia para que se acheguen a Barbadás”, sinala Valcárcel.

 

  • Na presentación do evente estiveron Rubén Amorín, un dos organizadores do evento, Marga Perez, concelleira de Comercio e Victoria Morenza, segunda tenente alcalde do Concello de Barbadás.

 

  • Rubén Amorín destacou “o atractivo que este tipo de eventos supoñen para as persoas que queren pasar un fin de semana agradable degustando unha ampla veiedade de propostas gastronómicas”. Explica Amorín que “este ano tratouse de ofrecer outra oferta gastronómica diferente á da edición anterior para atraer máis público”.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Comercio, afirma que “á vista do éxito acadado o ano pasado, tanto en número de visitantes como en valoracións positivas, este fin de semana temos a oportunidade de disfrutar no noso concello unha vez máis unha proposta tan orixinal e divertida”.

 

  • Para Marga Pérez a clave está en que se ofrece “un plan diferente con comida de calidade, boa música e sorpresas, unha oportunidade estupenda para achegarse a Barbadás”.

Comercio, Eventos, Novas

CONTENT.1711709378

16/05/2018

A aventura máxica na biblioteca

O primeiro dos espectáculos deste mércores no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Pallaso Piruleta e Cia. maravillaron esta mañá, no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María, ao alumnado de 1º e 3º de primaria dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro, nesta cuarta aventura da saga A Biblioteca Máxica.

Cultura, Eventos

CONTENT.1711709378

CONTENT.1711709378

15/05/2018

Letras Galegas 2018

Álvaro Muras sorprenderá na tarde do mércores a grandes e pequenos cun espectáculo de música e maxia en recordo de María Victoria Moreno.

Actividade: Dinamización con música, teatro e danza.

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Mércores, 16 de maio

Hora: 20:00 h

Entrada: Libre, ata completar aforo

Cultura, Eventos

CONTENT.1711709378

15/05/2018

Ruta propia

O segundo gran espectáculo desta semana correu a cargo do bo facer de Raquel Quiezás.

Os nenos e as nenas de 1º e 2º de primaria do colexio Filomena Dato gozaron esta mañá, na biblioteca da Casa da Cultura Manuel María, do universo imaxinario de María Victoria Moreno.

Cultura, Eventos

CONTENT.1711709378

15/05/2018

Axudas para reducir as cotas da Seguridade Social para Autónomos

No DOG do 15 de maio publícase unha orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria que establece as bases reguladoras que rexerán as axudas para ampliar a reducción das cotas da Seguridade Social para a  consolidación do traballo autónomo.

Data Adxuntos
15/05/2018 ORDE CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA PDF [662 KB]

Novas

CONTENT.1711709378

15/05/2018

Letras Galegas 2018

Álvaro Muras fai un percorrido guionizado con música e maxia, a través da vida e obra da escritora María Victoria Moreno Márquez.

Un espectáculo con fondo musical e moita ilusión que navegará durante 55 minutos con cancións, con cordas e panos máxicos e tamén coa colaboración do público para facelo mais interectativo e divertido.

Actividade: Dinamización con música, teatro e danza.

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Mércores, 16 de maio

Hora: 20:00 h

Entrada: Libre, ata completar aforo

Cultura, Eventos

CONTENT.1711709378

14/05/2018

Os contos da festa no faiado, homenaxe a María Victoria Moreno

Os alumnos de 4º e 5º de infantil dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro gozaron da man de Marta Ortiz de contos cheos de preguntas cos que interactuar.

Na Valenzá seguimos homenaxeando a María Vitoria, pechando e abrindo semana con espectáculos moi diversos. Así, pasamos da presentación do novo disco de Xardín Desordenado, Vitoria da luz, o pasado venres a Charlatana co espectáculo Os contos da festa no faiado, homenaxe a María Vitoria Moreno esta mesma mañá.

Cultura, Eventos

CONTENT.1711709378

11/05/2018

Pitusa Semifusa

O primeiro dunha escollida selección de espectáculos programados para festexar as Letras Galegas 2018

Esta mañá, os alumnos e alumnas de sexto de infantil do colexio O Ruxidoiro da Valenzá, gozaron dunha gran festa musical con Pitusa Semifusa de Olga Brañas, na biblioteca da Casa da Cultura Manuel María.

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1711709378

11/05/2018

O 14 de Maio ábrese o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Barbadás para a tempada 2018-2019.

Inscrición nas Escolas Deportivas de Barbadás para a tempada 2018-2019

Abrese o prazo de inscrición das Escolas Deportivas do Concello de Barbadás para a tempada 2018/2019 ( Baloncesto , Balonmán , Fútbol , Kung-Fu , Tenis , Ximnasia Rítmica e Ximnasia de Trampolín ) , o prazo de inscrición vai do 14 de Maio ata o 15 de Xuño.

 

HORARIO DE RECOLLIDA E ENTREGA DE INSCRICIÓN NO POLIDEPORTIVO DE BARBADÁS:

Luns a Venres : 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00.

 

A idade mínima para acceder ás distintas escolas é a seguinte :

Fútbol nados/as no 2012 e anteriores

Baloncesto nados/as no 2012 e anteriores.

Balonmán nados/as no 2012 e anteriores.

Ximnasia Rítmica naos/as no 2013 e anteriores.

Ximnasia de Trampolín nados/as no 2013 e anteriores.

Kung-Fu nados/as no 2013 e anteirores.

Tenis nados/as no 2013 e anteriores.

 

A adxudicación de prazas realizarase de forma directa no caso de que a demanda non supere o número de prazas dsipoñibles , e por sorteo público , no suposto de que o número de solicitantes supere o número de prazas dispoñibles.

No caso de realizarse o sorteo público , éste será o día 18 de Xuño ás 12:00 no Polideportivo Municipal de Barbadás.

 

Para calquera dúbida ou consulta dirixirse ás oficinas do Polideportivo Municipal en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 , no teléfono 988263519 ou por correo electrónico na seguinte dirección: edbarbadas@gmail.com

Data Adxuntos
11/05/2018 Ficha de inscripcion Escola fútbol 2018-2019 PDF [147 KB]
11/05/2018 Ficha de inscripcion Escola ritmica 2018-2019 PDF [147 KB]
11/05/2018 Ficha de inscripcion Escola baloncesto 2018-2019 PDF [147 KB]
11/05/2018 Ficha de inscripcion Escola kung-fu 2018-2019 PDF [147 KB]
11/05/2018 Ficha de inscripcion Escola tenis 2018-2019 PDF [147 KB]
11/05/2018 Ficha de inscripcion Escola trampolín 2018-2019 PDF [147 KB]
11/05/2018 Ficha de inscripcion Escola balonman 2018-2019 PDF [147 KB]

Deportes, Novas

CONTENT.1711709378

CONTENT.1711709378

08/05/2018

ENCONTRO PARTICIPATIVO NO CET PARA MELLORAR O MEDIO AMBIENTE

INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA CONVOCA UNHA CHARLA COMARCAL NO CENTRO EMPRESARIAL TRANSFRONTEIRIZO DE BARBADÁS DIRIXIDO A ASOCIACIÓNS, EMPRESAS E CIDADANÍA EN XERAL

O obxectivo da Estratexia de Infraestrutura Verde é levar a cabo unha ordenación integral do territorio dende o punto de vista ambiental para asegurar a provisión de servizos de regulación: adaptación e mitigación do cambio climático, fertilidade do solo, regulación hídrica, calidade do aire, control de inundacións e erosión, etc

O encontro terá lugar o mércores día 9 de marzo no Centro Empresarial Transfronteirizo de Pontón (Camiño do Pontón, 25, estrada N-540, Pontón)

  • Instituto de Estudos do Territorio da Xunta organizou un encontro participativo para coñecer a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia.

 

  • O encontro terá lugar o mércores día 9 de maio no Centro Empresarial Transfronteirizo de Pontón (Camiño do Pontón, 25, estrada N-540, Pontón).

 

  • A infraestrutura verde é un concepto que integra a protección de servizos ecosistémicos e a mitigación e adaptación ao cambio climático.

 

  • A finalidade desta estratexia é a creación dunha rede de espazos naturais e seminaturais planificados estratexicamente.

 

  • O Centro Empresarial Transfronteirizo (CET) acollerá mañá mércores 9 de maio ás 18,00 horas un encontro participativo para a elaboración da Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia

 

  • Este encontro está dirixido a asociacións, empresas e cidadanía en xeral dos concellos da comarca de Ourense

 

  • Concellos englobados nesta actividade participativa: Amoeiro, Barbadás, Cartelle, Coles, Esgos, Gomesende, A Merca, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín e Xunqueira de Espadañedo.

 

  • O obxectivo da Estratexia de Infraestrutura Verde é levar a cabo unha ordenación integral do territorio dende o punto de vista ambiental para asegurar a provisión de servizos de regulación: adaptación e mitigación do cambio climático, fertilidade do solo, regulación hídrica, calidade do aire, control de inundacións e erosión, etc.

 

  • Tamén se pretende asegurar a provisión de servizos de abastecemento (producción e seguridade alimentaria, abastecemento de auga e enerxía) e de servizos culturais: ocio, benestar, saúde, paisaxe, etc.

 

  • Estas redes planificadas de espazos verdes poden proporcionar múltiples beneficios a través do soporte dunha economía verde, a mellora da calidade de vida e a protección da biodiversidade.

 

  • Tamén será posible a través desta estratexia incrementar a capacidade dos ecosistemas para propiciar servizos como a redución do risco de desastres naturais, a purificación da auga, a calidade do aire e os espazos de ocio.

 

  • Pola mañá, ás 11,30 horas no CET de Barbadás está previsto un encontro participativo dirixido a persoal político e técnico dos 18 concellos da comarca de Ourense mencionados.

 

  • Algúns antecedentes da aplicación dos aspectos fundamentais de Infraestructura Verde poden atoparse na creación de hortas ecolóxicas ou o aproveitamento de terreos co fin de reducir o risco de inundacións.

 

Medio ambiente, Novas

CONTENT.1711709378

CONTENT.1711709378

07/05/2018

Victoria da Luz

Xardín Desordenado presenta o espectáculo Victoria da Luz utilizando ese concepto a modo de "apelido" de María Victoria.

Con motivo da designación de María Victoria Moreno como autora das Letras Galegas 2018, Xardín Desordenado confeccionou un programa na súa homenaxe, no que se inclúen cancións con diversos textos da autora.

Actividade: Música

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Venres, 11 de maio

Hora: 20:00 h

Entrada: Libre, ata completar aforo

Cultura, Eventos

CONTENT.1711709378

CONTENT.1711709378

07/05/2018

Programación das Letras Galegas 2018

Os mellores espectáculos para festexar esta gran efeméride

Oito grandes espectáculos cos que gozar en diferentes escenarios da Valenzá das máis variadas actividades en homenaxe a María Victoria Moreno. Non chas quererás perder.

Díptico Letras Galegas_2018

Cultura, Novas

CONTENT.1711709378

CONTENT.1711709378

02/05/2018

Concerto de Corais: Auria Canta e Coral Infantil da Escola de Música de Barbadás

Este venres, día 4 de maio, concerto na Casa da Cultura Manuel María a cargo da Coral Auria Canta e a Coral Infantil da Escola de Música de Barbadás

Actividade: Música.

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María.

Data: Venres, 4 de Maio.

Hora: 20:00 horas.

Entrada: libre, ata completar aforo.

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1711709378