Arquivo mensual: Xuño 2018

29/06/2018

Pax Romanien

Aula Xuvenil de Teatro Municipal-Teatro Experimental de Barbadás

 

Tarde-noite do trinque no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María da man dos mozos e mozas da Escola Municipal de Teatro- TEB.

Lembra, hoxe ás 20.00 h Pax Romanien

Data Adxuntos
29/06/2018 díptico-pax romanien PDF [248 KB]

Cultura, Eventos

CONTENT.1711675089

28/06/2018

Baltar e Valcárcel asinan o convenio para reformar o campo de fútbol de Barbadás

Financiarán conxuntamente o proxecto de substitución do céspede.

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE E O ALCALDE DE BARBADÁS ASINAN O CONVENIO PARA A REFORMA DO CAMPO DE FÚTBOL DOS CARRÍS

José Manuel Baltar e Xosé Carlos Valcárcel asinaron hoxe 28 de xuño o convenio para financiar conxuntamente o proxecto de substitución do céspede do das instalacións deportivas

  • A Deputación de Ourense aportará un total de 218.000 euros para a execución da obra de substitución do céspede sintético do campo de fútbol dos Carrís da Valenzá.
  • Pola súa banda, o Concello de Barbadás xa consignou 100.000 euros nos orzamentos aprobados a finais de 2017 para o exercicio de 2018.
  • A reforma das instalacións deportivas dos Carrís inclúe a renovación do céspede do campo de fútbol 11 e a dotación de herba artificial para o campo de terra no que adestran os rapaces máis cativos.
  • O proxecto de remodelación contempla tamén a execución de obras de acondicionamento nun dos muros do edificio para evitar humidades no interior dos vestiarios.
  • A Escola de Fútbol de Barbadás ten inscritos 280 nenos e nenas que practican este deporte dende a categoría de pre-benxamín ata xuvenil.
  • O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, afirma que “a substitución do céspede do campo de fútbol da Valenzá foi unha das xestións prioritarias no eido deportivo dende o inicio da lexislatura”.
  • Valcárcel destaca que “esta actuación é moi importante para poder satisfacer as necesidades da Escola Municipal de Fútbol, con preto de 300 usuarios e usuarias que fan uso das instalacións practicamente todos os días”.
  • O custo global do proxecto supera os 300.00 euros.
  • Segundo o rexedor esta dotación “ten que servir de exemplo para continuar coa colaboración entre o Concello de Barbadás e outras administracións co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza”.
  • Adrián Varela, concelleiro de Deportes, sinala que “a necesidade deste cambio ven marcada polo estado de deterioro no que se atopa actualmente o céspede do campo dos Carrís”.
  • Varela incide ademais no feito de que “a instalación de céspede artificial no campo de fútbol-8 vai permitir que os equipos poidan adestrar en mellores condicións ó permitir desmasificar a utilización do campo principal dos Carrís”.

 

Deportes, Novas

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

27/06/2018

CONCERTO DE VELAÍ VAI NO MUSEO DA GAITA DE FOLE

O grupo de música tradicional galega Velaí Vai, vai ofrecer un concerto nas instalacións do Museo da Gaita de Fole en Barbadás. Será o vindeiro venres 29 de xuño ás 20:30 horas

Eventos

CONTENT.1711675089

27/06/2018

Programa a prol da contratación de mulleres desempregadas

O Diario Oficial de Galicia no día de hoxe , publica unha Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación de mulleres desempregadas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2018.

Data Adxuntos
27/06/2018 ORDE DO DOG PDF [944 KB]

Novas

CONTENT.1711675089

27/06/2018

Pax Romanien

Aula Xuvenil de Teatro Municipal e Teatro Experimental de Barbadás

Unha comedia de intriga e suspense, na que o amor, ambición, poder, rencor, deber… moven as paixóns destos personaxes nunha Roma Imperial, real e ficticia.

 

Lugar: Casa da Cultura “Manuel María”.

Data: Venres, 29 de xuño de 2018.

Hora: 20:00 h.

Entrada: Libre – Ata completar aforo.

Cultura, Eventos

CONTENT.1711675089

26/06/2018

Subvencións a asociacións xuvenís do Instituto da mocidade

O Instituto da Mocidade convoca subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal, para o ano 2018.

Máis información no BOE do 21 de xuño de 2018   en www.injuve.es

 

Mocidade, Novas

CONTENT.1711675089

26/06/2018

Concerto Fin de Curso da Escola de Música Municipal de Barbadás

Concerto de Fin de Curso da Escola de Música Municipal de Barbadás

Hoxe ás 21:00 h. terá lugar no Parque dos Patos o habitual concerto de Fin de Curso que a Banda de Música ofrece tódolos anos por estas datas. Será o broche final co que a Escola de Música Municipal de Barbadás despide a este curso 2017/2018. Invitámosvos a todos a asistir a este evento para disfrutar unha vez máis do arte da música a cargo dos alumnos da Escola .

Escola de Música, Novas

CONTENT.1711675089

25/06/2018

Proxección do filme “Nove de novembro”

Xoves 28 de xuño ás 20:00h na Casa da Cultura

Con motivo do día do orgullo LGTBIQ, a concellería de igualdade organiza a proxección da película “Nove de Novembro”, do director galego Lázaro Louzao, por ser éste o primeiro filme rodado en galego que aborda a temática LGTBIQ

Eventos, Igualdade

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

25/06/2018

Concerto Ensemble Hotteterre no Museo da Gaita De Fole de Barbadás.

Grupo de Cámara formado por Paulo Gonçalves (gaita de fol); Ánxela Vidal (gaita de fol); Xurxo Fernández (gaita de fol) e Eneas Freire (tiorba). Ensemble Hotteterre adícase ó estudo e interpretación do repertorio histórico-erudito da gaita de fol anterior a 1800. Tomou seu nome de este insigne compositor, gaiteiro, frautista, constructor de instrumentos do século XVIII.

Eventos

CONTENT.1711675089

25/06/2018

Banda de Música Xuvenil da EMMB

Refréscate coa cultura

 

Comezamos verán co listón alto, moi alto con TEATRO MUXICAS e agora toca inaugurar tempada cos espectáculos ao aire libre. Así, este martes no Parque dos Patos, gozaremos coa interpretación musical da BANDA XUVENIL da Escola Municipal de Barbadás.

 

O talento local dos mozos e mozas será quen leve a batuta para marcar os xoves destes próximos meses. Porque as tardes-noites de xullo e agosto son xa un referente do verán cultural na Valenzá.

 

Refresquémonos coa cultura deixándonos levar pola música e gocemos da súa xenialidade.

 

Lugar: Parque dos Patos

Data: Venres, 26 de xuño

Hora: 21:00 h

Cultura, Eventos

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

22/06/2018

Concerto da Banda infantil de música do Concello de Barbadás no Museo da Gaita de Fole

O Sábado 23 de xuño no Museo da Gaita de Fole de Barbadás, concerto da banda infantil do Concello e visita teatralizada á exposición.

Eventos

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

21/06/2018

Programa de remuda xeracional nos negocios de persoas autónomas

O Diario Oficial de Galicia, publica hoxe unha Orde da Consellería de Economía,Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Data Adxuntos
21/06/2018 ORDE CONSELLERÍA ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA PDF [668 KB]

Novas

CONTENT.1711675089

25/06/2018

Refréscate coa cultura

Programación

 

E no verán… refréscate coa cultura.

 

Todos os xoves dos meses de xullo e agosto, ás 21 horas, no Parque dos Patos ou no Parque da Solaina, como vén sendo habitual, poderanse gozar dos máis variados e refrescantes espectáculos.

 

Pero abrimos boca co mes de xuño e a Banda de Música Xuvenil da Escola Municipal de Barbadás. Será o vindeiro martes 26, tamén ás 21 horas e no Parque dos Patos.

 

 

Déixache sorprender pola refrescante programación. Descarga:

Data Adxuntos
25/06/2018 Programación Verán 2018 PDF [2 MB]

Cultura, Novas

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

20/06/2018

A Casa da Cultura Manuel María estrea horario de verán

Novo horario na biblioteca municipal

A biblioteca municipal da Casa da Cultura Manuel María comezará co horario de verán a próxima semana. Así desde o luns, día 25 de xuño, permanecerá aberta só en xornada de mañá, desde as 8.30 ata as 14.30 horas.

 

Cultura, Novas

CONTENT.1711675089

21/06/2018

Listaxe de admitidos no VI Campus multideporte

Os participantes terán de prazo para realizar o pagamento do 20 ao 22 de xuño de 2018.

Número de conta:

ES78 2080 0470 29 3110000065 ABANCA

Prezo por quenda:

Maña: 30€

Tarde: 40€

Ambos: 60€

Listaxe de admitidos VI Campus multideporte

*Os participantes que solicitaron a velada nocturna terán que incorporarse o xoves 28 ás 20,30 h da tarde.

Mocidade, Novas

CONTENT.1711675089

19/06/2018

O Inspector

Teatro Muxicas

A unha localidade gobernada por uns políticos corruptos ata a medula chega a noticia de que un Inspector do goberno está na cidade para realizar unha auditoría sobre as contas públicas e elaborar un estudo sobre a limpeza das prácticas políticas dos seus dirixentes. Ante esta situación, os gobernantes entran en pánico, procedendo á destrución de todas as probas que os poidan comprometer.

 

Comezará así unha espiral descendente de submisión cara a ese Inspector, ofrecéndolle todo tipo de agasallos e subornos, chegando a límites insospeitados de tolemia e indignidade.

 

O Inspector é unha comedia de ritmo frenético, onde dez actores, na súa maioría invidentes ou con problemas visuais moi graves, dan vida nas táboas ao clásico texto de Nikolái Gógol, versionado e dirixido para esta ocasión por Tito Asorey.

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Venres, 22 de xuño

Hora: 20:00 h

Entrada: Libre ata completar aforo

Cultura, Eventos

CONTENT.1711675089

18/06/2018

Subvencións para a comercialización da artesanía galega

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de
concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización
da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede
á súa convocatoria para o ano 2018

Data Adxuntos
18/06/2018 ORDE AXUDAS ARTESANÍA GALEGA PDF [458 KB]

Novas

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

15/06/2018

Clausura Curso Operario/a Almacén

No Centro Empresarial de Barbadás, remata o curso de Operario/a de almacén que durante un total de 40 horas lectivas formou a un conxunto de participantes que nos próximos días farán prácticas en empresas.

Cursos

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

12/06/2018

O anel máxico

¡Abran paso! Teatro

Este domingo porase en escena no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María O anel máxico de Cándido Pazó, dirixida por Francisco Abeledo e a cargo de ¡Abran paso! Teatro.

 

Sinopse:

O Arlecchino, na súa desesperación, vaise da casa e, magoado, decide suicidarse. Mais, de súpeto, un ser misterioso, animándoo, lle díce que poña un anel máxico e así a súa vida irá a mellor. Isto traeralle moitas vantaxes pero tamén moitos equívocos, que serán como a salsa da vida…

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Domingo, 17 de xuño

Hora: 19:00 h

Entrada: Libre ata completar aforo

Cultura, Eventos

CONTENT.1711675089

13/06/2018

Clausura do Curso de Marketing Dixital

O martes 12 de xuño clausurouse o Curso de Marketing Dixital organizado polo Inorde e pola Fundación INCYDE, que se impartiu nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo dende o día 7 de maio e que formou a un total de 24 participantes.

Cursos

CONTENT.1711675089

11/06/2018

A cidadanía de Barbadás pode ter o concello no peto se descarga a aplicación móbil

A app do Concello de Barbadás ofrece múltiples utilidades de interese para a veciñanza

 

Noticias, axenda, avisos, teléfonos de interese, información sobre o bus, mapas, cita previa co médico, o tempo meteorolóxico ou o acceso á propia páxina web do Concello de Barbadás son algunas das posibilidades que ofrece a aplicación móbil.

 

  • A aplicación móbil do Concello de Barbadás dispón ademais da posibilidade de transmitir incidencias.

 

  • Neste apartado de incidencias poden comunicarse todo tipo de cuestións relacionadas co mobiliario urbano, tráfico e sinalética, lixo e residuos, pavimentos e sumidoiros, animais e pragas,  limpeza e xardinería.

 

  • A aplicación que se pode descargar no teléfono móbil de cada persoa ofrece a posibilidade de ubicar xeograficamente a incidencia para enviala de xeito rápido e sinxelo ao Concello.

.

  • Esta aplicación gratuíta está a diposición da veciñanza para consultar noticias de ámbito local, o tempo, poñerse en contacto con Emerxencias, coñecer a historia do municipio de Barbadás ou ter acceso a imaxes multimedia.

 

  • O obxectivo é que o/a usuario/a coñeza información de todo tipo relacionada con todo o termo municipal en tempo real.

 

 

Algunhas das razón polas que é útil esta aplicación son as seguintes:

 

Porque a calquera cidadán/á interesalle ter a man a información local, como notificacións, axenda cultural e deportiva, rueiro, teléfonos de interese, horarios de autobuses, etc.

 

Porque se precisa fluidez na comunicación de incidencias para resultar eficaz.

 

Porque é interesante para mellorar os servizos, as instalacións e dotacións públicas o manter unha liña aberta co teu concello.

 

 

Novas

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

08/06/2018

Programa bono persoas autónomas

O Diario Oficial de Galicia publicou o luns 4 de xuño unha Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras do do Programa do Bono das persoas autónomas e se procede a súa convocatoria para o ano 2018.

Data Adxuntos
08/06/2018 PROGRAMA BONO PERSOAS AUTÓNOMAS PDF [874 KB]

Novas

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

07/06/2018

As Damas non queren ser BOBAS

Teatro Experimental de Barbadás

Nova estrea da Escola Municipal de Teatro.

 

Outra maneira de contar historias. Humor e tenrura en clave feminina.

 

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Venres, 8 de xuño

Hora: 19:30 h

Entrada: Libre ata completar aforo

Cultura, Eventos

CONTENT.1711675089

07/06/2018

Asemblea informativa: rehabilitación rúa salgueiriños e rúa da presa

Eventos

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

05/06/2018

Solicitude da pista central do Polideportivo Municipal para adestramentos e partidos dos equipos da tempada 18-19

O prazo de solicitude para o uso da Instalacións Deportivas Municipais durante o ano escolar ou tempada 2018-2019 para os adestramentos e partidos dos equipos, estará aberto dende o día 6 de xuño e rematará o día 22 de xuño de 2018.

A solicitude poderase descargar da páxina do Concello ou recollela nas oficinas do Polideportivo en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00.

A entrega da solicitude será en horarios de oficina ou no correo electrónico polideportivo@barbadas.es

Data Adxuntos
05/06/2018 Solicitude pista central PDF [56 KB]

Novas

CONTENT.1711675089

04/06/2018

As DAMAS non queren ser BOBAS

Teatro Experimental de Barbadás. Escola Municipal de Teatro. Aula Infantil.

Obra infantil chea de humor e de tenrura, na que os personaxes femininos sublévanse contra os “Príncipes clásicos” nunha obra reivindicativa e en clave feminina.

 

O momento é chegado, as historias clásicas mudan de perfil para ser as mulleres as verdadeiras protagonistas e as que tomen as súas propias decisións.

 

Actividade: Artes escénicas

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Venres, 8 de xuño

Hora: 19:30 h

Entrada: Libre ata completar aforo. Recollida de invitacións na propia Casa da Cultura.

Cultura, Eventos

CONTENT.1711675089

04/06/2018

Tardes-noites na Casa da Cultura Manuel María

Atractiva combinación de Artes Literarias e Musicais

Non hai dúbida, este fin de semana as musas déronse cita na Valenzá, tanto na presentación do libro solidario Elefantes de papel con María Salinas e Berto Pirata como no encontro musical da rondalla Nova Xeración e as corais San Mauro de Barbadás e Voces e Cordas de Sobrado.

 

Un público entregado que participou activamente en ambas as actividades, compartindo experencias e/ou seguindo o ritmo nunha sincronización perfecta confirmao e parafraseando a Picasso, cando cheguen as musas que me atopen para gozalo.

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089

20/06/2018

VI CAMPUS MULTIDEPORTE

Do 13 ao 19 de xuño de 2018  estará aberto o prazo para participar no VI Campus multideporte que terá lugar do 26 ao 29 de xuño. Preténdese con este programa de actividades utilizar a actividade física como medio para transmitir e fomentar valores educativos que axuden a promover as relacións persoais e a formación integral da persoa a través da adquisiciòn de hábitos saudables da vida durante as vacacións de verán.

Programa do VI Campus multideporte

bases reguladoras da actividade

Solicitude

Data Adxuntos
20/06/2018 Listaxe de admitidos VI Campus multideporte PDF [655 KB]

Mocidade, Novas

CONTENT.1711675089

CONTENT.1711675089