Arquivo mensual: Xullo 2018

CONTENT.1711673553

27/07/2018

H2Olga

E no verán?... Refréscate coa cultura

Amontonados por azar presenta un espectáculo no que se combina a actuación coas acrobacias máis asombrosas e que divertirá aos máis peques e aos que non o son tanto.

 

Tres personaxes que buscan a solución aos seus defectos nunha botica abandonada no medio da rúa. Mesturando diferentes substancias xerarán situacións disparatadas e cheas de destreza circense, que lles farán darse conta, que ás veces, o que un pensa que son defectos en realidade poden ser virtudes.

 

Lugar: Parque da Solaina

Data: Xoves, 2 de agosto

Hora: 21.00 h

Entrada: Libre

Cultura, Eventos

CONTENT.1711673553

26/07/2018

Recollida de fotos da Escola Infantil

do curso 2017/2018

Para recoller as fotos do Curso 2017-2018 dos seus fillos/as nas actividades da Escola Infantil Municipal de Barbadás deberán pasar por Fotos Cucas, sita na Avda. de Celanova Nº 37.

 

Escola infantil, Novas, Servizos sociais

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1711673553

26/07/2018

A Escola Infantil pecha en agosto por vacacións

Ata o 4 de setembro

A Escola Infantil Municipal permanecerá pechada o mes de agosto por vacacións.

 

Comezaremos o novo curso o día 4 de setembro.

 

¡¡¡ FELICES VACACIÓNS !!!

Escola infantil, Novas, Servizos sociais

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1711673553

26/07/2018

Aviso Reunión de pais/nais da Escola Infantil en SETEMBRO

O 3 de setembro ás 20:00 hs.

AVISO IMPORTANTE

Celebraremos una reunión informativa para tódolos/as pais e nais do alumnado do centro para o curso 2018/2019.

 

Lugar:   Escola Infantil Municipal de barbadás

Data:     Luns, 3 de Setembro

Hora:     20:00 horas

Escola infantil, Novas, Servizos sociais

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1711673553

24/07/2018

Timparrantela

Videoclip

Para quen non as coñeza, Timparrantela, é dicir, Lorena Sotelo, María Blanco, Marta Figueiredo, Olalla Rodríguez, Olalla López, Olga Brañas e Raquel Huete son unha formación musical nada en Ourense.

 

Este será o seu segundo videoclip e gravarase no palco da música de Sobrado do Bispo!

 

Non importa a idade que teñas nin a formación física, só as ganas de pasarcho moi ben ao ritmo da boa música. Non o penses máis e baila. Bailemos todos e todas participando desta gran festa.

 

Lugar: Praza do San Xoán en Sobrado do Bispo

Data: Luns, 30 de xullo

Hora: Desde as 11 h.

Cultura, Novas

CONTENT.1711673553

CONTENT.1711673553

23/07/2018

Radio Bule Bule

E no verán?... Refréscate coa cultura

Paco Nogueiras convídanos a gozar dun espectáculo musical de radio en directo, con humor, bailes, cancións e dirixido a un público familiar. Deportes, servizos informativos, axenda cultural… Non perdas a fantástica oportunidade de sintonizar Radio Bule Bule!

 

Lugar: Parque dos Patos

Data: Xoves, 26 de xullo

Hora: 21.00 h

Entrada: Libre

Cultura, Eventos

CONTENT.1711673553

21/07/2018

O Concello de Barbadás investirá 154.132,95 euros en varios pobos do municipio

O CONCELLO DE BARBADÁS INVESTIRÁ 154.132,95 EUROS EN DIFERENTES POBOS DO MUNICIPIO DESTINADOS A OBRAS DE MELLORA EN VIAIS, PARQUES, SEGURIDADE VIARIA E NA REFORMA DUNHA CORREDOIRA

Sobrado, Piñor, Santa Uxía, Finca Fierro, A Cal e Barbadás pobo son os lugares aos que irán destinados os fondos aprobados polo pleno do mes de maio de 2018

  • A “Rehabilitación da canella do Regueiro ao Rosario”, en Barbadás pretende dar utilidade a un camiño que na actualidade está intransitable.

  • Esta intervención nesta antiga corredoira levarase a cabo seguindo as directrices marcadas pola Dirección Xeral de Patrimonio e pretende ser un modelo de restauración de camiños peonís tradicionais.

  • O custe da actuación ascende a 28.067,77 euros.

  • Esta canellla está prácticamente intransitable por non ter un firme estable. Así mesmo, os muros laterais tamén se atopan en mal estado, situación que pode conlevar perigosidade para os/as viandantes.

  • Tamén existe nesta corredoira unha antiga mina de auga que, segundo os informes técnicos, de non levar a cabo unha actuación sobre a mesma, pode acabar en ruína.

  • Ademais, por esta canella atravesan dúas canalizacións (saneamento e pluviais), con tuberías antigas, que están provocando problemas de seguridade e salubridade na zona.

  • As obras consistirán na pavimentación do camiño con granito do país, reforma dos muros laterais, limpeza e acondicionamento da mina e instalación de novas canalizacións.

  • A “Pavimentación da rúa Tangaraño e afirmado da praza do pobo da Cal” é outro dos proxectos incluídos na modificación de crédito por un valor global de 154.132,95 euros aprobada no pleno do día 7 de maio.

  • A dotación de pavimento da rúa Tangaraño é unha actuación necesaria porque o tránsito de vehículos por este vial resulta moi complicado por estar en terra, un motivo polo que o tránsito non reúne os requisitos mínimos de seguridade viaria.

  • O proxecto tamén inclúe o afirmado da praza de A Cal por atoparse con un firme en moi malas condicións e con unhas pendentes que poden resultar perigosas.

  • O custo do proxecto de pavimentación da rúa Tangaraño e afirmado da Praza da Cal ascende a 36.500 euros.

  • A “Reparación do muro de contención do Parque Fidalguiño”, en Sobrado, é outra das actuacións previstas.

  • Estas obras de reparación son urxentes porque o actual muro de bloque está a piques de esborrallarse sobre o viario de acceso ao parque e pode suponer un perigo para a seguridade dos/as viandantes.

  • As tarefas de reparación inclúen a substitución deste muro por un novo de cachotería de pedra granítica de idénticas características de dimensión e altura.

  • O custo de execución deste proxecto é de 17.739,08 euros.

  • O proxecto titulado “Balizamento da pista de Barxa”, en Piñor, nunha curva perigosa e que actualmente se atopa nunha situación de seguridade moi delicada é outra das actuacións que se costearán coa modificación de crédito procedente de fondos do remanente de tesoureiría.

  • A execución deste proxecto é necesaria e urxente porque se trata de unha zona perigosa para a circulación debido a que as obras afectan a unha curva moi pechada e que carece de protección na súa parte interior.

  • Esta actuación localízase na pista cando cruza o coñecido coma Regato do Cura e constitúe un lugar con unha alta densidade de tráfico por ser unha vía utilizada para acceder dende Piñor ao concello limítrofe de Ourense por parte de conductores da zona e tamén do municipio de Toén.

  • O custo dos traballos para acometer esta mellora é de 6.750 euros.

  • As obras consistirán na colocación de un pretil de perpiaño sobre unha base de formigón armado. Colocaranse aproximadamente 75 pezas de pretiles separadas por 10 centímetros unhas das outras.

  • Sobre cada un dos pretiles instalaranse captafaros reflectantes que permitan un axeitado balizamento pola noite.

  • A “Mellora do entorno do lavadeiro de Santa Uxía” é outro dos proxectos englobados na modificación de crédito.

  • É necesario e urxente levar a cabo unha intervención na zona porque o lugar non reúne as condicións idóneas de seguridade e comodidade.

  • A execución deste proxecto en Santa Uxía pretende habilitar unha zona de xogos infantil debido a que na actualidade os/as nenos/as non disponen de elementos para disfrutar de un xeito lúdico desta zona de esparcemento.

  • Tamén se instalarán elementos biosaudables no entorno para que o espazo teña utilidade para a veciñanza.

  • As obras inclúen a colocación dunha valla perimetral para a zona de xogo infantil e a instalación de baldosas de caucho e de elementos lúdicos.

  • No entorno, ademais de instalar unha serie de elementos biosaudables, procederase á adecuación do terreo e á semente de pradeira.

  • O orzamento de execución da mellora do lavadeiro de Santa Uxía é de 12.335,33 euros.

  • A “Demolición de varias vivendas adosadas na rúa do Pito”, en Piñor, é outra das actuacións previstas.

  • Trátase de unha serie de vivendas cedidas hai anos por varios veciños/as ao Concello.

  • Nos últimos meses o deterioro da estrutura destas casas antigas obriga a unha actuación de urxencia por motivos de seguridade viaria.

  • Hai unhas semanas o Concello levou a cabo o corte do vial principal de acceso para vehículos e persoas, habilitando tan só un estreito paso peonil para evitar risco para as persoas.

  • O custe de este proxecto ascende a 52.740,77 euros.

  • Esta serie de proxectos son xestionados pola Concellería de Urbanismo, Obras e Servizos Públicos.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas, Urbanismo

CONTENT.1711673553

CONTENT.1711673553

CONTENT.1711673553

13/07/2018

Gran Noite de Observación Astronómica

18 de Xullo, ás 22:30 horas, no Paseo dos Amieiros ( xunto ás piscinas municipais)

O mércores, día 18 de xuño ás 22:30 horas, o Concello de Barbadás, en colaboración co Programa Todocosmos, convídavos a unha observación astronómica.

Educación/Formación, Eventos

CONTENT.1711673553

CONTENT.1711673553

13/07/2018

Plato, Platito, Platete

E no verán?... Refréscate coa cultura

Javi Javichy, o malabarista da pista na procura do teu sorriso. O showman presenta un espectáculo no que combina os gags máis clásicos cun arriscado número de rulo americano que non deixará indiferente a grandes nin pequenos.

 

Lugar: Parque da Solaina

Data: Xoves, 19 de xullo

Hora: 21.00 h

Entrada: Libre

Cultura, Eventos

CONTENT.1711673553

CONTENT.1711673553

11/07/2018

Biblioteca da Casa da Cultura Manuel María

Verán de estreas

A biblioteca municipal non cesa nas súas actividades durante o período vacacional con novas incorporacións no seu catálogo, tanto en infantil e xuvenil como en adultos e nformando os socios e socias das devanditas novidades.

 

Estreas en contido que teñen o seu reflexo no continente, coa renovación de mobiliario, sumando funcionalidade e estética. Así, os novos e máis eficaces estores ou as cadeiras actuais, procurando sempre a confortabilidad dos usuarios e usuarias.

 

Seguiremos traballando nestas e outras melloras das que ti tamén podes formar parte a través do formulario adxunto. Protagoniza esta historia!

 

Horario de verán: 8.30 – 14.30 h

Novidades-Xullo 2018

 

Data Adxuntos
11/07/2018 Formulario-Enquisa de satisfacción PDF [190 KB]

Cultura, Novas

CONTENT.1711673553

CONTENT.1711673553

06/07/2018

Letriska Inmobile

E no verán?... Refréscate coa cultura

 

Habilidade, velocidade mental e moita tolemia!!!

 

Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprenderá a grandes e pequenos con xogos malabares e proezas memorísticas, dándolles novos usos a obxectos cotiáns, pelexando co público ou convertendo a calquera dos presentes nun gran artista de circo.

 

Lugar: Parque dos Patos

Data: Xoves, 12 de xullo

Hora: 21.00 h

Entrada: Libre

Cultura, Eventos

CONTENT.1711673553

05/07/2018

Concerto de Clarinetes

Concerto de clarinetes a cargo dos alumnos do Taller de Clarinete da Escola de Música Municipal de Barbadás

Os alumnos do Taller de Clarinete da Escola de Música Municipal de Barbadás realizarán un concerto hoxe, xoves 5 de xullo, ás 20:00 h na rúa  Avenida de Celanova (á altura do número 68; preto da Rotonda da Familia).

Cultura, Escola de Música, Eventos, Novas

CONTENT.1711673553

CONTENT.1711673553

CONTENT.1711673553

03/07/2018

Obradoiro de restauración de obxectos antigos

A Concellería de Promoción Económica e Turismo pon en marcha un obradoiro de restauración de obxetos antigos, para que as persoas interesadas  aprendan a restaurar os obxectos que poidan ter nas súas casas.

Será todos os martes e xoves no local social de Loiro e en horario de 20:00 a 22:00 horas.

Non é precisa a inscrición, a entrada é libre e non ten custo para os participantes.

Cursos

CONTENT.1711673553

02/07/2018

Saaabor!

E no verán?...Refréscate coa cultura.

O food truck de SAAABOR! chega á Valenzá o vindeiro xoves.

 

Un carro de xantar do que xorden infinidade de xogos cómicos e tamén máxicos e unha chea de obxectos de cociña cos que facer música.

 

Unha hora de humor con Félix Rodríguez e Fran Rei nun espectáculo gastronómico onde teñen cabida tanto a música como a cociña en directo e que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca.

 

Lugar: Parque da Solaina

Data: Xoves, 5 de xullo

Hora: 21.00 h

Entrada: Libre

Cultura, Eventos

CONTENT.1711673553