Arquivo mensual: Outubro 2018

CONTENT.1711724753

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

29/10/2018

Cursos de uso de Smartphone

A Concellaría de Promoción Económica coa Colaboración da Concellaría de Participación Veciñal pon en marcha dous cursos sobre o uso de smartphones, un de nivel básico e outro de nivel avanzado.

Cursos

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

26/10/2018

Quinta edición do Rallymix de Barbadás

A QUINTA EDICIÓN DO RALLYMIX DE BARBADÁS SERÁ EN MEMORIA DE GONZALO BELAY JIMÉNEZ

 

Escudería Barbadás, organizadores do evento, teñen previsto aumentar ata 60 o número de inscricións

 

O campionato automovilístico celebrarase os días 3 e 4 de novembro

 

  • O rallymix de Barbadás, “Memorial Gonzalo Belay Jiménez”, é unha proba deportiva competitiva puntuable para o campionato galego da especialidade.

 

  • O trazado desta proba discorrerá  por vías muncipais de zonas de Cimadevila, O Val, A Fraga, O Furón, A Capela e A Moura.

 

  • O percorrido ten unha lonxitude de 6,100 quilómetros, na súa maior parte itinerarios en terra.

 

  • Os camiños e as pistas forestais forman parte do percorrido, salvo os primeiros 100 metros da saída e os últimos 300 metros da meta.

 

  • Co obxecto de garantir a seguridade na zona será necesario restrinxir o tráfico dende o cruce de Moreiras ata Barbadás pobo.

 

  • Os/as vecinos/as e o persoal autorizado poderán circular nos horarios no que non se estean  a celebrar as probas clasificatorias.

 

  • O Concello colabora con Escudería Barbadás na organización do evento a través de apoio loxístico e da presencia de Protección Civil e Policía Local.

 

  • Pepe Sampayo, xefe de prensa de Escudería Barbadás, solicita a colaboración do público para que as probas se desenrolen con normalidade e sen incidentes.

 

  • Adrián Varela, concelleiro de Deportes destacou a importancia de que “Barbadás se convirta por quinto ano consecutivo na capital do automobilismo galego”.

 

  • Iván Corral, presidente da Federación galega de Automobilismo, asegura que o Rallymix de Barbadás é un “evento deportivo consolidado”.

 

  • Corral explica que é un evento deportivo moi interesante porque “van coincidir varios campionatos, onde poderán disfrutar os xirareiros, facéndose eco das recomendacións da organización”

 

  • Segundo Corral “imos disfrutar do evento con sentido común as persoas de Galicia, norte Portugal, Asturias e Castela-León nun campionato low cost, no que pode disfrutar a xente con pouco custo”.

 

  • O presidente da Escudería Barbadás, Juan Carlos Villanueva “Marabú” agradeceu a patrocinadores, concello e forzas de seguridade a súa participación e destacou a presenza dos mellores pilotos.

 

  • Os organizadores/as confían en superar a participación de edicións anteriores, dende 53 a 60 participantes.

 

  • Entre os patrocinadores do Rallymix figuran a Deputación, o Concello de Barbadás, o Inorde, Carnes Marabú e Barreiros Consultores, entre outros, ademais de Lloves Pinturas, Pozos de Barrena Freire, Luis Aragonés, Talleres e Grúas Baldomero, Maquinor, Xunta de Galicia e Deporte Galego.

 

  • Os vehículos admitidos no rallymix son os de montaña, de autocross, os quad biplazas ou os carcross.

 

 

 

Deportes, Eventos, Novas

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

22/10/2018

Día da Biblioteca

Casa da Cultura Manuel María

 

O vindeiro mércores estamos de festa na Casa da Cultura Manuel María coa celebración do DÍA DA BIBLIOTECA.

Empezaremos cun completo circuito de actividades para os rapaces e rapazas dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro en Barallando coa lingua e rematermos co peche da instalación artística EnRedAndo coa videomontaxe resultante.

Cultura, Eventos

CONTENT.1711724753

22/10/2018

Traslado de ubicación da feira da Valenzá

A Concellaría de Mobilidade comunica que con motivo das obras da pista de skate e trial que o Concello vai construir na ubicación onde se celebraba a feira, a partires do mes de novembro a feira pasará a ser na rúa  Paseo dos Amieiros.

Novas

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

16/10/2018

Romance de Micomicón e Adhelala

Non si? Teatro

Un príncipe xigante, unha raíña histérica, un feitizo e moito máis nunha farsa de 50 minutos para todos os públicos.

 

SINOPSE: Trapalandia é un reino estrafalario gobernado por unha raíña histérica nun palacio a piques de derrubar polas arroutadas de Micomicón, un príncipe xigante por mor dunha maldición. Entre tanta tolemia vive Adhelala, unha princesa cativa que posúe a sabeduría e o valor para cambiar as cousas. Só ela coñece a orixe do mal do príncipe e o feitizo para curalo.

 

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Domingo, 21 de outubro

Hora: Ás 19 h

Entrada: Libre, ata completar aforo

Cultura, Eventos

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

11/10/2018

Biblioteca da Casa da Cultura Manuel María

III Día das Escritoras

A Biblioteca Pública de Barbadás únese á iniciativa da Biblioteca Nacional de España (BNE), a Asociación Clásicas e Modernas (CyM) e a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) coa celebración da terceira edición do Día das Escritoras baixo o lema Rebeldes e transgresoras.

 

Escritoras como María de Zayas, Juana Manso, Rosalía de Castro, Rosario de Acuña, Filomena Dato Muruais, Carmen de Burgos, Delmira Agustini, Vitoria Ocampo, Aurora Bertrana, Magda Donato, Sorne Unzueta Lanzeta (Utarsus), Ángela Figueira Aymerich, María Zambrano, Idea Vilariño, Ana María Matute, Carmen Martín Gaite, Josefina Aldecoa, Alejandra Pizarnik, Esther Tusquets, María-Mercé Marcal e Teresa de Jesús son as homenaxeadas.

 

Participa no noso pequeno agasallo a todas estas mulleres e outras moitas, visibilizando o seu legado participando na instalación artística situada na sala de exposicións da Casa da Cultura Manuel María. É moi sinxelo, pensa nunha escritora e selecciona algunha das súas frases entre os seus textos. Podes escoller entre as dispoñibles na nosa biblioteca ou facer unha cartela nova. Só queda incorporala á instalación e capturar ese momento de lectura.

 

Poder subir ditas imaxes á rede co hanstang #BibliotecaBarbadásCoasEscritoras ou a realización dunha videomontaxe para incorporar á instalación, son algunhas das propostas para conmemorar esta cita pendente coas nosas Escritoras Rebeldes e Transgresoras.

 

O resultado final poderá gozarse o 24 de outubro, Día da Biblioteca, xunto con outras actividades conmemorativas. Non chas podes perder!

 

 

Lugar:                   Sala de exposicións da Casa da Cultura Manuel María

Data:                     Do 15 ao 24 de outubro

Horario:               Das 10 ás 13 h e das 16 ás 20 h

Cultura, Novas

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

04/10/2018

VI Festival Infantil Auria Canta

Coros: Colexio Padre Feijoo Zorelle-Luis Areán de Lalín-Escola de Música Municipal de Barbadás

 

Nova cita coas musas no auditorio da Casa da Cultura Manuel María

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Sábado, 13 de outubro

Hora: 18:30

Entrada libre

Data Adxuntos
04/10/2018 programa- festival auria canta PDF [2 MB]

Cultura, Eventos

CONTENT.1711724753

04/10/2018

Hortas escolares Barbadás

A Concellaría de Medio Rural pon a camiñar o proxecto das hortas escolares, nos CEIP do Concello.

Cursos, Medio Rural

CONTENT.1711724753

CONTENT.1711724753

02/10/2018

Curso de Manipulación e venda de productos crudos

A Concellaría de Promoción Económica e Turismo pon en marcha un curso teórico-práctico de Manipulación e venda de productos frescos.

Os participantes recibirán formación teórica nas instalacións do Centro Empresarial de Barbadás durante 40 horas, e posteriormente realizarán prácticas durante outras 20 horas en establecementos relacionados cós contidos da parte teórica.

Esta acción formativa é gratuita e ten prazas limitadas.

Data Adxuntos
02/10/2018 Ficha inscrición curso manipulación e venda de productos frescos VND.OPENXMLFORMATS-OFFICEDOCUMENT.WORDPROCESSINGML.DOCUMENT [76 KB]

Cursos

CONTENT.1711724753