Arquivo mensual: Decembro 2018

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1713261294

02/01/2019

Nómades

Xarope Tulú

 

Nómades é un espectáculo de carácter visual dirixido a tódolos públicos: onde o movemento, a escenografía e a luz se relacionan entre si constantemente, sendo en ocasións difícil de definir onde comeza e remata cada un dos elementos que conforman a proposta. As intérpretes transitan entre as porosidades dunha escenografía en constante movemento, abren espazos de conversa sobre o tránsito entre xéneros e habitan o nomadismo como ruptura posible dos moldes impostos. Tres corpos de costas, dúas xaboeiras, unha chepa e ocos; moitos ocos. Como definir un corpo? A través dos paseos en bicicleta, ou polas bágoas provocadas logo dunha caída, ou polos sucos nas pernas ou se cadra pola capacidade de axustarse ó molde da saia, ou do pantalón…?

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Mércores, 2 de xaneiro

Hora: 19.00 h

Entrada: Libre (Invitacións na Casa da Cultura)

Cultura, Eventos

CONTENT.1713261294

27/12/2018

Concerto Taller de Clarinetes

Escola de Música de Barbadás

 

Concerto  de clausura do I Encontro de Clarinete organizado pola Escola de Música Municipal de Barbadás e o cuarteto de clarinete OuKlar.

 

Durante tres días de convivencia, os alumnos de clarinete da Escola de Música Municipal de Barbadás e da Escola de Música Banda de Celanova, a través do traballo dos membros de Ouklar, Javier Losada, David Blanco, Celso Nieto e Olalla Rodríguez, prepararon o programa do concerto ademáis de aulas individuais, traballo técnico e moita diversión.

 

Estades todos convidados e esperamos que disfrutedes moito do concerto!

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Venres, 28 de decembro

Hora: 19.00 h

Entrada: Libre

Cultura, Eventos

CONTENT.1713261294

26/12/2018

Bon appétit

Teatro Ghazafelhos

Antua de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres Chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Alvaro Cunqueiro, A Cociña Galega, “A cociña é arte, a expresión cultural que un povo desemvolve ao longo do tempo.” Unha comedia onde a cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para escachar de risa, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso….

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Xoves, 27 de decembro

Hora: 19.00 h

Entrada: Libre (Invitacións na Casa da Cultura)

Cultura, Novas

CONTENT.1713261294

26/12/2018

O faiado

Teatro ó cubo

Vera, Roi e Anxo son tres irmáns con xeitos diferentes de ver o mundo. Tras un acontecemento familiar, que pode cambiar o curso das súas vidas, vense na necesidade de chegar a un acordo para o cal terán que confrontar o seu ideario. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles contaba na súa infancia.

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Mércores, 26 de decembro

Hora: 19.00 h

Entrada: Libre (Invitacións na Casa da Cultura)

Cultura, Eventos

CONTENT.1713261294

22/12/2018

Premios aos mellores escaparates de Nadal

Entrega de premios aos mellores escaparates
  • Escaparate máis votado de establecemento comercial: “O ropupeiro de Uxía”.
  • Premio á mellor decoración de Nadal en hostalaría: Cafetería Kibú
  • No seguinte enlace pode verse cada unha das votacións realizadas e o resultado final https://bit.ly/2BwZOBh

Comercio, Novas

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

21/12/2018

MORAIMA

OBRADOIRO ESPECTÁCULO para a primeira infancia

O vindeiro venres 21 de decembro de 2018, as 10:30 h. na Escola Infantil Municipal de Barbadás recibimos o Nadal cunha interpretación dun obradoiro espectáculo “Moraima”, a cargo de Marcelo Dobode e Beatriz Martínez. Neste espectáculo @s artistas interactúan co alumnado na nosa escola, non volo perdades.

Escola infantil, Novas

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1713261294

20/12/2018

Open Benéfico de Scalextric

O CAMPIONATO DE SCALEXTRIC DE BARBADÁS REÚNE A PRETO DE 90 PARTICIPANTES

O clube Mangallo slot, organizador do evento, ten as súas instalacións na Finca Fierro

  • O circuito que o clube Mangallo Slot instalou nun local da Finca Fierro, na traseira da rúa Milladoiro, é un dos máis grandes de España.

 

  • O sábado día 22 celébrase a segunda edición do Open Benéfico Piel de Mariposa.

 

  • Preto de 90 persoas procedentes de diferentes puntos de España e de Portugal están inscritas no campionato que se desenrolará ao longo de todo o día.

 

  • Ao longo da xornada emitiranse videos e distribuiranse folletos sobre esta enfermidade e os fondos recadados serán destinados á asociación “Debra Piel de Mariposa”.

 

  • O open terá un formato de “rallye”con 5 voltas e 6 tramos cronometrados realizados con pista Ninco, explica Javier Lima.

 

  • As probas comezarán ás 9,30 horas do sábado día 22 e desenrolaranse durante todo o día de xeito ininterrumpido.

 

  • Lima destaca que “os fondos que se recaden serán para apoiar á fundación Debra e, sobre todo, para dar a coñecer unha enfermidade tan delicada e descoñecida.

 

  • O open terá as seguintes categorías: WRC, WRS, SNGT, SNR, SCL, N, CL, SND, INF, DONAS e infantil, rexidas todas elas polo regulamento autonómico galego.

 

  • O open benéfico está aberto á asistencia do público en xeral que poderá disfrutar dos percorridos dos pequenos vehículos ao longo de un itinerario moi atractivo.

 

  • Ao finalizar as probas farase entrega de premios, en torno ás 8 da tarde.

Deportes, Eventos, Novas

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

18/12/2018

O Apalpador

Percorrido polo concello

Visita do  Apalpador, un xigante carboeiro que polo NADAL visita aos nenos e nenas  e aos que xa non o son tanto, deixándolles castañas, agasallos e desexos dun ano novo cheo de felicidade. Datas e lugares:

 

Venres, 21 de decembro

  • Espazo Infantil ás 18 h
  • Auditorio Casa da Cultura Manuel María ás 19 h

Sábado, 22 de decembro

  • Local Social Piñor ás 17.15 h
  • Asilo Cabeza de Vaca ás 18 h
  • Local Social Finca Fierro ás 18.30 h

Domingo, 23 de decembro

  • Local Social Loiro ás 16.30 h
  • Local Social Sobrado ás 17.30 h
  • Local Social Barbadás ás 18 h

Cultura, Novas

CONTENT.1713261294

17/12/2018

Brancaneves e o ROCK AND ROLL

Aula Infantil do Teatro Experimental de Barbadás

 

Unha historia chea de tenrura e ilusións.

Un soño dunha nena que se converte en realidade, pertencer a unha Banda de Rock and Roll.

Brancaneves a pesar das dificultades que lle aparecerán no seu camiño, consegue levar a bo porto o desexo de ser unha cantande de Rock.

 

Unha oportunidade de acompañar aos nenos e nenas da Aula de Teatro Infantil con este último traballo e compartir con eles a experiencia dun “xogo teatral” que os enriqueza no seu crecemento persoal a través do Teatro.

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Xoves, 20 de decembro

Hora: 19.00 h

Entrada: Libre (Invitacións na Casa da Cultura)

Cultura, Eventos

CONTENT.1713261294

14/12/2018

Especial compras de nadal

Día 15, en horario de mañá e tarde e 16 en horario de mañá

Os establecementos comerciais de Barbadás, en colaboración coa Concellería de Comercio, organizan ,o día 15 en horario de mañá e tarde e o día 16 en horario de mañá, un fín de semana especial de compras con motivo da proximidade das datas do nadal.

Haberá un sorteo dun vale de 400€, ademaís de música, concurso de escaparates, visita de Papa Noel para os máis pequenos/as e moitas máis solpresas.

Dende a Concellería de Comercio  queremosvos animar a participar nesta iniciativa, e apoiar o comercio local  pensando nel para facer as compras do nadal.

Comercio, Eventos

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

11/12/2018

Pleno infantil protagonizado polo alumnado de 6º de Primaria do colexio Ruxidoiro

AS MELLORAS NA ACCESIBILIDADE E A PREOCUPACIÓN POLO INCIVISMO SON ALGUNHAS DAS INQUEDANZAS DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DO RUXIDOIRO

Os/as escolares propuxeron no pleno infantil celebrado hoxe pola mañá amosaron nas súas propostas interese para que se habiliten aseos no patio do colexio ou se instalen toldos nalgunhas zonas do centro educativo

  • O alumnado de 6º de primaria amosou nas súas mocións a preocupación que existe pola mobilidade e seguridade viaria en varios puntos da Valenzá, como a subida á Valenzá Vella ou na rúa Porto do Río.

  • Outra moción que debateron foi a construcción de aseos no patio do colexio. A concelleira de Educación, Marga Pérez, anticipou que esa é unha competencia da Xunta e que xa está practicamente ultimada a construcción dos mesmos.

  • Tamén plantexaron os/as alumnos a cubrición con toldos na zona do areeiro de infantil e a zona de ventanas de varias aulas.

  • Outra moción que suscitou un amplio debate foi a construcción de un parque pechado para cando vai moito frío ou moito calor.

  • Esta iniciativa finalmente non foi apoiada por case nengún alumno porque o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que a funcionalidade dos parques é para combinar natureza e xogo, aínda que os/as escolares insistiron en cubrir as canchas da Solaina.

  • Plantexáronse melloras no colexio como a ampliación da biblioteca, dotar de teito a unha zona do patio e crear hortos escolares, unha iniciativa que xa se explicou que está en marcha.

  • Outra das propostas que se abordou foi o fomento do civismo na Valenzá para previr grafitis en zonas públicas ou en fachadas e incidiron os/as alumnos/as en que os/as donos de cans deben recoller os excrementos.

  • Tras un intenso pleno escolar o alumnado disfrutou de unha merenda saudable.

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1713261294

11/12/2018

Caixiña Solidaria

Dende decembro do 2015, o Banco Solidario do concello de Barbadás, situado na rúa do Ensino 5,   vén abrindo as súas portas para recoller e repartir entre as usuarias  de Servizos Sociais (roupa, calzado, alimentación diversa, xoguetes,…).

Dada a proximidade das festa do Nadal,  os vindeiros martes 11 e 18 deste mes de decembro, queremos facer entrega dunha “Caixiña Solidaria”, pretendendo ter un pequeno detalle con aquelas familias usuarias do Banco Solidario, con menos recursos económicos.

Novas

CONTENT.1713261294

11/12/2018

Acendido de Nadal en Barbadás

BARBADÁS ACENDE O NADAL ESTA TARDE CON MÚSICA, BAILE, UN PHOTOCALL CON PERSOAXES INFANTÍS E UNHA CHOCOLATADA

A partir das 18,30 a cita coa iluminación de Nadal será no cruce da avenida de Celanova e rúa do Viso

  • O Concello de Barbadás mantén a tradición iniciada en 2015 de adornar a árbore de 10 metros que se atopa no centro da Valenzá.

 

  • A iluminación de Nadal ten un custo aproximado de 10.000 euros, contía financiada pola Concellería de Servizos Públicos.

 

  • O alumeado de Nadal inclúe a ornamentación de 75 árbores na avenida de Celanova para propiciar o ambiente navideño.

 

  • Outros dos ornatos incluidos na iluminación navideña son o adorno doutra árbore preto do antigo centro de saúde, a instalación de 7 arcos grandes na avenida de Celanova, de 4 arcos medianos en rúas adxacentes: Areal, Rodríguez Punxín, Valenzá vella, etc.

 

  • Tamén se coloca alumeado ornamental no polideportivo nas inmediacións da glorieta de acceso á rúa 17 de Maio, no Paseo dos Amieiros,

 

  • Así mesmo, tamén se coloca iluminación na casa consistorial e nas oficinas municipais.

 

  • As localidades do municipio tamén disporán de iluminación ambiental navideña.

 

  • A concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza, indica a importancia de manter iluminadas as rúas e pobos de todo o municipio para crear ambiente de Nadal.

 

  • Destaca tamén “o esforzo económico realizado dende o Concello de Barbadás para diversificar a presencia de ornatos de Nadal nos diferentes lugares”.

 

  • Morenza, ademais de resaltar a diversificación da ilumnación, afirma que o cambio é considerable nos últimos anos debido á iluminación de 2 grandes árbores, así como de preto de 100 árbores na avenida de Celanova”, así coma o incremento dos arcos no medio rural.

 

  • A Concellería de Comercio colabora tamén na iluminación navideña a través da instalación de un trineo nun lugar céntrico da vila, preto da glorieta da familia.
  • O custo do alumeado coa instalación de figuras en diferentes puntos da Valenzá ronda os 2.600 euros.

 

  • A responsable da área de Comercio, Marga Pérez, comenta que a instalación de elementos luminosos : 2 renos e 2 árbores fabricadas en ratán blanco e iluminados con microlámparas de led en color blanco.

 

  • Marga Pérez explica, que o obxectivo desta iluminación complentaria “é propiciar as compras no comercio de proximidade e crear un ambiente que tanto gusta aos pequenos/as da familia”

 

  • A Concellería de Comercio é tamén a encargada de organizar o acto do “Acendido de Nadal”, que se celebrará a partir das 18,30 e no que haberá música, un photocall con persoaxes infantís e unha chocolatada.

 

 

 

Comercio, Eventos, Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

CONTENT.1713261294

05/12/2018

Resumo de actuacións de Protección Civil ante a vespa velutina en Barbadás

PROTECCIÓN CIVIL ATENDE 130 AVISOS PARA ATENDER INCIDENCIAS POLA PRESENZA DE VESPA VELUTINA

O responsable do Servizo de Emerxencias e PC de Barbadás, Daniel Rey informa que “se invertiron un total de 190 horas de traballo e participaron un total de 12 operarios, ben do servizo ou ben voluntarios”

 O Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Barbadás recibiu dende principios do ano 2018 un total de 130 avisos para intervir pola presenza da praga da vespa velutina.

  • Os avisos foron recibidos a través do 012 nunha porcentaxe do 60 por cento, en tanto que o 40% restante correspondeu a chamadas de particulares ou de representantes municipais.

 

  • Protección Civil efectuou 115 intervencións derivadas da praga da vespa velutina, “das cales 98 foron consideradas de prioridade máxima por estar localizadas en puntos críticos, pretos de lugares de pública concorrencia ou vivendas particuales”, explica Daniel Rey, responsable de Protección Civil de Barbadás.

 

  • O protocolo de actuación ante un aviso é o seguinte, indica Daniel Rey: primeiro recíbese o aviso, presenza de Protección Civil para a súa comprobación no mesmo día e decídese o grao de prioridade. Posteriormente actúase se pode ser no mesmo día e sempre en horario nocturno, destaca Rey.

 

  • As actuacións son levadas a cabo polos membros do servizo e os voluntarios da agrupación.

 

  • Rey informa que “se invertiron un total de 190 horas de traballo e participaron un total de 12 operarios, ben do servizo ou ben voluntarios”.

 

  • O responsable de Protección Civil de Barbadás enumera os medios técnicos e materiais para levar a cabo as intervencións: 2 traxes de protección específicos para vespa velutina, 1 traxe de apicultor para actuar cando hai que protexer enxames de abellas, lanternas infravermellas, pértega extensible de 30 metros con bomba manual, escaleiras manuais, pértegas con dosificador de sprai, material de traballos en altura, ferramentas tipo motoserra, desbrozadora e serruchos.

 

  • Daniel Rey indica que ademais contan coa colaboración da empresa de mantemento eléctrico, que proporciona o apoio loxístico a través dos guindastres.

 

  • Os produtos químicos que se empregan para envelenar os niños son homologados para esta función “e téñense en conta os factores de risco medioambiental”.

 

  • Estes produtos úsanse en dous formatos: sprai de longo alcance e outros diluibles para inxección con bomba manual.

 

  • O persoal que se dedica a tarefas de eliminación de niños está formado pola AGASP, conta con titulación en manexo de fitosanitarios e dispón de inxeccións de adrenalina por se sufrise unha reacción alérxica.

 

  • As previsións indican, según anticipa Daniel Rey, que “trala caída da folla se reciban moitos máis avisos de avistamentos de vespa velutina”.

 

  • A planificación para as próximas datas será levar a cabo “unha campaña de trampeo en colaboración co outros axentes implicados: apicultores, poboación civil e outros servizos municipais co obxectivo de reduci-la presenza de velutina na vindeira tempada”, apunta Rey.

Medio ambiente, Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1713261294

04/12/2018

Pleno infantil protagonizado por alumnos/as do Filomena Dato

INCENTIVAR O TRANSPORTE PÚBLICO, AMPLIAR AS PISCINAS OU CREAR UN CARRIL BICI SON PROPOSTAS PLANTEXADAS NO PLENO INFANTIL DE BARBADÁS

Escolares do colexio Filomena Dato protagonizaron un pleno infantil no Concello de Barbadás

  • 40 alumnos do colexio Filomena Dato plantexaron no pleno infantil celebrado hoxe unha serie de propostas para mellorar o concello de Barbadás.

 

  • A creación de un carril para bicicletas foi unha das inquedanzas plantexadas a través dunha moción.

 

  • Destacaron no argumentario que a creación de un carril para bicis é unha forma saudable de facer deporte e unha opción segura á hora de utilizar este medio de transporte.

 

  • Outra das mocións que debateron no pleno foi o arranxo do teito do Filomena Dato no patio cuberto e a busca dunha solución ante a sucidade que xeneran as pombas nesta zona de ocio.

 

  • O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que a Xunta está tratando de buscar solución ao tema do patio cuberto do colexio, en tanto que o carril-bici é complicado habilítalo, entre outras razóns, debido á orografía do terreo.

 

  • Os/as escolares de 6º de Primaria do colexio Filomena Dato abordaron tamén a necesidade de ampliar as actuais piscinas e construir unha instalación climatizada.

 

  • Todas as propostas foron aprobadas por unanimidade dos concelleiros “simbólicos”.

 

  • O alumnado amosou a preocupación que existe pola contaminación, motivo polo que propuxeron noutra moción que se incentive o transporte público, informando o alcalde que o Concello xa subvenciona bonos para o uso do bus.

 

  • No apartado de rogos e preguntas falouse do arranxo de baches nas vías, da creación de equipos de baloncesto e balonman, de construir un instituto, de habilitar un parquin público, de borrar os grafitis irrespectuosos, de cubrir as canchas da Solaina ou de mellorar a accesibilidade.

 

  • Ao finalizar a sesión plenaria protagonizada por nenos e nenas de 6º de Primaria, os e as concelleiros/as entregaron ao alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e á concelleira de Educación, Marga Pérez, un dosier.

 

  • Este dosier inclúe as respostas do alumnado ante preguntas como a de qué é o concello para eles, qué lles gusta de Barbadás, Qué é o que non lles gusta do municipio no que viven ou qué cambiarían na súa localidade.

 

  • Marga Pérez anunciou que este documento será analizado para extraer conclusións “e construir un Barbadás acorde cos plantexamentos realizados polos nenos e nenas que fixeron esta recopilación”.

 

  • Tralo pleno infantil os/as escolares disfrutaron de unha merenda saudable.

 

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1713261294