Arquivo mensual: Febreiro 2019

28/02/2019

Obradoiro de Entroido 2019 do sábado 2 de marzo

Todos/as os/as nenos/as solicitantes do obradoiro do sábado día 2 de marzo foron admitidos.

Como resultaron prazas vacantes ampliase o prazo para presentar solicitudes.

Mocidade, Novas

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304

26/02/2019

Aberto o prazo de inscrición dos cursos “Fórmate”

 

A ÁREA DE EDUCACIÓN ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN DOS CURSOS “FÓRMATE”

As solicitudes deben presentarse no Rexistro da Casa do Concello (Barbadás pobo) ou nas Oficinas Municipais (Rúa do Viso, 2, A Valenzá)

  • Os cursos son gratuitos e están dirixidos a persoas maiores de 16 anos.

 

  • Son total de 6 cursillos englobados en diferentes áreas: manipulación de alimentos, aplicacións para móbiles e tablets, primeiros auxilios, cociña saudable, macramé, e monitor de tempo libre.

 

  • O prazo de inscrición abriuse onte día 25 e remata 1 semana antes do comezo de cada curso.

 

  • A inscrición nos cursos pode facerse tamén a través da sede electrónica: barbadas.sedeelectronica.gal.

 

  • Tamén se pode efectuar a inscrición a través da seguinte dirección de e-mail: educación@barbadas.es.

 

  • A información relativa aos cursos “Fórmate” pode consultarse telefónicamente na Área de Educación (988 246885) ou a través do correo electrónico educacion@barbadas.es.

 

  • Os cursos están organizados pola Concellería de Educación, Formación e Comercio.

 1. MANIPULADOR DE ALIMENTOS

 

Iste curso ten unha duración de 4 horas

Datas de realización a elexir entre:       – Martes, 12 de marzo: 16 a 20h

                                                                              – Martes 28 de maio: 10 a 14 h

Realizaráse nas instalacións municipais do Parque da Solaina (A Valenzá)

O número de prazas ofertadas é de 25

2.APLICACIÓNS PARA MÓVILES E TABLETS

Iste curso terá unha duración de 12 horas

Nas seguintes datas: 6, 7, 13, 14, 20, 21 de marzo en horario de 10 a 12h

Terá lugar en Fonval (A Valenzá)

O número de prazas ofertadas é de 25

 

3.PRIMEIROS AUXILIOS

Iste curso terá unha duración de 4 horas

O xoves 11 de abril, en horario de 10 a 14h

Realizaráse en Fonval (A Valenzá)

O número de prazas dispoñibles é de 25

 

 4.COCIÑA SAUDABLE

 A duración do curso é de 12 horas

Terá lugar os sábados 4, 11, 18 e 25 de maio en horario de 10 a 13h

Terá lugar en Fonval (A Valenzá)

Ofértanse para este curso 15 prazas

 

5.MACRAMÉ

 Duración diste curso: 60 horas

Data de comezo: luns, 25 de marzo

Realizaráse os luns, mércores e venres de 10 a 12h

Terá lugar en Fonval (A Valenzá)

Ofértanse 20 prazas

6.MONITOR DE TEMPO LIBRE (TÍTULO OFICIAL)

 A duración diste curso é de 350 horas (200 de teoría + 150 de práctica)

O comezo do curso será o luns 25 de marzo

Realizaráse de luns a xoves de 10h a 14h

Terá lugar nas instalacións municipais do Parque da Solaina (A Valenzá)

O número de prazas ofertadas é de 25

 

 

 

Cursos, Educación/Formación, Novas

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304

23/02/2019

Reforma da iluminación na rúa 17 de maio

REFORMA DA INSTALACIÓN ELÉCTRICA NA RÚA 17 DE MAIO E INSTALACIÓN DE CANALETAS DE DRENAXE PARA A RECOLLIDA DE AUGAS DAS ESCORRENTÍAS PROCEDENTES DA PARTE ALTA DO TERREO

O principal obxectivo desta actuación é mellorar a seguridade viaria tanto na beirarrúa coma no vial

  • Retranqueo de 11 puntos de iluminación pública dende o borde exterior da beirarrúa hacia o borde interior.

 

  • Reposición de 5 puntos de iluminación que se atopaban inutilizados porque foron derrubados por vehículos pesados ao realizar manobras de estacionamento.

 

  • As luminarias que se repuxeron axustáronse ás características das que xa existían: columnas de fundición pintadas en cor negra e fuste de aceiro galvanizado pintado en cor gris de 8,7 metros de altura.

 

  • As liñas de alimentación son soterradas baixo canalización reglamentaria.

 

  • O proxecto de execución destes traballos incluía tamén o saneamento do talud existente para o drenaxe da escorrentía das augas pluviais.

 

  • Os traballos de drenaxe da escorrentía procedente da parte alta do terreo na marxe dereita da beirarrúa (dirección Ourense) fixéronse mediante unha canaleta con reixa de fundición colocada en zanxa, asentada sobre formigón e conectada á rede existente de augas pluviais.

 

  • O custo das obras ascende a 22.687,14 euros.

 

  • A concelleira de Urbanismo, Victoria Morenza, explica que o obxectivo desta actuación “foi mellorar a seguridade viaria de peóns e automobilistas, así como a recollida de xeito definitivo das augas procedentes das escorrentías”.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas, Urbanismo

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304

22/03/2019

Programa de Desenvolvemento Profesional. Competencias crave para o desenvolvemento profesional nunha contorna profesional cambiante e altamente competitivo.

Informamos que do 8 ao 11 de abril o CET de Barbadás acollerá un curso de competencias crave para o desenvolvemento profesional. Será en horario de tarde e terá as prazas limitadas a 20 persoas.

Duración: 16 horas presenciais + 4 horas a distancia (20 horas lectivas en total).

Prezo de matricula: 40 euros

Matrícula:  http://extension.uned.es/actividad/18810& codigo= P3 DDP

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304

15/02/2019

Nova edición do concurso Lingua de Namorar

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presenta unha nova edición do certame en liña de mensaxes de amor en galego, Lingua de namorar 2019, dirixido a todas as mozas e mozos de 14 a 35 anos.

As mensaxes de amor deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar
en prosa ou en verso. A extensión máxima da mensaxe será de 350 caracteres,
incluídos os espazos en branco.

Para participar no concurso,  terás que cubrir e enviar este formulario.

Bases completas do concurso.

O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 28 de febreiro.

 

 

 

 

Mocidade, Novas

CONTENT.1713416304

14/02/2019

Segunda edición do Evento do stock e oportunidades

O CONCELLO DE BARBADÁS ABRE O PRAZO PARA QUE OS ESTABLECMENTOS COMERCIAIS PARTICIPEN NA SEGUNDA EDICIÓN DO “EVENTO DO STOCK E OPORTUNIDADES”

  • Este evento está organizado polo Concello de Barbadás e pretende crear un punto de encontro onde comercios polo miúdo de distintas actividades comerciais, poidan ofrecer artigos de alta calidade a prezos de oportunidade aos consumidores.
  • O “Evento do stock e oportunidades” celebrarase no Polideportivo municipal, os días 16 e 17 de marzo, no seguinte horario: de 11 a 14 horas e de 16:30 a 21 horas (sábado). Salvo o domingo 17 que o recinto pecharás ás 20:30 horas.
  • Poderán solicitar a súa participación no devandito evento todas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

– Estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas nalgún dos epígrafes comprendidos no sector de comercio.

– Ter establecemento aberto ao público e estar en posesión da licenza municipal correspondente ou tenda online legalmente constituída.

– Poñer á venda os produtos propios do seu establecemento a un prezo ou nunhas condicións máis vantaxosas para os consumidores, quedando á elección do propietario/a de o comercio a porcentaxe de desconto ou oferta que aplica.

– Para participar no evento terán preferencia as empresas radicadas no concello de Barbadás, quedando dispoñibles no caso de que houbera espazos libres para outras empresas da provincia de Ourense que rexistrasen a súa solicitude. A adxudicación neste caso farase por rigoroso orde de entrada no rexistro.

Comercio, Eventos, Novas

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304

13/02/2019

CURSO AFD DO CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE: MONTAXE E MANTEMENTO DE SISTEMAS DE AUTOMATIZACIÓN INDUSTRIAL

PRAZAS LIBRES PARA O CURSO AFD DO CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE: MONTAXE E MANTEMENTO DE SISTEMAS DE AUTOMATIZACIÓN INDUSTRIAL. Interesados presentarse no IES 12 de  OUTUBRO ANTES DO VENRES 22 DE FEBREIRO 2019 para REALIZAR A PETICIÓN DE ADMISIÓN
SolicitudeAlumnosOficinaEmprego- Electl-1

Cursos

CONTENT.1713416304

12/02/2019

Aberto o prazo para inscribirse no proxecto de compostaxe de Barbadás


ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROXECTO DE COMPOSTAXE DE BARBADÁS

Na páxina web do Concello de Barbadás ( https://www.barbadas.es)  na sección  de Medio Ambiente, pódese descargar a folla de inscripción que deberán presentar en rexistro: nas oficinas da Valenzá ou na casa consistorial.

  • O Concello de Barbadás pon en marcha unha iniciativa de compostaxe doméstica aberta a toda a veciñanza que desexe participar.

 

  • O obxetivo deste proxecto é a producción de compost, un abono natural aproveitable polas plantas, a partir de restos vexetais, como son desperdicios de comida, podas ou de limpezas de xardíns.

 

  • Coa posta en funcionamento deste tipo de proxectos pode chegar a reducirse de xeito considerable a producción de lixo doméstico así como a de basura que se transporta aos vertedoiros.

 

  • A compostaxe doméstica provoca unha diminución na compra de fertilizantes químicos e reduce notablemente o uso de bolsas de plástico.

 

  • A adhesión das familias a este proxecto implicará a entrega a cada participante de 1 compostador totalmente gratuíto para levar a cabo a producción de compost que posteriormente poderá utilizarse no aboado de fincas e na restauración de solos.

 

  • Todas aquelas persoas que estén interesadas en participar, deberán cumplir uns requisistos:
    • Dispor dunha parcela mínima de 50m2
    • A vivenda de residencia sexa habitual
    • Unidade familiar minima de dous membros

 

  • As vantaxes de este tipo de iniciativas son a mellora da educación medioambiental, a reducción de consumo de auga (o uso do compost doméstico favorece a retención de auga das plantas), o aforro nos gastos derivados de restos de podas ou o feito de que non necesita enerxía para funcionar.

 

  • Outro dos beneficios deste tipo de iniciativas para o medio ambiente figura a reducción do efecto invernadeiro, coa emisión de 5 veces menos gases ca coa compostaxe industrial.

 

  • O proxecto de implantación da compostaxe doméstica e comunitaria de bioresiduos englobará a 50 familias do municipio, aos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro e á brigada de xardinería do Concello de Barbadás.

 

 

Novas

CONTENT.1713416304

12/02/2019

Noite de Fado con Marlene Rodrigues

Venres, 22 de febreiro ás 20h

Catro compoñentes:

Guitarra portuguesa: Rui Beirao.

Viola (guitarra): Dario Rocha.

Baixo: Alex Marques.

Voz: Marlene Rodrigues.

 

Lugar: Casa da Cultura Manuel María.

Data: Venres, 22 de febreiro ás 20h.

Entrada con invitación (Recollida de invitacións na Casa da Cultura).

Cultura, Eventos

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304

08/02/2019

Compostaxe doméstica aberta á veciñanza de Barbadás

O CONCELLO DE BARBADÁS PON EN MARCHA UN PROXECTO PARA A COMPOSTAXE DOMÉSTICA E COMUNITARIA

Esta iniciativa está aberta a 50 familias que poderán inscribirse no concello para dispoñer de 1 composteiro

As familias que desexen participar poderán triturar os restos de podas e usar os mesmos coma compost

  • O Concello de Barbadás pon en marcha unha iniciativa de compostaxe doméstica aberta a toda a veciñanza que desexe participar.

  • O obxetivo deste proxecto é a producción de compost, un abono natural aproveitable polas plantas, a partir de restos vexetais, como son desperdicios de comida, podas ou de limpezas de xardíns.

  • Coa posta en funcionamento deste tipo de proxectos pode chegar a reducirse de xeito considerable a producción de lixo doméstico así como a de basura que se transporta aos vertedoiros.

  • A compostaxe doméstica provoca unha diminución na compra de fertilizantes químicos e reduce notablemente  o uso de bolsas de plástico.

  • A adhesión das familias a este proxecto implicará a entrega a cada participante de 1 compostador totalmente gratuíto para levar a cabo a producción de compost que posteriormente poderá utilizarse no aboado de fincas e na restauración de solos.

  • Todas aquelas persoas que estén interesadas en participar, deberán cumplir uns requisistos:

– Dispor dunha parcela mínima de 50m2

–  A vivenda de residencia sexa habitual

–  Unidade familiar minima de dous membros

  • As vantaxes de este tipo de iniciativas son a mellora da educación medioambiental, a reducción de consumo de auga (o uso do compost doméstico favorece a retención de auga das plantas), o aforro nos gastos derivados de restos de podas ou o feito de que non necesita enerxía para funcionar.

  • Outro dos beneficios para o medio ambiente consiste na reducción do efecto invernadeiro, coa emisión de 5 veces menos gases ca coa compostaxe industrial.

  • O proxecto de implantación da compostaxe doméstica e comunitaria de bioresiduos englobará a 50 familias do municipio, aos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro e á brigada de xardinería do Concello de Barbadás.

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca que esta iniciativa “é unha aposta do Concello de Barbadás pola reciclaxe”.

  • Valcárcel sinala que o proxecto vai dirixido a 50 familias e “quere incidir na compostaxe de forma activa mediante a adquisición de un biotriturador, pero tamén ten un importante aspecto educativo porque participan os colexios de Barbadás”.

  • Para o rexedor de Barbadás “é fundamental que a educación nos temas medioambientais teñan unha gran presenza na formación de nenos e nenas”.

  • O concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra, incide en que “a reducción na fracción de restos orgánicos implica un aforro no custo por tonelada que os concellos pagan a Sogama”.

  • Para Sierra “a importancia do compost radica en que pode utilizarse como substrato, como abono orgánico para a nutrición das plantas e tamén coma elemento para mellorar as propiedades do solo degradado, conseguindo así unha economía circular e reutilizando os restos orgánicos”.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304

06/02/2019

Xornada formativa “O RISCO DE INCENDIOS NO FOGAR”

O venres 22 de febreiro de 2019 ás 19.30, terá lugar no CET a actividade formativa “O Risco de Incendios no Fogar”.

A asistencia é gratuita previa inscrición no CET.

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1713416304

05/02/2019

Axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2019, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.
A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2019.
Solicitudes: https://sede.xunta.es co procedemento BS306B.
Máis información no DOG do 4 de febreiro de 2019 e en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/15949-iniciativa-xove-2019

Mocidade, Novas

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304

CONTENT.1713416304