Arquivo mensual: Marzo 2019

10/04/2019

Reunión de país/naís na Escola Infantil Municipal

Reunión de nais/pais na Escola Infantil Municipal

29/03/2019

Menú Abril da Escola Infantil de 2-3 anos

Menú Abril da Escola Infantil de 2-3 anos

21/03/2019

Aberto prazo inscrición Escola Infantil Municipal Curso 2019-2020

Aberto prazo de inscrición na Escola Infantil Municipal de Barbadás Curso 2019-2020

CONTENT.1555913636

10/04/2019

Reunión de país/naís na Escola Infantil Municipal

Reunión de nais/pais na Escola Infantil Municipal

29/03/2019

Menú Abril da Escola Infantil de 6-24 meses

Menú de Abril da Escola Infantil de 6-24 meses

21/03/2019

Aberto prazo inscrición Escola Infantil Municipal Curso 2019-2020

Aberto prazo de inscrición na Escola Infantil Municipal de Barbadás Curso 2019-2020

CONTENT.1555913636

26/03/2019

Cronoloxía do proxecto de substitución do céspede do campo de fútbol dos Carrís (A Valenzá, Barbadás

CRONOLOXÍA DA REFORMA E MELLORA DO CAMPO DE FÚTBOL  DE OS CARRÍS (A VALENZÁ, BARBADÁS

O obxectivo principal desta actuación é a renovación do céspede do “campo de fútbol 11” e a implantación de céspede de herba artificial no campo de terra

  • O 27 de xaneiro de 2018 a Deputación de Ourense comprometeuse á cofinanciación co Concello de Barbadás dos custos do campo de fútbol

  • O 28 de febreiro de 2018 o presidente da Deputación e o Alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asinaron o convenio de colaboración que cofinancia as actuacións no campo de fútbol, que ascenden a 300.000€, dos cales 200.000€ serán aportados pola Deputación, e os 100.000€ restantes polo Concello de Barbadás

  • O 20 de abril de 2018 as instalacións do campo de fútbol Os Carrís son visitadas por parte de varios diputados provinciais

  • O 28 de xuño de 2018 o Presidente da Deputación Provincial asinou con 7 Alcaldes, diferentes convenios de colaboración, entre os cales atopábase o Alcalde de Barbadás, quedando constancia da colaboración entre a Deputación e o Concello na obra do campo de fútbol

  • A 22 febreiro de 2019 e, cando o prazo de presentación de ofertas remataba o 9 de xaneiro deste ano, o estado de licitación, no expediente, sigue en “Evaluación”. Dende a Deputación, a última información aportada é que a apertura das ofertas realizouse o 14 de xaneiro de 2019.

  • Finalmente, a adxudicación publicouse formalmente o 11 de marzo de 2019 na páxina web da Deputación á empresa Galitec Desarrollos Tecnolóxicos.

  • A lentitude dos trámites por parte da Deputación ralentizou o inicio das obras, situación que está afectando ao desenrolo das actividades das escolas deportivas.

  • O Concello de Barbadás xa tiña no orzamento de 2018, aprobado en 2017, unha partida de 100.000 euros para financiar unha parte da execución do proxecto de substitución do céspede artificial.

  • A Deputación aprobou en abril de 2018 unha modificación orzamentaria para sufragar o que restaba ata os 300.000 euros nos que estaban orzamentadas as obras.

  • Foi tamén a Deputación Provincial a que se encargou da tramitación administrativa: licitación, adxudicación, etc.

Deportes, Novas

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

26/03/2019

Actuación do Mago Teto

Este Venres 29 de Marzo, remata o Programa TERRA MÁXICA que se celebrou durante o mes de marzo no noso Concello.

E para o final agárdanos unha dobre actuación do MAGO TETO.

Ás 12h. e para @s alumn@s dos Colexio Filomena Dato e O Ruxidoiro, fará unha charla sobre “A incrible historia da Maxia”

E ás 19h. actuación co espectáculo “O Afiador”

Un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta herdada polo mago Teto dos seus ancestros. O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX -e practicamente extinguido no século XX- desprazábase centos ou milleiros de quilómetros por uns meses -mesmo anos- coa única compaña da súa roda.

Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo. Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas e paraugas.

Entrada libre ata completar aforo.

Espectáculo para todos os públicos.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

21/03/2019

Escolares de Barbadás plantan árbores autóctonas

ESCOLARES DOS COLEXIOS “O RUXIDOIRO” E “FILOMENA DATO CELEBRAN O DÍA DA ÁRBORE PLANTANDO ESPECIES AUTÓCTONAS

  • Escolares dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro participaron esta mañá nunha actividade didáctica práctica plantando árbores en parques .

  • A actividade ten como obxectivo “concienciar sobre a importancia de protexer as árbores e bosques, xa que entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, purificando o aire, ademais, minimizan os riscos de inundación e erosión, aportan vida e froitos ás persoas e os animais”, explica Rafael Sierra Carril, concelleiro de Medio Ambiente.

  • Alumnado do Colexio Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro, participou nunha plantación de árbores na área do Parque infantil da Solaina e no parque dos cans, na cal os traballadores de xardinería e protección civil de barbadás explicaron e axudaron a que os propios rapaces plantaran as árbores, aprendendo así os pasos necesarios para levar a cabo unha boa plantación, sinala Marga Pérez, concelleira de Educación

  • A actividade desenrolouse a primeira hora polos nenos/as de infantil de 5 anos do Filomena Dato no parque da Solaina, levando consigo unhas follas elaboradas por eles co seu nome para colocar nas árbores. A partir das  12:00 foi o turno  do alumnado de 3º de primaria de O Ruxidoiro cara o parque dos cans.

  • Os/as alumnos do colexio O Ruxidoiro despois de realizar a plantación no parque dos cans, ao carón do viaducto, plantaron 6 árbores máis no propio centro educativo, en concreto na zona habilitada para a actividade de hortos escolares.

  • As árbores que se plantaron pertencen a especies autóctonas: carballos, castiñeiros, acevros e bidueiros, así como liquidambar.

Educación/Formación, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1555913636

10/04/2019

Reunión de país/naís na Escola Infantil Municipal

Reunión de nais/pais na Escola Infantil Municipal

29/03/2019

Menú Abril da Escola Infantil de 6-24 meses

Menú de Abril da Escola Infantil de 6-24 meses

29/03/2019

Menú Abril da Escola Infantil de 2-3 anos

Menú Abril da Escola Infantil de 2-3 anos

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

18/03/2019

Actuación da Maga Fani Triana

Auditorio Municipal da Casa da Cultura Manuel María

Venres 22 de Marzo ás 19h. Actuación da Maga Fani Triana co espectáculo “Fantasía dos Sentidos”

Unha viaxe fabulosa a través dos sentidos. Ilusións con cordas, cadeiras, xornais, líquidos, mentalismo, participación do público, humor e moito máis.

Aderezado todo cun guión cargado de situacións inesperadas, orixínase unha montaña de sorpresas imprevisibles.

Un espectáculo para ollar e degustar. Se queres experimentar sensacións fascinantes, pódelo facer nos minutos de “Fantasía dos Sentidos”.

Entrada libre ata completar aforo.

Espectáculo para todos os públicos.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1555913636

15/03/2019

Xornada formativa: Accidentes de tráfico e seguridade vial

Venres, 29 de marzo de 2019 ás 19:30 hs.

Taller Seguridad vial

Esta xornada formativa que correrá a cargo de EFESGAL (Escola de Formación en Emerxencias e Saúde de Galicia),  incidirá sobre como actuar ante un accidente de tráfico, as consecuencias das distraccións, os sistemas de retención infantil ou  as novidades lexislativas, entre outros.

Ademais os asistentes, poderán expoñer as dúbidas que lles xurdan nesta materia.

Cursos, Educación/Formación, Participación cidadá, Seguridade cidadá, Transporte

CONTENT.1555913636

14/03/2019

Barbadás Outlet: comercio local, actividades lúdicas infantís e desfile de moda canino

COMERCIO LOCAL, ACTIVIDADES LÚDICAS INFANTÍS E UN DESFILE DE MODA COMBINADO CON PRESENTACIÓN DE MASCOTAS EN ADOPCIÓN CONFLUIRÁN NA “BARBADÁS OUTLET”

Un desfile de moda acompañado de mascotas será unha das iniciativas novidosas do evento co obxectivo é visibilizar o “non abandono” e o “non ao maltrato animal”

Unha zona de ocio infantil con obradoiros variados favorecerá que as persoas que acudan poidan disfrutar comodamente da feira da oportunidade

  • A presentación da “Barbadás Outlet” tivo lugar hoxe xoves na Valenzá, coa presencia de comerciantes participantes e da concelleira de Comercio, Marga Pérez.

  • As actividades infantís desenrolaranse no recinto do Barbadás Outlet. Habilitarase un espazo infantil, onde os/asmáis cativos/as van poder divertirse e xogar durante os horarios de apertura da feira outlet.

  • Entre as actividades dirixidas aos/ás máis cativos/as figuran o baile, talleres de manualidades, de música, mentras os/as maiores fan as súas compras.

  • Un desfile de moda dos establecementos participantes acompañados de mascotas será unha das actividades novidosas do evento. A cita será o sábado ás 19,00 horas.

  • Marisa Varela, da asociación canina “La can”, explica que “para dar a coñecer aos animais da protectora e fomentar a adopción, un grupo de tendas mostrarán as súas tendencias e os/as modelos irán acompañados de animais”.

  • O obxectivo é visibilizar o “non abandono” e o “non ao maltrato animal”.

  • Os fondos recadados neste desfile serán destinados para os cans que están en acollida e para os gatos que forman parte do proxecto “Non sen a miña mascota”, así coma para os gastos de asistencia veterinaria e alimentación de mulleres vítimas de violencia de xénero que se atopan en casas de acollida.

  • A concelleira de Comercio, Marga Pérez, destaca que a “Barbadás Outlet” é unha “oportunidade para que os/as visitantes coñezan o conxunto de tendas das que dispón A Valenzá, na súa maioría situadas na avenida de Celanova co obxectivo de que en futuras ocasións ao ser coñecidas grazas á feira acudan a establecementos de moda, deporte, estética, tendas infantís, floristerías, librerías, zapaterías, etc”.

  • A “Barbadás Outlet” conta na súa segunda edición con un espazo moito máis amplo e con un maior número de participantes. O escenario elixido nesta segunda edición foi o polideportivo municipal.

  • Marga Pérez comentou que nesta segunda edición aumentou o número de participantes que ofrecen unha gran variedade de produtos: moda de home, muller, infantil, calzado, estética, decoración, librerías, etc.

  • A concelleira de Comercio invitou á participación neste evento que se desenrolará no pavillón da Valenzá, resumindo que os/as visitantes “atoparán unha ampla variedade de produtos de alta calidade a uns prezos moi económicos e asequibles”.

  • Mari Carmen Casas, de “Bel Moda”, destacou que actualmente na Valenzá hai un amplo abano de oferta comercial e “esta é unha ocasión importante para que a xente coñeza o comercio local, que veñan a vernos e coñecer o que temos”. Anticipou que vai haber agasallos para as persoas que acudan a “Barbadás Outlet, sorteos, polo que animou á cidadanía a participar neste evento”.

  • Paqui Bouza, de “La Cigüeña” animou á veciñanza a acudir á “Barbadás Outlet” “porque temos moita amplitude de comercios de todo tipo, con iniciativas moi interesantes que propician que se coñeza o comercio local”.

  • Bouza falou dos importantes descontos que ofertarán os comercios que participan na “Barbadás Outlet”.

  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, sinala que a “Barbadás Outlet “ é unha aposta no camiño de potenciar a actividade comercial de Barbadás e poñer en valor este sector no ámbito de influencia da comarca de Ourense.

  • Valcárcel incidiu na calidade dos servizos de atención, da formación dos/as comerciantes de Barbadás e, sobre todo, na oferta que realizan.

  • Un dos obxectivos deste tipo de eventos pasan pola implicación do comercio local na iniciativa de potenciación do sector por parte do Concello de Barbadás. “O feito de que nesta edición están presentes un maior número de comerciantes demostra que eles/elas mesmos recoñecen que é unha actividade produtiva para o seu negocio”, afirma.

  • O horario de apertura das instalacións do “Barbadás Outlet” será de 11,00-14,30 e de 17,00 a 21,30 horas os días 16 e 17 de marzo.

  • Listado de establecementos participantes: Toffe Glass, Carussa Baby, Mía Valle, Liset, Librería A Valenzá, Código Bike, Muebles Gosende, La Cigüeña, Érase dúas veces o Gato con Botas, Twins, Twins Men, Calzados Zocos, Librería Espa, Idunna, Bel Moda e Complementos, O Roupeiro de Uxía, Valenmoble, JM Peluquería Masculina, Kibu Coffe Shop, Armería Jardín, Shinyu, Mimi Flores, Queen&Co, La Pequeña Coqueta e KomodaModa.

  • Máis información en barbadas.es; no Facebook de “Comercio Local de Barbadás”; no Facebook “Concello de Barbadás”. No Twiter “Concello de Barbadás” e no Instagran “concello_barbadas.

 

Comercio, Eventos, Novas

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

13/03/2019

Listado admitidos/as na Excursión á Estación de Montaña de Manzaneda 2019

Según o punto 2.3 das bases aprobadas por decreto de alcaldía o día 1 de marzo de 2019 publicanse o listado de nenos/as admitidos/as na Excursíon á Estación de Montaña de Manzaneda.

Listado de admitidos-as Excursión Manzaneda 2019

Bases excursión a Manzaneda

Nota: É necesario que os participantes leven unha mochila cunha muda completa (incluido o calzado), para o remate da xornada. E tamén un bocata e auga para a merenda.

Novas

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

11/03/2019

Terra Máxica

O mes de Marzo é o mes da MAXIA EN BARBADÁS. Iniciamos unha vez máis o ciclo TERRA MÁXICA na que pasarán polo Auditorio Manuel María de Barbadás, os mellores espectáculos de máxia do momento en Galicia.

Iniciamos este ciclo con DANI GARCÍA que nos presenta o espectáculo “CÓDIGO”

Sinopse:

CÓDIGO: dise da combinación de letras, números ou caracteres que nos permiten formular e descifrar mensaxes que doutro xeito permanecerían ocultos. O código lingüístico posibilítanos a comunicación coas demais persoas. Pero… Que pasaría se perderamos ese código? Ou se nos atoparamos con persoas que usan outro diferente? Sería posible comunicarnos dalgún xeito? Así está o noso viaxeiro, o noso coleccionista de linguas. Sempre na busca de novos amigos cos que engadir un código máis na súa maleta de camiñante. E o que empezou sendo unha petición de axuda, un intento por comprender un código máis, convértese nunha reflexión sobre a comunicación humana.

Código é un espectáculo de rúa, pensado para que persoas de calquera idade poidan participar e gozar. Unha hora de maxia inventiva e persoal na que seguro os aplausos estarán acompañados das risas e as bocas abertas.

VENRES 15 DE MARZO ÁS 19H. NO AUDITORIO MUNICIPAL DA CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA DE BARBADÁS.

Entrada libre ata completar aforo.

Espectáculo para todos os públicos.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos, Novas

CONTENT.1555913636

09/03/2019

A segunda edición de “Barbadás Outlet” estará composta pola oferta de 25 establecementos

25 ESTABLECEMENTOS CONFORMAN A SEGUNDA EDICIÓN DO “BARBADÁS OUTLET”

Os días 16 e 17 de marzo o Concello de Barbadás organiza este evento que se celebrará no polideportivo municipal

  • A segunda edición do “Barbadás Outlet inclúe a un total de 25 establecmentos comerciais nun amplo abano de propostas de produtos e servizos.

 

  • O evento é organizado dende a Concellería de Comercio e engloba moda, decoración, complementos, doces, deporte e fogar.

 

  • Barbadás Outlet” ofrecerá actividades para os/as máis cativos/as con ofertas de animación infantil. Haberá tamén sorteos de cofres e vales agasallo.

 

  • O evento pretende ser un escaparate de un comercio local dinámico e de calidade con prezos “outlet”.

 

  • O horario de apertura das instalacións do “Barbadás Outlet” será de 11,00-14,30 e de 17,00 a 21,30 horas os días 16 e 17 de marzo.

 

  • Listado de establecementos participantes: Toffe Glass, Carussa Baby, Mía Valle, Liset, Librería A Valenzá, Código Bike, Muebles Gosende, La Cigüeña, Érase dúas veces o Gato con Botas, Twins, Twins Men, Calzados Zocos, Librería Espa, Idunna, Bel Moda e Complementos, O Roupeiro de Uxía, Valenmoble, JM Peluquería Masculina, Kibu Coffe Shop, Armería Jardín, Shinyu, Mimi Flores, Queen&Co, La Pequeña Coqueta e KomodaModa.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca que “esta segunda edición do “Barbadás Outlet” pretende ser un escaparate da oferta do comercio local de proximidade ao tempo que se aspira a dinamizar un sector fundamental na economía de Barbadás”.

 

  • A concelleira de Comercio, Marga Pérez, sinala que “o obxectivo é non só vender produtos, senón crear un espazo atractivo para dar a coñecer as propostas e servizos que ofrecen os diferentes comercios de Barbadás”.

 

  • Máis información en barbadas.es; no Facebook de “Comercio Local de Barbadás”; no Facebook “Concello de Barbadás”. No Twiter “Concello de Barbadás” e no Instagran “concello_barbadas.

Comercio, Eventos, Novas

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

05/03/2019

Pese as inclemencias, celebrarase a foliada do entroido

Tal e como estaba previsto no programa.

Comunicamos que a gran foliada do Entroido de Barbadás, celebrarase  hoxe martes, como estaba previsto no programa e segundo se ven anunciando.

Aproveitamos, polo tanto, para desmentir a noticia que está circulando pola rede, informando  que o desfile de hoxe se suspende.

1.300 persoas protagonizarán a Foliada de Barbadás o Martes de Entroido

Novas

CONTENT.1555913636

04/03/2019

1.300 persoas protagonizarán a Foliada de Barbadás o Martes de Entroido

1.300 PERSOAS PROTAGONIZARÁN A FOLIADA DE ENTROIDO DE BARBADÁS

Carrozas, comparsas, contracharanga, individuais e parellas suman un total de 45 inscritos/as

O Concello de Barbadás habilitará 3 lugares específicos para que as persoas con mobilidade reducida poidan visualizar comodamente o desfile

 

  • A cita entroideira coa Foliada de Barbadás será á hora habitual: as 17,00 horas.

 

  • O desfile de Entroido congregará a un total de 45 inscritos/as nas diferentes categorías.

 

  • A vía principal da Valenzá será o escenario polo que desfilarán 23 comparsas, 8 carrozas, 13 participantes nas categorías de parella e/ou individual e 1 contracharanga.

 

  • 300 persoas serán as protagonistas de unha das folicadas máis significativas da provincia de Ourense.

 

  • A Organización (Concellería de Cultura do Concello de Barbadás) informa que a pesar das previsións metereolóxicas manterase a celebración do desfile.

 

  • A habitual afluencia de público provoca que, no marco da colaboración entre o Concello e o hipermercado Carrrefour, esta empresa habilite o aparcadoiro para os/as visitantes en horario de 15,00 horas ata as 22,00 horas.

 

  • O Concello habilitará, tal e como ven sendo habitual nos 2 últimos anos, unha zona para os espectadores con diversidade funcional.

 

  • Estas persoas con dificultades de mobilidade poderán observar o desfile dende a balconada situada no sendeiro que hai no camiño hacia a igrexa, na confluencia entre avenida de Celanova e a rúa do Viso.

 

  • Habilitaranse tamén 2 novas zonas para que as persoas con mobilidade reducida poidan ver comodamente o desfile: unha delas na confluencia da avenida de Celanova coa rúa Porto do Río (baixada hacia as piscinas) e outra zona á altura do número 82 da avenida de Celanova (á altura do antigo centro médico).

 

  • A Foliada será encabezada por un grupo musical formado exclusivamente por mulleres, co obxectivo de visibilizar a presenza da muller no ámbito da Cultura.

 

  • O tráfico permanecerá pechado entre as 16,45 e as 20,00 horas ao longo de toda a avenida de Celanova, en tanto que entre as 20,00 e as 22,00 horas permanecerá pechado o tramo entre a Glorieta da Familia e a rúa do Viso.

 

  • Os/as entroideiros que protagonizarán o desfile abarcan dende os/as máis nenos/as, pasando por participantes procedentes doutros puntos da provincia, ata a representación de persoas que veñen dende os diferentes pobos que compoñen o municipio de Barbadás.

 

  • A foliada estará marcada por compoñentes ineludibles como a diversión, a creatividade, a actualidade, a fantasía ou a retranca.

 

  • O Desfile de Entroido de Barbadás congrega habitualmente a milleiros de espectadores e representa o broche final do Entroido de Ourense cidade e da súa contorna.

 

  • A entrega de premios será na Glorieta da Familia.

 

  • Ao remate da Foliada entregaranse ata 25 premios que oscilan entre os 50 e os 500 euros para charangas, carrolzas, comparsas, parellas e individuais.

 

  • No apartado de participantes infantís, os/as gañadores/as recibirán un único premio por categoría consistente nun bono regalo de 200 euros para mercar en librerías ou xogueterías do Concello.

 

  • A Organización convida aos/ás participantes a acudir á Queima da Meco o mércores ás 20,30 horas na Praza da Valenzá Vella.

 

  • O inicio da comitiva fúnebre de despedida do Entroido partirá dende o inicio da Valenzá ata a Praza da Valenzá Vella, onde ademais da queima do meco procederase á queima dos mecos participantes no concurso e ao indulto do/a meco/a gañador/a.

 

  • A despedida do Entroido será animada polo grupo “Trécola Teatro”.

 

  • O público asistente ao Desfile da Queima do Meco poderá coller as velas na Casa de Cultura ou no propio desfile.

Bandos e avisos, Cultura, Eventos, Novas

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

04/03/2019

Monstruación

Unha comedia monstruosa! Monstruosamente divertida

Trata sobre tres bonecas Bárbara, Nansy e Barri que están inquedas  porque á súa dona, “América” (Tamén alter-ego da “monstruación”), veulle a regra e deixa de xogar con elas. Estes personaxes vanse humanizando para contarnos as súas experiencias vitais individualmente:

 

Bárbara, ten millóns de ocupacións profesionais, está operadísima e casada con Ken.

Nansy, esquiadora de elite en Alacante, ve como a súa vida persoal e profesional é interrompida pola súa amiga América.

E Barri, emigrante dunha reserva india, traballa como tele operadora  no  teléfono da esperanza, está casada cun dos seus curmáns ao que lle deu unha chea de fillos e está farta de non facer nunca porcalladas na cama.

 

Chegadas a un punto as actrices interrompen a peza argumentando que o que están a facer non é apropiado e que de feminista ten máis ben pouco. Despois de varias discusións entre elas, deciden retomar a obra cun rito de agradecemento á menstruación, que vira arredor dunha urna chea de compresas, copas vaxinais e tampóns para renderlle homenaxe por existir. Ao fin e ao cabo tod@s estamos neste mundo grazas a ela!

 

TIPO: Teatro Breve.

XÉNERO: Comedia.

SUBTIPO: Comedia Feminista.

Recomendada para maiores de 16 anos en adiante.

 

Data: Sábado, 9 de marzo ás 20 h

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida de invitacións na Casa da Cultura)

Cultura, Eventos

CONTENT.1555913636

CONTENT.1555913636

05/07/2018

Concerto de Clarinetes

Concerto de clarinetes a cargo dos alumnos do Taller de Clarinete da Escola de Música Municipal de Barbadás

26/06/2018

Concerto Fin de Curso da Escola de Música Municipal de Barbadás

Concerto de Fin de Curso da Escola de Música Municipal de Barbadás

30/05/2018

AUDICIÓNS DA ESCOLA DE MÚSICA – CURSO 2017/2018

Programa de Audicións por especialidades da Escola de Música do curso 2017/2018

CONTENT.1555913636

10/04/2019

Reunión de país/naís na Escola Infantil Municipal

Reunión de nais/pais na Escola Infantil Municipal

29/03/2019

Menú Abril da Escola Infantil de 6-24 meses

Menú de Abril da Escola Infantil de 6-24 meses

29/03/2019

Menú Abril da Escola Infantil de 2-3 anos

Menú Abril da Escola Infantil de 2-3 anos

CONTENT.1555913636

10/04/2019

Reunión de país/naís na Escola Infantil Municipal

Reunión de nais/pais na Escola Infantil Municipal

29/03/2019

Menú Abril da Escola Infantil de 6-24 meses

Menú de Abril da Escola Infantil de 6-24 meses

29/03/2019

Menú Abril da Escola Infantil de 2-3 anos

Menú Abril da Escola Infantil de 2-3 anos

CONTENT.1555913636