Arquivo mensual: Abril 2019

16/04/2019

Clube de lectura feminista

Venres, 26 de Abril ás 19:30 horas

Encontro con Inma López Silva, autora do libro ” Chámame señora, pero trátame coma a un señor”.

O venres, día 26 de abril ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Barbadás ( Casa da Cultura Manuel María ).

Eventos, Igualdade

CONTENT.1555913998

13/04/2019

100 escolares participan no Día da Bici de Barbadás

ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA DOS COLEXIOS FILOMENA DATO E O RUXIDOIRO PARTICIPAN NO DÍA DA BICI EN BARBADÁS

  • Escolares de de 5º e 6º de primaria tomaron as rúas da Valenzá para celebrar o Dia Da Bici un ano máis.

 

  • Alunmado dos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato de Barbadás participan periódicamente en actividades organizadas polo Concello para promover hábitos de transporte saudables.

 

  • Esta actividade enmárcase dentro do proxecto “Ruta Catalina” do camiño escolar co obxectivo de mostrar e concienciar dunha opción de mobilidade amable co medio ambiente e ademáis divertida, explica Marga Pérez, concelleira de Educación.

 

  • Día da Bici en Barbadás está organizado pola Concellería de Educación coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico.

 

  • Os/as alumnos/as estiveron acompañados durante o percorrido pola Policía Local e Protección Civil.

 

Educación/Formación, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1555913998

CONTENT.1555913998

12/04/2019

Campamento Educativo de Primavera 2019

Xa podes consultar os listados

Campamento educativo

O  prazo de inscrición será desde o venres, 5 de abril, ó xoves, 11 de abril de 2019 (ámbolos dous incluídos) podendo ampliar este prazo no caso de que queden prazas vacantes.

Bases campamento Educativo de Primavera 2019

Solicitude inscrición no Campamento Educativo de Primavera ano 2019

Díptico Campamento Educativo de Primavera 2019

Data Adxuntos
12/04/2019 Listado campamento educativo de primavera grupo 3 a 6 años PDF [49 KB]
12/04/2019 Listado campamento educativo de primavera grupo 7 a 10 anos PDF [51 KB]

Mocidade, Novas

CONTENT.1555913998

CONTENT.1555913998

CONTENT.1555913998

CONTENT.1555913998

CONTENT.1555913998

29/03/2019

Menú Abril da Escola Infantil de 6-24 meses

Menú de Abril da Escola Infantil de 6-24 meses

29/03/2019

Menú Abril da Escola Infantil de 2-3 anos

Menú Abril da Escola Infantil de 2-3 anos

21/03/2019

Aberto prazo inscrición Escola Infantil Municipal Curso 2019-2020

Aberto prazo de inscrición na Escola Infantil Municipal de Barbadás Curso 2019-2020

CONTENT.1555913998

09/04/2019

Exposición de esculturas de ADOLFO F. DAFONTE

Inauguración o domingo 14 de abril ás 17 horas no Museo Etnográfico de Loiro

Novas, Turismo

CONTENT.1555913998

08/04/2019

Teatro con The-Sastre

Este venres 12 de Abril, ás 20h. actuación do grupo The-Sastre coa obra “Os segredos de Greta”

SINOPSE:
Enredo sentimental. Magnus vive un narcisismo esaxerado, o mirarse no espello e unha das actividades preferidas. Isto xogaralle malas pasadas nas que están metidas Greta e Anna, dúas das súas pretendentes. Xogarán co narcisismo de Magnus ata levalo a puntos insospeitados.

Comedias para todos os públicos.

Entrada con invitación ata completar aforo (Recollida de invitacións na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1555913998

08/04/2019

Taller gratuito sobre “ALIMENTACIÓN SALUDABLE”

El próximo viernes 26 de abril a las 19:30 horas se impartirá en el CET de Barbadás un Taller gratuito sobre “ALIMENTACIÓN SALUDABLE”.

La inscripción puede realizarse en el teléfono 988 36 04 13.

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1555913998

08/04/2019

Taller gratuito sobre alimentación saludable

O vindeiro venres 26 de abril ás 19:30 horas impartirase no CET de Barbadás o Taller gratuito sobre “ALIMENTACIÓN SALUDABLE.

A inscrición pode realizarse no teléfono 988 36 04 13.

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1555913998

06/04/2019

Xuntanza cabalar en Bentraces, Barbadás

PARTICIPANTES DE TODA GALICIA E DE PORTUGAL PARTICIPARÁN MAÑÁ 7 DE ABRIL NA XUNTANZA DE CABALEIROS EN BENTRACES

A 15 ª edición reunirá a 200 afeccionados para percorrer as rutas a cabalo polos fermosos montes da zona

Este ano rendirase homenaxe a Tino, un dos fundadores da Asociación de Cabaleiros de Barbadás

  • A Xuntanza cabalar de Barbadás converteuse tras as sucesivas edicións nunha das máis importantes do territorio galego.

 

  • O número de participantes medra cada ano e reúne no entorno do campo da Veringuela de Bentraces a un nutrido grupo de afeccioados/as ao deporte das rutas a cabalo.

 

  • A 15ª edición será unha “Ruta Homenaxe a Tino”, un dos fundadores da Asociación de Cabaleiros de Barbadás.

 

  • Os fermosos montes da zona de Barbadás serán o escenario no que se desenrolará a ruta a cabalo.

 

  • As previsións indican que serán 200 xinetes os/as que disfrutarán dunha xornada cabalar, en tanto que o número de comensais que disfrutarán do xantar da Xuntanza estará en torno ás 300 persoas.

 

  • O xantar estará amenizado por un grupo de concertinas: “Os Lordes de Montalegre”.

 

  • A Xuntanza Cabalar de Barbadás é unha das que máis participantes reúne de toda Galicia.

 

  • Un dos motivos do éxito é “a fermosura dos montes de Barbadás, o bo avituallamento e unhas excelentes instalacións para disfrutar do día”, explica Jorge Castro, un dos organizadores do evento.

 

  • Outro dos motivos do alto índice de participación radica no feito de que os cabaleiros de Barbadás participan na práctica maioría das xuntanzas destas características.

 

  • Na Xuntanza Cabalar colabora o Concello de Barbadás a través da Concellería de Deportes.

 

  • Jorge Castro define a xuntanza cabalar coma un evento que “iniciamos hai anos con un cocido 40 cabaleiros da zona ata converterse nunha ruta punteira, a pesar de contar co hándicap de que no municipio de Barbadás non hai unha excesiva afección polo mundo do cabalo”.

 

  • A ruta comezará dende o campo de fútbol da Veringuela, en Bentraces, ás 10,30 da mañá.

 

  • Na metade do itinerario ofrecerase aos/ás participantes un completo refrixerio.

 

  • Para culminar a Xuntanza Cabalar celebrarase un xantar popular en torno ás 14,30 horas, que ten un custo de 20 euros e está aberto a calquera persoa que queira anotarse.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca que “se trata de un evento deportivo xa enraizado no noso concello e que convoca a un importante número de xinetes e amazonas”.

 

  • Valcarcel comenta que “este deporte ten cada día máis pulo dado que a afección medra de xeito continuado”.

 

  • Asegura tamén o rexedor que “é destacable o feito de que este é un deporte en pleno contacto co entorno natural e que ademais permite dar a coñecer as potencialidades naturais de Barbadás”.

 

  • Adrián Varela, concelleiro de Deportes de Barbadás, sinala que “esta xornada lúdica permite aos/ás participantes na ruta cabalar disfrutar da beleza paisaxística do concello de Barbadás, seguindo o roteiro deseñado pola organización con centro neurálxico no campo de fútbol de Bentraces, que percorre o entorno dos Castros”.

 

  • Varela sinala que “esta festa anual do cabalo permite durante toda a xornada do domingo a moitos/as visitantes de fóra do noso concello dar a coñecer o municipio de Barbadás e a súa grandeza paisaxística e natural”.

 

 

 

 

Deportes, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1555913998

CONTENT.1555913998

CONTENT.1555913998

CONTENT.1555913998

CONTENT.1555913998

CONTENT.1555913998

CONTENT.1555913998

CONTENT.1555913998

CONTENT.1555913998