Arquivo mensual: Xullo 2019

29/07/2019

Actuación da Clown MIREIA MIRACLE

Actuación da Clown Mireia Miracle co espectáculo “Rojo”

Unha paiasa sae dunha maleta e converte ao público na súa familia e despídese del cargada de ilusións e moitos trastos. Pero a viaxe será interrumpida por un obstáculo: unha fronteira.

Este límite será o que lle permita o xogo da danza e as diferentes maneiras para afrontar aquelo que se interpón no seu camiño.

O público será durante toda a viaxe parte do espectáculo.

Público: Todos os públicos.

Xénero: Circo e Clown

XOVES 1 DE AGOSTO / ÁS 21H.

PARQUE DOS PATOS

Cultura, Eventos

CONTENT.1711644919

CONTENT.1711644919

CONTENT.1711644919

CONTENT.1711644919

CONTENT.1711644919

CONTENT.1711644919

16/07/2019

Préstamos directos do IGAPE para financiamento empresarial en Galicia

O DOG publica a RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do IGAPE que aproba as bases reguladoras de préstamos directos
para o financiamento empresarial en Galicia, e se procede á súa convocatoria
en réxime de concorrencia non competitiva.

Data Adxuntos
16/07/2019 PRÉSTAMOS IGAPE PDF [924 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1711644919

15/07/2019

Xardín Desordenado en Concerto

No 2008, un grupo de músicos reuníronse nunha bufarda de Tirán Igesario (Moaña) para musicar a poetas galeg@s. Aínda que de distintas procedencias musicais e mesmo xeneracionais, todos eles tiveran contactos co jazz, que aparece como fondo de moitos dos seus arranxos. As súas composicións van dende o blues e e swing, ata o bolero e a bossa nova.
Neste tempo o grupo publicou cinco discos e elaborou varios programas e centrados en poetas galeg@s que levaron en forma de concerto por numerosos escenarios.
No 2019 e co gallo das Letras Galegas prensentan un concerto homenaxe a Antonio Fraguas onde dan a coñecer a súa obra e aspectos da vida do autor.

XOVES 18 DE XULLO – ÁS 21H.

PARQUE DOS PATOS

Cultura, Eventos

CONTENT.1711644919

11/07/2019

Inicio das obras de substitución do céspede artificial do campo dos Carrís, A Valenzá, Barbadás

Campo de fútbol dos Carrís (A Valenzá)

– Comezaron as obras de substitución do céspede artificial do campo de fútbol.

– Orzamento de adxudicación: 285.439 € (impostos incluidos).

– Cambio do céspede do campo de fútbol dos Carrís (A Valenzá).

– As obras inclúen tamén a instalación de novo céspede artificial no campo de fútbol 8 (antes en terra).

– Na actualidade estase procedendo ao desmontaxe do céspede artificial existente. Entre os traballos previos inclúese tamén o desprazamento de 3 farolas.

– Tamén se nivelará a subbase e vertido da zahorra portante no campo de entrenamento.
– Instalarase un sistema de rego por aspersión.

– Construiranse sumideiros laterais.

– Procederase á colocación de céspede sobre estratos con capacidade de filtración reducida.

– Colocación de céspede artificial: superficie deportiva sintética Dúo Shape 60.

– Colocación de soportes para rede: soportes de aceiro galvanizado de tubo redondo de 6 metros de altura para colocación de rede recollepelotas.

– Os traballos no campo de fútbol 11 está previsto que rematen en agosto.
– A execución do proxecto está financiado conxuntamente pola Deputación Provincial e o Concello de barbadás.

– Visitan as obras o concelleiro de Deportes, Abel Cortés, e a concelleira de Urbanismo, Victoria Morenza.

Deportes, Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1711644919

CONTENT.1711644919

10/07/2019

Concerto PunkInfantil

Brais das Hortas e Peter Punk farán rir e bailar aos/ás asistentes ao espectáculo “PunkInfantil”.

– Continúa o programa de verán organizado pola Concellería de Cultura: E no verán qué?… Refréscate coa cultura.

– Xoves 11 de xullo.

– 21,00 horas.

– Parque dos Patos (A Valenzá, Barbadás).


– O punk é rebeldía, é berrar, rir, escribir as túas propias cancións.


– “Concerto PunkInfantil é un espectáculo no que conflúen a música e o clown para todos os públicos.


– Estará presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais.


– Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas de cativas e cativos.

Cultura, Mocidade

CONTENT.1711644919

CONTENT.1711644919

09/07/2019

Subvencións de ECOINNOVACIÓN comercial

O Diario Oficial de Galicia do martes 9 de xullo publica unha Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria coas bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Data Adxuntos
09/07/2019 Subvencións ecoinnovación comercial PDF [1 MB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1711644919

08/07/2019

Concerto Punkinfantil

Continuando co Programa de Verán E NO VERÁN?… REFRÉSCATE COA CULTURA, contamos este xoves 11 de xullo a Peter Punk e Brais das Hortas que nos presentan o “Concerto Punkinfantil”

¿Punk para nenas? Porque non!?¿E logo?¿Que hai máis punk ca unha nena? O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself!  !Faino ti ao teu xeito!!  Como poidas, como queiras e como che preste! O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente. O punk é berrar, rir, facer pis…e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade. O punk é protestar. Quen non chora non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dis­postas a chorar, e patexar!!  Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!! Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado “Concer­to Punklnfantil”.  Tras descubrirse e recoñecerse van confluindo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as in­quedanzas das cativas e cativos.

Música, malabares, humor, clown.

XOVES 11 DE XULLO, ÁS 21h.

PARQUE DOS PATOS

Cultura, Eventos

CONTENT.1711644919

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1711644919

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1711644919

05/07/2019

Axudas do Programa EMEGA para o emprendemento feminino

O Diario Oficial de Galicia, publica o venres 5 de xullo Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia.

Data Adxuntos
05/07/2019 AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PDF [1 MB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1711644919

CONTENT.1711644919

01/07/2019

Concerto de Najla Shami

Concerto da cantante Najla Shami.

“Ela Sabe A Sol” é o novo traballo discográfico da compositoria galegopalestina Najla Shami.

Un álbum cheo de luz e feminidade no que a autora equilibra oriente e occidente
ao longo dunha ducia de cancións orixinais.
O traballo nace após dunha estadía en Xordania e Palestina onde a compositora conforma música e letra desta nova obra procurando a converxencia dos múltiples
elementos sanguíneos e musicais que acompañan o seu imaxinario. Unha
nova proposta onde a autora reinventa o seu son da man do productor e músico Pedro Pascual, acompañada por músicos da Península Ibérica e de Oriente Medio e construíndo con lingua de sol unha ollada sobre o universo do renacemento feminino.

XOVES 4 DE XULLO ÁS 21H.

PARQUE DOS PATOS

Cultura, Eventos

CONTENT.1711644919

30/07/2019

CONTRATACIÓN DUN/HA PEÓN DE XARDINERÍA

Publicado listado definitivo de admitidos/as e baremación provisional.

Data Adxuntos
30/07/2019 Bases contratación dun-ha peón de xardinería PDF [140 KB]
30/07/2019 Anuncio JPEG [465 KB]
30/07/2019 Solicitude peón xardinería PDF [49 KB]
30/07/2019 Acta provisional admitidos -as e excluídos-as peón de xardinería PDF [56 KB]
30/07/2019 Acta listado definitivo de admitidos-as para a contratación dun peón de xardinería. PDF [55 KB]
30/07/2019 Acta provisional baremación peón de xardinería PDF [118 KB]

Emprego público

CONTENT.1711644919