Arquivo mensual: Agosto 2019

30/08/2019

Concesión de axudas en especie para a adquisición de libros e material escolar na educación infantil para o curso 2019-2020

O prazo de entraga das solicitudes comezará o día 2 de setembro e rematará o día 27 de setembro.

Forma de presentación:

Recollida e entrega da solicitude farase nas oficinas nas oficinas Municipais de A Valenzá e no Concello de Barbadás en horario de 8:30 h. a 14:30 h.

Bases e solicitude Axuda de libros e material para infantil curso 2019-2020

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1713980742

CONTENT.1713980742

30/08/2019

Talleres IV Concurso de pinchos “Barbadás a Bocados”

A concellería de Comercio aproveitando a IV edición do Concurso de pinchos “Barbadás a Bocados”, que terá lugar os días 20, 21 e 22 de setembro, pon en marcha un conxunto de talleres gratuitos.

As inscricións poderanse facer  cubrindo a ficha de inscrición e envíandoa  a través do enderezo electrónico cet@barbadas.es.

Mais información chamando ó 988 360 413.

Data Adxuntos
30/08/2019 Ficha inscrición talleres Barbadás a Bocados PDF [387 KB]

Comercio, Cursos

CONTENT.1713980742

CONTENT.1713980742

28/08/2019

BARBADÁS ADQUIRE UN VEHÍCULO INTEGRAMENTE ELÉCTRICO

BARBADÁS APOSTA POLA MOBILIDADE SOSTIBLE ADQUIRINDO UN VEHÍCULO CENTO POR CENTO ELÉCTRICO

A furgoneta é unha Nissan e-NV200 con unha autonomía de ata 301 quilómetros

O vehículo destinarase para o uso nas áreas de Parques, Xardíns e Obras

  • O Concello de Barbadás é o primeiro da provincia de Ourense que adquire un vehículo destas características.

 

  • A mobilidade cento por cento eléctrica chega a Barbadás coa adquisición por parte do Concello desta furgoneta que constitúe un dos vehículos eléctricos con recarga máis rápida do mercado, podendo acadar o 80 % da carga en só 60 minutos.

 

  • O novo vehículo foi entregado hoxe ao mediodía de un xeito oficial ao alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, quen estivo acompañado dos/as concelleiros/as do grupo de goberno.

 

  • A furgoneta eléctrica supoñerá non só un aforro en combustible, senón que tamén se evitarán emisións de CO2 á atmósfera.

 

  • Esta adquisición enmárcase nunha liña de subvencións da Xunta de Galicia baixo o epígrafe do Fondo de Compensación Ambiental.

 

  • Para a compra do vehículo o Concello de Barbadás abriu un proceso de licitación pública.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explicou no acto de entrega que “unha das prioridades que ten o Concello de Barbadás é ser coidadosos co medio ambiente a nivel transversal en todas as áreas de traballo”.

 

  • Este vehículo é adquirido a través de unha subvención da Xunta de Galicia e vai destinado aos servizos de Parques e Xardíns e a Obras, sinalou o rexedor.

 

  • Valcárcel anticipou que “a intención do goberno é seguir traballando nesta liña, é dicir, ir substituindo os vehículos que están en uso por outros que sexan favorables para o medio ambiente”.

 

  • Alberto Barreiros, xefe de vendas da Nissan en Ourense, amosou a “satisfacción por ter participado nesta venda, xa que é un vehículo que aposta pola mobilidade sostible, con emisións cero de CO2 e sen contaminación acústica”.

 

  • Barreiros destacou tamén o aspecto “do aforro en combustible para o Concello”.

 

  • O prezo de adxudicación do vehículo foi de 28.600 euros (sen IVE).

Infraestruturas/Obras/Servizos, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1713980742

CONTENT.1713980742

26/08/2019

Proxección da película CAMPEONES

O xoves 29 de Agosto ás 22h. proxección da película CAMPEONES

Con este acto, despedimos o Programa Cultural de Verán “E no verán…? Refréscate coa cultura”  que organiza a Concellaría de Cultura de Barbadás ao longo dos xoves dos meses de xullo e agosto.

Sinopse de Campeones:

Marco, un entrenador profesional de baloncesto desempregado, debe entrenar a un equipo composto por persoas con discapacidade intelectual por ter conducido ebrio. O que comenza como un reto difícil rematará convertíndose nunha lección de vida.

Xénero: Cinema.

Público: Familiar.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1713980742

22/08/2019

CONTRATACIÓN DUN/HA AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

Anuncio publicado o día 22 de agosto de 2019.

Os/as interesados/as deberán presentar as solicitudes nos Rexistros Xerais do Concello ata as 14:00 horas do décimo día hábil seguinte ao da publicación do anuncio en horario de 8:30h a 14h. As solicitudes estarán dispoñibles no propio rexistro.

Data Adxuntos
22/08/2019 Solicitude auxiliar de Axuda no Fogar PDF [49 KB]
22/08/2019 Bases contratación auxiliar de Axuda no Fogar PDF [436 KB]
22/08/2019 Anuncio JPEG [757 KB]

Emprego público

CONTENT.1713980742

22/08/2019

CONTRATACIÓN DUN/HA PROFESOR/A DE ACORDEÓN PARA A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

Anuncio publicado o 21 de agosto de 2019.

Os/as  interesados/as deberán presentar as solicitudes nos Rexistros Xerais do Concello ata as 14:00 horas do sétimo día hábil seguinte ao da publicación do anuncio en horario de 8:30h a 14h . As solicitudes estarán dispoñibles no propio rexistro.

Data Adxuntos
22/08/2019 Anuncio JPEG [797 KB]
22/08/2019 Bases contratación profesor de acordeón PDF [148 KB]
22/08/2019 Solicitude profesor-a de acordeón para a Escola Municipal de Música PDF [49 KB]

Emprego público

CONTENT.1713980742

21/08/2019

CONTRATACIÓN DUN/HA PROFESOR/A DE VIOLIN PARA A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

Anuncio publicado o 21 de agosto de 2019.

Os/as  interesados/as deberán presentar as solicitudes nos Rexistros Xerais do Concello ata as 14:00 horas do sétimo día hábil seguinte ao da publicación do anuncio en horario de 8:30h a 14h . As solicitudes estarán dispoñibles no propio rexistro.

 

Data Adxuntos
21/08/2019 Bases contratación profesor de violín PDF [307 KB]
21/08/2019 Solicitude profesor-a de violín para a Escola Municipal de Música PDF [49 KB]
21/08/2019 Anuncio JPEG [797 KB]

Emprego público

CONTENT.1713980742

19/08/2019

RELACIÓN DE ADMITIDOS/AS PARA O CAMPAMENTO DE VILANOVA DE AROUSA 2019

RELACIÓN DE ADMITIDOS/AS PARA O CAMPAMENTO DE VILANOVA DE AROUSA 2019

  • TANIA GÓMEZ PRIETO
  • AROA GÓMEZ PRIETO
  • NAYARA GÓMEZ PRIETO
  • CARMEN DÍAZ RIVERO
  • HUGO BORRAJO PELETERIO
  • MARTA FIGUEIREDO KOLLAROVA
  • LAURA FIGUEIREDO KOLLAROVA
  • NORA ABBA RAMOS
  • NADIA ABBA RAMOS
  • RAQUEL RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
  • JULIA VÁZQUEZ GONZÁLEZ
  • XIANA GONZÁLEZ BLANCO
  • DAVID VALADO SEARA
  • VEGA MANGANA PÉREZ
  • NICOLÁS ELLACURIAGA DOMÍNGUEZ
  • CAMILO ELLACURIAGA DOMÍNGUEZ
  • PAULA LÓPEZ FORNEIRO
  • UXÍA VALADO SEARA
  • ABRAHAM NUÑEZ GUEDE
  • XURXO NUNEZ GUEDE
  • LARA CALVIÑO PUGA
  • ANTÓN GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
  • JUAN GÓMEZ BARJAS
  • ALDO RODRÍGUEZ VALADO

 

Reunión informativa para os admitidos o próximo mércores ás 19 h. na Ludoteca no Parque da Solaina.

O pagamento deberase realizar mediante ingreso ou transferencia bancaria no seguinte número de conta:

ABANCA (A VALENZÁ): ES21- 2080-5342-5431-1000-9242

O pagamento e presentación do xustificante do pagamento deberá realizarse do 20 ao 23 de agosto de 2019. (Os xustificantes presentaranse na Ludoteca Infantil, Parque da Solaina, A Valenzá, 32002 Barbadás)

Mocidade, Novas

CONTENT.1713980742

19/08/2019

Actuación do Grupo CÍA VAYA

Este xoves 22 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos de A Valenzá, actuación do Grupo CÍA VAYA co espectáculo “Atempo”

Atempo é un espectáculo de circo contemporáneo, unha conmovedora e lúdica peza artística chea de enerxía, humor e poesía. Mestura impresionantes acrobacias de man a man, danza e teatro xestual, presentando unha visión orixinal da evolución humana. A través da performance, a danza, o humor do teatro de imaxes e de impresionantes figuras de man a man, este dúo de artistas conduce ao público nunha viaxe aos instintos da humanidade, propoñendo unha visión diferente do que é ser humano hoxe en día.

 

Con Atempo, a compañía Vaya interpela á audiencia para que se pregunte polo futuro da nosa especie. “A través do circo contemporáneo falamos sobre os nosos procesos de evolución convidando a quen ve a peza a retroceder ás bases do que fomos, o que quizais somos e o que nos habita.”

Xéneros: Circo e clown.

Público: Público Familiar.

Tipo espectáculo: Circo e rúa.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1713980742

19/08/2019

CURSO DE CARRETILLEIRO/A

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación pon en marcha o “Plan formativo para o 4º trimestre de 2019”.

A primeira das accións formativas que se desenvolverán será un “Curso de Manipulador/a de medios mecánicos: Carretilleiro/a”, que terá lugar nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo do luns 7 de outubro ata o venres 11 de outubro, en horario de 9:00h a 14:00 h, con unha duración total de 25 horas.

Este curso é gratuito e terán preferencia para a realización do mesmo os/as desempregados/as do Concello de Barbadás.

Xunto coa ficha de inscrición  hai que aportar fotocopia da tarxeta de demanda de emprego e  fotocopia do carnet de conducir.

Data Adxuntos
19/08/2019 Ficha inscrición Curso Carretilleiro PDF [474 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1713980742

21/08/2019

Aberto o prazo para a contratación da impartición de clases de manualidades.

Ata o 23 de agosto de 2019.

Aberto o prazo para a contratación da impartición de clases de manualidades a persoas adultas, expediente 2891/2019 por procedemento aberto simplificado sumario.

A información está dispoñible na Plataforma de Contratación do Estado e no Perfil do Contratante, nos seguintes  enlaces:

NA PLATAFORMA DE CONTRATACIÓN DO ESTADO

NO PERFIL DO CONTRATANTE

Novas

CONTENT.1713980742

12/08/2019

II Encontro Cantos de Taberna de Barbadás “Cantos de Bocados”

A Concellería de Comercio por segundo ano consecutivo e coincidindo có Concurso de Pinchos, pon en marcha o sábado 21 de setembro de 2019 o II Encontro de Cantos de Taberna.

Agardamos as vosas inscricións !!!!!

Data Adxuntos
12/08/2019 Ficha inscrición cantos de taberna 2019 PDF [446 KB]

Comercio, Eventos

CONTENT.1713980742

CONTENT.1713980742

CONTENT.1713980742

CONTENT.1713980742

CONTENT.1713980742

07/08/2019

II Romaría Feminista de Barbadás (5 de outubro de 2019)

Bases reguladoras para a colocación de postos temporais

Cartel romaría feminista

O concello de Barbadás, a través da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade organiza a II Romaría Feminista de Barbadás, que ten por obxecto reflexionar sobre distintos aspectos relativos á igualdade de xénero, promocionar e visibilizar o papel da muller nas diferentes disciplinas artísticas, así como, poñer en valor todas as actividades realizadas por mulleres no eido creativo, artístico, comercial, asociativo, etc.

Poderán poñer un posto, todas as mulleres que desexen amosar a súa actividade, podendo ser esta, de carácter artístico, artesanal, comercial, informativo ou outro que se considere acaído en relación ao obxecto da Romaría, ate completar aforo.

Bases reguladoras postos Romaría Feminista 2019

ANEXO I -Solicitude de colocación de posto

Para calquera dúbida ao respecto contactar con:
Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade
Centro de Información á Muller (CIM)
Barrio Fornos, 4- 32890 Barbadás
Tel. 988222251
email: igualdade@barbadas.gal

 

Bandos e avisos, Igualdade, Novas, Participación cidadá

CONTENT.1713980742

CONTENT.1713980742

07/08/2019

CONTRATACIÓN DUN/HA TÉCNICO/A PARA A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Anuncio publicado o día 7 de agosto de 2019.

Os/as  interesados/as deberán presentar as solicitudes nos Rexistros Xerais do Concello ata as 14:00 horas do décimo día hábil seguinte ao da publicación do anuncio. As solicitudes estarán dispoñibles no propio rexistro.

 

Data Adxuntos
07/08/2019 Bases técnico-a para a Escola Infantil Municipal PDF [498 KB]
07/08/2019 Solicitude técnico Escola Infantil Municipal PDF [49 KB]
07/08/2019 Anuncio La Región - 7-08-2019 PDF [283 KB]

Emprego público

CONTENT.1713980742

05/09/2019

CONVOCATORIA DO ANO 2019 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS

Publicación do PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS no ámbito do Concello de Barbadás coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais.

Data límite de solicitude: 30 de setembro de 2019 ou ata esgotamento de crédito.

Data Adxuntos
05/09/2019 Convocatoria axudas creación de empresas 2019 Barbadás PDF [385 KB]
05/09/2019 ANEXO I PDF [139 KB]
05/09/2019 ANEXO II PDF [298 KB]
05/09/2019 ANEXO III PDF [299 KB]
05/09/2019 ANEXO IV PDF [310 KB]
05/09/2019 ANEXO V PDF [302 KB]
05/09/2019 ESGOTAMENTO DE CRÉDITO PDF [54 KB]

Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1713980742

CONTENT.1713980742

08/08/2019

Cambio de ubicación da actuación de Circo con SUE MORENO

Xoves 8 de Agosto ás 21h. Actuación da artista SUE MORENO.

Ante a previsión de choivas na xornada de hoxe, a actuación de SUE MORENO cambia de ubicación e pasa a facerse no PATIO DO COLEXIO FILOMENA DATO, o horario é o mesmo, é dicir ás 21h.

Espectáculo no que se mesturan técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, cunha estrutura de 6 metros de altura e tomando o humor como partitura.

A historia preséntanos a unha muller no seu día a día, tentando conciliar o seu traballo, vida e maternidade e amosando as mil caras desta etapa desde unha ollada divertida, tenra e, por momentos, absurda.

Público: Familiar
Tipo espectáculo: Circo e rúa

PATIO DO COLEXIO FILOMENA DATO

Cultura, Eventos

CONTENT.1713980742

02/08/2019

Relación admitidos/as no servizo “Bos Días Cole”

Con motivo do elevado número de solicitudes que se presentaron para o curso 2019-2020, no servizo Bos Días Cole a Concellería de Educación fai o esforzo da ampliación do persoal a cargo de dito servizo.

Achegase unha nova relación de admitidos/as no dito servizo.

Data Adxuntos
02/08/2019 Listado definitivo Bos Días Cole Ruxidoiro PDF [365 KB]
02/08/2019 Listado definitivo Bos Dias Cole Filomena Dato PDF [364 KB]

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1713980742

12/08/2019

Inscricións IV Concurso de pinchos “Barbadás a Bocados”

Un ano máis a Concellería de Comercio organiza o Concurso de Pinchos “Barbadás a Bocados” e xa son catro as edicións. Dende o luns 5 de agosto e ata o venres 16 de agosto, ambos incluídos, está aberto o prazo para que os negocios de hostalería que queiran participar poidan presentar as súas inscricións.

Data Adxuntos
12/08/2019 BASES BARBADÁS A BOCADOS 2019 PDF [854 KB]
12/08/2019 FICHA INSCRICIÓN BARBADÁS A BOCADOS 2019 PDF [450 KB]

Comercio, Eventos

CONTENT.1713980742

CONTENT.1713980742

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1713980742

01/08/2019

Aviso Reunión de pais/nais da Escola Infantil en SETEMBRO Curso 2019/2020

Curso 2019/2020

AVISO IMPORTANTE

Celebraremos unha reunión informativa coas titoras para tódolos/as
pais e nais do alumnado do centro para o curso 2019/2020.

Lugar: Escola Infantil Municipal de Barbadás
Data: Luns, 2 de Setembro de 2019
Hora: 20:00 horas
Data Adxuntos
01/08/2019 CARTEL REUNION PAIS/NAIS SETEMBRO VND.OPENXMLFORMATS-OFFICEDOCUMENT.WORDPROCESSINGML.DOCUMENT [15 KB]

Escola infantil, Novas, , ,

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1713980742