Arquivo mensual: Setembro 2019

CONTENT.1576353099

CONTENT.1576353099

CONTENT.1576353099

20/09/2019

CONVOCATORIA MOSTRA FOTOGRÁFICA “ MULLERES ”

 

 

CONVOCATORIA MOSTRA FOTOGRÁFICA MULLERES ”

O Concello de Barbadás celebra a Mostra Fotográfica “Mulleres” dentro do ámbito da II Romaría Feminista.

Abrese o prazo para presentar as fotografías que se desexen exhibir na mostra. 

As fotografías serán enviadas ó correo electrónico: igualdade@barbadas.gal, indicando en tódolos casos o nome da obra e o nome da autora ou do autor da mesma.

O prazo para enviar as fotografías ampliase ata o día 2 de outubro.

Data Adxuntos
20/09/2019 Bases mostra fotográfica Mulleres PDF [147 KB]

Igualdade, Novas

CONTENT.1576353099

18/09/2019

Horarios habituais do bus de bacharelato

MAÑÁ XOVES RETOMASE O HORARIO HABITUAL DO CURSO LECTIVO

Bus de 22 prazas: 07,30- Sobrado; 07,38- Ponte da autovía; Moraima- 07,39; Finca Fierro- 07,41

Bus de 38 prazas- 08,02: Farola. Neste bus irán os alumnos da Universidade Laboral

Bus de 22 prazas- segundo viaxe: Centro Médico- 08,05; Viaqua- e Macauto

VOLTA:

Bus de 22 prazas- Ferro Couselo: recolle primeiro ao alumnado de centro médico, Viaqua, Macauto: 14,10 h

Bus de 38 prazas: ás 14,10 recolle alumnado da Laboral. Ás 14,15 recolle ao alumnado da parada da Farola no Ferro Couselo.

Bus de 22 prazas- segundo viaxe: 14,30: Moraima, ponte autovía e Sobrado

OS HORARIOS SON PROVISIONALES EN TANTO NON SE REGULARICE O SERVIZO

Bandos e avisos, Novas

CONTENT.1576353099

18/09/2019

Barbadás a bocados: 20, 21 e 22 de setembro

TALLERES RELACIONADOS COA GASTRONOMÍA DIRIXIDOS A NENOS/AS E ADULTOS/AS, CANTOS DE TABERNA E DEGUSTACIÓN DE PINCHOS, PRINCIPAIS ATRACTIVOS DO “BARBADÁS A BOCADOS”

Un total de 17 establecementos ofrecerán entre os días 20 e 22 de setembro unha ampla oferta gastronómica no Concurso de pinchos de Barbadás

  • A carpa da organización _ Concellería de Comercio de Barbadás_ estará ubicada na Rotonda da Familia (á altura dos números 37/39 da avenida de Celanova.

 

  • “Barbadás a bocados” desenrolarase os días 20, 21 e 22 de setembro coa participación de 17 establecementos hosteleiros.

 

  • O público participante recibirá nos establecementos que participan unha tarxeta de votación para elixir o mellor petisco popular.

 

  • Estas tarxetas de votación serán utilizadas para participar en un sorteo de cheques-compra por valor de 50 euros para gastar no “Comercio Local” de Barbadás.

 

  • O venres ás 19,00 horas terá lugar un taller de cata de cervexa (inscrición previa).

 

  • A inauguración oficial do “Barbadás a bocados” será ás 20,00 horas. A amenización musical estará a cargo das charangas “BBB” e “Escachapeitos” pola avenida de Celanova.

 

  • O sábado ás 10 da mañá está previsto o desenrolo de un taller de cociña internacional na carpa oficial. Este taller está aberto á participación da veciñanza, principalmente ás persoas interesadas na gastronomía e que non puideron formar parte do taller que se desenvolved ende hai unhas semanas organizado polo concello.

 

  • Pola tarde, ás 19,00 horas, está previsto un taller de iniciación á cata con Luis Paadín.

 

  • A recepción dos grupos da segunda edición do Encontro de cantos de taberna de Barbadás será as 20,30 horas. Participan 5 grupos musicais que amenizarán cos seus sons os 17 establecementos participantes.

 

  • O domingo ás 12,00 do mediodía están programados maridaxes de vermú e un taller de corte de xamón con Mercedes González.

 

  • O domingo ás 18,30 horas está previsto un taller dirixido aos/ás nenos/as que xirará en torno a produtos doces e a elaboración de merendas saudables.

 

  • A degustación de pinchos nos establecementos será de 20,00 a 00,00 o venres, en tanto que o sábado será de 12,00 a 15,30 e de 20,00 h a 00,00 horas, mentras que o domingo será de 12,00 a 15,30 a 22,00 horas.

 

  • Listado de establecementos participantes e título do pincho:
  • Alento: “Mouse de queixo con godello”.
  • Cacho Pizza: “Cacho gula”.
  • O Chicote: “O secreto do Chicote”
  • A Cova do sabio: “O arume do sabio”
  • O Pereiriña: “Bomba O Pereiriña”
  • Alumbre: “Segredo do Alumbre”
  • Café Acordes: “Mini angus galega”
  • Cafetería A Solaina: “Cup con bacallau e manto de Arzúa”
  • Bar Parque Patos: “Bacaburra”
  • Kibu: “Delicatessen galega”
  • La Ibense: “Lemon&fruit”
  • A Pedreira: “A Pedreira”
  • O Rei Chipirón: “Chipirón patagónico”
  • Alecrín: “Xarrete en salsa Alecrín”
  • D´Morro Fino Taberna Galega: “Torrada sifrina”
  • Café Bar Daytona:”Ramekin ibérico”
  • Pizzería Stylo 46: “Pincho tricolor”

 

  • Visítenos en barbadas.es. Facebook: Barbadás a bocados e Concello de Barbadás. Twiter: @barbadasabocados e @concellobarbada. #BarbadásABocados.

 

  • Hoxe mércores ao mediodía presentouse na Valenzá a 4ª edición de “Barbadás a bocados”, na que estiveron o alcalde, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, Marga Pérez, concelleira de Comercio, e tres hosteleiros: Emilio de Francisco (O Chicote), David Salgado (A Pedreira) e Luis Miguel Redondo (D´Morro fino).

 

  • Os 5 grupos que participan no 2º Encontro de cantos de taberna son os seguintes: As da chispa, Amigos do Tékele, Tokaide, Escachaferreñas e Sómosche D´Herbas.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel, rexedor de Barbadás, convida “a todas as persoas que queiran disfrutar dunha excelente gastronomía. Os protagonistas teñen que ser os/as hosteleiros/as e, sobre todo, os/as participantes”.

 

  • Valcárcel sinala que “dende o Concello queremos promocionar a gastronomía de Barbadás e a actividade económica en un dos eventos máis importante do ano”.

 

  • Marga Perez, concelleira de Comercio, destaca que “este fin de semana, para despedir o verán, nada mellor que acudir a Barbadás a bocados, a probar as propostas gastronómicas que nos ofrecen os hosteleiros de Barbadás e non só disfrutar dos pinchos, senón tamén de música, obradoiros de cociña que se desenrolarán na carpa da organización”.

 

  • Tino Iglesias, xerente de servizos gastronómicos, explica que “imos ter un curso de cociña internacional coa elaboración de platos dende principio a fin con Jorge Martínez, xefe de cociña de un local de prestixio de Ourense. O sábado haberá catas de viños, unha con viños de personalidade, que vai dirixir Pablo Vidal, que foi xerente do Consello Regulador do Ribeiro, e Luis Paadín, quen edita a guía de viños de Galicia”.

Comercio, Eventos, Novas

CONTENT.1576353099

CONTENT.1576353099

17/09/2019

Comeza a funcionar a nova Aula de Novas Tecnoloxías de Barbadás

A NOVA AULA DE NOVAS TECNOLOXÍAS DE BARBADÁS ÁBRESE COA IMPARTICIÓN DUN CURSO BÁSICO DE INFORMÁTICA

O novo espazo conta cun total de 17 equipos informáticos doados por ABANCA

  • A Aula de novas tecnoloxías de Barbadás está formada por un total de 17 equipos informáticos doados pola entidade financeira ABANCA.

 

  • Hai uns días responsables do banco e membros do goberno do Concello de Barbadás visitaron o espazo dedicado ás novas tecnoloxías.

 

  • A visita á nova aula contou coa presenza de Mateo Alonso, coordinador Institucional de Ourense de ABANCA, e José Ramón Fernández, director da oficina da Valenzá. Tamén estiveron o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, o concelleiro de Formación, Ramón Selas, e a concelleira de Educación, Marga Pérez.

 

  • A posta en marcha da Aula de Novas Tecnoloxías é unha iniciativa na que o goberno de Barbadás vén traballando dende hai meses e que se puxo en marcha hai uns días co comezo de un curso de iniciación á informática no que participan un total de 16 persoas.

 

  • Neste espazo dedicado ás novas tecnoloxías poñeranse a disposición dos veciños os equipos informáticos para levar a cabo unha programación anual dirixida a toda a cidadanía.

 

  • Na visita a esta nova aula evidenciouse que a programación que se realizará englobará a persoas de tódalas idades e terá en conta todos os niveis de aprendizaxe, dende a iniciación ata a formación e contidos impartidos por profesionais coas últimas novidades en programas informáticos.

 

  • Os equipos informáticos serán utilizados para a realización de diferentes talleres formativos dirixidos ao colectivo infantil e tamén para impartir cursos enmarcados no programa do Concello de Barbadás “FórmaTe”, pensados para poboación maior de 16 anos.

 

  • O alcalde de Barbadás amosou o agradecemento do Concello de Barbadás hacia a entidade ABANCA, que doou 17 equipos informáticos completos.

 

  • A nova aula acollerá tamén actividades organizadas pola rede Cemit da que o Concello de Barbadás é entidade colaboradora.

 

Cursos, Educación/Formación, Novas

CONTENT.1576353099

CONTENT.1576353099

CONTENT.1576353099

16/09/2019

Concesión de Axudas municipais á creación de empresas 2019

Notificación da Xunta de Goberno Local de data 10 de setembro de 2019 de concesión de axudas municipais á creación de empresas do ano 2019.

Data Adxuntos
16/09/2019 Acordo Concesión de Subvencións PDF [208 KB]

Novas

CONTENT.1576353099

15/09/2019

Nota informativa sobre transporte de alumnado de Barbadás aos centros de ensino

INFORMACIÓN SOBRE O TRANSPORTE DE BACHARELATO DENDE BARBADÁS

A nota informativa inclúe o listado en formato PDF de alumnos correspondentes a cada parada.

A continuación especifícanse horarios de xornada de presentación e os habituais para o resto do curso lectivo. Algúns dos datos contidos no arquivo pdf foron modificados, motivo polo que vostede debe consultar horarios e paradas na segunda parte da nota informativa.

Para calquera dúbida pode vostede enviar un e-mail a concello@barbadas.es ou victoria.morenza@barbadas.es.

LISTADO DE PARADAS E ALUMNOS QUE CORRESPONDEN A CADA PARADA: Consulte estes datos premendo o seguinte enlace: Paradas bus bacharelato (1)

 Horario luns 16 de setembro: inicio de curso: presentación no centro de 16,00 a 17,00 horas

Bus de 22 plazas: primeira viaxe :

 15:15 Sobrado

15:23 ponte báixo autovía

15:24 Moraima

15:26 Finca Fierro

15:30 Macauto

15:35 Ferro Couselo

Bus de 38 prazas :

 15:42 Farola

15:43 Viaqua

Bus de 22 prazas:2ª viaxe:

 15:45 antigo centro médico

HORARIOS HABITUAIS DO CURSO LECTIVO.

Bus de 22 prazas:

07:30 Sobrado

07:38 ponte autovía

07:39 Moraima

07:41 Finca Fierro

Bus de 38 prazas:

08:02 Farola

08:03 Viaqua

Neste bus irán os/as 3 alumnos/as da Laboral ( Natalia González, Daniel Vázquez, Marcos Morales).

Bus de 22 prazas: 2ª viaxe:

07:45 centro médico

07:45 Macauto

Bandos e avisos, Educación/Formación, Novas, Transporte

CONTENT.1576353099

14/09/2019

Programación da Semana da Mobilidade en Barbadás

A SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE IMPLICARÁ EN BARBADÁS A REDUCCIÓN DE VELOCIDADE NA AVENIDA DE CELANOVA (A VALENZÁ) A 30 QUILÓMETROS POR HORA

Ao longo de toda a semana a Concellería de Educación programou actividades para concienciar á cidadanía da importancia da educación vial en idades temperás

Contacontos, visita ás instalacións de Protección Civil, patrullas de alumnos/as que emitirán multas solidarias e como colofón o venres instalarase un circuito ciclista infantil con xincanas, obradoiro de educación viaria e unha proba de habilidade cronometrada

  • O Concello de Barbadás organizou unha programación de actividades para a celebración da Semana Europea da mobilidade, que se desenrolarán entre os días 16 e 22 de setembro.

 

  • A finalidade desta planificación de actividades é concienciar á ciudadanía da importancia da educación vial dende idades temperás.

 

  • A Semana da Mobilidade en Barbadás propiciará tamén o impulso da iniciativa do Camiño Escolar, cuxa execución comezou a implantarse hai varios anos, explica Marga Perez, concelleira de Educación.

 

  • A primeira das actividades está programada para o luns 16 de setembro ás 12,30 horas. A casa de cultura Manuel María acollerá unha sesión de contacontos coa actuación de Sabela Gago dirixida a alumnado de 1º e 2º de primaria.

 

  • O martes 17 de setembro deseñouse unha “Ruta da Mobilidade” ata as instalacións de Protección Civil cos/coas alumnos/as de 6º curso de Infantil para coñecer as funcións que desenvolven os voluntarios e voluntarias desta agrupación a favor da seguridade viaria.

 

  • A programación da Semana da Mobilidade en Barbadás continuará o xoves 19 de setembro coa presenza na rúa de patrullas de alumnos e alumnos para emitir “Multas Solidarias”, unha actividade de educación viaria con alumnos de 6º de primaria para coñecer normas de circulación e concienciar a peóns e conductores/as.

 

  • O broche final das actividades para promover unha mobilidade saudable e segura celebrarase o venres 20 de setembro na rúa Paseo dos Amieiros, onde se instalará un circuito ciclista infantil entre as 17,00 e as 20,00 horas.

 

  • Este circuito ten como finalidade de de dar a coñecer as sinais de tráfico e as normas de educación viaria ademáis de ensinar a correcta utilización da bicicleta e a colocación do casco.

 

  • O circuito ciclista incluirá as seguintes actividades:
  • Xincana de adestramento con saltos, balancín, conos e xogos.
  • Obradoiro sobre educación viaria
  • Proba de habilidade cronometrada.

 

  • Co obxecto de crear espazos máis amables e máis seguros para os peóns, a velocidade na avenida de Celanova quedará restrinxida a 30 quilómetros por hora durante a celebración da Semana Europea da Mobilidade (16-22 de setembro).

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1576353099

24/09/2019

Listado admitidos/as Aula de Reforzo Escolar de Inglés

Prazo de inscrición:  do 16 ao 20 de setembro de 2019.

As solicitudes debidamente cumprimentadas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Barbadás (Oficina Municipal de A Valenzá e do Concello de Barbadás).

Poderán obterse tanto nas propias oficinas como a través da páxina web do Concello.

Máis información: 988246885 – educacion@barbadas.es

Data Adxuntos
24/09/2019 Bases reguladoras da Aula de Reforzo escolar para Educación Primaria curso 2019-2020 PDF [333 KB]
24/09/2019 Solicitude reforzo escolar 2019-2020 PDF [72 KB]
24/09/2019 Listado admitidos Aula de Reforzo Escolar de Inglés PDF [88 KB]

Cursos, Educación/Formación

CONTENT.1576353099

CONTENT.1576353099

29/11/2019

Menú do mes de decembro de 6-24 meses da Escola Infantil Municipal

Menú do mes de decembro 6-24 meses da Escola Infantil Municipal

29/11/2019

Menú de decembro de 2-3 anos da Escola Infantil Municipal

Menú do mes de decembro de 2-3 anos

06/11/2019

Menú mes de novembro de 6-24 meses da Escola Infantil Municipal

Menú novembro de 6-24 meses da Escola Infantil

CONTENT.1576353099

29/11/2019

Menú do mes de decembro de 6-24 meses da Escola Infantil Municipal

Menú do mes de decembro 6-24 meses da Escola Infantil Municipal

29/11/2019

Menú de decembro de 2-3 anos da Escola Infantil Municipal

Menú do mes de decembro de 2-3 anos

06/11/2019

Menú mes de novembro de 6-24 meses da Escola Infantil Municipal

Menú novembro de 6-24 meses da Escola Infantil

CONTENT.1576353099

10/09/2019

Reserva de espazo para instalar postos na Romaría Feminista

O DÍA 13 DE SETEMBRO FINALIZA O PRAZO DE RESERVA DE ESPAZO PARA PARTICIPAR NA SEGUNDA EDICIÓN DA ROMARÍA FEMINISTA

A II Romaría Feminista terá lugar o sábado 5 de outubro na área recreativa da Calzada Romana situada á beira do río, na parroquia da Valenzá (a carón do Polideportivo Municipal).

 Poderán poñer un posto, todas as mulleres que desexen amosar a súa actividade, podendo ser esta, de carácter artístico, artesanal, comercial, informativo ou outro que se considere acaído en relación ao obxecto da Romaría, ate completar aforo

  • A II Romaría Feminista de Barbadás que ten por obxecto reflexionar sobre distintos aspectos relativos á igualdade de xénero, promocionar e visibilizar o papel da muller nas diferentes disciplinas artísticas, así como, poñer en valor todas as actividades realizadas por mulleres no eido creativo, artístico, comercial, asociativo, etc.

 

  • Para instalar postos na Romaría Feminista só é necesario cumprimentar as solicitudes de reserva de espazo pola Sede Electrónica do Concello.

 

  • Tamén se pode formalizar a inscrición no rexistro das dependencias municipais (Casa do Concello e Oficinas Municipais da Valenzá.

 

  • Outra das posibilidades para inscribirse na reserva de espazo para instalar postos é a través do Rexistro da Xunta, da Subdelegación do Goberno ou Correos.

 

  • É preciso ademais enviar unha copia do rexistro escaneada á seguinte dirección de correo electrónico: Igualdade@barbadas.gal

 

  • O horario de ocupación autorizado será dende as 9:00h da mañá ata as 23:00h da noite do día 5 de outubro.

 

  • Cada posto deberá contar con algún detalle de cor lila, segundo se recolle nas bases para a inscrición.

 

  • As instancias, dirixidas ó Concello de Barbadás, sita na rúa Cimadevila, 1 – 32890 Barbadás (Ourense), presentaranse nos rexistros de entrada ou pola Sede Electrónica do Concello de Barbadás ou por calquera das demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

  • Para calquera dúbida ou para ampliar información: Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade Centro de Información á Muller (CIM) Barrio Fornos, 4- 32890 Barbadás Tel. 988222251 email: igualdade@barbadas.gal.

 

  • BASES REGULADORAS PARA COLOCACIÓN DE POSTOS NA II ROMARÍA FEMINISTA DE BARBADÁS

 

  • Obxecto. As presentes bases teñen por obxecto fixar os criterios que rexen a autorización e a instalación dos postos temporais na II Romaría Feminista do Concello de Barbadás. O concello de Barbadás, a través da Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade organiza a II Romaría Feminista de Barbadás que ten por obxecto reflexionar sobre distintos aspectos relativos á igualdade de xénero, promocionar e visibilizar o papel da muller nas diferentes disciplinas artísticas, así como, poñer en valor todas as actividades realizadas por mulleres no eido creativo, artístico, comercial, asociativo, etc.

 

  • Data, localización e horario de ocupación. A II Romaría Feminista terá lugar o sábado 5 de outubro na área recreativa da Calzada Romana situada á beira do río, na parroquia da Valenzá (a carón do Polideportivo Municipal). O horario de ocupación autorizado será dende as 9:00h da mañá ata as 23:00h da noite do día 5 de outubro de 2019.

 

  • Condicións para instalación do posto. – Poderán poñer un posto, todas as mulleres que desexen amosar a súa actividade, podendo ser esta, de carácter artístico, artesanal, comercial, informativo ou outro que se considere acaído en relación ao obxecto da Romaría, ate completar aforo. – A montaxe e desmontaxe dos postos deberá cumprir o seguinte horario: Montaxe: De 9 a 11 da mañá do 5 de outubro, salvo autorización expresa da Área de· Igualdade para alterar o horario establecido.  Desmontaxe: Realizarase entre as 20:00 e as 23:00 horas do 5 de outubro, salvo autorización expresa da Área de Igualdade para alterar o horario establecido.

 

  • – As mulleres que poñan un posto, deberán instalalo antes das 11h da mañá do propio día da celebración da Romaría. No caso de incumprimento desta condición, sen previa comunicación á organización, entenderase automaticamente revocada a autorización para a colocación do posto. Calquera incidencia deberá ser comunicada por escrito á organización cun mínimo de 72 horas antes da celebración do evento.

 

  • – Os postos deberán reunir as debidas condicións de estabilidade e seguridade sen que polas súas características ou modo de instalación poidan supor un risco para as persoas usuarias, viandantes ou para os bens públicos e/ou privados. O Concello non se fai responsable dos materiais, produtos ou mobiliario achegados por cada participante nin dos danos que nestes se podan xerar.

 

  • – A limpeza do espazo ocupado, así como, a recollida de residuos que se xeren como consecuencia do uso que se solicita, deberá ser asumida pola persoa titular da autorización e o lugar utilizado deberá quedar nas mesmas condicións nas que se atopou, xa que a xornada se desenvolve nun entorno natural.

 

  • – Cada posto deberá contar con algún detalle de cor lila. CUARTO. Inscrición Para poder poñer un posto é obrigatoria a inscrición. As solicitudes presentaranse no modelo normalizado recollido como anexo I nestas bases. A data límite para a presentación de solicitudes será o 13 de setembro de 2019. As instancias, dirixidas ó Concello de Barbadás, sita na rúa Cimadevila, 1 – 32890 Barbadás (Ourense), presentaranse nos rexistros de entrada ou pola Sede Electrónica do Concello de Barbadás ou por calquera das demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

  • Así mesmo, débese enviar unha copia escaneada do rexistro de entrada da solicitude ao correo igualdade@barbadas.gal antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Confirmarase a aceptación da solicitude mediante o correo electrónico aportado na instancia pola solicitante, onde se lle indicará a cada unha das inscritas o número asignado para a colocación do posto no espazo correspondente.

 

  • Normas xerais A participación cun posto na II Romaría Feminista de Barbadás supón a aceptación das presentes bases, así como, a aceptación do criterio que estableza a organización para resolver cantas cuestións se producisen durante o desenvolvemento da Romaría Feminista. Para calquera dúbida ou para ampliar información: Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade Centro de Información á Muller (CIM) Barrio Fornos, 4- 32890 Barbadás Tel. 988222251 email: igualdade@barbadas.gal

 

  • En Barbadás, 26 xullo 2018
  • ANEXO I SOLICITUDE DE COLOCACIÓN DE POSTO NA II ROMARÍA FEMINISTA DE BARBADÁS PERSOA RESPONSABLE DO POSTO NOME: DNI: TELEFONO/S DE CONTACTO:
  • EMAIL NOME DA EMPRESA, ASOCIACIÓN, ENTIDADE, …:
  • MEDIDAS DO POSTO:
  • INFORMACIÓN SOBRE O POSTO
  • Tipo de material que se vai expoñer/presentar, …
  • OUTRAS OBSERVACIÓNS
  • En Barbadás, a …. de …………. de 2019.
  • Sinatura da solicitante
  • Declaro que, fun informada, nos termos do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, da incorporación dos meus datos persoais ao rexistro de actividades de tratamento de datos, cuxo responsable é o Concello de Barbadás como entidade organizadora da II Romaría Feminista, e, en especial, do dereito que me asiste a exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición e portabilidade respecto de tales datos, así como a retirar o meu consentimento en calquera momento e a presentar unha reclamación ante a autoridade de control. En consecuencia, sendo coñecedora de tal información e dereitos, manifesto a miña conformidade para a súa efectiva incorporación ao dito rexistro.

 

Eventos, Igualdade, Novas

CONTENT.1576353099

10/09/2019

Reunión transporte bacharelato

Reunión 12 de setembro ás 19:30 horas nas Instalacións do Parque da Solaina.

Todas as familias con  alumnos/as inscritos/as no IES Ferro Couselo ou no IES Universidade Laboral ( en Bacharelato ou en ciclos de FP),  están convocados a unha reunión o día 12 de setembro ás 19:30 horas, nás Instalacións Municipais do Parque da Solaina.

Novas

CONTENT.1576353099

CONTENT.1576353099

07/09/2019

O campo de fútbol dos Carrís estrena nova cuberta sintética de céspede

BARBADÁS INICIA A TEMPADA DE CAMPIONATOS CO CAMPO DE FÚTBOL DOS CARRÍS CON NOVO CÉSPEDE SINTÉTICO

As escolas deportivas de fútbol 11 comezan a tempada en todas as categorías estrenando o novo campo de fútbol con herba sintética

A nova cuberta sintética é de calidade alta e a área de xogo contará, por motivos de seguridade, con un sistema de rego subterráneo

  • Comezan tamén as ligas de ámbito provincial e  O Xuvenil A representa á UD Barbadás da liga galega.
  • Os días 7 e 8 de setembro o campo dos Carrís estrenan cuberta de céspede sintético coa programación dos primeiros partidos da tempada.
  • Ás 18,00 horas disputarase o partido entre Xuvenil A da Escola Deportiva de Barbadás e o equipo de Santa Mariña.
  • Hoxe sábado pola mañá xa xogaron os equipos de infantil A e B contra o Celanova e o Verín respectivamente.
  • Mañá domingo ás 12 do mediodía enfrontaranse no campo de xogo os equipos de cadete do Barbadás A e Bosco B.
  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, sinala que “para o goberno de Barbadás é fundamental que esta obra estivera finalizada nos prazos previstos para iniciar a tempada con total normalidade”.
  • Para Valcárcel “o obxectivo segue a ser potenciar o deporte en todos os seus ámbitos e o novo céspede artificial é unha mellora máis nas dotacións e infraestruturas no concello de Barbadás, para mellorar a práctica do deporte nas escolas deportivas e no ámbito dos equipos profesionais”.
  • O concelleiro de Deportes, Abel Cortés, destaca a importancia de que as obras de substitución do céspede artificial estiveran finalizadas coincidindo co inicio do campionato.
  • Cortés destaca ademais a alta calidade do céspede novo e a efectividade que terá a nivel de seguridade a dotación na área de xogo de un sistema de rego subterráneo.
  • Este proxecto é financiado conxuntamente pola Deputación e o Concello de Barbadás. O alcalde socialista de Barbadás indica que “dende o Concello queremos seguir apostando e dando continuidade á colaboración entre ambas as dúas institucións noutros proxectos de cara ao futuro”.
  • Valcárcel tamén recoñeceu “a boa xestión que realizou en relación con este proxecto o anterior edil de Deportes, Adrian Varela“.
  • Galitec Desarrollos Tecnolóxicos foi a empresa adxudicataria deste proxecto por un importe de 235.842,98 euros máis IVE.
  • O custo da execución das obras é financiado polo Concello de Barbadás con unha aportación de 100.000 euros, en tanto que o resto é aportado pola Deputación.

Deportes, Novas, Urbanismo

CONTENT.1576353099

20/09/2019

Listados definitivos admitidos/as Actividades Extraescolares

Data Adxuntos
20/09/2019 Solicitude Bos dias cole curso 2019-2020 PDF [238 KB]
20/09/2019 Bases Bos Días Cole 2019-2020 PDF [352 KB]
20/09/2019 Solicitude extraescolares curso 2019-2020 PDF [623 KB]
20/09/2019 Bases Actividades extraescolares 2019-2020 PDF [129 KB]
20/09/2019 Horarios Extraescolares PDF [136 KB]
20/09/2019 Listado definitivo actividades extraescolares CEIP Filomena Dato 19-20 PDF [144 KB]
20/09/2019 Listado definitivo actividades extraescolares CEIP O Ruxidoiro 19-20 PDF [202 KB]

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1576353099

03/09/2019

Barbadás asina un protocolo para mellorar a protección ás vítimas de violencia de xénero

O CONCELLO DE BARBADÁS ASINA O PROTOCOLO DE COORDINACIÓN DAS FORZAS E COPRPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO E A POLICÍA LOCAL PARA A PROTECCIÓN DE VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel asinaron  tamén 2 acordos técnicos  no marco do VioGén

VioGén é o sistema de seguemento integral dos casos de violencia de xénero

  • Hoxe martes tivo lugar no Concello de Barbadás a xunta local de seguridade na que estiveron presentes o Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, a Xefa da Unidade de Violencia de Xénero sobre a Muller da Subdelegación de Ourense, María Alida Iglesias, o Comandante de puesto de Ourense da Garda Civil, José Manuel Moral, o xefe Territorial de Presidencia, Manuel Prado, o xefe da Policía Local, Fernando Freire e o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. Tamén estiveron a concelleira de Igualdade, Elisabet González, e a tenente alcaldesa, Victoria Morenza.

 

  • No marco da xunta local de seguridade formalizouse a incorporación do Concello de Barbadás a VioGén.

 

  • Afonso e Valcárcel asinaron un protocolo de coordinación das forzas e corpos de seguridade e de coordinación cos órganos xudiciais para a protección das vítimas da violencia de xénero.

 

  • Este acordo formaliza a colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local no reparto de vítimas á hora de realizar o seguemento.

 

  • Os funcionarios especializados de policía local e os da garda civil terán comunicación fluída por diversos medios para intercambiar información sobre a vítima ou o autor.

 

  • O obxectivo deste protocolo é optimizar os recursos humanos e materiais. Producirase tamén unha transmisión recíproca da información.

 

  • A finalidade é garantir o ccumprimento eficaz das medidas xudiciais de protección ás vítimas, evitando posibles duplicidades na resposta aos casos que se susciten.

 

  • Esta mañá, no marco da xunta local de seguridade de Barbadás, asináronse tamén 2 acordos técnicos para definir a colaboración e coordinación da Garda Civil e da Polícía Local nos que se definen os pasos a realizar dende o coñecemento dos feitos de violencia ata as labores de coordinación pasando por os traslados iniciais das vítimas, as actuacións sobre o agresor, a valoración do risco ou a aplicación de medidas de protección.

 

  • A sinatura tanto dos acordos técnicos coma do protocolo son o paso previo para a firma entre o Ministerio do Interior e o Concello de Barbadás de un convenio para a incorporación do corpo da Policía Local ó sistema de seguemento integral dos casos de violencia de xénero.

 

  • Este convenio profundizará nas medidas de protección ás vítimas a través de unha axeitada coordinación das actuacións entre a Administración Xeral do Estado e das Entidades Locais co fin de previr e evitar riscos de novas agresións.

 

  • A xunta local de seguridade evidenciou a necesaria coordinación tamén con todos os/as profesionais relacionados coa protección das vítimas: médico/a, traballadores/as sociais, educadores/as familiares, enfermeiras/os, policía, garda civil, psicólogos/as, sistema xudicial, etc.

 

  • En Barbadás está en funcionamento dende hai meses un Centro de Información á Muller no que traballan na actualidade 3 profesionais: a directora do CIM, unha psicóloga e unha asesora legal (ubicación: praza de San Antón, Barbadás pobo).

 

  • O futuro convenio que se asinará contribuirá na realización de un seguemento e protección máis efectivos e permitirán unh actuación máis áxil e eficaz para as vítimas.

 

  • Coa incorporación de Barbadás a VioGén preténdese, entre outros obxectivos, proporcionar ás vítimas unha resposta policial de maior rapidez e de máxima sensibilidade, calidade e eficiciencia na atención e protección.

 

  • Tamén se pretende proporcionar ás vítimas información clara e accesible sobre os dereitos e recursos existentes e facilitar a transmisión entre as Forzas e Corpos de Seguridade e os órganos xudiciais de toda a información relevante para a protección da vítima.

 

 

Igualdade, Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1576353099

03/09/2019

Curso de manipulación e venda de produtos frescos

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación dentro do “Plan formativo para o 4º trimestre de 2019”, pon en marcha o “Curso de Manipulación e venda de produtos crudos”

Esta acción formativa  terá lugar nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo do luns 14 de outubro ata o venres 25 de outubro, en horario de 9:30h a 13:30 h, con unha duración total de 40 horas teóricas, e con posterioridade realizaranse prácticas voluntarias en diferentes establecementos durante 20 horas.

Este curso é gratuito e terán preferencia para a realización do mesmo os/as desempregados/as do Concello de Barbadás.

Xunto coa ficha de inscrición  hai que aportar fotocopia da tarxeta de demanda de emprego e  currículum.

Data Adxuntos
03/09/2019 Ficha inscrición Curso Productos frescos PDF [465 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1576353099

24/09/2019

Aberto o prazo para que as asociacións veciñais opten a subencións municipais

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS INSCRITAS NO REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS DO CONCELLO DE BARBADÁS ANO 2019.

  • O Boletín Oficial da Provincia publicou o 31 de agosto as bases para optar ás subvencións de asociación de veciños que concede o Concello de Barbadás.

 

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro.

 

  • O sistema é a concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións de veciños que desenvolvan a súa actividade dentro do termo municipal de Barbadás, para a prestación de servizos ou a realización de actividades que complementen ou suplan os atribuídos á competencia municipal e que, en xeral, contribúan ó fomento dos intereses peculiares do municipio.

 

 

  • Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria as persoas físicas e xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

1.—Ser asociacións culturais validamente constituídas e debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.

2.—Carecer de fins de lucro (acreditándose cunha declaración responsable do representante).

3.—Ter o seu domicilio social e desenvolver a súas actividades no ámbito territorial do Concello do Barbadás.

4.—Realizar actividades de interese cultural no ámbito do municipio.

5.—Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.

6.—Estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa seguridade social.

  • Son subvencionables as actividades culturais, realizadas entre o 1 de xaneiro e o 1 de decembro do ano en curso. Excepcionalmente, poderanse subvencionar actividades realizadas no mes de decembro para o que se faculta á concellaría de Participación Cidadá para a súa autorización, e que se recollan nalgún destes bloques:

A.—As dirixidas á realización de actuacións puntuais ou de carácter permanente no eido cultural en tódalas súas vertentes: música, teatro, literatura, pintura, danza, encontros, obradoiros, cursos, audiovisuais, conferencias, xornadas e análogos.

B.—Ás dirixidas á realización de festas etnográficas, tradicionais e de valor histórico e cultural nas súas parroquias.

Quedan excluídas da presente convocatoria e, por tanto, non serán obxecto de subvención as seguintes actividades:

  • As actividades subvencionadas, no mesmo exercicio, a través doutras convocatorias de subvencións ou plans do Concello ou aquelas que sexan beneficiarias dalgunha axuda ou aportación, directa ou indirecta, de calquera área ou departamento do Concello no mesmo exercicio económico.
  • Os gastos de funcionamento das entidades e os gastos correntes.
  • As viaxes de ocio,os gastos de arreglos florais (ramos, centros, coronas, etc.)
  • As actividades que non teñan un carácter de acceso público.
  • Os gastos de instrumentos e vestiario.
  • Os gastos gastronómicos, excepto naqueles casos que garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para esta.
  • As actividades que non se axusten ao descritos nos apartados A e B.
  • As actividades que sexan subvencionadas polo Concello noutras convocatorias ou de xeito directo.

O importe das axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutros organismos públicos ou privados, supere o custo da actividade subvencionada.

Serán subvencionables os gastos en material inventariable, necesario/imprescindible para a realización das actividades, sempre que non superen o 20% do orzamento total presentado.

No caso da organización de eventos que conleven comidas, ceas ou similares financiarase ata o 20 % das facturas presentadas en concepto de alimentos e bebidas non alcohólicas, sempre que se xustifique na memoria. Quedan totalmente excluidos como gastos subvencionables os productos de limpeza.

 

 

 

Data Adxuntos
24/09/2019 ANEXOS GALEGO 2019 PDF [554 KB]

Bandos e avisos, Novas, Participación cidadá

CONTENT.1576353099

02/09/2019

Mañá martes 3 de Setembro. Programa da TVGA en Barbadás

“Adiviña quen vén esta tarde”, programa en directo con entrevistas e actuacións musicais, o martes 3 de setembro desde o Parque dos patos. Emisión en directo desde as 17:30 ata as 20:45

Unha aposta decidida pola televisión en directo, coa participación activa do público en catro lugares da nosa xeografía: entrevistas curiosas, reportaxes, música en directo e a participación dun personaxe famoso que agocha a súa faciana. 
Así é “Adiviña quen vén esta tarde”, o programa que todas as tardes de luns a venres, emitirá a Televisión de Galicia desde o luns 1 de xullo. Os dous presentadores, Lucía Rodríguez e Fran Cañotas, estarán acompañados polo pianista….quen porá banda sonora ao programa e invitará a participar ao público que se achegue ata o noso set.
“Adiviña quen vén esta tarde” terá cada día un invitado especial, un personaxe famoso da nosa terra que os espectadores irán descubrindo ao longo do programa coas pistas dos presentadores. Actores e actrices, cantantes, deportistas, cociñeiras e cociñeiros, o noso invitado pode ser calquera e ese é o xogo que propón o programa ao público da Televisión de Galicia.
Así é “Adiviña quen vén esta tarde”, un programa diferente en permanente direct

Cultura, Eventos

CONTENT.1576353099

CONTENT.1576353099

02/09/2019

CONTRATACIÓN DUN/HA PROFESOR/A DE ACORDEÓN PARA A ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL – LISTADO PROVISONAL

Publicada o 2 de setembro de 2019.

Os aspirantes omitidos disporán dun prazo de tres días hábiles para presentar alegacións.

Contra a valoración de méritos provisional disporán dun prazo de cinco días hábiles para presentar alegacións.

Data Adxuntos
02/09/2019 Acta provional profesor de acordeón para a Escola Infantil Municipal PDF [455 KB]

Emprego público

CONTENT.1576353099

02/09/2019

CONTRATACIÓN DUN/HA PROFESOR/A DE VIOLIN PARA A ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL – LISTADO PROVISIONAL

Publicada o 2 de setembro de 2019.

Os aspirantes omitidos disporán dun prazo de tres días hábiles para presentar alegacións.

Contra a valoración de méritos provisional disporán dun prazo de cinco días hábiles para presentar alegacións.

 

Data Adxuntos
02/09/2019 Acta provisional profesor de violin para a Escola de Música Municipal PDF [490 KB]

Emprego público

CONTENT.1576353099

23/09/2019

Visita teatralizada e concerto no Museo da Gaita

O venres 27 de setembro ás 19:30 horas haberá unha visita teatralizada no Museo da Gaita, con dous personaxes que farán un percorrido polas instalacións.Cando remate a visita ofrecerase un concerto.

O aforo para esta actividade é limitado previa inscrición.

Eventos, Turismo

CONTENT.1576353099