Arquivo mensual: Outubro 2019

CONTENT.1576346083

CONTENT.1576346083

CONTENT.1576346083

CONTENT.1576346083

24/10/2019

Protección Civil de Barbadás recibe a Placa ao mérito na categoría de Ouro

PROTECCIÓN CIVIL DE BARBADÁS RECIBE A PLACA AO MÉRITO NA CATEGORÍA DE OURO

A Agrupación de Voluntarios conta na actualidad coa participación de 25 persoas que de xeito altruista traballan para a sociedade

  • Os/as membros do servizo municipal de Protección Civil de Barbadás e da agrupación de voluntarios/as “queren transmitir a súa satisfacción pola concesión por parte da Asociación Nacional de agrupacións de voluntarios/as de PC de España da Placa ao Mérito na súa categoría de ouro”, sinala Daniel Rey, responsable en Barbadás da AVPC.

  • A condecoración “,coincide no ano no que a agrupación de Barbadás celebra o 25 aniversario, efeméride pola que se está a proxectar unha xornada de celebración”, indica Rey.

  • Para os/as membros do grupo esta entrega supón un recoñecemento ao traballo diario que desenvolve o colectivo durante 24 horas, 365 días,e tamén para aqueles/as antigos/as responsables e voluntarios/as que pasaron pola AVPC dende a súa fundación o 20 de xuño de 1994”, destaca Daniel Rey.

  • Na actualidade o colectivo conta con un número oscilante de entre 20 e 25 persoas e garante a presenza de alomenos 2 persoas de garda presencial en base as 24 horas do día.

  • As actividades preventivas centran boa parte do esforzo da agrupación, ademais das de carácter formativo e a atención ás emerxencias.

  • Sen embargo, nos últimos tempos “o groso do traballo actual concéntrase na retirada de niños de vespa velutina”, comenta Daniel Rey.

Medio ambiente, Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1576346083

CONTENT.1576346083

CONTENT.1576346083

21/10/2019

Día da Biblioteca

O xoves 24 de outubro a Biblioteca Municipal de Barbadás, celebra o DÍA DA BIBLIOTECA.

Contaremos coa presencia de Sabela Gago para dinamizar aos alumn@s  de terceiro de Primaria do Colexio Filomena Dato que nos visitarán á Biblioteca.

ACTIVIDADE—-Dicionario disparatado.

Realización dun dicionario de palabras inventadas a partir da palabra BIBLIOTECA.

OBXECTIVOS—Utilización dos dicionarios no espazo da biblioteca

Escrita creativa

Realizar un libro en grupo

Celebrar o día das bibliotecas

Recoñecemento do espazo que ocupan os dicionarios dentro da biblioteca.

Xogos coa palabra BIBLIOTECA (número de sílabas, de consonantes e vocais, acentuación e tildes).

Inventar unha palabra nova combinando as consonantes e as vocais de dita palabra. Buscarlle un significado imaxinario, consultando os dicionarios e intentando imitar a linguaxe que empregan. Podería ser unha comida, un pais, un animal, unha medicina….

Cada rapaz inventa a súa palabra e nun folio a escribe, xunto co seu significado e fai o debuxo correspondente.

Xúntanse todas as palabras inventadas nun “Dicionario Fantástico” que os rapaces levan para a aula.

Organiza: Biblioteca Municipal de Barbadás.

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1576346083

CONTENT.1576346083

17/10/2019

Exposición “Idioma de muller”

Dende o 14 ao 31 de outubro, a Biblioteca Municipal celebra conxuntamente coa Biblioteca Nacional de España o DÍA DAS ESCRITORAS

cunha exposición titulada “IDIOMA DE MULLER”

“Idioma de muller” quere dar visibilidade  a un referente de escritoras españolas, dun modo atractivo:

–        móbiles con fotos e obras

–        perchas das que colgan libros

–        abanico/muestrario con frases das autoras, con mención ao tema proposto: “mulleres, amor e liberdade”

–        serie de caixas de cartón que mostran escritos a man.

–        completan a mostra unhos paneis con debuxos sobre textos, que concretizan a laboura da escritora: escribir-deixar a súa pegada-legado (libros).

Cultura, Eventos

CONTENT.1576346083

CONTENT.1576346083

17/10/2019

Entrega de diplomas do curso de Carretilleiro/a

Durante os pasados días, dende o 7 de outubro e ata o 11 de outubro, levouse a cabo nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás, un curso de Carretilleiro/a organizado pola Concellería de Promoción Económica. Durante 25 horas os/as participantes formáronse na manipulación de medios mecánicos e practicaron nas instalacións o manexo das carretillas elevadoras.

Posteriormente realizaron prácticas en empresas durante outras 20 horas, para seguir avanzando e perfeccionando o uso destas.

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1576346083

CONTENT.1576346083

16/10/2019

Aula Municipal de Teatro

Aberta inscrición na Aula Municipal de Teatro de Barbadás ata o 23 de outubro.

Máis información na Casa da Cultura.

Cultura, Cursos

CONTENT.1576346083

15/10/2019

Festival Infantil

O sábado 19 de outubro ás 18:30h celebramos no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás o VII FESTIVAL INFANTIL.

Participan:

Coraliña Cantora de Trives:

Coro de 24 nenos e nenas que tivo a súa orixe a principios do ano 2009 no CEIP Manuel Bermúdez Couso e apadrinados polo Orfeón Trivés. Realizou numerosas actuacións por toda Galicia (Cedeira, Manzaneda, Vilamartín de Valdeorras, Ourense, Lalín, Baio) de diferente temática (panxoliñas, concertos benéficos, festivais de FECOGA, Unicef). O coro interpreta composicións a dúas e tres voces, en varios idiomas e culturas de todo o mundo. A dirección do coro é realizada por Sandra González Vega, profesora de piano e linguaxe musical na Escola de Música do Concelo e directora do Orfeón Trivés e a parte musical do coro é realizada por Manuel Vila Simón.

Coro da Escola de Música de Barbadás:

Coro de 18 nenos e nenas que tivo a súa orixe no ano 2012 como actividade artística dentro da Escola de Música. Realizou diversas actuacións para o Concello de Barbadás (panxoliñas, Festival Infantil de Auria Canta,  Festival Acá e Acolá, Día das Letras Galegas, Fin de curso) , en Ourense (Certame de panxoliñas, inauguración do Belén de Baltar,  espectáculos musicais no Teatro Principal e no Auditorio, no Ourencanto con Josu Elberdin), e Galicia (Lalín, Barro, Bentraces, Loiro, Moreiras, Barbadás) e participou na grabación do libro musicado ” En Cabárceno se sigue cantando” de Susa Herrera. O repertorio do coro abrangue diferentes estilos musicais en diferentes idiomas e acompañadas con algunas coreografías. A dirección é realizada por Ruth González Gómez, profesora de frauta traveseira e linguaxe musical na Escola de Música de Barbadás, na Escola de Música de Sober, e na Academia Kontrapunto, e tamén directora da Coral Auria Canta e o Coro Berea (Sober). O acompañamento de piano é realizado por Marta Blanco Pascual, profesora de piano da Escola de Música.

Nova Fronteira & Cartelle:

Innovadora banda de gaitas e percusión nacida no 1998 que realiza actuacións como banda de gaitas ou interpretando espectáculos con máis de 50 artistas e onde participan cunha gran variedade de instrumentos como violíns, baixos, metais, acordeón, batería…contribuindo a facer uns concertos cun toque persoal e característico. A súa indumentaria está baseada en traxes da corte do Reino de Galicia do século XIV combinado con elementos modernos. Compiten na Liga Galega de Bandas de Gaitas, sendo moi laureada polo público pola súa montaxe e repertorio propio e innovador, quedando nos primeiros postos da máxima categoría (dous títulos de liga no 1999 e no 2010). Teñen dous discos editados onde foron pioneiros na fusión de gaitas con instrumentos clásicos ou artistas como María do Ceo.  Percorreu Galicia, España e Europa coas súas xiras (Portugal, República Checa, Hungría, Rumanía, Francia, Inglaterra, Escocia, Irlanda, Luxemburgo, Suiza, Italia, Bélxica e Corea do Sur). Está dirixida por Pablo Martínez e acompañado por Beatriz Fernández como mestra de percusión. 

Entrada libre ata completar aforo.

Organiza: Coral Auria Canta co Patrocinio do Concello de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1576346083

11/10/2019

Programa FórmaTe: Curso de pintura ó óleo

A Concellería de Promoción Económica e Formación dentro do Programa FórmaTe, pon en marcha un Curso de pintura ó óleo.

Será dende o martes 22 de outubro de 2019 e ata o xoves 28 de maio de 2020.

Haberá dous grupos, un será os martes de 10:00 a 12:00 horas, e outro os xoves de 17:00 a 19:00 horas.

Data Adxuntos
11/10/2019 Ficha inscrición curso pintura PDF [486 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1576346083

10/10/2019

Curso de Teleoperador/a

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación dentro do “Plan formativo para o 4º trimestre de 2019”, pon en marcha o “Curso de Teleoperador/a”

Esta acción formativa  terá lugar nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo do luns 18 de novembro ata o venres 29 de novembro, en horario de 9:30h a 13:30 h, con unha duración total de 40 horas teóricas, e con posterioridade realizaranse prácticas voluntarias en diferentes establecementos durante 20 horas.

Este curso é gratuito e terán preferencia para a realización do mesmo os/as desempregados/as do Concello de Barbadás.

Xunto coa ficha de inscrición  hai que aportar fotocopia da tarxeta de demanda de emprego e  currículum.

Data Adxuntos
10/10/2019 Ficha inscrición Curso Teleoperador PDF [477 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1576346083

09/10/2019

Entrega de premios aos/ás gañadores/as do “Barbadás a bocados”

“ARUME DO SAVIO” E “A PEDREIRA”: PINCHOS GANADORES VOTADOS COMA OS MELLORES POLO PÚBLICO PARTICIPANTE NO “BARBADÁS A BOCADOS”

O premio do xurado profesional recibirono “Torrada sifrina” e “Bacaburra”

O accésit a mellor pincho doce recibiuno “lemon&fruit”, mentras que o accésit ao mellor petisco sen glute foi para “cup con bacallau e manto de Arzúa

Durante o “Barbadás a bocados” servíronse 6.800 petiscos, unha cifra que supón un acicate de cara á 5ª edición

  • A entrega dos premios aos mellores pinchos de “Barbadás a bocados” tivo lugar hoxe mércores ao mediodía coa presenza de representantes dos patrocinadores (ABanca, Estrella Galicia, Marra gatronomía, entre outros) e das autoridades municipais: o alcalde, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Comercio, Marga Pérez.

 

  • A votación popular elixiu o petisco da Cova do Savio: “o arume do savio” e o segundo premio recibiuno o pincho do establecemento A Pedreira.

 

  • O xurado profesional (chefs profesionais da asociación de cociñeiros/as de Ourense, “Cociña galega”) decidiu que os mellores pinchos eran “Torrada sifrina”, do establecemento D´Morrofino Taberna Galega e “Bacaburra”, do Bar Parque Patos.

 

  • Este mediodía foron entregados tamén no salón de plenos do Concello de Barbadás 2 accesits: unha para o pincho doce de La Ibense e outro para o mellor petisco sen glute, que foi recibido por a cafetería Solaina.

 

  • O rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, afirmou que este tipo de eventos pretenden “motivar aos/ás hosteleiros/as a seguir participando porque son eles e elas os que obteñen un maior rendemento a nivel de visibilidade non só durante o concurso de pinchos, senón durante todo o ano”.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Comercio, falou da importancia de que os hosteleiros/as se impliquen nun evento que beneficia os intereses e a imaxe do municipio”. Pérez incidiu tamén no apoio que prestan os patrocinadores e a importante labor dos profesionais que participaron nas catas, no obradoiro infantil e o xurado profesional.

 

  • A edil de Comercio informou de que durante o concurso de pinchos “servíronse 6.800 petiscos, unha cifra que demostra que o eveo foi un éxito e un acicate para seguir traballando de cara á 5ª edición”.

 

  • O chef Miguel González, de “Cociña Galega”, comentou que “Barbadás a bocados” supón un referente para dar visibilidade ao locais e para que Barbadás se convirta nun lugar para ir a tapear”.

 

  • Na recollida de premios estiveron o primeiro galardoado polo público, Santiago Castro (Cova do savio), o segundo premiado na votación popular, David Salgado (A Pedreira).

 

  • Respecto aos premios outorgados polo xurado profesional, na entrega estiveron Luis Miguel Redondo (D´Morrofino Taberna Galega), que foi o primeiro galardoado e os representantes do segundo premio: Victor Rojo e Susana Doval (Bar Parque Patos).

 

  • Tamén recibiron o accésit ao mellor pincho sen glute Herminda Sanz (Solaina) e a galardoada ao mellor pincho doce, Lola Magariños (La Ibense).

     

 

 

Comercio, Novas

CONTENT.1576346083

CONTENT.1576346083

07/10/2019

Actuación da Aula Xuvenil da Escola Municipal de Teatro

O Venres 11 de outubro a Aula Xuvenil da Escola Municipal de Teatro estrea a obra A PRIMEIRA VEZ, será ás 20h. no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás.

A PRIMEIRA VEZ

Narra as primeiras experiencias que viven os nosos mozos e mozas nun mundo “novo” para eles, achegándoos paso a paso ás vivencias dos adultos, pero coa mirada limpa da xuventude.

A Primeira Vez é unha sucesión de acontecementos reais aos que a xuventude se enfrenta e que irán forxando as súas realidades fronte á vida.

Un teatro fresco, cheo de emocións e sentimentos.

Entrada con invitación (Recollida de invitacións na Casa da Cultura) ata completar aforo.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1576346083

CONTENT.1576346083

CONTENT.1576346083

CONTENT.1576346083

02/10/2019

II Romaría Feminista de Barbadás: presentación

LELÍA, BANDA DA LOBA E BAMBINA ACTUARÁN NA SEGUNDA EDICIÓN DA ROMARÍA FEMINISTA QUE SE CCELEBRARÁ O 5 DE OUTUBRO

Mesas de debate, postos na rúa, espazo infantil, food trucks e espazos para xantar/cear compoñen o programa da festa do feminismo en Barbadás

O día 4 de outubro ábrese a Romaría Feminista coa apertura de postos de comida na rúa e a actuación de “Carolina Rubirosa Band” e Paula Do Campo.

O espazo no que se desenrolará a festa feminista será na zona do pavillón da Valenzá e no parque dos Carrís, ao carón do río dos Muíños

  • “Achegar o feminismo a todas as mulleres, creando espazos nos que estean representadas por diferentes mulleres do eido político, económico, cultural e/ou social” é o principal obxectivo da segunda edición da Romaría Feminista de Barbadás, sinala Elisabet González Nistal, concelleira de Igualdade.

 

  • A romaría pretende nesta segunda edición tanto nas mesas de debate coma nas actividades e nas actuacións musicais “centrarse na sororidade coma ferramenta feminista”, apunta González Nistal.

 

  • O lema “Xuntas camiñamos” é o eixo para facer fincapé no que a feminista mexicana Marcela Lagarde chama “pacto político entre mulleres”.

 

  • As mesas de debate abordarán as diferentes formas de violencia contra as mulleres, “tratando específicamente a violencia sexual e a cultura da violación, as políticas públicas nesta Cuarta Ola e tamén sobre o activismo feminista nas redes sociais”, destaca a concelleira de Igualdade de Barbadás.

 

  • Este mediodía fíxose a presentación da segunda edición da Romaría coa presenza de responsables municipais: o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal. Tamén estiveron traballadoras do Centro de Información á Muller de Barbadás e representantes de postos na rúa: Eva Muñoz, coach educativo e representante do instituto Ferro Couselo que traballou durante varios cursos co alumnado en actividades transversais vinculados á muller, e Marisa Varela, da asociación La Can.

 

  • O día 4 de outubro será o prólogo da Romaría coa presenza na zona de fook trucks e a actuación a partir das 21,00 horas de Carolina Rubirosa Band e Paula Do Campo.

 

  • O día 5 de outubro o grupo de pandereteiras de Piñor “Euquechesei” protagonizarán a actuación de apertura da Romaría ás 10,50 horas da mañá.

 

  • A Continuación a primeira mesa de debate está prevista para as 11,00 horas baixo o título “Movemento feminista nas políticas públicas”. Nesta mesa intervirán Pilar Cancela, presidenta da Comisión de Seguemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, María del Consuelo Vispo, deputada e portavoz do PP en Barbadás, Zaida Rodríguez, Secretaria provincial de Igualdade do PSdeG, Cristina Cid, alcaldesa de Allariz e moderadora e Noa Presas.

 

  • Ao mediodía (12,30 horas) está previsto un recital de poesía protagonizado por Irma Ruth del Ángel, ddo Círculo Poético de Ourense.

 

  • Ás 13,00 horas comezará a segunda mesa de debate titulada a muller no deporte coa participación de Marta Bobo (primeira olímpica española e galega de ximnasia rítmica), Lorena Novas (árbitra de primeira división feminina de España), Carmen Cid “Witch” (atleta do Clube Box 001 Rumaniak), Mercé Barrientos (presidenta da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas, MUDEGA) e Silvia Vieito (moderadora, de Xornalistas Galegas).

 

  • Pola tarde a partir das 17,00 horas está prevista a mesa centrada en torno ao “Activismo feminista nas redes” coa presenza de Towanda Rebels (iutubers feministas), Feminista Ilustrada (ilustradora e educadora visual feminista), Daniela Fernández (AMIZANDO, Asociación LGTBI Galega) e Laura Seara (moderadora e Ex_Secretaria de Estado de Igualdade. Avogada e consultora de xénero).

 

  • Ás 19,00 horas actuará a charanga “O son da Lila”.

 

  • As actuacións musicais comezarán ás 21,00 horas coa presenza no escenario de “A banda da Loba”, “Leilía” e “Bambina”.

 

  • O alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, asegurou que é fundamental “eguir con esta liña de traballo dende o concello para promocionar e visibilizar os dereitos das mulleres, tendo en conta que estamos nun momento no que existe unha ideoloxía que pretende desprezar e minusvalorar a problemática da muller. Por esa razón é máis importante darlle relevancia a este evento”.

 

  • Eva Muñoz, coach educativo, explica que la instalación de un puesto supone “dar ese pequeño pasito que podemos dar. En el stand con el que estaré en la romería figurarán trabajos realizados por jóvenes del instituto Ferro Couselo que han estado más de 2 años en la temática de la igualdad”.

 

  • Marisa Varela, de la asociación canina La Can, indica que este colectivo desenrola un proxecto para coidar as mascotas de mulleres vítimas de violencia de xénero porque cando se van a casas de acollida non poder levar ás súas mascotas. Facémonos cargo deses animais ata que esa muller volve á súa vida habitual”.

Igualdade, Novas

CONTENT.1576346083

CONTENT.1576346083

29/11/2019

Menú do mes de decembro de 6-24 meses da Escola Infantil Municipal

Menú do mes de decembro 6-24 meses da Escola Infantil Municipal

29/11/2019

Menú de decembro de 2-3 anos da Escola Infantil Municipal

Menú do mes de decembro de 2-3 anos

06/11/2019

Menú mes de novembro de 6-24 meses da Escola Infantil Municipal

Menú novembro de 6-24 meses da Escola Infantil

CONTENT.1576346083

29/11/2019

Menú do mes de decembro de 6-24 meses da Escola Infantil Municipal

Menú do mes de decembro 6-24 meses da Escola Infantil Municipal

29/11/2019

Menú de decembro de 2-3 anos da Escola Infantil Municipal

Menú do mes de decembro de 2-3 anos

06/11/2019

Menú mes de novembro de 6-24 meses da Escola Infantil Municipal

Menú novembro de 6-24 meses da Escola Infantil

CONTENT.1576346083

01/10/2019

CARNÉS DE AUTOBÚS PARA ESTUDANTES DE BACHARELATO

OS ESTUDANTES DE BACHARELATO QUE UTILIZAN O AUTOBÚS CONTRATADO POLO CONCELLO PARA PRESETAR ESTE SERVIZO PODEN SOLICITAR OS CARNÉS NAS OFICINAS MUNICIPAIS DA VALENZÁ ATA O DÍA 15 DE OUTUBRO

  • As persoas que utilicen o servizo de transporte de bacharelato aos centros Ferro Couselo e Universidade Laboral poden solicitar os carnés nas oficinas municipais.

 

  • O prezo para cada unha das quincenas de setembro e xuño é de 10 euros.

 

  • O prezo para os meses de outubro a maio será de 20 euros.

 

  • A principal novidade para este curso escolar consistirá en que os carnés formalizaranse con fotografía, polo que é necesario que acudan ás oficinas municipais para entregar a foto e poder tramitar o carné.

 

  • Para calquera dúbida ou aclaración poden plantexala na seguinte dirección de e-mail: concello@barbadas.es

Educación/Formación, Novas, Transporte

CONTENT.1576346083