Arquivo mensual: Novembro 2019

29/11/2019

Inscrición no concurso de decoración de Nadal en balcóns e ventás

O CONCELLO DE BARBADÁS ABRIU O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO CONCURSO DE DECORACIÓN DE BALCÓNS E VENTÁS

Esta iniciativa ten como finalidade amosar as obras anónimas de decoración que realizan os/as veciños/as coincidindo coas datas de Nadal

  • O prazo de inscrición para participar no concurso de decoración de balcóns e ventas xa está aberto e finaliza o 13 de decembro.
  • Os impresos para inscribirse poderán obterse no Concello de Barbadás, nas oficinas municipais da Valenzá ou a través da páxina web do Concello (barbadas.es).
  • A presentación dos impresos para participar poderán presentarse na casa consistorial, nas oficicinas municipais da Valenzá ou a través da sede electrónica.
  • O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal e haberá total liberdade en técnica e estilo.
  • Esta iniciativa está promovida pola Concellería de Comercio.
  • Os criterios de valoración serán os seguintes: creatividade, orixinalidade, combinación de elementos e cores, iluminación e composición e motivos empregados para decorar.
  • O concurso de decoración de balcóns e ventas está dirixido a veciños e veciñas do concello de Barbadás que teñan vivendas con balcóns e ventas que poidan ser decorados, explica Marga Pérez, a concelleira de Comercio.
  • Na ficha de inscrición será preciso formalizar a participación no concurso e enviar unha foto do balcón ou ventá ó enderezo electrónico cet@barbadás.es ata o día 13 de decembro.
  • No envío da foto á mencionada dirección de email hai que facer constar no asunto do correo electrónico: participación concurso de balcóns e ventas, así coma o nome da persoa participante.
  • Respecto ao sistema de votación, na webdo Concello de Barbadás (barbadas.es) habilitarase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente entre os días 14 e 22 de decembro.
  • Unha vez que se coñeza o/a gañador/a do concurso, comunicaráselle formalmente e ademais publicarase na web do Concello.
  • Establecese un primer premio por valor de 100 euros e un segundo premio de 50 euros.
  • A entrega de premios será o 23 de decembro.

Comercio, Novas

CONTENT.1713859754

29/11/2019

Menú do mes de decembro de 6-24 meses da Escola Infantil Municipal

Menú do mes de decembro 6-24 meses da Escola Infantil Municipal

Achégase o menú do mes de decembro  de 6-24 meses

Data Adxuntos
29/11/2019 MENÚ DE 6-24 MESES PDF [67 KB]

Escola infantil, Novas

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1713859754

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1713859754

CONTENT.1713859754

CONTENT.1713859754

CONTENT.1713859754

26/11/2019

TANXARINA TÍTERES na Casa da Cultura

O venres 29 de Novembro, ás 19h. actuación do grupo TÍTERES TANXARINA que nos presenta a obra “A GALIÑA AZUL”

Sinopse

“Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de cores. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades.” 

A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, destinado ao público infantil e familiar, no que empregamos diversas técnicas de manipulación de bonecos e traballo actoral.

O texto de Carlos Casares, pedra angular da literatura infantil galega, cobra nova vida neste espectáculo que recolle catro contos do orixinal do autor, nunha diivertida adaptación.

Teatro Infantil e familiar.

Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida de invitacións na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1713859754

CONTENT.1713859754

25/11/2019

Programa educativo internacional do IES Ferro Couselo con Polonia e Turquía

CENTROS DE SECUNDARIA DE POLONIA E TURQUÍA PARTICIPAN NUN PROGRAMA INTERNACIONAL CO IES FERRO COUSELO

“Adeus bullying, ola amigo” é o título do proxecto internacional que pretende previr e erradicar o acoso escolar

  • O instituto Ferro Couselo, centro de ensino secundario a onde acuden maioritariamente alumnado do municipiuo de Barbadás participa nun proxecto internacional bianual no que están involucrados centros de España, Turquia e Polonia.

 

  • Trátase de unha iniciativa que ademais de favorecer o intercambio entre os 3 países preténdese crear un equipo de mediación que xogará un papel importante e destacado neste proxecto, porque é precisamente a prevención a chave para atallar o acoso escolar.

 

  • O Concello de Barbadás ofreceu esta mañá unha recepción ao alumnado de Turquía e Polonia que durante unha semana compartirá experiencias coas familias de estudantes do IES Ferro Couselo.

 

  • No acto de recepción estiveron a tenente alcalde, Victoria Morenza, a concelleira de Educación, Marga Pérez, e a secretaria municipal, Silvia Alonso.

 

  • A rececpción puxo de manifesto “a implicación e o traballo desenrolado polo profesorado e os/as profesionais  implicados neste interesante proxecto de erradicación do “bullying”, sinalou Victoria Morenza, tenente alcalde.

 

  • Morenza comentou que “dende o Concello de Barbadás agardamos que a vosa estancia nos fogares das diferentes familias que participan neste proxecto sexa interesante e que contribúa ao coñecemento da cultura e da idiosincrasia galegas”.

 

  • Os obxectivos do proxecto “Mediación Escolar 2019-2020” son fomentar as relacións respectuosas entre o alumnado cos diferentes membros da comunidade educativa, dotar ao alumnado de ferramentas e habilidades que serán claves para o seu desenvolvemento como adultos/as, educar co exemplo do erro coma ferramenta de aprendizaxe ou previr, evitar e detectar a tempo condutas especialmente perigosas (acso, ciberacoso, etc).

 

  • O acto de recepción incluiu o intercambio entre os participantes de agasallos protocolarios.

 

  • A continuación profesorado, membros do goberno e alumnado visitaron o Museo da Gaita de Fole, onde coñeceron polo miúdo a historia da gaita e o funcionamento deste instrumento típico de Galicia da man de Xoán Manoel Xil Páxaro, director da Escola de Música de Barbadás.

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1713859754

25/11/2019

Barbadás en negro contra a violencia de xénero

CONCENTRACIÓN NA CASA DO CONCELLO DE BARBADÁS PARA CONMEMORAR O 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os/as asistentes gardaron un minuto de silencio na honra da última vítima de hoxe en Tenerife

Manifesto 25 de novembro de 2019

En Negro Contra as Violencias 

 

O Concello de Barbadás, xunto a outros 125 concellos, milleiros de establecementos, empresas e colectivos que están a tinguir Galicia, unímonos a esta acción social contra as violencias machistas para manifestar a máis absoluta repulsa ante todo tipo de violencias contra as mulleres, e de xeito máis enérxico, a súa consecuencia máis extrema, os feminicidios. 

 

Este ano –segundo datos oficiais–  foron asasinadas 51 mulleres en España, sen contar as asasinadas por estar ao lado da vítima, por ser irmá, filla ou nai. No caso de Galicia o contador xa suma cinco. Cinco mulleres foron asasinadas a mans de homes dos que pretendían afastarse: Maria José, Sandra, Alba e María Elena en Valga e Mari Carmen en Vilalba. A rabia e o desconsolo fainos seguir avanzando nesta andaina, e empúrranos a vestir de negro como símbolo de loito, pero tamén de loita.

 

Sabemos que o feminicidio é a última e máis extrema das violencias machistas,  pero hai moitas máis, expresadas de diferentes e diversas formas, que rodean e perseguen ás mulleres.  Nos últimos meses, atopámonos coa dobre agresión que sofren as mulleres vítimas de violacións en grupo e con sentenzas que subestiman a situación de indefensión ante os agresores; asemade, miles de mulleres en situación de violencia de xénero que deciden denunciar, sofren de xeito sistemático todo un proceso de violencia institucional que fai que desconfíen do sistema, que non se sintan amparadas e protexidas por el, e que ao fin as revitimiza, dificultando a súa recuperación . 

 

Para afrontar todas estas violencias, é preciso recoñecer as graves fendas de xénero existentes no ámbito social, económico, cultural;  cómpre atallar as causas estruturais e sociais que sustentan estas desigualdades a través de políticas reais para a promoción da igualdade e a prevención das violencias, contemplar recursos humanos e económicos para o seu correcto desenvolvemento, no ámbito da educación, da xustiza, dos coidados… por iso, este ano, queremos precisamente incidir na prevención, facendo o chamamento de CONTRA AS VIOLENCIAS, EDUCACIÓN!

 

Por iso, no Concello de Barbadás dende a Área de Igualdade,a través do CIM,  apostamos por desenvolver actividades educativas para crianzas onde o eixo fundamental é a perspectiva de xénero; soamente dende unha  educación en igualdade que inclúa todos os niveis educativos, poderase construír unha sociedade feminista, que rache coa actual estrutura patriarcal.

 

Tamén queremos denunciar a complicidade de quen acubilla e silencia estas violencias, porque quen actúa con complicidade e mirando para outro lado, tamén é culpable!

 

Desde o Concello de Barbadás queremos reiterar neste 25 de novembro, o noso compromiso na loita pola erradicación das violencias contra as mulleres e combatelas con todos os recursos ao noso alcance, e incluír a todas e a todos nesta loita, axentes sociais, institucións, cidadanía, medios de comunicación… recoñecendo a importancia do papel das entidades locais, en tanto, poderes públicos próximos ás realidades que viven as mulleres e as crianzas.

Xuntas, en rede, será máis doado seguir!

 

Novembro 2019

Igualdade, Novas

CONTENT.1713859754

CONTENT.1713859754

25/11/2019

I Concurso de decoración de balcóns de nadal

A concellería de Comercio pon en marcha o I Concurso de decoración de balcón e ventás de Nadal 2019.

Esta campaña ten como finalidade, amosar as obras anónimas de decoración que realizan os veciños/as do Concello, coincidindo coas datas de Nadal, en ningún momento ten finalidade comercial.

Poderán participar todos os veciños/as do Concello de Barbadás, que teñan vivendas con balcóns e ventás que poidan ser decorados.

O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo.

Os impresos debidamente cumprimentados presentaranse por rexistro, no Concello de Barbadás, na Oficina Municipal de A Valenzá, ou a través da Sede Electrónica  dende o 25 de novembro ata o 13 de decembro de 2019 (ambos incluídos)

Establécense os seguintes premios:

1º premio por importe de 100 €

2º premio por importe de 50 €

Data Adxuntos
25/11/2019 Ficha inscrición BALCÓNS NADAL 2019 PDF [371 KB]
25/11/2019 Bases concurso Balcóns Nadal 2019 PDF [168 KB]

Eventos

CONTENT.1713859754

25/11/2019

CHOLA A IT GIRL

O mércores 27 de Novembro ás 20h. no Auditorio Municipal Manuel María de Barbadás, actuación do grupo ArtesaCía Transmedia que nos vai a representar a obra “Chola a it Girl” 

Unha A IT GIRL Rectificada, Blogueira, Youtuber, Mecánica de coches, Pesca, Cociña, Traballa no campo….. e é Piloto de rallies.

Debido á repercusión mediática que Chola ten coa súa canle de youtube é contratada
por un teatro para realizar o seu primeiro titorial en directo, no que revelará en 10
sinxelos pasos como converterse nunha verdadeira It girl rectificada: o rural e o
auténtico tamén poden ser tendencia. Pero unha inesperada chamada telefónica
durante o espectáculo desencadeará un conflito para Chola, no que terá que confesar
a súa faceta tanatoestética máis oculta, evidenciando a súa imperfección e humanidade, adxectivos nos que radica o seu éxito.

Espectáculo teatral recomendado a partir dos 12 anos en adiante.

Entrada libre con invitación (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: CIM (Centro de Información á Muller ) e colabora Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1713859754

25/11/2019

Axudas para a mellora da rede pública de escolas infantils

Axudas para a mellora da rede pública de escolas infantis

Achégase  informacion relativa á  mellora da rede pública das Escolas Infantis financiada pola Xunta de Galicia e pola UE Programa Operativo FEDER Galicia 2014/2020.

Data Adxuntos
25/11/2019 MELLORAS DA ESCOLA INFANTIL PDF [169 KB]

Novas

CONTENT.1713859754

20/11/2019

6ª edición do RallyMix de Barbadás

10.000 AFECCIONADOS CONTEMPLARÁN AS DIFERENTES PROBAS DO RALLYMIX DE BARBADÁS

A 6ª edición do rally de Barbadás contará con unha participación superior respecto a edicións anteriores

A participación de pilotos de outros países pretende abrir esta cita coa automovilismo ao ámbito internacional

  • A sexta edición do RallyMix de Barbadás ten previsto un incremento de participación. Na última edición foron arredor e 60 os/as participantes, mentras que en 2019 a previsión é a de chegar ata os/as 75 pilotos.

 

  • Unha das novidades da edición de 2019 é a retransmisión en directo da clasificación dos/as pilotos e dos resultados.

 

  • No apartado de seguridade a coordinación correrá a cargo de un director médico e habilitanrase na zona de 2 ambulancias.

 

  • Está previsto tamén un dispositivo especial de Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil.

 

  • A 6ª edición conta co patrocinio da Dirección Xeral para o Deporte, a Deputación de Ourense e o Concello de Barbadás.

 

  • O presidente da Escudería Barbadás, Juan Carlos Villanueva: Marabú, agradeceu hoxe ao mediodía na rolda de prensa de presentación do “rally” o apoio das institucións e das empresas patrocinadoras.

 

  • Villanueva apelou a que se respecten as normas de seguridade previstas para o RallyMix e destacou a figura de Gonzalo Belay, o homenaxeado nesta edición do evento deportivo.

 

  • Iván Corral, presidente da Federación Galega de Automobilismo, destacou a importancia do RallyMix de Barbadás e o feito de que se reúnan en Barbadás un nutrido grupo de afeccionados en un intenso fin de semana, “onde deporte e gastronomía irán da man”.

 

  • Corral falou da presencia de pilotos de outros países: un inglés, un rumano e un polaco, que “non só aportarán experiencia, senón que tamén imprimirán ao rally de Barbadás unha impronta de carácter internacional”.

 

  • Dende a organización do evento deportivo invitaron a afeccionados non só de Galicia, senón tamén do norte de Portugal, Asturias e Castela-León.

 

  • O RallyMix de Barbadás desenrolarase os días 23 e 24 de novembro. O sábado día 23 a partir das 9 da mañá produciranse as verificacións e ás 12 do mediodía terá lugar a primeira proba automovilística.

 

  • Ao acto de presentación da 6ª edición do RallyMix asistiron, ademais do presidente da Federación Galega, Iván Corral, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Marabú, presidente da Escudería Barbadás, Bernardino González, en representación da Deputación, Manuel Pérez, xefe de servizo da Secretaría Xeral para o Deporte en Ourense, José Manuel, en nome de Consultores Barreiros, e representantes da Garda Civil de Tráfico.

 

  • O RallyMix de Barbadás contará con un total de 21 puntos de control ao longo deun percorrido de 6,7 quilómetros.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, indicou que o Concello colabora a través de diversos ámbitos, entre eles a retransmisión en directo do rally a través da canle “Siradio”, onde dende hai semanas se está anunciando e publicitando o evento.

 

  • Para unha correcta comunicación co público asistente, habilitarase “un equipo móbil de megafonía instalado en un vehículo correctamente identificado, que estará en funcionamento durante toda a carreira e efectuará un percorrido antes de cada pasada, avisando do inicio da mesma”, explicou Abel Cortés, concelleiro de Deportes de Barbadás.

 

  • Vehículos que participarán non RallyMix: vehículos de montaña, de autocross, os quad biplaza ou os carcross, entre outros.

Deportes, Eventos, Novas

CONTENT.1713859754

20/11/2019

SILVARDEIRAS TEATRO na Casa da Cultura

Este sábado 23 de Novembro, ás 19:30h. no Auditorio Manuel María, actuación do grupo de Allariz, SILVARDEIRAS TEATRO que nos presentan a obra “Cando Valentina era mala” dentro da programación do 25N contra a Violencia das mulleres.

Sinopse:
Xogo teatral baseado no comenzo da historia de Valentina da novela de Inma López titulada “Aqueles días en que eramos malas”. Todo vai tecido con poemas de Miguel Hernández e outros poetas e poetisas da nosa lírica actual.

Teatro recomendado a partir dos 12 anos en adiante.

Entrada libre con invitación (Recollida de invitacións na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura e CIM (Centro de Información á muller) do Concello de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1713859754

18/11/2019

Chéspir Teatro no Auditorio de Barbadás

O venres 22 de Novembro ás 20h. no Auditorio Municipal, actuación do grupo ourensán CHÉSPIR TEATRO coa obra “tres”

Sinopse
Rosa, Cristina e Laura levan moitos anos sen verse desde que remataron o instituto. Esta noite atoparánse e intentarán solucionar a soidade e as frustacións que senten.

Teatro Recomendado para maiores de 13 anos en adiante.

Entra libre con invitación (Recollida de invitacións na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1713859754

CONTENT.1713859754

15/11/2019

Concurso de Escaparates de Nadal

Concurso escaparates noticia

A Concellería de Comercio un ano máis pon en marcha o Concurso de escaparates de Nadal.

Poderán participar todos os establecementos comerciais e tamén os establecementos hostaleiros.

O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo. Valorarase a creatividade, orixinalidade, combinación de elementos e cores, iluminación e composición.

No caso dos establecementos hostaleiros que non dispoñen de escaparate, valorarase a decoración interior.

Data límite para inscribirse é o 22 de novembro de 2019.

Establécense os seguintes premios:

Un premio ao mellor escaparate de establecemento comercial de 250€.

Un premio ao mellor escaparate de establecemento de hostalería de 250€.

Data Adxuntos
15/11/2019 Ficha inscrición ESCAPARATES 2019 PDF [371 KB]
15/11/2019 Bases concurso escaparates 2019 PDF [237 KB]

Comercio, Eventos

CONTENT.1713859754

CONTENT.1713859754

CONTENT.1713859754

13/11/2019

Programación lúdica e didáctica do Centro de Información á Muller para conmemorar o 25 de novembro

ESPECTÁCULOS INFANTÍS E XUV ENÍS, TEATRO E OBRADOIROS NOS CENTROS DE ENSINO FORMAN PARTE DA PROGRAMACIÓN DO CONCELLO DE BARBADÁS EN TORNO Á VIOLENCIA DE XÉNERO

As actividades lúdicas e didácticas están organizadas polo Centro de Información á Muller de Barbadás con motivo do 25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A campaña “En negro contra a violencia desenvolverase entre os días 19 e 27 de novembro

O obxectivo é promover a igualdade e previr e rexeitar a violencia de xénero

  • A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade, dende a Área de Igualdade, e con motivo do 25N – Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, organiza ao longo de todo o mes de novembro  diferentes actividades de promoción da igualdade e prevención e rexeitamento da violencia, dirixidas a toda a poboación do Concello.

 

  • O Concello de Barbadás, a través do Centro de Información á Muller (CIM), elaborou unha programación dende o 19 ao 27 de novembro levarase a cabo a campaña de “Barbadas en Negro” para visibilizar a través dos establecementos e dos centros do Concello o rexeitamento da violencia de xénero tinguindo todos os espazos de negro.

 

  • Ao longo do mes de outubro e novembro leváronse e levaranse a cabo diferentes obradoiros de promoción da igualdade e prevención da violencia nos diferentes centros de ensino de primaria e secundaria do Concello.

 

  • Estas actividades están  financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

 

  • O 19 de novembro, en dous pases, actuará Atenea García no Auditorio da Casa da Cultura, co seu espectáculo infantil “Estrafalaria” dirixido á poboación infantil dos centros de ensino do Concello.
  • O 23 de novembro ás 19:30 h. e aberto a todo o público farán Xogo teatral a compañía “Silvardeiras Teatro” coa obra “cando Valentina era mala”.

 

  • O 25 de novembro, en dous pases, actuará Pablísimo no Auditorio da Casa da Cultura, co seu espectáculo infantil “Príncipas e princesos” dirixido á poboación infantil dos centros de ensino do Concello. Actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

 

  •  Para finalizar, o 27 de novembro ás 20:00h.no Auditorio da Casa da Cultura e aberto a todo o público xuvenil e adulto Artesacía Transmedia, presentarán “Chola, a it girl”, un espectáculo divertido, orixinal e sorprendente sobre Chola, unha mécanica de coches, blogueira e youtuber galega que é contratada por un teatro para presentar o seu show escénico youtuber. Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

Igualdade, Novas

CONTENT.1713859754

12/11/2019

Curso de administración electrónica, e-administración

A Concellería de Promoción Económica e Formación a través do Programa FormaTe, pon en marcha un curso de administración electrónica onde se traballarán os seguintes contidos:

Trámites online de particulares, autónomos e pemes cás administracións públicas con distintos métodos de identificación de usuarios: DNI-e, ClavePin, Certificado electrónico

Prazas limitadas, data límite para anotarse 25 de novembro.

Data Adxuntos
12/11/2019 Ficha inscrición curso administración electrónica PDF [401 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1713859755

12/11/2019

Teatro ó Cubo en Barbadás

O próximo venres 15 de novembro, ás 19h. actuación de Teatro ó Cubo co espectáculo NUBE NUBE, SOL.

As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo
dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe.
Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, a xestualidade, o canto e a música,
Teatro ó cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.


O espectáculo está dirixido especialmente á primeira infancia (1-6 anos)

Entrada libre ata completar aforo (Recollida de invitacións na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1713859755

CONTENT.1713859755

CONTENT.1713859755

08/11/2019

O Concello de Barbadás financia a reforma da pavimentación na rúa Dámaso Montes (Barbadás pobo)

MELLORA DO PAVIMENTO NA RÚA DÁMASO MONTES DE BARBADÁS

1.- ANTECEDENTES, NECESIDADES E OBXECTIVOS:

  • A Rúa Dámaso Montes constitúe unha arteria importante na circulación de

vehículos dentro do núcleo de Barbadás.

  • Este vial constitúe unha rúa estreita pola que ademais da circulación dos vehículos transcorre o tránsito peonil dos veciños.
  • Antes da execución do proxecto de mellora presentaba un firme asfáltico

con mal estado da capa de rodadura que presentaba fochancas e bacheos que

desentonaban coas características do entorno.

  • O Concello pretende mellorar o firme da rúa e as condicións de utilización da mesma por peóns e vehículos.
  • Tamén se pretende resaltar o valor cultural rural do entorno.
  • Esta rúa atópase en zona de protección de bens catalogados, con protección

patrimonial que debe manter características específicas de integración ambiental,

cultural e harmonía co entorno circundante.

DESCRICIÓN DAS OBRAS:

  • O novo pavimento mantén as características de colorido do firme asfáltico, con acabados de formigón desactivado con acabado árido visto natural, definindo unha zona de amortiguación entre as paredes de pedra e o pavimento de formigón cunha franxa de 20 cm de adoquín de pedra de granito integrado no conxunto, buscando unha mellora da rodadura e unha aproximación as características rurais da vía.

 

ORZAMENTO:

  • O orzamento base de licitación das obras ascende a TRINTA E TRES MIL

CEN EUROS (33.100,00 €).

  • A obra foi adxudicada por un valor de 32.401,96 euros

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1713859755

08/11/2019

Listado definitivo de admitidos/as nas clases de Reforzo Escolar de Inglés ESO

Inicio das clases: mércores, día 13 de novembro, ás 18:00 horas.

Horario: Luns: 19:00 – 20:00 horas.

Mércores: 18:00  – 20:00 horas.

Lugar: Aula de Formación ( Rúa do Ensino nº5 ) .

Inicio das clases: o mércores, día 13 de novembro.

Data Adxuntos
08/11/2019 Bases reguladoras das clases de apoio de inglés para ESO e Bacharelato 2019-2020 PDF [80 KB]
08/11/2019 Solicitude para as clases de apoio para ESO e Bacharelato 19-20 PDF [71 KB]
08/11/2019 Listado admitidos-as Aula de Reforzo Escolar de Inglés ESO PDF [86 KB]

Cursos, Educación/Formación

CONTENT.1713859755

07/11/2019

Curso de Informática básica

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación, pon en marcha unha nova edición do Curso de Informática Básica, dentro do conxunto de actividades do programa FormaTe.

Será dende o 18 de novembro e ata o 29 de novembro, de 09:30 a 12:30 horas, na aula de informática da Casa da Xuventude na Solaina.

 

Data Adxuntos
07/11/2019 Ficha inscrición curso informática básica PDF [403 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1713859755

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1713859755

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1713859755

06/11/2019

Curso de Cociña de Nadal

A Concellería de Promoción Económica e Formación dentro do Programa FórmaTe, pon en marcha un Curso de cociña de Nadal.

Será os sábados 30 de novembro, 7, 14 e 21 de decembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas no Local de Fonval.

O prazo de inscrición remata o día 22 de novembro.

Data Adxuntos
06/11/2019 Ficha inscrición curso cociña nadal PDF [486 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1713859755