Arquivo mensual: Xaneiro 2020

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1711655197

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1711655197

29/01/2020

III Evento do stock e oportunidades de Barbadás

A Concellería de Comercio  abre o prazo para que os establecementos comerciais participen na terceira edición do “Evento de Stocks e oportunidades”, o prazo estará aberto ata o día 18 de febreiro de 2020.
  • Este evento está organizado polo Concello de Barbadás e pretende crear un punto de encontro onde comercios ao por menor de distintas actividades comerciais, poidan ofertar artigos de alta calidade a prezos de oportunidade para os consumidores.
  • O “Evento do stock e oportunidades” celebrarase no Polideportivo municipal, os días 7 e 8 de  de marzo,  no seguinte horario: de 11.00 a 14.00 horas  e  de 16.00  a 21.00 horas , o domingo o recinto pechará ás 20.00 horas.
  • Para participar no evento terán preferencia as empresas radicadas no Concello de Barbadás, quedando dispoñibles no caso de que houbera espazos libres para outras empresas da provincia de Ourense que rexistrasen a súa solicitude. A adxudicación neste caso farase por rigorosa orde de entrada no rexistro
Data Adxuntos
29/01/2020 Bases III evento do stock e oportunidades PDF [238 KB]
29/01/2020 Solicitude-de-inscrición-feira-outlet-2020 PDF [422 KB]

Comercio, Eventos

CONTENT.1711655197

28/01/2020

Desfile de Entroido 2020

Prazo para anotarse: 27 de xaneiro - 21 de febreiro

Ábrese o prazo para anotarse no Desfile de Entroido 2020 de Barbadás.

Prazo: entre o 27 de xaneiro e o 21 de febreiro.

As solicitudes estarán disponibles na Casa da Cultura e na páxina web www.barbadas.gal.

A inscripción realizarase na Casa da Casa da Cultura, a través de correo electrónico (casacultura@barbadas.es ) ou por teléfono: 988 246885.

Data Adxuntos
28/01/2020 Bases Entroido 2020 PDF [344 KB]
28/01/2020 Ficha de inscrición Entroido 2020 JPEG [2 MB]

Cultura, Novas

CONTENT.1711655197

27/01/2020

Actuación do TEATRO DA RAMBOIA en Barbadás

AUDITORIO MANUEL MARÍA DE BARBADÁS

O vindeiro venres 31 de Xaneiro, ás 20h. actuación do grupo TEATRO DA RAMBOIA, que nos vai representar a obra: ” O MEU MUNDO NON É DESTE REINO”

Sinopse:

Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. Carretan ás costas un enorme “tutilimundi”. A disxuntiva de abrilo convérteo nunha caixa de pandora latente. 

Contar e dar vida ao que contén, supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen. Un xeito de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Nun contexto ao que non pertencen, nun reino que non é do seu mundo.

Ábreno. As marionetas emerxen da farsa como alegorías incontrolables e esperpénticas dunha realidade pasada. A comedia ábrese paso como xerme de cambio nun xogo continuado entre o micro e macro teatro.  Ata que todo remata. Desbórdase.

 Neste Reino a inxustiza tínguese de vivas cores querendo despistar ao senso común, ao oprimido. E que ocorre co resto? Cos que lle rodean? Esvaecen nun fondo descolorido.

O MEU MUNDO NON É DESTE REINO, é unha adaptación da “Farsa de Bululú” de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.

Evento: Teatro, recomendado a partir dos 12 anos en adiante.

Entrada con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1711655197

25/01/2020

Cea de Comadres en Barbadás o venres 21 de febreiro

O ENTROIDO DE BARBADÁS INCLÚE NA PROGRAMACIÓN FESTIVA O VENRES DE COMADRES

A “Cea de Comadres” será o 21 de febreiro ás 21,00 horas no local de Fonval

  • O Entroido de Barbadás suma unha nova actividade festiva na edición do ano 2020: a “Cea de Comadres”.

 

  • A incorporación desta nova cita co Carnaval pretende dinamizar o ambiente entroideiro en un dos municipios con máis tradición da provincia.

 

  • O punto de encontro das Comadres será despois do Pregón do Entroido (glorieta da familia) no local de Fonval.

 

  • A “Cea de Comadres” de Barbadás será o venres día 21 de febreiro ás 21,00 nas instalacións de Fonval (preto do colexio Filomena Dato, rúa da Presa).

 

  • O prezo do menú da “Cea de Comadres” terá un custo de 14 euros.

 

  • A venda de entradas realizarase no local de Fonval en horario de 17,00 a 20,00 horas ata o día 17 de febreiro.

 

  • A cea da “Noite de Comadres” inclúe como plato principal o tradicional cocido: cachucha, orella, touciño, tenreira, oso de xoán, chourizo de cebola e de carne, verdura, patacas e garavanzos.

 

  • O postre consistirá en orellas, bica e filloas. Haberá viño, auga e refrescos.

 

  • Esta iniciativa pretende incentivar a participación da veciñanza no Entroido de Barbadás.

Cultura, Novas

CONTENT.1711655197

24/01/2020

Novo servizo de Odontoloxía no centro de saúde

O CONCELLO DE BARBADÁS AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLA MELLORA DE SERVIZOS NO CENTRO DE SAÚDE COA ASIGNACIÓN DE UNHA ODONTÓGOLA E UNHA HIXIENISTA DENTAL

A atención odontolóxica queda fixada para os martes e os xoves en tanto que a hixienista dental atenderá aos/ás pacientes luns e venres

A petición deste servizo xa foi tramitada ante os Sergas o 30 de xullo de 2019

  • Os/as usuarios/as do centro de saúde da Valénzá dispoñen dende hai uns días de un novo servizo de asistencia bucodental.

 

  • Este novo servizo implicará a presenza de unha odontóloga e unha hixienista dental no centro médico.

 

  • As citas de atención odontolóxica serán os martes e os xoves.

 

  • As consultas de hixiene dental serán atendidas os luns e os venres.

 

  • O Concello de Barbadás xa solicitou formalmente este servizo o 30 de xullo de 2019.

 

  • A consulta está situada na primeira planta e permitirá a posta en marcha de actividades preventivas e vixiancia activa da saúde bucodental.

 

  • A petición realizada dende Barbadás, a través da concelleira de Sanidade, Elisabet González Nistal, sinalaba a necesidade de contar no centro médico de Barbadás con un servizo de Odontoloxía.

 

  • O Concello de Barbadás xa anticipou no escrito presentado hai 6 meses que con unha poboación de aproximadamente 000 habitantes facía necesaria a presenza de profesionais para a atención bucodental.

 

  • González Nistal destacaba na petición dirixida ao Servizo Galego de Saúde que a atención en odontoloxía xa estaba prevista na apertura das novas instalacións sanitarias, en marzo de 2017.

 

  • Ata agora os/as usuarios que tramitaban unha cita para Odontoloxía ou Hixienista dental tiñan que acudir ao centro médico da Carballeira.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, valora positivamente a implantación do novo servizo, “tendo en conta que os/as veciños/as de Barbadás demandaban dende hai tempo un servizo imprescindible para o volume de poboación que vive no municipio”.

 

  • Valcárcel destaca tamén a importancia que ten “deixar de depender para este servizo do centro de saúde de A Carballeira e que os/as usuarios/as dispoñan de unha maior accesibilidade e comodidade á sanidade pública”.

 

  • Ambas profesionais contan co apoio de unha auxiliar de enfermería e desenrolarán o Programa Galego de Saúde Bucodental, para previr a incidencia da patoloxía bucal de cativos/as, dando especial importancia á prevención e educación para a saúde”.

 

  • Ao centro de saúde están adscritos 1.400 menores de 15 anos. O servizo está especialmente dirixido a nenos/as entre 6 e 14 anos.

Novas

CONTENT.1711655197

24/01/2020

Cursos “FórmaTe” 1º semestre 2020

A Concellería de Promoción Económica, Formación e Turismo, publica o plan formativo do programa “FórmaTe” do primeiro semestre de 2020.

Todos os cursos son gratuitos, e teñen prazas limitadas.

Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Barbadás.

As inscricións faranse por orde de entrada no Rexistro.

 

 

Data Adxuntos
24/01/2020 Ficha inscrición cursos informática PDF [488 KB]
24/01/2020 Ficha inscrición outros cursos PDF [486 KB]
24/01/2020 Tríptico cursos 1º Semestre 2020 JPEG [181 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1711655197

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1711655197

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1711655197

22/01/2020

Concerto solidario de alumnado da Escola Municipal de Música a favor da asociación AODEM

180 ALUMNOS/AS DA ESCOLA DE MÚSICA DE BARBADÁS, PROTAGONISTAS NO CONCERTO SOLIDARIO PARA APOIAR Á ASOCIACIÓN OURENSÁ DE ESCLEROSE MÚLTIPLE, ELA, PARQUINSON E OUTRAS ENFERMIDADES NEURODEXENERATIVAS

A cita musical-solidaria será o 1 de febreiro ás 19,00 horas no Conservatorio de Ourense

A recadación destinarase a dar continuidade aos programas iniciados dende a Asociación de Esclerose múltiple (AODEM)

  • A sexta edición do concerto solidario protagonizado polo alumnado da Escola de Música de Barbadás a favor da Asociación Ourensá de Esclerose múltiple, Ela, Parquinson (AODEM) e outras enfermidades neurodexenerativas celebrarase o 1 de febreiro ás 19,00 horas.
  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, afirmou hoxe na presentación do concerto solidario que “para o Concello de Barbadás é un orgullo poder colaborar durante estes anos con un colectivo que precisa de visibilidade e que ten unhas necesidades que precisan de apoio por parte das institucións”.
  • No evento musical-solidario participarán un total de 180 alumnos/as da Escola Municipal de Música de Barbadás.
  • Susana Fernández, presidenta da Asociación Ourensá de Esclerose múltiple, Ela, Parquinson e outras enfermidades neurodexenerativas, agradeceu ao Concello de Barbadás e á Escola de Música “a oportunidade que nos estades dando de divulgación e visibilidade para a asociación”.
  • Fernández explicou que os donativos “servirán para dar continuidade aos programas que están en marcha e mellorar a calidade de vida das persoas afectadas polas patoloxías que engloba a asociación”.
  • Marga Pérez, concelleira de Cultura, comentou que este evento “ten unha parte musical e outra solidaria”, destacando o esforzo do alumnado e do profesorado para a posta en escea do espectáculo”.
  • A recadación que se obteña no concertó solidario será para dar continuidade ás múltiples actividades da asociación ao longo do ano e para dar apoio a familiares das persoas que teñen estas patoloxías.
  • Marga Pérez, informou que aquelas persoas que non poden acudir teñen a posibilidade de colaborar a través de donativos porque existe unha fila cero para estes casos.
  • As entradas para asistir ao concerto solidario están á venda no centro comercial Ponte Vella.
  • Xoán Manuel Xil Páxaro, director da Escola Municipal de Música de Barbadás, resaltou “o traballo e a implicación de pais/nais, alumnos e alumnas da escola e do profesorado.
  • Destacou ademais a importante colaboración con esta causa solidaria do Conservatorio de música de Ourense e do centro comercial Ponte Vella.
  • Tamén se poden facer aportacións no seguinte número de conta: ES9101826853960201558049- BBVA

Cultura, Escola de Música, Novas

CONTENT.1711655197

21/01/2020

Actuación do grupo NON SÍ? TEATRO en Barbadás

AUDITORIO MANUEL MARÍA DE BARBADÁS

O  sábado 25 de Xaneiro, ás 19:30h. actuación do Grupo NON SI? TEATRO coa obra “Pequeno Retablo”

SINOPSE

A pequena compañía Desenganados do mundo vai polas vilas representando unha peza

que amosa a vida e frescura do teatro popular: a historia do vello e bruto don Cristovo

que vai casar coa linda e cantareira dona Rosiña, namorada de Cocoliche. A culpa é da

nai de Rosiña que a casa por cartos co vello moinante.

A peza  é unha adaptación das pezas de Federico García Lorca “Os títeres de cachaporra” e “O pequeño retablo de don Cristovo”

Teatro Familiar.

Entrada con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1711655198

18/01/2020

Entroido de Barbadás 2020: créanse 3 novas categorías de participación

O ENTROIDO DE BARBADÁS CREA 3 PREMIOS ESPECIAIS: AO DESEÑO, Á ANIMACIÓN E Á MÁIS NUMEROSA

Os premios a comparsas oscilan entre os 900 e os 500 euros

O prazo de inscrición para participar comeza o 27 de xaneiro e remata o 21 de febreiro

  • O desfile do Martes de Entroido de Barbadás terá lugar o 25 de febreiro a partir das 17,00 horas.
  • A Conncellería de Cultura establece as seguintes categorías de participación: carrozas, comparsas (ambas con un mínimo de 10 persoas), parellas/tríos e individuais.
  • No apartado infantil establécense as aseguintes franxas de participación: de 0 a 5 anos, de 6 a 9 anos e de 10 a 12 anos.
  • Os premios ás mellores carrozas e comparsas serán de 900 euros o 1º premio, 700 as segundas clasificadas e 500 € as terceiras mellores carrozas ou comparsas.
  • En parellas/tríos haberá 3 premios de 300, 150 e 100 euros respectivamente para as/os primeiros, segundos e terceiros clasificados/as.
  • Na categoría de individuais haberá un único premio de 200 euros.
  • O Entroido de Barbadás na edición de 2020 crea 3 novas categorías especiais para carrozas ou comparsas non premiadas: ao mellor deseño, á mellor animación e á máis numerosa.
  • Estes premios especiais terán unha contía de 200 € para cada un/unha dos/as gañadores/as.
  • Respecto aos participantes na categoría de “Infantil”, os/as gañadores/as recibirán un único premio por cada unha das 3 categorías. O premio consistirá nun bono regalo por valor de 200 euros para mercar en librerías e xogueterías do concello.
  • As asociacións que participen no desfile compostas por 10 ou máis persoas e se atopen debidamente inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás a 31 de decembro de 2019 recibirán unha axuda de 100 euros.
  • O xurado estará compsto por 5 persoas, 2 en representación do Concello (con voz pero sen voto).
  • O xurado terá en conta á hora de valorar aos participantes principalmente calidades que respondan ao espíritu do Entroido: graza, empatía co público, sátira e transgresión. Tamén se valorará a animación musical, a creatividade e a elaboración do vestiario e o resto do atrezzo.
  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que “o Entroido é un dos eventos máis importantes para Barbadás ao longo do ano. Por esta razón dende o Concello quermos seguir potenciando esta cita festiva para potenciar a cultura e o ocio, senón tamén a economía local”.
  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, salienta a importancia de dinamizar o Entroido de Barbadás a través do incemento nas categorías que poden optar aos premios, ” de xeito que se fomente a participación nun dos Entroidos máis importantes da provincia de Ourense”.
  • As persoas interesadas poden obter máis información na Casa de Cultura, rúa San Bernabé, 37, 32002, A Valenzá. No teléfono 988246885 e no correo electrónico: casacultura@barbadas.es.
  • As normas de participación establecen que todos os vehículos participantes deberán ter en vigor a poliza de seguro, que na categoría infantil deben ir acompañados de unha persoa adulta, e que queda prohibido o uso de petardos ou lanzamento de obxectos perigosos ao público.

Cultura, Novas

CONTENT.1711655198

16/01/2020

Entroido de Barbadás

Presentación do Cartel do Entroido de Barbadás 2020

O Programa de actos darán comezo o 10 ata o 26 de Febreiro.

Cultura, Eventos

CONTENT.1711655198

14/01/2020

“Igual a nós”: potenciar as novas tecnoloxías entre as mulleres de maior idade

O CONCELLO DE BARBADÁS, A TRAVÉS DO CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER, ORGANIZA UNHA ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN EN IGUALDADE

“Igual a nós” é un espazo de encontro para mellorar a autoestima persoal e grupal

A xornada será o 4 de febreiro ás 18,00 horas nas instalacións municipais do parque da Solaina

Esta actividade está dirixida ás mulleres adultas, especialmente ás de maior idade para potenciar o uso das novas tecnoloxías

  • “Igual a nós” é unha actividade de dinamización en igualdade e prevención da violencia de xénero dirixida a mulleres adultas, especialmente ás de maior idade.

  • “Promover e sensibilizar na educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero é un dos obxectivo desta xornada, que se celebrará o 4 de febreiro ás 18,00 horas nas instalacións municipais do parque da Solaina” explica a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal.

  • A iniciativa, organizada polo Centro de Informnación á Muller de Barbadás, ten tamén como finalidade mellorar a calidade de vida das mulleres e potenciar o uso das novas tecnoloxías como ferrramenta de comunicación e formación.

  • “Igual a nós” pretende ademais sensibilizar e concienciar ás persoas para a ruptura de estereotipos de xénero existentes.

  • Nistal indica que “outra das finalidades é o fomento da participación social e o encontro entre mulleres como mecanismo de mellora da autoestima persoal e grupal”.

  • A actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade no marco do Acordo de colaboración asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias para a conformación dunha rede de entuidades locais contra a violencia de xénero, da que o Concello de Barbadás forma parte.

  • Para anotarse nesta actividade, que ten un total de 30 prazas, as interesadas poden descargar o impreso de inscrición na páxina web e para máis información pode chamar vostede ao teléfono 988222251. Tamén pode entregar o impreso de inscrición nas Oficinas Municipais da Valenzá, no Concello de Barbadás e no Centro de Información á Muller (Praza de San Antón, Barbadás, antigo campo da festa).

Ficha_de_inscrición_-_Actividade_Igual_a_nós_

Igualdade, Novas

CONTENT.1711655198

13/01/2020

Formación para desempregados con compromiso de contratación

Estanse a seleccionar participantes para cubrir as últimas prazas dos seguintes cursos de formación:

-Atención sociosanitaria a persoas dependentes e en institucións sociais

-Transporte sanitario

-Xestión de marketing e comunicación

Estes cursos están dirixidos a persoas desempregadas, son subvencionados e teñen compromiso de contratación.

Para máis información contactar con Big Formación no teléfono 988 239 655

Cursos

CONTENT.1711655198

10/01/2020

O Concello de Barbadás seguirá mantendo as bonificacións do transporte e canxeará os bonos

O CONCELLO DE BARBADÁS SEGUIRÁ BONIFICANDO O TRANSPORTE ATA QUE NON SE POÑA EN FUNCIONAMENTO A TARXETA METROPOLITADA DE GALICIA

O prezo do billete sen bonificar é de 1,35 euros.

A Xunta e a empresa comunicaron ao Concello que se cobrou incorrectamente o billete a 1,50 euros

  • Concello de Barbadás seguirá mantendo as bonificacións ao transporte mentras non se poña en marcha a Tarxeta Metropolitana de Galicia (TMG).

  • Seguen manténdose as bonificacións que existían ata o momento: 0,60 € por viaxe para estudantes (taco de bonos a 6 euros); 0,70 por viaxe para pensionistas (taco de bonos a 7 euros) e 0,90 para o viaxeiro xeral.

  • As persoas que aínda teñan bonos de Anpián poden canxealos polos da nova empresa (RIO:Red Integrada de Ourense) á maior brevidade posible nas Oficinas Municipais da Valenzá.

  • Soamente se canxearán tacos enteiros de bonos no caso dos bonos do Anpian.

  • No caso de Piñor os bonos de Alfer canxearanse por un novo bono de 30 viaxes e o/a usuario/a terá que pagar a diferencia entre os bonos novos e as viaxes que entrega.

  • A Xunta de Galicia, dende a Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte, informou ao Concello de Barbadás que haberá un período de adaptación de ata 6 meses ata a posta en marcha definitiva da Tarxeta Metropolitana de Galicia.

  • O prezo do billete sen bonificar polo Concello é de 1,35 euros. A Xunta e a empresa comunicaron ao Concello que se cobrou incorrectamente o billete a 1,50 euros. A empresa informa que se devolverá o diñeiro cobrado incorrectamente entregando o comprobante.

  • Mentras non se poña en marcha a Tarxeta Metropolitana de Galicia o prezo do billete é de 1,35 euros. Cando termine o período de adaptación e se poña en funcionamento a tarxeta metropolitana, o prezo do billete sinxelo para as persoas que a teñan será de 1,35. As persoas que non teñan tarxeta terán que aboar 1,50.

  • O Concello de Barbadás xa iniciu as conversas para seguir mantendo as bonificacións municipais través de un convenio que asinarán Xunta e Concello.

  • Este convenio incluirá as bonificacións sociais e, por outra banda, os bonos xerais, ambas a cargo do Concello.

  • A Xunta informou ao Concello que ao longo do ano 2020 se poñerá en funcionamento a gratuidade do transporte para os/as nenos/as-xóvenes entre 4 e 21 anos.

  • A empresa informou que se poñerá en marcha un 4º autobús na ruta da Valenzá-Lagoas a vindeira semana debido á sauración de viaxeiros nas horas punta.

  • A ruta Lagoas-Lagoas, que pasa por Loiro-Sobrado-Bentraces-Barbadás, a instancias de usuarios/as e do Concello, manterá o horario das 15,30 que tiña coa anterior concesionaria.

  • Para máis información pode vostede consultala en www.bus.gal ou na app Transporte público de Galicia. Tamén pode informarse no teléfono da empresa concesionaria 988371235 (Rúa Progreso, 123, 2ª planta, oficina 4).

 

Novas, Transporte

CONTENT.1711655198

CONTENT.1711655198

CONTENT.1711655198

07/01/2020

Convocatoria Programa Emprega de incentivos á contratación

O Diario Oficial de Galicia publica o martes 7 de xaneiro, as bases reguladoras dos Programas Emprega,onde se regulan os incentivos para a contratación e formación de :

-Xuventude

-Persoas discapacitadas e en risco de exclusión

-Mulleres

-Persoas desempregadas de longa duración

 

Data Adxuntos
07/01/2020 PROGRAMA EMPREGA DESEMPREGADOS PDF [1 MB]
07/01/2020 PROGRAMA EMPREGA MULLER PDF [1 MB]
07/01/2020 PROGRAMA EMPREGA DISCAPACIDADE E EXCLUSIÓN PDF [2 MB]
07/01/2020 PROGRAMA EMPREGA XUVENTUDE PDF [1 MB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1711655198