Arquivo mensual: Febreiro 2020

28/02/2020

Mes de marzo en Barbadás: programación para conmemorar o Día Internacional da Muller

CHARLAS, TEATRO E UN OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL CONFORMAN A PROGRAMACIÓN DE BARBADÁ DURANTE O MES DE MARZO PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Charlas en torno á imaxe das mulleres nas redes sociais ou a endometriose e teatro:  “As lavandeiras”, “O país dos mandóns”, un espectáculo de Nabiza girl e a proxección do filme “Tódalas mulleres que coñezo” son algunhas das actividades enmarcadas no “Mes da Muller” en Barbadás

 ·       A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, ParticipaciónVeciñal e Sanidade, dende a Área de Igualdade, e con motivo do 8M – Día Internacional da Muller, organiza ao longo de todo o mes de marzo diferentes actividades de promoción da igualdade eprevención da violencia, dirixidas a toda a poboación do Concello.

·       Durante todo o mes de marzo haberá diferentes actividades dirixidas ao público adulto, ás crianzas e ás súas familias, ás mulleres e a toda a poboación en xeral.

·       A programación do 8M pretende reflexionar sobre os espazos, sobre a liberdade e os dereitos que teñen as mulleres e todos os que quedan por acadar.

·       Esta programación está deseñada para promover e promocionar a igualdade e poñer en valor ás mulleres e os seus dereitos e tamén as súas reivindicacións.

·       A primeira actividade da programación terá lugar o xoves 5 de marzo ás 19,00 horas nas instalacións municipais do Parque da Solaina. Baixo o título de “A imaxe da mulleres nas redes sociais”, esta actividade  está organizada como Concello Aliado Dixital coa colaboración de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia.

·       O venres 6 de marzo ás 20,00h no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” e dirixida ao público adulto poñerase en escena o espectáculo “Lavandeiras” de Vero Rilo e Sonsoles Penadique,  na que se unen  o conto e a música para achegarnos ao traballo das mulleres lavandeiras. Esta actividade está financiada polo Pacto de estado contra a violencia de xénero.

·       O xoves 12 de marzo ás 19,00h nas Instalacións Municipais do Parque da Solaina celebrarase unha charla sobre endometriose a cargo da entidade “Querendo”, coa finalidade de viibilizar unha doenza que afecta a milleiros de mulleres e da que tan pouco se fala.

  • O venres 13 de marzo ás 20,00h. no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” contaremos co espectáculo familiar “O país dos mandóns” baseado no conto ao que da título a obra, a cargo do Teatro Gazafelhos.

 

  • O venres 20 de marzo ás 20,00h no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María”, para o público adulto gozaremos da orixinal Isabel Risco dando vida a superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e poderes que proveñen do sulfato! “Nabiza Girl”. Esta actividade está financiada polo Pacto de estado contra a violencia de xénero.

 

  • Os xoves 26 de marzo e o 2 de abril terá lugar un Obradoiro de defensa persoal para mulleres nas Instalacións do Polideportivo do Concello de Barbadás a cargo do Sensei Nicolas González. Para esta actividade é preciso a inscrición previa no Rexistro do Concello, xa que o aforo é limitado.

 

  • Para finalizar, o venres 27 de marzo ás 20,00h. no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” e para o público xuvenil e adulto proxectarase o laureado filme “Tódalas mulleres que coñezo”, da Directora galega, Xiana do Teixeiro, coa que teremos o pracer de contar despois da proxección para un pequeno coloquio. Esta actividade está financiada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

 

  • Para todas as actividades que se levan a cabo no Auditorio da Casa daCultura “Manuel María” é preciso a recollida previa de invitacións.

 

Igualdade, Novas

CONTENT.1600873028

28/02/2020

Galería de fotos do Folión de Entroido 2020

  • Imaxes do Folión de Entroido en Barbadás ().Máis de 1.200 entroideiros/as desfilaron pola vía principal da Valenzá.

 

  • Agradecementos aos /ás 24 voluntarios/as da organización, aos 6 axentes da policía local, aos 6 gardas civís, aos/ás 20 voluntarios de Protección Civil e a todas as persoas que, debun xeito ou de outro contribuiron a manter viva unha das citas festivas máis importantes de Barbadás.

 

  • Agradecementos tamén á mestra de cerimonias, a locutora Montse Estévez.

 

  • O vindeiro ano crearase unha nova categoría: Rei ou Raíña do Entroido: a prepararse para esta nova categoría!

Imaxes do Folión de Entroido en Barbadás (parte 1).Máis de 1.200 entroideiros/as desfilaron pola vía principal da…

Publicada por Concello de Barbadás en Viernes, 28 de febrero de 2020

 

https://www.facebook.com/1671205069813089/posts/2536132469987007

Folión de Entroido (parte 3).#EntroidoBarbadás

Publicada por Concello de Barbadás en Viernes, 28 de febrero de 2020

 

Cultura, Novas

CONTENT.1600873028

28/02/2020

Charla ” A imaxe das mulleres nas redes sociais”

Con motivo das celebracións do 8M, o xoves día 5 de marzo ás 19.00 h, vai a ter lugar nas instalacións municipais de A Solaina unha charla sobre ” A imaxe das mulleres nas redes sociais”.

Esta actividade se desenvolve dentro do marco de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia.

Eventos, Promoción económica

CONTENT.1600873028

28/02/2020

Subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca varias subvencións en réxime de concorrencia competitiva:

-Subvencións para innovación, dixitalización e implantación de novas fórmulas de comercialización.

-Subvencións de ecoinnovación comercial

Data Adxuntos
28/02/2020 Subvencións innovación, dixitalización e novas fórmulas de comercialización PDF [1 MB]
28/02/2020 Subvencións ecoinnovación comercial PDF [1 MB]

Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1600873028

27/02/2020

Actuación DABOAPIPA co espectáculo Lavandeiras

O venres 6 de Marzo ás 20h., no Auditorio Manuel María de Barbadás, actuación do Grupo DABOAPIPA co espectáculo “Lavandeiras” dentro da Programación do 8M Día Internacional da Muller.

Sinopse:

Lavandeiras é un espectáculo onde a narración oral se mestura coa música ao vivo e o teatro para dar lugar a unha proposta que lles devolva ás donas dos ríos o recoñecemento que poucas veces tiveron. É tanto o que rodea á figura da lavandeira que teríamos para incontables horas de fala e canto, daría para namorar lavando, máis eliximos centrarnos na consideración histórica e social da muller coa finalidade de poñer en labor a súa figura como fundamental sostén económico non só na casa senón tamén co traballo profesional non recoñecido que tantas xeracións de galegas fan e fixeron ao longo da nosa historia.

Pasando de camiño polo folclore, polo humor, polas historias reais e polo cancioneiro popular Vero Rilo achéganos un espectáculo cheo de emoción acompañado por Carlos Quintá no apartado musical.

Fresca coma a auga. Limpa coma as sabas ao clareo. Con música ao vivo, coma vivo é o cantar das lavandeiras.

Espectáculo recomendado a partir dos 14 anos en adiante.

Entrada con Invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: CIM (Centro de Información á Muller) de Barbadás.

Colabora: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1600873028

26/02/2020

OS DATOS ESTATÍSTICOS EVIDENCIA QUE BARBADÁS É UN CONCELLO SEGURO

OS DATOS ESTATÍSTICOS RELATIVOS Á SEGURIDADE NO MUNICIPIO DE BARBADÁS INDICAN QUE EXISTE UNHA LEVE MELLORÍA E PODEN CONSIDERARSE DE MENOR ENTIDADE EN COMPARACIÓN CON CONCELLOS CON UNHA POBOACIÓN SIMILAR.

Os actos vandálicos nas sepulturas do cemiterio xa están esclarecidos e o caso está en mans da Fiscalía

  • A xunta local de seguridade de Barbadás abordou hai uns días os actos vandálicos nas sepulturas da Valenzá. Dende a Comandancia da Garda Civil indicouse que o tema está resolto, levouse a cabo unha investigación dos autores, que son menores de idade, e a Fiscalía ten coñecemento dos feitos.

  • O Comandante da Garda Civil en Ourense, José Manuel Moral, explicou que cando ocurre un feito destas características prodúcese alarma social, pero que o esclarecemento dos feitos require un proceso e destacou o algo grado de colaboración para localizar aos autores.

  • Os datos estatísticos relativos á seguridade no municipio de Barbadás indican que existe unha leve melloría e poden considerarse de menor entidade en comparación con concellos con unha poboación similar.

  • A Comandancia da Garda Civil informou na xunta de seguridade que en cando a índices de delincuencia “é comparativamente moi favorable”.

  • A Garda Civil indicou tamén nesta xuntanza periódica que a nivel de seguridade cidadá o Concello de Barbadás é un obxectivo prioritario polo tipo de poboación.

  • Respecto dos delitos cibernéticos a tendencia é fluctuante porque se toma como referencia onde vive ou traballa a vítima.

  • Pola súa banda, o subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, comentou que “este concello é realmente seguro, xa que se está a facer un traballo importante por parte da Garda Civil”. Explicou tamén que cando se produce un furto ou un roubo con violencia xerase un alarmismo, precisando que son froito de “delincuentes e bandas itinerantes que se dedican a controlar máquinas tragaperras e bares”, indicando que a Garda Civil leva a cabo un control rigoroso.

  • Na xunta local de seguridade tamén estivo un axente da policía local, un corpo que colabora intensamente coa garda civil no control da seguridade cidadá.

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, indica que “os datos facilitados pola garda civil e a policía local certifican e acreditan de xeito fehaciente que “Barbadás é un concello seguro e que a delincuencia está en niveis infereiores ó de España, Galicioa e a provincia de Ourense”.

  • Valcárcel destacou que “a efectividade na resolución de delitos é alta grazas ó esforzo, dedicación e colaboración entre a garda civil e a policía local”.

  • O rexedor incidiu en que nos últimos anos en Barbadás “baixan os índices de delincuencia e que a veciñanza pode ter a certeza de que se traballa para seguir nesa senda”.
  • Na última xunta local de seguridade estiveron tamén Manuel Prado, xefe territorial da Xunta en Ourense, Pedro Freire, axente da policía local, e Daniel Rey, responsable de Protección Civil en Barbadás. Tamén asistiron como ointes membros da oposición.

Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1600873028

24/02/2020

Martes de Entroido en Barbadás, unha cita ineludible

1.200 PERSOAS, PROTAGONISTAS DO DESFILE DO ENTROIDO DE BARBADÁS

Comparsas, carrozas, individuais, tríos, parellas e infantís suman un total de 44 participantes, xunto con grupos musicais para amenizar o folión

Carrefour poñerá a disposición dos/as visitantes o aparcamento da superficie comercial

Habilitarase para as persoas con mobilidade reducida unha zona específica de aparcamento enfrente do supermercado Mercadona

  • O tradicional desfile do Martes de Entroido en Barbadás congregará a 200 participantes que durante o percorrido encheran a principal rúa da Valenzá de cor, ironía, parodia e temas de actualidade.

 

  • O operativo de seguridade estará integrado por por 12 axentes (policías locais e gardas civís) e 20 voluntarios/as de Protección Civil de Barbadás, ademais do apoio de varias patrullas da Garda Civil.

 

  • A partir as 16,45 ata as 20,00 horas a avenida de Celanova quedará íntegramente pechada ao tráfico con motivo da celebración do Folión de Entroido. Entre as 20,00 horas e as 22,00 horas permanecerá pechada a circulación entre a glorieta da familia e a rúa do Viso.

 

  • O hipermercado de Carrefour poñerá a disposición dos/as visitantes a segunda planta do aparcamento da superficie comercial para facilitar a mobilidade e permanecerá aberto dende as 15,00 horas.

 

  • O punto de inicio do desfile será a rúa das Cuartas, onde os/as participantes deberán estar ás 16,00 horas.

 

  • O inicio do desfile será ás 17,00 horas e comprende o itinerario de ida e volta dende a rúa das Cuartas ata a glorieta de Ourense.

 

  • A organización do desfile estará composta por unha vintena de traballadores/as municipais.

 

  • A explanada situada enfrente do supermercado Mercadona será habilitada para o estacionamento de vehículos nos que viaxen persoas con mobilidade reducida.

 

  • Esta ubicación, a balconada enfrente do supermercado, será o espazo destinado a que as persoas con mobilidade reducida poidan visualizar o desfile de xeito máis cómodo.

 

  • Unha das principais novidades do Desfile de Barbadás será a presencia identificada dos/as membros do xurado que puntuará a comparsas, carrozas, individuais, tríos/parellas e infantís.

 

  • O xurado valorará varios aspectos: animación, elaboración, orixinalidade e retranca.

 

  • Os representantes de asociacións culturais do municipio que formarán o xurado serán os seguintes:
  1. -Beatriz Crespo: presidente da asociación cultural “Voces e cordas”, de Sobrado do Bispo
  2. Pablo Martínez, da asociación “Nova Fronteira”
  3. José Cuiñas: tesoureiro da asociación coral “Auria canta”.
  4. Manuel Seara: presidente da asociación cultural coral polifónica “San Mauro”, de Barbadás pobo.
  5. Iria Calviño, tesoureira da asociación “Música e Cultura de Galicia”.
  • Listado de carrozas: Vilarnaz vai ao Rocío, Os Lolailos: a quinta estación, Curuxeiras, Fantasí Hindú, Habelas hainas e outra que non entra en concurso da Escola de Música de Barbadás.

 

  • Listado de comparsas: Gotham city, Os Coquitos, Piratas do Caribe, Parque acuático do Cájome, Ludoteca amarelinha, As de sempre: viaxe a Rusia, O gran showman, Colorinchos, Voda do ano, As peperetas de Pres, Ourenpark, Circo, Tapada rugby, Damas invisibles, Japosura, Trasnos do norte, Con mimo, A última tribu do Amazonas, As Princesas e Borriquitas.

 

  • Listado de individuais: Falconeti, O paracaidista, A nena da primeira comunión, Marsshmellow DJ.

 

  • Listado de parellas/tríos: As Papoulas, Operación Conichas, Danza de cores, Carrusel, Atraccións Atracts aberta, Fantasía global e Papula.

 

  • Grupos de música: Real farm (gaitas), Trasnos do norte(tambores), Trópico de grelos, charanga BCB.

 

  • Os/as participantes proceden de municipios coma Cartelle, San Cibrao, Ourense, Coles ou Pereiro.

 

  • A continuación detallamos as principais novidades da edición do Entroido de Barbadás 2020:
  1. As anpas dos colexios elaboraron 2 mecos: o meco o colexio Filomena Dato e a meca o colexio Ruxidoiro.
  2. Incorporouse o alumnado do centro ocupacional “As Burgas”, centro de discapacitados intelectuais, que participaron no desfile infantil do venres xunto co alumnado do colexio Filomena Dato.
  3. Recupersouse a Cea de Comadres, que había anos que non se celebraba.
  4. Os membros do xurado pertencen ás asociacións culturais do municipio. Por primeira vez na historia do Entroido de Barbadás os componentes do xurado estarán identificados polo público e polos/as participantes
  5. A escenificación do Xoves de Compadres e de Comadres fíxose por primeira vez na Praza da Valenzá vella, un lugar ideal para o xogo de compadres e comadres polas características estéticas do casco vello. Nos Xoves de Compadres e Comadres participaron un total de 160 nenos e nenas nunha actividade dinamizada por Sabela Gago.
  6. Outra novidade é a celebración dunha festa infantil e concurso de disfraces infantil o Luns de Entroido, tendo en conta o volumen de poboación infantil que existe en Barbadás.
  7. Tamén foi novidoso o cambio de itinerario dos escolares do colexio O Ruxidoiro, que en lugar de ir dende o centro educativo ata a capela das Lamas, desfilaron pola avenida de Celanova ata o cruce coa rúa Porto do Río. Este cambio propiciou que o desfile dos nenos e nenas fora máis vistoso e que a veciñanza e os pais e nais puideran ver con máis comodidade o desfile.
  8. Na edición do desfile do Entroido de 2020 tamén se introduciron cambios nas categorías de participantes, creándose categorías especiais: ao deseño, á animación e á máis numerosa. Tamén se fixo unha redistribución dos premios, recibindo as mellores comparsas e carrozas 900 euros, as segundas clasificadas 700 euros e as terceiras 500.
  9. Outra das novidades refírese ao Desfile fúnebre/queima do Meco e da Meca. A comitiva de despedida de Don Carnal estará amenizada por música fúnebre e haberá plañideiras moi choronas. Sairá da glorieta do principio da Valenzá ás 20,30 horas e irán pola avenida de Celanova ata a praza da Valenzá vella, onde serán queimados meco e meca con moita tristura.
  • De cara á edición de 2021 a concelleira de Cultura, Marga Pérez, anunciou que se creará unha nova categoría para elixir á Raiña ou Rei do Entroido de Barbadás.

 

Cultura, Novas

CONTENT.1600873028

19/02/2020

Melloras na rede de transporte en autobús

A REDE METROPOLITANA DE TRANSPORTES DE OURENSE FOI INAUGURADA HOXE COA PRESENZA DE DIRECTIVOS DA UTE, RESPONSABLES DA XUNTA E REPRESENTANTES MUNICIPAIS DE BARBADÁS

A UTE concesionaria do servizo anunciou que en vindeiras datas poñeranse en marcha actuacións co sistema de billética con tarxetas sen contacto, que reducen o tempo de entrada nos vehículos, vehículos xeoreferenciados on-line, que permitirá ao usuario coñecer en tempo real o paso pola súa parada.

Os/as usuarios/as poderán tamén efectuar a súa recarga a bordo unha vez que se conecten ao sistema centralizado da Xunta todas as máquinas de billetaxe.

  • A rede metropolitana de transportes de Ourense operada por unha Unión Temporal de Empresas foi inaugurada hoxe en Barbadás realizando un percorrido entre Barbadás e As Lagoas.

  • A UTE está formada polas empresas Transdev, Gavilanes, Rutas 82, Autocares Camilo Heredia e Antonio Salgado Pérez.

  • Esta rede metropolitana de transporte de viaxeiros, denominada RIO, Rede Integrada de Ourense, corresponde ao XG-605, composto por 67 liñas que abarcan toda a comarca en torno á cidade de Ourense, prestándose o servicio con 31 vehículos e máis de 50 traballadores.

  • Ao acto de inauguración oficial asistiron a Xefa territorial de Ourense da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Alicia López Miguez, o responsable da Delegación de Transportes en Ourense, Hipólito Casas, o conselleiro delegado de Transdev España e Portugal, Pierre Jaffard e o administrador único da empresa Gavilanes, Antonio Gavilanes, ademais do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel.

  • No acto oficial estiveron tamén membros do goberno: Marga Pérez, Ramón Selas, Abel Cortés, Elisabet Gonzalez Nistal e Victoria Morenza. Acudiu tamén Ramón Padrón, do Grupo Mixto, e Consuelo Vispo e Luis Dorribo, do PP.

  • O acto consistitiu nun percorrido nun dos novos buses dende o Concello de Barbadás ata o fin da liña, nas Lagoas. Este percorrido serviu para coñecer sobre o terreo a idiosincrasia da liña e para abordar melloras ou posibles cambios para mellorar o servizo. A empresa adxudicataria anunciou a próxima instalación de tablóns dixitais con información de interese sobre o servizo de autobús.

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, agradeceu a elección de Barbadás para a prsentación do servizo que presta a nova operadora de transporte. Sinalou que este novo servizo “ten que marcar un antes e un despois en cuestións de mobilidade, tendo en conta que Barbadás ten unha grande relevancia no que afecta ao transporte público ao ser un municipio limítrofe con Ourense”.

  • Valcárcel indicou o claro apoio do Concello de Barbadás para que este servizo funcione “pensando na cidadanía, na sostenibilidade e nas novas tecnoloxías porque son fundamentais para a súa aplicación no día a día”.

  • Barbadás ten unha dinamica poboacional moi activa e en continuo crecemento, motivo polo que este servizo debe ser útil que mellore as liñas, as frecuencias e a calidade dos buses adaptados ás persoas con mobilidade reducida e con unha aplicación das novas tecnoloxías no que a sistemas de pago se refire, indicou o rexedor.

  • O alcalde de Barbadás resaltou que o Concello e a Xunta deben traballar pola implantación total do transporte metropolitano porque para a veciñanza é importante que o Concello manteá a liña das bonificacións do billete. Por este motivo dende hai semanas xa se fixo unha proposta formal dende o Concello á Xunta para asinar un convenio para seguir mantendo as bonificacións para estudantes, pensionistas e para o bono xeral.

  • A Xefa territorial de Ourense da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Alicia López Miguez, sinalou que a Xunta “aposta pola modernización do transporte interurbano implementando novas fórmulas adaptadas ao século XXI como son o transporte compartido, o transporte a demanda e o establecemento de paradas seguras”. Anticipou que os autobuses equiparanse con “novos medios tecnolóxicos, como son as máquinas canceladoras e a xeolocalización con XPS e en próximas datas implementarase a tarxeta metropolitana de Galicia (TMG).

  • Pierre Jaffard, conselleiro delegado de Transdev Portugal e España, indicou que “a Rede Integrada de Ourense é o resultado de un esforzo conxunto e una gran cooperación entre a Xunta, os concellos polos que transcorre o servizo e os seus socios locais”.

  • Jaffar comentou que “o noso obxectivo como empresa é poñer en marca unha rede capaz e acercar de xeito efectivo ás persoas que viven, estudian ou traballan na cidade, asegurando unha alternativa de transporte económica e cómoda”.

  • Respecto ao servizo especificamente metropolitano de A Valenzá- As Lagoas “xa está sendo atendido por 4 novos buses de 12 metros e de tipoloxía urbana, cento por cento accesibles, con piso baixo e unha tecnoloxía Euro6 medioambientalmente respectuosa”.

  • A UTE concesionaria do servizo anunciou que en vindeiras datas poñeranse en marcha actuacións co sistema de billética con tarxetas sen contacto, que reducen o tempo de entrada nos vehículos, vehículos xeoreferenciados on-line, que permitirá ao usuario coñecer en tempo real o paso pola súa parada.

  • Os/as usuarios/as poderán tamén efectuar a súa recarga a bordo unha vez que se conecten ao sistema centralizado da Xunta todas as máquinas de billetaxe.

  • Para calquera cuestión relacionada co servizo, os usuarios dispoñerán de unha céntrica oficina de atención ao público en Ourense, en rúa do Progreso, 123, 2º.

  • En canto ao futuro inmediato a nova operadora de transporte metropolitano anticipou que os servizos técnicos das empresas están analizando os datos estatísticos para estudar as posibles melloras da rede no que se refire ao servizo A Valenzá-As Lagoas e un estudo específico sobre a mobilidade aos polígonos empresariais.

  • Antonio Gavilanes, administrador único da empresa Gavilanes, que forma parte da UTE que presta o servizo, agradeceu a colaboración da Xunta, do Concello de Barbadás e que unha empresa multinacional como Transdev contara con unha pequena empresa do sector para levar a cabo este proxecto.

  • Gavilanes apuntou que “é fundamental mellorar a sostenibilidade e a dinámica de traballo do propio transporte metropolitano dentro da comarca de Ourense”.

  • A tenente alcalde e concelleira de Mobilidade, Victoria Morenza, anticipou que nas vindeiras semanas dende o Concello de Barbadás trasladará formalmente á empresa as necesidades e melloras que está trasladando a veciñanza no que se refire a mellora nas liñas e nas frecuencias.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas, Transporte

CONTENT.1600873028

18/02/2020

Programación con noviadades no Entroido 2020

A FESTA DE DISFRACES INFANTIL, O VENRES DE COMADRES E A CREACIÓN DE PREMIOS E CATEGORÍAS ESPECIAIS SERÁN AS PRINCIPAIS NOVIDADES DO ENTROIDO DE BARBADÁS

O cambio do itinerario do desfile do colexio O Ruxidoiro e a incorporación ao desfile do do colexio Filomena Dato do alumnado do Centro Ocupacional das Burgas son outros aspectos novidosos do ano 2020

  • A programación do Entroido de Barbadás na edición de 2020 inclúe unha serie de novidades que tentarán dinamizar un dos carnavais máis senlleiros da provincia de Ourense.
  • Dende o luns 10 de febreiro desenrólanse nos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato obradoiros de compadres e comadres coa dinamización de Sabela Gago.
  • Os/as escolares estrearon unha nova ubicación na que se desenrola o Xoves de Compadres e este xoves día 20 o de Comadres: a praza da Valenzá vella, un espazo singular no que nenos e nenas disfrutan escenificando esta cita entroideira.
  • Outra das novidades foi a elaboración do meco e da meca por parte das asociación de pais, nais e alumnos dos centros de ensino, que serán colgados o venres día 21.
  • Despois do Xoves de Comadres, os/as alumnos/as serán os protagonistas dos tradicionais desfiles de Entroido polas rúas da Valenza o venres día 21.
  • Unha das novidades desta edición entroideira será o feito de que o alumnado do colexio O Ruxidoiro cambiará o seu itinerario e en lugar de ir ata a capela do pobo das Lamas irá desfilando pola avenida de Celanova ata a altura da rúa Porto do Río (hora de inicio do desfile dende o centro escolar: 11,30).
  • Pola súa banda, e no referente ao desfile dos/as escolares do colexio Filomena Dato, terá como elemento innovador respecto a edicións anteriores a incorporación do alumnado do Centro Ocupacional das Burgas, que ten a súa sede na rúa do mesmo nome, na Valenzá (hora de inicio do desfile Filomena Dato e Centro As Burgas: 13,00 horas).
  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, comentaba esta mañá na presentación oficial da programación do Entroido que outra das novidades é a organización do Venres de Comadres, coa reunión nunha cea no local de Fonval de mulleres de todo o municipio para dar a benvida ao Entroido.
  • O venres á noitiña o pistoletazo oficial do Entroido será na Glorieta da familia ás 20,00 horas coa animación da charanga “Mekanica” e o pregón a cargo das “Mulleres da farándula”.
  • O domingo 23 de febreiro terá lugar a xa tradicional ruada polos pobos do municipio a cargo da charanga “Os Escachapeitos”.
  • Marga Pérez destaca como novidade a festa infantil e concurso de disfraces infantil no parque da Solaina, no que haberá animación musical, desfile amenizado por unha presentadora que irá describindo a posta en escea dos/as nenos/as que participen e posterior entrega de premios.
  • A edil de Cultura anunciou que este ano incrementarase a seguridade para que as persoas que desfilan o Martes de Entroido “poidan lucir mellor os seus difraces e facilitar a posta en escea”.
  • Pérez fixo unha invitación a participar e acudir a Barbadás o Martes, “tendo en conta que o Entroido do noso concello é un referente a nivel provincial” e anticipou que , “tendo en conta as inscricións ata estes momentos imos superar a participación de anos anteriores”.
  • Ademais dos tradicionais premios para comparsas, carrozas, parellas/tríos e individuais, creáronse este ano 3 novas categrorías oficiais: ao deseño, á animación e á mais numerosa.
  • O premios oscilan entre os 100 e os 900 euros, mentras que os especiais terán unha contía de 200 euros.
  • Nas categorías infantís establécense 3 apartados: de 0 a 5 anos, de 6 a 9 anos e de 10 a 12 anos. Recibirán un único premio por cada categoría de un bono agasallo de 200 euros para merar en librarías e xogueterías do concello.
  • O peche do ciclo do Entroido en Barbadás será o Mércores 26 de febreiro co inicio do desfile fúnebre ás 20,30 do inicio da Valenzá ata a praza da zona antiga, onde se queimarán os mecos. Tamén na queima dos mecos haberá novidades e sorpresas.
  • Na presentación da programación oficial do Entroido estiveron Marga Pérez, concelleira de Cultura, Victoria Morenza, tenente alcaldesa e Elisabet González, concelleira de Igualdade.

Cultura, Novas

CONTENT.1600873028

18/02/2020

Escola de Familias

Prazo de inscrición do 17 ao 27 de febreiro

Familias con nenos/as entre 0 e 8 anos.

Solicitudes que se poden descargar da web, Oficinas Municipais da Valenzá, Concello de Barbadás  ou Casa da Cultura Manuel María.

As solicitudes deben presentarse por rexistro ( Oficinas Municipais da Valenzá ou Concello de Barbadás.

Os listados publicaranse na web do Concello o día 2 de marzo.

Data Adxuntos
18/02/2020 Información Escola de Familias curso 2019-2020 PDF [535 KB]
18/02/2020 Inscrición Escola de Familias curso 2019-2020 (2) PDF [152 KB]

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1600873028

10/03/2020

PROXIMAMENTE “Curso de Fitness colectivo con implementación muscular”

A Concellería de Promoción Económica, Formación e Turismo pon en marcha un “Curso de Fitness colectivo” que ten como obxetivo ensinar a executar e dirixir rutinas de entrenamento  nunha clase colectiva.

Serán 40 horas teóricas que se impartirán no CET de Barbadás, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

Despois da formación teórica haberá un período de outras 40 horas de prácticas non laborais en centros deportivos.

As prazas son limitadas, asignadas por orde de entrada das solicitudes no Rexistro, e con preferencia para as persoas desempregadas e empadroadas no Concello de Barbadás.

Data Adxuntos
10/03/2020 Ficha inscrición PDF [461 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1600873028

09/02/2020

Campaña promocional do día de San Valentín: “Namorados/as do noso comercio”

OS COMERCIANTES  DE BARBADÁS PROMOVEN UNHA CAMPAÑA “NAMORADOS DO NOSO COMERCIO” ENTRE OS DÍAS 7 E 14 DE FEBREIRO

A Asociación Centro Comercial Aberto Valenzá pretende con esta iniciativa dinamizar o barrio de cara ao Día de San Valentín

  • Os establecementos participantes na campaña “Namorados do noso comercio” recibirán un rasca para optar a gañar numerosos premios.
  • A promoción será válida dende o 7 de febreiro ata o día 14, datas nas que o comercio local entregará coas súas compras un “rasca e gana”.
  • Na campaña promocional participan un total de 22 comercios asociados de un total de 36 establecementos que forman parte da Asociación Centro Comercial Aberto Valenzá.
  • O presidente do Centro Comercial Aberto Valenzá, Arturo Varela, explicou hoxe na presentación da campaña que o obxectivo é “fomentar o comercio local debido a que se ve afectado pola situación económica e, sobre todo, que a xente participe e se dinamice o barrio a través desta colaboración entre comercios”.
  • O presidente da asociación fixo entrega hoxe de un cheque á asociación de loita contra o Cancro correspondente á contía recadada con motivo do Mercado de Nadal.
  • O diñeiro recaudado a través da venda rifas para ese mercado de Nadal, que non se celebrou por causas metereolóxicas, foi destinado para esta causa benéfica (a doazon ascende o 1.186 euros).
  • O Concello de Barbadás colabora nesta campaña promocional a través da área de Comercio.
  • A concelleira de Comercio, Marga Pérez, explica que o Concello “segue apostando polo comercio local de Barbadás e apoiando todo tipo de iniciativas como a da campaña do Día de San Valentín, organizada pola nova asociación Centro Comercial Aberto Valenzá”.
  • Pérez sinala que esta é a liña de traballo dende a Concellería de Comercio: “apostar polo apoio aos establecementos que xa existen porque eso indica que teñen un crecemento optimo e que outros/as comerciantes aposten por Barbadás para crear novos comercios”.

Comercio, Novas

CONTENT.1600873028

05/02/2020

Sinatura do convenio entre Barbadás e Taboadela para o Centro de Información á Muller

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE BARBADÁS E O CONCELLO DE TABOADELA PARA A PRESTACION CONXUNTA DO SERVIZO DO CENTRO DE  INFORMACIÓN ÁS MULLERES (CIM).

Os alcaldes de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e Taboadela, Álvaro Vila asinaron esta mañá o convenio de colaboración

  • Os Concellos de Barbadás e Taboadela comprométense a través deste convenio a desenvolver as actuacións de cooperación e asistencia activa en materia de asistencia ás mulleres no Centro de Información á Muller de Barbadás.

 

  • Esta colaboración está vinculada ás subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ó programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a
    violencia de xénero.

 

  • O obxecto do convenio é fixar as principais liñas de colaboración, así como a coordinación, dirección, xestión, financiamento, organización e funcionamento do servizo do CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DE BARBADÁS e prestar de forma compartida entre os concellos de Barbadás e de Taboadela.

 

  • A xestión do servizo será realizada polo Concello de Barbadás e incluirá todo o relacionado coa xestión do centro, aspectos materiais e técnicos ou de servizo (sexa tramitación administrativa, instalación, reparación e mantemento de infraestruturas, xestión de persoal, xestión de axudas, etc.).

 

  • Atenderanse os casos remitidos polos servizos sociais ou outros departamentos municipais (educación familiar, axuda a domicilio, servizo de axuda no fogar,…) dos concellos respectivos entre a poboación empadroada neses concellos. Igualmente atenderanse os casos remitidos polo persoal médico, forzas e corpos de seguridade, ou Xulgados deses concellos.

 

  • Este convenio comprende tamén a posibilidade de contratación polo Concello de Barbadás, na forma que se sinale, de todas as actividades ou prestacións necesarias para o funcionamento e xestión do servizo compartido.

 

  • Para facilitar o seguimento, cumprimento e a coordinación do presente convenio, constituirase unha Comisión Mixta, sen prexuízo das competencia atribuídas ós respectivos Alcaldes, e ademais da súa presenza, estará integrada polo persoal técnico de cada Concello. Poderán ser invitados Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, persoal dos Xulgados ou dos centros educativos e de saúde dos concellos asinantes.

 

  • O convenio de colaboración foi asinao polo alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e o rexedor de Taboadela, Álvaro Vila Araújo. Tamén estiveron a tenente alcaldesa de Barbadás, Victoria Morenza, e a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal.

Igualdade, Novas

CONTENT.1600873028

05/02/2020

Axudas autónomos

O Diario Oficial de Galicia publica varias ordes da Consellería de Economía, Emprego e Industria con axudas e subvencións a traballadores autónomos.

-Programa I: Axudas á promoción do emprego autónomo

-Programa II: Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

-Programa Bono persoas autónomas.

-Programa Bono Renova nos negocios das persoas autónomas.

-Programa Bono nova oportunidade.

-Axudas á conciliación por maternidade ou paternidade de persoas traballadoras autónomas

-Subvencións ás entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas.

Data Adxuntos
05/02/2020 Programa Bono autónomos PDF [1 MB]
05/02/2020 Subvencións entidades asociativas persoas autónomas PDF [794 KB]
05/02/2020 Programa Bono nova oportunidade PDF [989 KB]
05/02/2020 Programa Bono Renova autónomos PDF [1 MB]
05/02/2020 Programa I e Programa II axudas emprego autónomo PDF [2 MB]
05/02/2020 Axudas conciliación maternidade ou paternidade de persoas traballadoras autónomas PDF [967 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1600873028