Arquivo mensual: Marzo 2020

31/03/2020

Cómo xestionar residuos durante a corentena

Instruccións para xestionar os residuos no fogar de unha persoa infectada por COVID-19

E tamén instruccións para fogares sen  casos de positivo ou en corentena

Novas

CONTENT.1711716731

CONTENT.1711716731

30/03/2020

Comportamento exemplar de nenos e nenas de Barbadás

Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, en nome da Corporación Municipal,

 

FAI SABER:

Que ante o comportamento exemplar dos/as nenos/as de Barbadás quedando na casa estes días, queremos felicitarvos a todos e todas porque estades axudándonos así a vencer o coronavirus.

 

Pedímosvos a todos e todas que insistades aos vosos familiares que continúen na casa para que ninguén enferme.

 

E para que esta situación non supoña un problema para o noso entrañable personaxe,

 

AUTORIZO:

Ao Ratiño Pérez a visitar as casas de Barbadás para que poida seguir traendo agasallos aos/ás nenos e nenas aos/ás que lles caia algún dente durante estes días.

Lémbrase ao señor Pérez que deberá acudir ás casa pola noite, usando mascariñas, guantes e lavar as mans frecuentemente.

 

Asdo.: Xosé Carlos Valcárcel Doval

Alcalde de Barbadás

Novas

CONTENT.1711716731

CONTENT.1711716731

30/03/2020

Regulación do permiso retribuido recuperable para traballadores de actividades non esenciais

O Boletín Oficial de Estado publica o domingo 29 de marzo o  Real Decreto-lei 10/2020, de 29 de marzo, que  regula un permiso retribuido recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, có  fin de reducir a movilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19.

Data Adxuntos
30/03/2020 boe PDF [285 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1711716731

CONTENT.1711716731

30/03/2020

Lista de actividades esenciais (Real Decreto Lei 10/2020, de 29 de marzo)

LISTA DE ACTIVIDADES ESENCIAIS

Real Decreto Lei 10/2020, de 29 de marzo de 2020.

Regula o permiso retribuido recuperable para persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19.

Novas

CONTENT.1711716731

28/03/2020

Un tractor fumiga con hipoclorito as rúas e vías do municipio de Barbadás

UN TRACTOR FUMIGA DENDE HAI DÍAS AS RÚAS EN DIFERENTES PUNTOS DO MUNICIPIO

  • Un tractor fumigador desinfectou dende o día 25 de marzo en diferentes rúas de pobos do municipio de Barbadás: Loiro, Bentraces, Sobrado do Bispo, Barbadás e Pontón, A Valenzá, Santa Uxía, Piñor, Parada, Finca Fierro, Fonsillón.

 

  • Colabora solidariamente a empresa local Destagal.

 

  • Donación de hipoclorito: Viaqua.

 

  • Protección Civil colabora nesta desinfección indicando os lugares polos que pasa o tractor fumigador.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1711716731

CONTENT.1711716731

27/03/2020

Información de interese do SEPE

Debido á situación de emerxencia sanitaria, as oficinas do SEPE non atenden ao público , pero seguen traballando dende elas para tramitar as solicitudes que reciben.

Anexamos un comunicado do día 26 de marzo do SEPE onde se detalla como se fai a atención e os procedementos que se seguen en cada un dos casos.

Data Adxuntos
27/03/2020 Comunicado SEPE PDF [150 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1711716731

27/03/2020

A Concellería de Medio Ambiente de Barbadás aconsella realizar trampas artesanais contra a vespa velutina

A CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE ACONSELLA REALIZAR TRAMPAS ARTESANAIS CONTRA A VESPA VELUTINA

  • A Concellería de Medio Ambiente de Barbadás advirte que coa chegada da primavera “e do tempo quente as raiñas de vespa velutina, que se atopaban invernando, comenzan a saír do seu letargo e tratan de inxerir a maior cantidade de néctar das flores para repoñer forzas e comenzar a facer os niños primarios, que teñen o tamaño aproximado de unha pelota de tenis”.

  • O concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra Carril, explica que a partir destes niños primarios “vai a sair o primeiro exercito de obreiras que logo realizarán os niños secundarios, que son os que se ven nas árbores,  balcóns, cumios dos tellados etc”.

  • Sierra advirte que ante esta perspectiva “chegou a época de trampeo para capturar a maior número de raíñas psible e así poder reducir ó máximo a súa expansión polo noso concello”.

  • Dende a Concellería de Medio Ambiente “animamos á veciñanza a colaborar na colocación de trampas artesanais nas árbores en flor (cereixos, mazairas, limpatubos ou callistemon,etc) onde acostuman acudir a proverse do néctar.

  • A continuación especificamos cómo elaborar estas trampas artesanais:

    1º.- Coller unhas botellas de plástico de litro ou litro e medio.

    2º.- Facer dous buracos na parte superior da botella cun ferro quente, ou cun soldador eléctrico de 8 mm de diámetro aproximadamente para que non entre a vespa CRAVO.

    3º.- Facer 2 buracos horizontais no pescozo da botella para pasar un alambre, cordel, etc para poder colgala.

    4º.- Facer a mestura. Enumeramos varios modelos de xarope:

    XAROPE 1.- O dore de auga que de mel, quentar e remexer.- a continuación añadir 6 culleeradas de vinagre.

     XOROPE 2.- 1 litro de zume de ARÁNDANOS.- 1/2 litro de viño branco.- 4 culleradas de vinagre.- e unha gota de lavavaixelas.

     XOROPE 3.- 2,5 litros de auga.- 1 kg. de azucar .- 50 g de levadura panadeira.- 6 culleradas de vinagre.- e 1 gota de lavavaixelas.

  • Todos istes xaropes repartense nas botellas a razón de 350-400 centilitros en cada unha e cólganse segundo aparecen nas fotografías adxuntas.

  • PREGASE A COLABORACIÓN DE TODOS PARA INTENTAR A ELIMINACIÓN DE ESTA ESPECIE INVASORA.

Medio ambiente, Novas

CONTENT.1711716731

26/03/2020

Líneas de axuda do ICO a empresas e autónomos

O Consello de Ministros, na súa reunión do día 24 de marzo de 2020,  adoptou un Acordo polo que se aproban as características do primeiro tramo da línea de avales do ICO para empresas e autónomos, para paliar os efectos económicos do COVID-19.

Data Adxuntos
26/03/2020 préstamos ICO empresas e autónomos PDF [291 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1711716731

CONTENT.1711716731

25/03/2020

O Centro de Información á Muller continúa traballando como servizo esencial

O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DO CONCELLO DE BARBADÁS CONTINÚA TRABALLANDO COMO SERVIZO ESENCIAL DURANTE O ESTADO DE ALARMA POR VÍA TELEFÓNICA.

  • O Centro de Información á Muller de Barbadás segue a manter a súa atención como servizo esencial durante o estado de alarma DE XEITO TELEFÓNICO.
  • Calquera usuaria ou cidadá que precise información ou asesoramento, pode recibir atención telefónica de luns a venres de 9,30 a 14,00 horas.

 

  • O Centro de Información á Muller é un servizo que pode facilitar o asesoramento e atención se algunha muller está a vivir unha situación de violencia de xénero ou coñece a alguén que a poida estar vivindo.
  • O servizo de atención do CIM está a disposición de calquera muller da comarca e durante o estado de alarma de xeito telefónico no teléfono indicado.

 

  •  O teléfono de atención do CIM de Barbadás é 988-22 22 51.

 

 

  • Tamén pode vostede chamar aos seguintes teléfonos dispoñibles as 24 horas: 016 e 900 400 273

 

  • http://www.violenciagenero.igualdad.gob.es/informacionUtil/covid19/home.htm

 

Igualdade, Novas

CONTENT.1711716731

CONTENT.1711716731

24/03/2020

Recibos de taxas e prezos de servizos municipais

O CONCELLO DE BARBADÁS SUSPENDE A EMISIÓN DE RECIBOS DE TAXAS E PREZOS MENTRAS DURE O ESTADO DE ALARMA

  • O Concello de Barbadás suspendeu a emisión de recibos dos seguintes servizos municipais:
  • Escola Infantil Municipal.
  • Escola Municipal de Música.
  • Servizo “Bos días cole”.
  • Servizo “Actividades extraescolares”.
  • Escolas Deportivas Municipais.
  • Transporte de bacharelato ao IES Ferro Couselo.
  • Terrazas e Veladores.
  • Niños empresariais.

 

  • Considerando que con data 14 de marzo de 2020 decretouse o estado de alarma en todo o territorio nacional e á vista do Bando de Alcaldía de data 12 de marzo de 2020, onde se decretaba o peche dos servizos e actividades municipais ofertados á cidadanía, o Alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, a través de unha resolución de Alcaldía resolveu suspender, mentres dure o estado de alarma, a emisión dos recibos de tasas e prezospúblicos anteriormente enumerados.

 

  • Respecto á Escola Infantil Municipal non se van emitir recibos mentras dure o estado de alarma, en tanto que respecto á Escola de Música non se vai proceder ao cobro do trimestre, de xeito que, de mellorar a situación e reiniciarse a actividade, os recibos repercutiranse en pagos sucesivos.

 

  • Ao mesmo tempo, o Servizo de Recadación da Deputación Provincial de Ourense, que tramita a recadación de impostos municipais do Concello de Barbadás suspendeu os prazos de pago.

 

  • Os impostos que xestiona a Deputación son os seguintes: o de circulación, imposto sobre bens inmobles ou o de actividades económicas.

 

  • Cando remate o estado de alarma, a Deputación emitirá unha nova carta de pago para proceder ao mesmo que deberá solicitar no Servizo de Recadación.

 

  • Os prazos dos recibos que xa están xerados son válidos para facer efectivo o pago. Se o/a cidadán/á non fai efectivo o pago a pesar de ter recibido a carta de pago, posteriormente, é dicir, cando se regularice a situación,

 

 

Novas, Taxas e tributos

CONTENT.1711716731

CONTENT.1711716731

24/03/2020

Lavado e desinfección de colectores de lixo

LAVADO DE CONTENEDORES DE RECOLLIDA DE LIXO: XENÉRICOS (VERDES) E PLÁSTICOS/ENVASES (AMARELOS)

  • A empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, Geseco, está procedendo á limpeza de contenedores de lixo xenérico (verdes) e os de plásticos e envases (amarelos).

 

  • Con esta limpeza intensifícase a hixiene en lugares e zonas públicas e en elementos utilizados diariamente pola veciñanza.

 

  • Lembren deixar a tapa dos colectores verdes e amarelos abertas como medida de seguridade e hixiene.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1711716731

23/03/2020

Instrucción sobre os contenedores de lixo orgánico e os de plásticos/envases: deixe a tapa aberta

O CONCELLO DE BARBADÁS INFORMA QUE A PARTIR DE AGORA GESECO DEIXARÁ OS COLECTORES DE LIXO ORGÁNICO ABERTOS PARA EVITAR TOCAR A TAPA AO DEPOSITALO

  • Solicitamos a colaboración cidadá para adoptar as medidas de precaución necesarias á hora de depositar o saco do lixo nos contenedores de orgánico (contenedores verdes) e nos de plásticos/envases (contenedores amarelos)

 

  • Instruccións de cara á situación de emerxencia sanitaria: nos días sucesivos e ata que dure a crise do COVID-19 – NON PECHE A TAPA DO CONTENEDOR.

 

  • A cidadanía debe lembrar que estes días, máis ca nunca, ROGAMOS O MÁXIMO RESPECTO PARA DEPOSITAR O LIXO NOS CONTENEDORES A PARTIR DAS 20,00 HORAS.

 

  • A empresa Geseco irá abrindo progresivamente as tapas dos contenedores verdes e amarelos nos vindeiros días para facilitar o cumprimento desta instrucción.

 

  • A veciñanza só pode sair á rúa para cuestións imprescindibles e gardando as indicacións comunicadas pola Autoridade Sanitaria.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1711716731

23/03/2020

Viaqua amplía en 30 días o período voluntario de pago

Viaqua

VIAQUA INFORMA QUE DENDE O 17 DE MARZO OS TRABALLADORES DESTA EMPRESA NON SE DESPRAZARÁN PARA OBTER A LECTURA DOS CONTADORES

  • Con motivo da emerxencia sanitaria e para protexer aos/ás traballadores/as de Viaqua a lectura de contadores realizarase en base a unha estimación do consumo.
  • Os consumos así estimados e unha vez obtida a lectura real, NORMALIZARANSE POR EXCESO OU POR DEFECTO NAS FACTURACIÓNS DOS SEGUINTES PERÍODOS A TENOR DA LECTURA PRACTICADA EN CADA UN DELES.
  • Viaqua informa que os/as clientes serán debidamente informados/as a través das facturas e tamén a través dos diferentes canles de atención que pon á súa disposición a empresa.
  • Co obxecto de facilitar o pago de facturas, AMPLIARASE UNHA MORA DE 30 DÍAS NO PERÍODO VOLUNTARIO.
  • A empresa concesionaria do servizo de abastecemento e saneamento en Barbadás indica que “durante o período de vixencia do estado de alarma NON SE REALIZARÁN INTERRUPCIÓNS DO SUBMINISTRO POR IMPAGOS EN NINGÚN CASO.

2020-S-340_Barbadas

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1711716731

22/03/2020

Tarefas de desinfección de rúas e mobiliario público

CONTINÚAN AS TAREFAS DE DESINFECCIÓN E LIMPEZA DE RÚAS, MOBILIARIO PÚBLICO, E ARREDORES DE LUGARES DE MÁXIMO TRÁNSITO CON MOTIVO DO CORONAVIRUS

  • Voluntarios/as de Protección Civil de Barbadás estiveron hoxe día 22 de marzo levando a cabo tarefas de desinfección en diferentes puntos do municipio.
  • A empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria, Geseco, xa realiza dende o 14 de marzo baldeo de rúas na Valenzá.
  • Operarios municipais das brigadas de xardinería e obras tamén realizan traballos de desinfección de parques, varandas e mobiliario público.
  • Dende o Concello de Barbadás rogámoslle que respecte escrupulosamente as normas de seguridade indicadas polas autoridades.

Novas

CONTENT.1711716731

CONTENT.1711716731

CONTENT.1711716731

19/03/2020

Punto fixo de recollida de mostras para o test COVID-19

COMEZA A FUNCIONAR EN OURENSE UN PUNTO FIXO DE RECOLLIDA DE MOSTRAS PARA O TEST COVID-19

O día 18 de marzo pola tarde comezou a funcionar no Hospital Universitario de Ourense, un punto fixo de recollida de mostras para o test de COVID-19, que permite minimizar os riscos de contaxio e optimización dos limitados equipos de protección individual (EPIs) garantindo a seguridade persoal que realiza esta labor e a dos pacientes, que non teñen nin que baixar do coche para realizar a proba.

O novo dispositivo facilita a recollida de mostras daqueles pacientes con poucos síntomas e autonomía que, tras ser entrevistados ou explorados, son sospeitosos de contaxio polo novo coronavirus, dacordo cos protocolos establecidos, aos que se lles envía, vía SMS, a hora da cita e o punto exacto ao que deben acudir, axuntándolles tamén as coordenadas do punto.

Para acceder ao punto de recollida habilitouse un circuito de entrada e saída perfectamente sinalizado, na traseira do Edificio Santa María Nai, nunha zona alonxada das áreas asistenciais ou de afluencia doutros pacientes, ben comunicada tamén co Laboratorio de Microbioloxía, onde se procesa a mostra, quedando toda a información reflectida na súa historia clínica electrónica.

Con este punto fixo a Área Sanitaria de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras reforza o traballo dos seus cinco equipos de recollida de mostras a domicilio, formados cada un por un profesional de enfermería e un técnico en coidados auxiliares de enfermería, unidades que seguirán traballando para achegarse aos pacientes con residencia en puntos alonxados da cidade, sen vehículo propio ou dificultades de mobilidade.

O novo sistema, coordinado polo Servizo de Medicina Preventiva, ao igual que o resto de unidades a domicilio, permite axilizar os tempos de recollida da mostra ao posibilitar que os cidadáns se despracen en coche ao hospital, e ademais diminúe a utilización dos EPIs, xa que, mentres cada visita a domicilio supón un cambio de EPI, neste caso, os profesionais so precisan un único equipo por quenda de traballo, e diminuense tamén os riscos ao realizarse de xeito individual e nun espazo aberto con só baixar a xanela do vehículo.

O novo sistema posto en marcha onte en Ourense, e que ven de implantarse en Vigo e Lugo, estenderase os próximos días ao resto de Áreas Sanitarias de Galicia, e supuxo un reto loxístico dos servizos de Medicina Preventiva, Microbioloxía e especialmente das Direccións de Recursos Económicos e Enfermería, que foron quen de poñelo en marcha en Ourense en menos de 24 horas.

O punto estará en funcionamento en horario de mañá e tarde, tódolos días da semana, incluídosfins de semana e festivos, para dar resposta ao incremento da demanda de recollida de mostras,desde o inicio da pandemia, sempre que sexa preciso.

Unha vez máis a dirección da sanidade pública de Ourense desexa destacar que, froito da excepcionalidade da situación que vivimos, cada día xurden novas iniciativas asistenciaisalternativas, co obxectivo de protexer a poboación nesta situación excepcional.

Novas

CONTENT.1711716731

18/03/2020

Protocolo do Concello de Barbadás ante o Coronavirus

En Barbadás a corentena afecta a practicamente todos os servizos municipais

  • Funciona teletraballo en servizos como Urbanismo
  • Nos seguintes servizos trabállase en quendas combinando o teletraballo e a presenza: Atención ao público da Valenzá, Rexistro da casa consistrorial, xulgado, Secretaría, Intervención, Servizos Sociais. No Centro de Información á Muller (presencial e atención telefónica e asesor e psicóloga: teletraballo).
  • Policía local e protección civil e servizo de axuda no  fogar funcionan íntegramente
  • Operarios municipais dos servizos de obras e de xardinería traballan por quendas desinfectando varandas, mobiliario público e parques
  • A empresa concesionaria da limpeza viaria, Geseco, está levando a cabo tarefas de desinfección de rúas dende o pasado sábado 13 de marzo
  • Estase habilitando un teléfono centralizado en protección civil para a atención domiciliaria de persoas maiores que precisen medicamentos e alimentos

protocolo coronavirus]

Bando Coronavirus Barbadás

Novas

CONTENT.1711716731

17/03/2020

Horarios de autobús ante a emerxencia sanitaria

Novos horarios da empresa RIO Mobilidade ante a situación de emerxencia sanitaria: Loiro-As Lagoas, A Valenzá-As Lagoas e Piñor-Ourense

Novas, Transporte

CONTENT.1711716731

17/03/2020

Instruccións para as urxencias para o sábado 22 de marzo

OS/AS USUARIOS/AS DOS CONCELLOS DE OURENSE, BARBADÁS, TOÉN, SAN CIBRAO DAS VIÑAS, PEREIRO DE AGUIAR E NOGUEIRA DE RAMUÍN O SÁBADO DÍA 22 DE MARZO SERÁN ATENDIDOS NO PAC D E RÚA CONCELLO PARA PACIENTES ADULTOS E NO CENTRO DE SAÚDE NÓVOA SANTOS PARA PACIENTES PEDIÁTRICOS
Dada a situación sanitaria provocada pola COVID-19 en Ourense, a partir do vindeiro 22 de MARZO, a atención URXENTE dos SÁBADOS POLA MANÁ prestarase nos seguintes centros:
  • PAC da Rúa Concello, de 8.00 a 15.00, para os pacientes adultos.
  • C.S. NOVOA SANTOS, Rúa Xoan XXIII, de 8.00 a 15.00 horas, para os pacientes pediátricos.
Será deste xeito para os usuarios dos concellos de Ourense, Barbadás, Toén, San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín.

Novas

CONTENT.1711716731

16/03/2020

Medidas urxentes de Emprego Galicia para minimizar o impacto do COVID-19

Ao abeiro do Plan territorial de emerxencias da Xunta de Galicia e do estado de alarma decretado a nivel estatal, Emprego Galicia, en coordinación co Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), acordou as seguintes medidas:

  • As oficinas de emprego permancerán pechadas ao público.
  • NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.
  • Se tes que realizar algún trámite urxente na túa demanda de emprego, poderás facelo chamando a túa oficina de emprego ou ao 012.
  • Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.
  • Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego.
  • Habilitaranse canles para a recuperación da demanda daquelas persoas inscritas con anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial.
  • Ademais, cómpre ter en conta que, no que se refire ás Oficinas de Prestacións dependentes do SEPE:
  • NON se terán en conta os prazos actualmente establecidos para solicitar a prestación ou subsidio. É dicir, o teu dereito á prestación ou subsidio queda plenamente asegurado sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalos.
  • NON se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.

En calquera caso, dende Emprego Galicia irase actualizando toda esta información á medida que se desenvolva o dito plan autonómico.

Novas, Promoción económica

CONTENT.1711716732

16/03/2020

Información de interese sobre o transporte en autobús ao seu paso por Barbadás

INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE EN AUTOBÚS AO SEU PASO POR BARBADÁS

La imagen puede contener: texto

Novas, Transporte

CONTENT.1711716732

15/03/2020

Horarios de buses a partir do martes día 17 de marzo

O horario do servizo de autobuses da liña XG-605 serán os habituais mañá luns 16 de marzo

A partir de marzo pode vostede consultar os horarios que estarán en vigor no enlace que publicamos a continuación-

Código
expedición Código de ruta Nombre de la ruta Sentido Frecuencia semanal Tipo de días Temporada anual Comentario Hora de salida Hora de llegada Expedición a demanda Expedición integrada Estimación de plazas reservadas Circulaciones anuales estimadas Vehículos-km anuales estimados
XG605310120 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 7:00 7:11 Non Non 0 72 446
XG605310121 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 7:20 7:31 Non Non 0 72 434
XG605310122 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 7:30 7:41 Non Non 0 72 446
XG605310123 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 7:50 8:01 Non Non 0 72 446
XG605310124 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 7:50 8:01 Non Non 0 72 434
XG605310125 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 8:10 8:21 Non Non 0 72 446
XG605310126 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 8:10 8:21 Non Non 0 72 434
XG605310127 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 8:35 8:46 Non Non 0 72 446
XG605310128 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 8:55 9:06 Non Non 0 72 446
XG605310129 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 8:55 9:06 Non Non 0 72 434
XG605310130 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 9:20 9:31 Non Non 0 72 446
XG605310131 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 9:25 9:36 Non Non 0 72 434
XG605310132 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 9:45 9:56 Non Non 0 72 434
XG605310133 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 10:05 10:16 Non Non 0 72 446
XG605310134 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 10:30 10:41 Non Non 0 72 434
XG605310135 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 10:55 11:06 Non Non 0 72 446
XG605310136 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 11:25 11:36 Non Non 0 72 434
XG605310137 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 11:45 11:56 Non Non 0 72 446
XG605310138 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 12:05 12:16 Non Non 0 72 446
XG605310139 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 12:10 12:21 Non Non 0 72 434
XG605310140 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 12:30 12:41 Non Non 0 72 434
XG605310141 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 12:35 12:46 Non Non 0 72 446
XG605310142 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 13:00 13:11 Non Non 0 72 446
XG605310143 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 13:00 13:11 Non Non 0 72 434
XG605310144 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 13:30 13:41 Non Non 0 72 446
XG605310145 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 13:30 13:41 Non Non 0 72 434
XG605310146 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 14:00 14:11 Non Non 0 72 446
XG605310147 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 14:05 14:16 Non Non 0 72 434
XG605310148 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 14:30 14:41 Non Non 0 72 434
XG605310149 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 15:00 15:11 Non Non 0 72 446
XG605310150 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 15:30 15:41 Non Non 0 72 446
XG605310151 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 15:30 15:41 Non Non 0 72 434
XG605310152 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 15:55 16:06 Non Non 0 72 446
XG605310153 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 16:00 16:11 Non Non 0 72 434
XG605310154 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 16:30 16:41 Non Non 0 72 446
XG605310155 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 16:35 16:46 Non Non 0 72 434
XG605310156 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 17:00 17:11 Non Non 0 72 434
XG605310157 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 17:05 17:16 Non Non 0 72 446
XG605310158 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 17:30 17:41 Non Non 0 72 434
XG605310159 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 18:00 18:11 Non Non 0 72 446
XG605310160 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 18:00 18:11 Non Non 0 72 434
XG605310161 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 18:30 18:41 Non Non 0 72 446
XG605310162 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 18:30 18:41 Non Non 0 72 434
XG605310163 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 19:00 19:11 Non Non 0 72 446
XG605310164 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 19:00 19:11 Non Non 0 72 434
XG605310165 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 19:30 19:41 Non Non 0 72 446
XG605310166 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 19:30 19:41 Non Non 0 72 434
XG605310167 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 19:55 20:06 Non Non 0 72 446
XG605310168 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 20:05 20:16 Non Non 0 72 434
XG605310169 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 20:40 20:51 Non Non 0 72 434
XG605310170 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 21:00 21:11 Non Non 0 72 446
XG605310171 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 21:25 21:36 Non Non 0 72 446
XG605310172 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 21:25 21:36 Non Non 0 72 434
XG605310173 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos No Lectivo 21:55 22:06 Non Non 0 72 434
XG605310174 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Vuelta LMMcXV No festivos No Lectivo 22:00 22:11 Non Non 0 72 446
XG605310175 XG6053101 AS LAGOAS-A VALENZÁ – AUTOVÍA Ida LMMcXV No festivos

 

 

Novas, Transporte

CONTENT.1711716732

CONTENT.1711716732

13/03/2020

Declaración institucional do rexedor de Barbadás ante o Coronavirus

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO ALCALDE DE BARBADÁS, XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL, ANTE A SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA COMO CONSECUENCIA DO CORONAVIRUS COVID-19

Diante da situación de emerxencia sanitaria na que nos atopamos como consecuencia do Coronavirus Covid -19 como Alcalde de Barbadás e en nome propio e de toda a Corporación Municipal, solicito de toda a veciñanza a máxima colaboración para dar cumprimento de todas as instruccións que emanen do Goberno de España, da Xunta de Galicia e tamén desde o Concello de Barbadás.

Cumprir con todas elas resulta fundamental para poder atender axeitadamente a todas aquelas persoas que se vexan afectadas por este virus e, ó mesmo tempo, poder evitar a propagación do mesmo.

Desde o Concello estase traballando desde onte dia 12 na toma de decisións que non teñen outra finalidade máis que propiciar a atención de todos os veciños e veciñas de Barbadás, mantendo os servizos esenciais e protexer a nosa saúde.

Insto a toda a veciñanza a que  eviten sair dos seus domicilios e facer desprazamentos que non sexan estritamente necesarios. 

Tamén se solicita que se cumpran os Bandos publicados dende a Alcaldía.

Sinalar que dende esta tarde están pechados todos os parques infantís e zonas deportivas. Esta mañá se de procedeu ó peche de locais socias e diversos servizos municipais.

Solicito que os veciños e veciñas de Barbadás cumpran con todas as indicacións que se están facilitando no que atinxe a comportamentos e hábitos de hixiene que se trasladan desde as institucións sanitarias.

Quero trasladar o  gran agradecemento de toda a Corporación Municipal  a todos os traballadores e traballadoras municipais e especialmente a Protección Civil e á Policía Local polo traballo e esforzo realizado durante a xornada de hoxe.
Por suposto agradecer tamén a todo o persoal sanitario a súa dedicación e colaboración.

Finalmente pedir á cidadanía que manteña a calma dado que resulta  fundamental para que podíamos sair canto antes desta situación excepcional.

Moitas grazas.

Un cordial saúdo,

O Alcalde,

Xosé Carlos Valcárcel Doval

Novas

CONTENT.1711716732

CONTENT.1711716732

CONTENT.1711716732

CONTENT.1711716732

CONTENT.1711716732

12/03/2020

SUSPENDIDA A ACTUACIÓN deTeatro Ghazafelhos en Barbadás

Teatro  | 50 min | +3 anos

SUSPENDIDA A ACTUACIÓN deste Venres 13 de Marzo ás 20h. No Auditorio Manuel María de Barbadás, actuación do grupo de teatro GHAZAFELHOS co espectáculo “O País dos Mandóns”, continuando coa Programación do 8M do Día da Muller.

SINOPSE

Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países; o país do revés, o país das chuches, o país da música, das cores… e no país dos Mandóns… O seu paso por este país, coincidiu cun gran cambio; Grazas a Clara, ese lugar feo e triste, converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñecese como; O País da Igualdade. Ghazafelhos adapta nunha pequeniña obra de teatro tres contos da colección A igualdade Conta de Edicións Embora. Recreando unhas personaxes imaxinarias, Fálannos de Flora e o seu segredo, da urna dos desexos e do País dos mandóns; contos que nos convidan a sentirnos iguais dende as nosas diferencias.

Teatro recomendado para todos os públicos.

Entrada con Invitación ata completar aforo (Recollida de invitacións na Casa da Cultura).

Organiza: CIM (Centro de Información á Muller) de Barbadás.

Colabora: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1711716732

08/03/2020

Declaración institucional do Concello de Barbadás para o 8M: Día Internacional da Muller

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE BARBADÁS CON MOTIVO DO 8M – DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Concello de Barbadás, únese ao movemento feminista para reivindicar neste 8 de marzo, unha vez máis, os dereitos das mulleres. Neste 2020, o recoñecemento e posta en valor do traballo invisibilizado que seguen a facer de forma prioritaria as mulleres na nosa sociedade, coma os coidados, son un dos eixos centrais para este 8 de marzo.

Os coidados son imprescindibles para o mantemento da estrutura social, traballos asignados historicamente ás mulleres e non recoñecidos nin valorados socialmente. Isto impide o avance das mulleres, en condicións de igualdade, con respecto os homes, vivindo estas unha maior segregación horizontal, maiores dificultades para acceder o mercado laboral e continuar coa súa formación, e polo tanto impedindo o avance do conxunto da sociedade. É preciso mudar o sistema e que exista unha corresponsabilidade real e efectiva, incluíndo aos homes no eido dos coidados.

A conciliación é unha ferramenta fundamental para unha sociedade máis sostible tanto
económica coma socialmente, polo que é imprescindible que tanto a xestión dos coidados
como a do tempo se faga en base a criterios de igualdade entre mulleres e homes. Dende o
Concello de Barbadás seguiremos deseñando políticas públicas que melloren a calidade de vida das mulleres a través dunha maior e mellor conciliación, xerando outros modelos de sociedade máis xustos, equitativos e inclusivos.

Neste eido xoga un papel importante o consumo responsable e sostible . Temos que destacar e valorar a forma de vida e produción no rural e a da figura non recoñecida da muller no mantemento do mesmo.

Non podemos finalizar esta Declaración Institucional sen o rexeitamento de forma táxante e enérxica, unha vez máis, dende o Pleno da Corporación do Concello de Barbadás de calquera tipo de violencia contra as mulleres como máximo expoñente da desigualdade social, coa finalidade de que non se volvan a producir asasinatos como os últimos acontecidos en Aznalcóllar y Fuenlabrada. É preciso que se produza non so un rexeitamento unánime da nosa sociedade, senón que hoxe en día sexamos capaces de poñer a disposición das mulleres, políticas públicas integrais e eficientes para a erradicación de calquera tipo de violencia contra as mulleres, pero tamén de promoción da igualdade poñendo en valor o papel produtivo e reprodutivo das mulleres na nosa sociede.

Esta declaración insititucional foi aprobada polo pleno da Corporación de Barbadás o 2 de marzo de 2020

Igualdade, Novas

CONTENT.1711716732

CONTENT.1711716732

04/03/2020

Barbadás Outlet: impulso do comercio local (7 e 8 de marzo)

O COMERCIO LOCAL DE BARBADÁS PRETENDE DINAMIZAR O CONSUMO NA TERCEIRA EDICIÓN DE “BARBADÁS OUTLET” OS DÍAS 7 E 8 DE MARZO

Moda, decoración, doces e fogar nun evento con prezos “outlet”

Habilitarase tamén un “Espazo de animación infantil”

  • “Barbadás outlet” reunirá a 22 firmas comerciais de decoración, moda, doces e fogar no polideportivo de Barbadás os días 7 e 8 de marzo.
  • O horario do evento comercial é de 11,00 a 14,00 horas e pola tarde de 16,00 a 21,00 horas.
  • Cristina Arias, da zapatería “O gato con botas”, comentou una presentación que os/as comerciantes “estamos moi contentos/as con esta iniciativa do Concello porque nos dá a oportunidade de reunirnos nun espazo no que estarán tendas de todo tipo: alimentación, roupa, calzado, alimentación, perruquería, tamén haberá un espazo de animación infantil”.
  • Arias destacou o importante que son este tipo de eventos “para apoiar ao comercio local”, un sector que precisa dinamización. Segundo Cristina Arias “para nós é moi importante estar nun espazo todas/os xuntos/as para ofrecer a amplia variedade no comercio local.
  • Listado de participantes: Toffee Glass, Carussa Baby, La Cigüeña, Librería A Valenzá, Don Gato, O Roupeiro de Uxía, JM Perruquería masculina, Valenmoble, Calzados Zocos, Pillabáns, Twins Men, Samsara, Twins, O Gato con botas, Bel, Mía Valle, La Pequeña coqueta, C&R complementos, Komodamoda, Alma, Marosa Vázquez e Gaia contigo. A asociación canina “La Can” tamén disporá de un stand para publicitar a súa actividade.
  • O rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou que “é un éxito que o aforo estea completo, con un total de 22 participantes”. “Barbadás Outlet “ é unha aposta decidida polo comercio, motor da economía local, motivo polo que dende o Concello apoiamos esta e todo tipo de iniciativas para dinamizar o sector.
  • Valcarcel comentou que en Barbadás apenas hai establecementos sen actividade e as razóns principais son que “hai unha poboación xoven que merca no comercio local e uns/unhas comerciantes que contribúen á súa dinamización.
  • Na fotografía aparecen Cristina Arias (O gato con botas), Luz Estévez (Pillabáns), Alejandra Rodríguez e Beatriz Mosquera (Carussa Baby), Jimena Rey (Toffee Glass), María Fernández (Mía valle), Rosi Gómez (Twins) e José Andrés Montero (JM perruquería masculina). Tamén están na presentación do evento o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Comercio, Marga Pérez.
  • O feito de que case todas as representantes dos comercios que estaban presentes na presentación fosen mulleres demostra, segundo o alcalde, o importante traballo que fan como impulsoras do comercio local.
  • Marga Pérez, concelleira de Comercio, esta “terceira edición do Barbadás Outlet facilitará que os/as comerciantes poidan liquidar os artigos da tempada de inverno”. É fundamental que a veciñanza coñeza o comercio local e que contribúan ao seu apoio coa súa presenza e as compras nunha variada gama de productos: moda, doces, calzado, libraría, doces, etc, indicou Pérez.

Comercio, Novas

CONTENT.1711716732

03/03/2020

Obradoiro de defensa persoal para mulleres

OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES

  • Actividade enmarcada na programación do Concello de Barbadás durante o mes de marzo para conmemorar o Día Internacional da Muller.

 

  • O obradoiro desenrolarase os días 26 de marzo e 2 de abril ás 19,00 horas nas instalacións do polideportivo de Barbadás.

 

  • Solicitude de inscrición no obradoiro de defensa persoal para mulleres dentro da Programación 8M.

 

  • Máximo de persoas por cada taller: 30 persoas.

 

  • Será preciso cubrir ambos impresos para formalizar a inscrición ao obradoiro.

 

impreso de incrición para anotarse en curso de defensa persoal

Novas

CONTENT.1711716732

01/03/2020

Listado de premios do Folión do Entroido de Barbadás

Entrega de premios do Folión do Entroido de Barbadás
Listado de premiados/as:
Infantil (6-9 anos): Monster Krakeken: Bono regalo de 200€
Individuais: “A árbore da vida”: 200 €.
Parellas/tríos: 1º- “Bosque máxico” (300€); 2º- “Fantasía global”(150€); 3º- “Operación conichas”(100€).
Comparsas: 1º- “O parque acuático do Cájome” (900€); 2º- “Ouren park”(700€); 3º- “Colorinchos” (500€).
Carrozas: 1º- “Curuxeiras”(900€); 2º- “O gran showman”(700€); 3º- “Os Lolailos, a quinta estación”(500€).
Categorías especiais: Premio ao especial deseño: “A voda do ano” (200€). Premio á especial animación: “Piratas do Caribe”(200€). Premio á máis numerosa: “Gotham city”(200€).
Agradecemenos aos/ás membros do xurado polo seu traballo na valoración e na toma da difícil decisión de elixir aos/ás premiados/as.
Xurado: representantes de asociacións culturais do municipio por orde de antiguedade
1- Beatriz Crespo: presidente da asociación cultural “Voces e cordas”, de Sobrado do Bispo
2- Pablo Martínez, da asociación “Nova Fronteira”
3- José Cuiñas: tesoureiro da asociación coral “Auria canta”.
4- Manuel Seara: presidente da asociación cultural coral polifónica “San Mauro”, de Barbadás pobo.
5- Iria Calviño, tesoureira da asociación “Música e Cultura de Galicia”.

Galería de fotos da entrega de premios no Facebook do Concello de Barbadás

Cultura, Novas

CONTENT.1711716732