Arquivo mensual: Abril 2020

30/04/2020

Recursos telefónicos para o confinamento

Recursos telefónicos para o confinamento

  • Reparto de mascarillas cirúrxicas para persoas maiores de 60 anos e persoas con patoloxías: martes: 17,00-19,00 e xoves de 9,00 a 14,00 h

Edificios municipais de interese

  • Oficinas municipais – 988 39 31 68 (Cita telefónica para trámites de Rexistro e Padrón para persoas sen medios telemáticos)
  • Casa do Concello – 988 36 00 00 (Cita telefónica para trámites de Rexistro e Padrón para persoas sen medios telemáticos)
  • Venda de bonobuses: Oficinas Municipais: luns (9 a 14,00h). Martes e mércores:17,00-19,00
  • Policía Local – 988 22 10 50
  • Protección Civil – 988 24 34  46
  • Centro de saúde: 988 24 53 98
  • Servizos Sociais: 988 36 00 00, extensión 3
  • Centro de Información á Muller: 988 22 22 51. Atención 24 horas: tfnos. 016 e 900 400 273
  • Polideportivo de Barbadás – 988 26 35 19
  • Centro Transfronteirizo – 988 36 04 13

Teléfonos de emerxencia sanitaria

  • Emerxencias Sanitarias – 061/112
  • Información sobre o Coronavirus  da Xunta– 900 400 116

Programas de axuda á cidadanía

  • Atención psicolóxica
    • De 9:00 a 14:00 –  601 64 11 06
    • De 16:00 a 19:00 – 638 74 65 01
  • Atención telefónica solidaria – 988 39 15 26 (9 a 2 h)
  • Teléfono solidario de Protección Civil – 639 46 32 86   (para veciños/as con impedimento xustificado: compra, medicación, …)
  • Impresión de apuntes (só os esenciais) – 988 24 68 85

apuntesconcellodebarbadas@gmail.com

  •  Felicitación de cumpreanoscumpreanosconcellodebarbadas@gmail.com
  • Recollida solidaria de alimentos para animais – 646 98 71 08 (lugar de entrega no Polideportivo de Municipal Barbadás)
  • Banco Solidario (para doazóns que desexe realizar a veciñanza): tfno.: 638 74 65 01
  • Reparto de mascarillas cirúrxicas para persoas maiores de 60 anos e persoas con patoloxías: martes: 17,00-19,00 e xoves de 9,00 a 14,00 h

WEB:       https://www.barbadas.es

Facebook: Concello de Barbadás

Twiter: @Conc_Barbadas

Instagram: @concello_barbadas

Novas

CONTENT.1711688962

30/04/2020

Xornadas sobre medidas preventivas post covid-19

A Concellería de promoción económica, pon en marcha unhas xornadas dirixidas á hostalería e ao comercio sobre medidas preventivas post covid-19.

Serán online e a través dos seguintes links de acceso:

  1. Medidas preventivas post- covid para hostalería 10 horas. Do 4 ao 8 de maio,  de 10.00 a 12.00 horas.

https://meet.google.com/fsy-jtnn-bpt?authuser=2

  1. Medidas preventivas post- covid para comercio 10 horas. Do 4 ao 8 de maio , de 16.00 a 18.00 horas.

https://meet.google.com/eoa-huzn-gjr?authuser=2

Eventos, Promoción económica

CONTENT.1711688963

30/04/2020

Xornadas informativas online covid-19

A Concellería de promoción económica, pon en marcha unhas xornadas informativas dirixidas a empresarios, autónomos , comerciantes e desempregados  sobre  lexislación, axudas, trámites e resolución de dúbidas.

Serán online e a través dos seguintes links de acceso:

-Para empresarios, autónomos  e comerciantes .O xoves 7 de  maio , de 18.00 a 20.00 horas

https://meet.google.com/npd-addb-xyc?authuser=2

-Para  desempregados .O venres 8 de maio,  de 11.00 a 13.00 horas

https://meet.google.com/may-gpds-jus?authuser=2

Eventos, Promoción económica

CONTENT.1711688963

CONTENT.1711688963

CONTENT.1711688963

28/04/2020

Programa BenOurense ComercioOu, subvencións de emerxencia social polo COVID-19

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense, recolle as bases do Programa BenOurense ComercioOu que pon en marcha a  Deputación Provincial de Ourense.Este Programa consiste en subvencións a persoas físicas que estean en situación de vulnerabilidade social ou económica sobrevida ou acentuada como consecuencia da pandemia
do COVID-19 e precisen atender as súas necesidades
máis básicas e inmediatas.
O procedemento de concesión das subvencións é o de concorrencia
non competitiva.

Data Adxuntos
28/04/2020 Programa BenOurense ComercioOu subvencións de emerxencia social polo COVID-19 PDF [227 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1711688963

27/04/2020

O Servizo de Cita telefónica amplíase ás Oficinas Municipais da Valenzá

O SERVIZO DE CITA TELEFÓNICA DO CONCELLO AMPLÍASE ÁS OFICINAS MUNICIPAIS

  • O Concello de Barbadás habilitou hai uns días un servizo de cita telefónica para prestar atención a aquelas persoas que non teñen posibilidade de utilizar medios telemáticos.

 

  • Este novo servizo consistía na atención ao público de xeito restrinxido na casa consistorial, pero a desescalada do confinamento fai posible ampliar o mesmo ás Oficinas Municipais da Valenzá.

 

  • O sistema de cita telefónica para acudir a realizar trámites para aquelas persoas que non teñen posiblidade de utilizar medios telemáticos para trámites relacionados con Rexistro ou Padrón consiste en chamar ao número das Oficinas Municipais da Valenzá 988 39 3168.

 

  • Unha vez que realice esta chamada unha funcionaria tomará nota das peticións relacionadas con Rexistro, certificados de empadroamento e aqueles trámites sinxelos que as persoas non poidan realizar por vía telemática para citalas un día concreto.

 

  • Esas persoas que precisen facer trámites presenciais de rexistro ou padrón serán citados nas Oficinas Municipais para que poidan realizalos.

 

  • Ao mesmo tempo segue en funcionamento o servizo de cita telefónica na casa consistorial chamando ao teléfono 988 36 00 00.

 

 

Novas

CONTENT.1711688963

CONTENT.1711688963

24/04/2020

O Alcalde de Barbadás emite un bando con recomendacións para os paseos de nenos e nenas

O ALCALDE DE BARBADÁS EMITE UN BANDO CON RECOMENDACIÓNS PARA OS PASEOS DE NENOS E NENAS

O bando municipal recomenda que á hora de realizar os paseos os nenos que viven en números pares saian ás horas pares e os que residan en números impares paseen ás horas impares

Ante a situación de emerxencia sanitaria e a desescalada prevista para o domingo 26 de abril, día en que os/as menores de 14 anos poderán sair a dar un paseo de non máis de 1 hora e nun radio de 1 quilómetro como máximo dende o domicilio e acompañados/as por un/unha dos/as seus/súas proxenitores, O ALCALDE DE BARBADÁS COMUNICA:

  • QUE SE RECOMENDA QUE OS/AS MENORES QUE VIVEN EN NÚMEROS PARES SAIAN A REALIZAR ESE PASEO EN HORAS PARES.

  • QUE OS/AS MENORES QUE RESIDEN EN NÚMEROS IMPARES SAIAN A PASEAR EN HORAS IMPARES.

  • RECOMÉNDASE QUE TANTO OS/AS MENORES COMA OS/AS PROXENITORES/AS DEBEN IR PROTEXIDOS/AS CON MASCARIÑA.

  • ROGO SE RESPECTEN AS DISTANCIAS DE SEGURIDADE.

 

  • APELO Á RESPONSABILIDADE DA VECIÑANZA Á HORA DE REALIZAR ESTES PASEOS.

 

                           BANDO ASINADO POLO ALCALDE DE BARBADÁS, XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL

Bandos e avisos, Novas

CONTENT.1711688963

23/04/2020

Barbadás celebra o Día do Libro entregando exemplares para os/as clientes/as do comercio local

O CONCELLO DE BARBADÁS CELEBRA O DÍA DO LIBRO ENTREGANDO NOS ESTABLECMENTOS DO COMERCIO LOCAL EXEMPLARES PARA TODAS AS IDADES

  • Barbadás celebra o Día do Libro de un xeito diferente entregando exemplares para que os/as clientes do comercio local poidan disfrutar da literatura.
  • Para conmemorar o Día do Libro esta mañá repartíronse en diferentes establementos do comercio local un total de 200 exemplares.
  • O obxectivo desta iniciativa é “viaxar a través das aventuras que nos ofrecen os libros que regala o Concello de Baradás nesta data tan especial”, comenta a concelleira de Cultura, Marga Pérez..
  • O libros que se deixaron en 11 establecementos están dirixidos a público adulto, infantil e xuvenil.

  

  • Os exemplares distribuidos entregáronse perfectamente desinfectados e envasados en bolsas de plásticos para cumprir as normas de seguridade.

Cultura, Novas

CONTENT.1711688963

22/04/2020

Medidas extraordinarias para o pagamento de alugueres de locais de negocio

Poderanse beneficiar autónomos, profesionais e pemes cuxa actividade económica se suspendese ou se reducise drasticamente

Esta medida vai  beneficiar a máis de 222.000 inmobles alugados de uso comercial, ocio, hostelería e turismo

Data Adxuntos
22/04/2020 Pago alquileres PDF [185 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1711688963

21/04/2020

O Concello poen en marcha unha iniciativa de recollida de alimentos para o Banco Solidario entre a cidadanía

O CONCELLO DE BARBADÁS PON EN MARCHA UNHA INICIATIVA PARA QUE A POBOACIÓN POIDA COLABORAR NA ENTREGA SOLIDARIA DE ALIMENTOS PARA O BANCO SOLIDARIO

  • O Concello de Barbadás promove unha iniciativa para a recollida de alimentos entre a cidadanía para o Banco Solidario de Barbadás.

 

  • O obxectivo desta iniciativa é concienciar á poboación para que colaboren coas súas aportacións en alimentos para axudar ás familias que se atopan en situación de vulnerabilidade.

 

  • “En momentos de emerxencia sanitaria, vostede pode ser unha man solidaria” é o título da campaña para axudar a aqueles/as que máis o precisan.

 

  • Para participar nesta iniciativa pode vostede poñerse en contacto con Concello de Barbadás chamando ao número de teléfono 638 746 501.

Novas, Servizos sociais

CONTENT.1711688963

CONTENT.1711688963

CONTENT.1711688963

20/04/2020

O Concello de Barbadás habilita un servizo de cita telefónica para trámites de Rexistro ou Padrón

O CONCELLO DE BARBADÁS POR EN MARCHA UN SERVIZO DE CITA TELEFÓNICA

 

  • O Concello de Barbadás habilita un servizo de cita telefónica para prestar atención a aquelas persoas que non teñen posibilidade de utilizar medios telemáticos.

 

  • O sistema de cita telefónica consiste en chamar ao número do Concello de Barbadás: 988 36 00 00 en horario de 9,00 a 14,00 horas.

 

  • Unha vez que realice esta chamada unha funcionaria tomará nota das peticións relacionadas con Rexistro, certificados de empadroamento e aqueles trámites sinxelos que as persoas non poidan realizar por vía telemática para citalas un día concreto.

 

  • Esas persoas que precisen facer trámites presenciais de rexistro ou padrón serán citados na casa do concello para que poidan realizalos.

 

Novas

CONTENT.1711688963

CONTENT.1711688963

18/04/2020

O Concello de Barbadás axiliza pago de facturas a proveedores e empresas

O CONCELLO DE BARBADÁS AXILIZA O PAGO DE FACTURAS A PROVEEDORES E EMPRESAS PARA DAR LIQUIDEZ CO ÁNIMO DE APOIAR AO COMERCIO LOCAL E AO EMPRESARIO

 

  • O Concello de Barbadás, “no ánimo de seguir apoiando ao comercio local e aos proveedores e empresas que prestan servizos para a administración local, procedeu ao pago de unha suma importante para dar liquidez aos mesmos”, sinala Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás.

 

  • Co obxecto de dar liquidez e favorecer a actividade empresarial e comercial de proveedores e empresas que manteñen unha relación contractual co Concello de Barbadás, onte realizaronse varias operacións de pago de facturas por valor de 246.475 euros, explica Valcárcel.

 

  • O alcalde de Barbadás e concelleiro de Economía e Facenda indicou que “a pesares da situación xerada polo estado de alarma, o Concello está facendo un esforzo importante para efectivizar os pagos a proveedores e empresas”

Novas, Promoción económica

CONTENT.1711688963

18/04/2020

O Banco Solidario de Barbadás recolle aportacións de alimentos que a veciñanza desexe aportar

O BANCO SOLIDARIO DE BARBADÁS RECOLLE AS APORTACIÓNS DE ALIMENTOS QUE A VECIÑANZA DESEXE APORTAR

PARA REALIZAR DOAZÓNS AO BANCO SOLIDARIO PODE VOSTEDE CHAMAR AO TELÉFONO 638746501

  • O Banco Solidario de Barbadás está en disposición de recoller as aportacións de alimentos que a veciñanza desexe aportar.

 

  • Durante os últimos días xa se recibiron diversas doazóns anónimas, un xesto altruista importante en un momento no que moitas familias están atravesando dificultades sociais e económicas.

 

  • O Banco Solidario está sendo xestionado dende a área de Servizos Sociais, que se encarga de coordinar as citas para a recepción de alimentos.

 

  • Un grupo de voluntarios/as incorporaronse como reforzo nos últimos días para atender ás persoas que acuden ao Banco Solidario, unha entrega que garante todas as medidas de seguridade e supervisado por responsables municipais.

 

  • O día 8 de abril retomouse a actividade do Banco Solidario de forma presencial para intensificar a labor de axuda ás familias vulnerables ante a situación de pandemia provocada polo COVID-19. En ningún momento se deixou de repartir alimentos e de seguir xestionando as necesidades por diferentes canles de comunicación (telefónica, email) por parte da traballadora social, Protección Civil e concelleira responsable.

 

  • Os días 5 e 6 de marzo dende o Concello de Barbadás realizouse un reparto de alimentos entre máis de 100 familias en situación de vulnerabilidade.

 

  • Dende o inicio do estado de alarma a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil efectuáronse repartos domiciliarios entre os resto de familias que quedaban pendentes do primeiro reparto, ata un total de 140 familias.

 

  • Durante as semanas seguintes á declaración do estado de alarma levouse a cabo, polo tanto, reparto de alimentos non perecedeiros entre as familias definidas por Servizos Sociais como en situación de exclusión social.

 

  • A reapertura do Banco Solidario de Barbadás o 8 de marzo significou a continuidade do reparto e apoio ás familias que máis o necesitan. A área de Servizos Sociais seguiu xestionando a incorporación de novas familias beneficiarias deste servizo de apoio aos/ás máis vulnerables.

 

  • A pesar do peche temporal do Banco Solidario, beneficiarios/as que non estaban nese reparto recibiron alimentos previa comprobación da súa necesidade por parte da traballadora social da UTES 02 de A Valenzá (área de Servizos Sociais).
  • Dende o Concello de Barbadás xa se formalizou a adquisición de novos lotes de alimentos para o reparto. A edil de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, comenta que o Banco de Alimentos de Ourense de Cruz Vermella surte a Barbadás de alimentos non perecedeiros varias veces ao ano.

 

  • Con motivo da pandemia o Concello de Barbadás decidiu reforzar a atención ás familias sufragando con un bono de 25 euros a compra de alimentos frescos que se lle entregan ás persoas que acuden ao Banco Solidario.

 

  • O Concello de Barbadás quere transmitir os agradecementos ás persoas que de forma anónima fan chegar ao Banco Solidario alimentos e produtos variados para entregalos ás familias vulnerables.

 

  • Asi mesmo, dende o Concello trasládase o agradecemento ás empresas que donaron solidariamente alimentos, como é o caso de Coren (3.500 hamburguesas) ou Legufrut Agro (150 quilos de laranxas). Nos vindeiros días chegarán novas doazóns procedentes de outras empresas, un acto solidario do que será informada a veciñanza.

Novas, Servizos sociais

CONTENT.1711688963

16/04/2020

Recollida solidaria de alimentos para animais

O CONCELLO DE BARBADÁS COLABORA COAS PROTECTORAS RECOLLENDO APORTACIÓNS DE ALIMENTOS PARA ANIMAIS

  • O Concello de Barbadás pon en marcha unha iniciativa para a recollida solidaria de alimentos para animais.

 

  • O obxectivo é recoller alimentos entre as persoas que solidariamente queiran colaborar para entregarllelo despois a colectivos e asociacións vinculados coa protección de animais, fundamentalmente cans e gatos.

 

  • O punto de recollida será os martes e os venres no polideportivo de Barbadás entre as 10,00 e as 13,00 horas.

 

  • As persoas interesadas en realizar esta doazón solidaria poden facelo gardando as medidas de seguridade no pavillón da Valenzá.

Novas

CONTENT.1711688963

16/04/2020

A Xunta crea unha canle de comercialización de produtos agrogandeiros de proximidade

A Consellería de Medio Rural pon en funcionamento unha canle alternativa para a comercialización de produtos agrogandeiros de proximidade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia co fin de facer fronte á perda de ingresos de persoas agricultoras e gandeiras do sector primario con motivo da entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que decreta a suspensión da apertura dos equipamentos e actividades de hostalaría e restauración e que, xunto coa prohibición da realización de mercados tradicionais nos concellos de Galicia establecida no artigo 2.1 da Orde da Consellería do Medio Rural do 23 de marzo de 2020, supoñen a imposibilidade de empregar esas canles habituais para a comercialización deses produtos.

A canle alternativa funcionará mediante a posta en contacto por parte da Consellería do Medio Rural dos agricultores, gandeiros e industrias de transformación de produtos agrogandeiros que se adhiran a ela cos establecementos de comercialización a que se refire a orde.

 A rede recibe o nome de Mercaproximidade e a súa instrumentación e funcionamento será a través da páxina web da Consellería do Medio Rural e do correo eléctronico previsto na seguinte orde.

DOG A Xunta crea unha canle de comercialización de produtos agrogandeiros de proximidade

Cursos

CONTENT.1711688963

15/04/2020

Moratoria de impostos para pemes e autónomos

BOE Moratoria fiscal pemes e autónomos

Permíteselles aos autónomos e as pemes aprazar as declaracións de impostos de mes de abril para mitigar o impacto económico provocado pola crise do COVID- 19

Do 20 de abril ao 20 de maio

Cursos

CONTENT.1711688963

14/04/2020

O Goberno mantén o reparto regular de máscaras ás CCAA e entrega outros catro millóns de unidades

O GOBERNO MANTÉN O REPARTO REGULAR DE MASCARIÑAS ÁS COMUNIDADES AUTÓNOMAS E ENTREGA OUTROS 4 MILLÓNS DE UNIDADES

  • A fin de semana distribuíronse 4.148.980 máscaras entre as CCAA co que se achega a 43 millóns as unidades repartidas

 

  • Estas entregas prodúcense á marxe dos 10,5 millóns de máscaras entregadas ás delegacións de Goberno para distribuír en nodos de transporte entre os traballadores

 

  • Galicicia recibiu 1.586.289 unidades

Novas

CONTENT.1711688963

14/04/2020

O Concello de Barbadás crea un Servizo de Atención Telefónica Solidaria

O CONCELLO DE BARBADÁS CREA UN SERVIZO DE ATENCIÓN TELEFÓNICA SOLIDARIA

 O Servizo de atención telefónica solidaria está pensado para poñer en contacto a persoas que queren facer tarefas de voluntariado en tempos de confinamento con persoas que precisan compañía, charlar ou compartir uns intres de conversa.

  • O esquema de esta iniciativa é poñer en contacto a persoas que queren ser voluntarias ou axudar a quen o precisa con veciños/as que precisen compañía telefónica.

 

  • As persoas voluntarias para compartir tempo e as receptoras desta compaña solidaria deben ponerse en contacto con co Concello a través do número de teléfono: 988 3915 26 en horario de 9,00 a 14,00 horas.

 

  • Dende o Concello realizanse as postas en contactos entre o voluntariado e os receptores atendendo a criterios de concordancia de perfís de cada usuario/a deste Banco de Tempo.

 

  • As persoas interesadas en este servizo tamén poden utilizar a seguinte dirección de correo electrónico: xuventude@barbadas.es.

 

  • O Servizo de Atención Telefónica Solidaria pode ser unha alternativa para aquelas persoas que amosan unha sensibilidade especial para axudar aos/ás seus conveciños/as nuns momentos tan difíciles como está vivindo a poboación ante as consecuencias do estado de alarma.

 

  • A iniciativa está aberta a toda a veciñanza que desexe participar tanto como voluntarios/as que como receptores desta atención solidaria.

Bandos e avisos, Mocidade, Novas

CONTENT.1711688963

13/04/2020

Un reto para os/as escolares: celebrar o Día da Bici dende a casa

O CONCELLO DE BARBADÁS PROMOVE COMO RETO CELEBRAR O DÍA DA BICI DENDE A CASA

A Concellería de Educación anima aos/ás escolares a enviar debuxos, imaxes, fotos, collage, etc para elaborar unha montaxe  e celebrar de un xeito diferente o Día da Bici

  • Con motivo do Día da Bici dende a Concellería de Educación propoñen unha celebración alternativa ao confinamento.

 

  • Todos/as aqueles escolares que desexen sumarse a esta iniciativa poden facelo enviando fotos, imaxes, collage, debuxos nos que aparezan para posteriormente confeccionar unha composición na que aparezan as aportacións.

 

  • Para participar nesta iniciatia é preciso enviar as fotos, imaxes, etc á seguinte dirección de enderezo electrónico: educacion@barbadas.es.

 

  • As persoas interesadas na iniciativa poden tamén chamar ao teléfono 9888246885.

 

  • O prazo de presentación está aberto entre os días 13 de abril e o 17 de abril.

 

  • A composición coas imaxes, fotos ou debuxos enviados publicarase o día 19 de abril nas redes sociais do Concello de Barbadás.

 

  • É moi importante que os/as nenos e nenas coloquen os cascos como medidas de protección.

 

  • A concelleira de Educación, Marga Pérez, comenta que “nestes días tan excepcionais temos que estar o máis activos/as posible e por este motivo propoñemos este reto, precisamente para non esquernos deste día tan importante”.

 

  • Marga Pérez anima ao colectivo infantil sinalando que “pronto poderemos sair á rúa coller as bicicletas e o casco e disfrutar”.

 

  • Dende a área de Educación lembran con motivo deste reto “lembrar o valor da mobilidade sostible e ecolóxica deste medio de desprazamento que é a bicleta”.

 

 

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1711688963

12/04/2020

O Goberno Central entrega a Galicia 602.000 mascariñas para entregar a traballadores/as que se reincorporen ao traballo e acudan en transporte público

O GOBERNO DE ESPAÑA ENTREGOU A GALICIA 602.000 MASCARIÑAS QUE SE REPARTIRÁN A PARTIR DO LUNS 13 DE ABRIL ENTRE OS/AS TRABALLADORES/AS QUE SE REINCORPORAN AO SEU TRABALLO

Un cargamento de 602.000 máscaras chega a Galicia para os traballadores que usen transporte público

O Goberno central entregou a Galicia un cargamento de 602.000 mascariñas, que se distribuirán a partir de mañá luns 13 de abril entre aquelas persoas “que teñan que desprazarse para traballar e lles resulte máis complexo manter a distancia de seguridade” ao utilizar o transporte público.

O Ministerio de Sanidade recomenda en primeiro lugar o teletraballo e en segundo lugar que todos aqueles que teñan a capacidade de desprazarse ao seu traballo en vehículo particular, en moto, bicicleta ou andando, fágano así, evitando os traslados en transporte público.

  • Na repartición de máscaras realizarase por parte de efectivos e voluntarios do Sistema Nacional de Protección Civil coa participación das Forzas e Corpos de Seguridade, tanto do Estado como autonómicas e locais.

 

  • O Sistema Nacional de Protección Civil coordínase desde a Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior e está integrado por efectivos e capacidades da Administración Xeral do Estado, das Comunidades Autónomas e das Corporacións Locais, entre outros actores.

 

  • A distribución realizarase este luns e martes ou este martes e mércores, en función da finalización do período de Semana Santa nos distintos territorios do país. As máscaras estarán dispoñibles exclusivamente para aquelas persoas que teñan que desprazarse aos seus postos de traballo en sistemas de transporte nos que sexa máis complicado manter a distancia de seguridade
  • Esta medida enmárcase dentro da estrita limitación de movementos vixente desde o inicio do estado de alarma e está en consonancia coas prioridades e recomendacións marcadas polo Ministerio de Sanidade, entre as que se recomenda o uso de máscaras para aqueles traballadores que non poidan teletrabajar nin desprazarse en vehículo particular, en bicicleta ou a pé e teñan que utilizar medios de transporte público cunha importante afluencia de persoas.

 

  • Os 10 millóns de máscaras, adquiridas e xestionadas polo Goberno de España chegaron a España vía aérea o venres día 10 de abril pola noite para a súa repartición por todo o país.

 

  • Onte sábado e hoxe domingo organizáronse os roteiros para a súa distribución e a Delegación do Goberno en Galicia está a coordinar coas subdelegacións do Goberno as partidas correspondentes ao territorio.

 

  • O ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, e a ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, mantiveron na tarde do sábado unha videoreunión con todos os delegados do Goberno para detallar e organizar tanto a repartición por comunidades como o operativo de distribución polos principais nodos de transporte público.

 

  • Na reunión tamén participaron a subsecretaria do Ministerio do Interior, Isabel Goicoechea, e o director xeral de Protección Civil e Emerxencias, Leonardo Marcos.

 

  • O Ministerio de Sanidade recomenda en primeiro lugar o teletraballo e en segundo lugar que todos aqueles que teñan a capacidade de desprazarse ao seu traballo en vehículo particular, en moto, bicicleta ou andando, fágano así, evitando os traslados en transporte público.

Bandos e avisos, Novas, Seguridade cidadá, Transporte

CONTENT.1711688963

CONTENT.1711688963

10/04/2020

O Concello de Barbadás aluga o camión baldeador á Deputación de Ourense

O CONCELLO DE BARBADÁS ALUGA O CAMIÓN BALDEADOR DA DEPUTACIÓN DE OURENSE PARA INCREMENTAR AS TAREFAS DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN DAS VÍAS E RÚAS DO CONCELLO ALUGOU UN CAMIÓN BALDEADOR Á DEPUTACIÓN DE OURENSE

  • A solicitude do uso do camión baldeador da Deputación foi cursada den a Alcaldcía de Barbadás o 30 de marzo de 2020 co obxecto de implementar a limpeza e desinfección de vías, rúas e camiños.

  • A Deputación contestou días despois á solicitude enviada polo Concello de Barbadás especificando que o custo do cambión por cada xornada de traballo é de 175 euros máis IVE.

  • O día 10 de abril estivo o camión baldeador en Barbadás realizando as tarefas de limpeza e desinfección na Valenzá, As Lamas, zona do Ruxidoiro, zona Carrefour e Fonsillón.

  • En vindeiras xornadas o Concello de Barbadás ten previsto alugar este camión, en concreto o luns13 de abril continuará pola zona da Finca Fierro, Piñor, Parada, etc.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1711688963

10/04/2020

Carta do Alcalde de Barbadás á cidadanía ante o COVID-19

MENSAXE DO ALCALDE DE BARBADÁS Á CIDADANÍA

Estimado veciño e veciña:

Dende a Alcaldía de Barbadás quero transmitir unha mensaxe de tranquilidade, de ánimo, de confraternidade ante a situación que estamos a vivir todos e todas nós.

As últimas semanas están sendo complexas e difíciles. Todos/as os/as veciños/as vivimos as consecuencias da pandemia de Coronavirus con preocupación e con inquedanza.  Unha actitude comprensible ante unha enfermidade descoñecida.

Como alcalde de Barbadás síntome na obriga de dirixirme á veciñanza para que saiban que diante desta emerxencia sanitaria estamos a adoptar decisións e a poñer en marcha medidas de protección da saúde e da seguridade para que todos/as vostedes se sintan arroupados/as, protexidos/as.

Quero que saiba que hai moitas persoas velando para que as consecuencias do COVID-19 teñan un menor impacto nas súas vidas.

Dende o Concello de Barbadás quero transmitir tranquilidade e dicirlle a cada familia que o esforzo e o traballo de moitas persoas  fan posible  que o impacto da pandemia se minimice.

Están levándose a cabo tarefas de limpeza de zonas públicas, de desinfección de accesos a establecementos comerciais e tamén  de baldeo e desinfección de beirarrúas e viais.

Dende Protección Civil estase realizando un excelente e  impecable traballo para atender ás persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade.

A Policía Local está redobrando esforzos para intensificar os traballos en aras da seguridade das persoas e están a prestar un servizo para que a veciñanza respecte os protocolos marcados.

Dende as brigadas de obras e xardinería acométense a diario tarefas de desinfección. Os/as traballadores do Concello continúan prestando atención á cidadanía mediante o teletraballo.

Creamos servizos novos como a atención psicolóxica, a atención aos maiores, a impresión de apuntes para estudantes e apoio ás persoas que non poden desprazarse á farmacia ou ao supermercado.

O servizo de axuda no fogar, fundamental para a atención dos/as persoas dependentes, continúa desenrrolándose nas mesmas condicións de calidade e seguridade.

Creouse tamén unha cadea solidaria de confección de mascariñas que se fixeron chegar prioritariamente ás tres Residencias de Maiores do municipio: Domusvi, Nosa Señora dos Milagres e Siervas de San José.

E dende hai días estanse entregando directamente a colectivos e persoas vulnerables ou con risco elevado de contaxio e agora tamén nos pequenos establecementos comerciais que seguen abertos para que llelas entreguen aos seus clientes.

Trataremos de que cheguen a toda a veciñanza que sexa posible ou polo menos ás persoas que teñen que sair por necesidades básicas do seu confinamento. Temos que pensar que é unha fabricación artesanal e feita por persoas voluntarias a quen quero trasladar un enorme agradecemento e unha enorme aperta.

O Banco Solidario está aberto todos os días de luns a venres para axudar ás persoas que máis o necesitan. Lembrar que calquera pode facer a súa aportación solidaria para poder colaborar coas persoas que son atendidas dende este servizo.

Desde  a Concellería de Comercio e o Centro Empresarial Transfonteirizo estanse a estudiar medidas de apoio para colaborar co comercio de proximidade para recuperar a normalidade na súa acitividade.

Como alcalde quero anticiparlle que seguimos abertos a escoitar as inquidanzas de todos vostedes. 

Calquera suxestión que teñan pode transmitila, como acontece normalmente, pero nestes momentos especialmente debemos permacer unidos, en contacto, fomentando xestos de solidariedade e abrindo os nosos corazóns ante as persoas que nos necesitan.

Agradecer a todos os veciños e veciñas a súa solidariedade, a súa responsabilidade e a súa cooperación nestes momentos nos que todos e todas a unha temos que pensar e colaborar no benestar de toda a veciñanza.

Máis pronto que tarde Barbadás volverá a ser un lugar cheo de cór, de ledicia, de nenos e nenas xogando nos parques e de terrazas cheas de bullicio.

Moito ánimo e unha aperta.

Xosé Carlos Valcárcel, Alcalde de Barbadás

 

Bandos e avisos, Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1711688963

10/04/2020

O Banco de Alimentos de Barbadás reabre para entregar produtos non perecedeiros e un bono para mercar produtos frescos

O BANCO DE ALIMENTOS REABRE PARA ENTREGAR PRODUTOS ÁS PERSOAS EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE

O Concello de Barbadás entrega tamén ante as dificultades provocadas pola emerxencia sanitaria un bono para a compra de produtos frescos

  • O Banco de Alimentos reabre para prestar servizo ás persoas en situación de vulnerabilidade.

 

  • O horario de entrega de alimentos é de 11,00 a 13,00 horas, de luns a venres, para que as persoas que se atopan en condicións desfavorable acudan a recoller os lotes de produtos non perecedeiros.

 

  • A estas persoas que acuden ao Banco de Alimentos asígnaselles dende o Departamento de Servizos Sociais unha cita previa.

 

  • A agrupación de voluntarios/as de Protección Civil xa estaba repartindo alimentos ás persoas usuarias dende o comezo da crise sanitaria.

 

  • Cada persoa usuaria é atendida durante 10 minutos, gardando en todo momento as normas de seguridade e con un operativo de Protección Civil no lugar para supervisar o acceso.

 

  • Dende a Área de Servizos Sociais tamén se atenderá nos vindeiros días a aquelas persoas que, a pesar de non ser usuarios/as do Banco de Alimentos, poidan estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia da crise sanitaria ante o COVID-19.

 

  • Cada día atendese unha media de 13 persoas.

 

  • A entrega de alimentos forman parte de un remanente que existía e a partir do luns 13 de abril entregaranse produtos sufragados directamente polo Concello de Barbadás.

 

  • A reapertura do Banco de Alimentos pretende prestar un servizo de apoio ás familias que o precisan nestes complexos momentos, unhas tarefas realizadas en coordinación da concelleira Elisabet González e a traballadora social que coordina o apoio ás familias vulnerables.

 

  • O Concello de Barbadás quere expresar o agradecemento polas doazóns que están realizando diferentes persoas ao Banco de Alimentos e lembra que existe a posibilidade de aportar doazóns para esta causa solidaria.

 

  • Unha rede de voluntariado colabora nesta entrega de alimentos, baixo estritas medidas de seguridade.

Novas, Servizos sociais

CONTENT.1711688963

08/04/2020

Modificación do número de teléfono de atención psicolóxica de horario de mañá (9,00 a 14,00)

O SERVIZO DE ATENCIÓN TELEFÓNICA CAMBIA UN DOS NÚMERO DE TELÉFONO (988 36 00 00) POR UNHA LIÑA NOVA: 601641106

PARA POÑERSE EN CONTACTO COA PROFESIONAL QUE ATENDE O SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA EN HORARIO DE 9,00 A 14,00 HORAS DEBE VOSTEDE CHAMAR AO TELÉFONO 601 64 11 06.

DESCULPEN AS MOLESTIAS

Novas

CONTENT.1711688963

08/04/2020

O Banco de España vixia que os bancos non vinculen os créditos con avais con produtos das propias entidades

O Banco de España vixia que as entidades bancarias “non coloquen” os seus produtos propios aos clientes que piden créditos con avais.

  • Segundo informa o periódico “El País” ante algunhas queixas dos/das consumidores, as patronais AEB e CECA lembran aos seus bancos que non pode vincular nada aos préstamos ou liñas de liquidez con aval do Estado.

 

  • Ante a aparición nas redes sociais de vídeos de supostos/as clientes de bancos aos/ás que se lles esixiu contratar seguros de vida ou tarxetas se querían acollerse aos créditos ou liñas de liquidez con aval do Estado.

 

  • Esta práctica non está permitida no contrato firmado entre o sector e o Instituto de Crédito Oficial (ICO), xestor desta liña.

 

  • Segundo unha noticia publicada por “El País” algunhas entidades asumiron esta actuación incorrecta, aínda que o atribuiron a erros de algún/algunha empregado/a que foron subsanados horas despois.

 

  • Co obxecto de que non queden dúbidas no sector, o Banco de España lanzou a inicios de semana, na que comezou a campaña oficial de colocación dos 000 primeiros millóns avalados un comunicado.

 

  • No comunicado do Banco de España lémbrase ao sector bancario que revisará o cumprimento da normativa e as boas prácticas bancarias na comercialización dos avais do ICO.

 

  • O Banco de España considera de vital importancia para a economía do país nestes momentos que os avais do Estado aprobados polo goberno para facilitar o mantemento do emprego e paliar os efectos económicos do COVID-19 sexan comercializados polas entidades financieiras en estrito cumprimento tanto das condicións e requisitos fixados na normativa que os regula coma dos criterios de boas prácticas bancarias.

 

  • Banco de España lembra que, sen prexuízo da atención telefónica e o canal de consultas do ICO, as discrepancias da comercialización dos avais, poden plantexarse ante o servizo de atención ao cliente ou defensor do cliente da entidade comercializadora.

 

  • Se o cliente acudiu a esta vía e considera que o banco non actuou correctamente poderá recorrer ao servizo de atención telefónica do Banco de España (900 54 54 54).

 

  • O presidente do Instituto Oficial de Crédito, José Carlos García de Quevedo, advertiu que as entidades financieiras non poden esixir ás empresas ou aos/ás autónomos/as a contratación de produtos ou servizos adicionais a cambio de conceder estas liñas de liquidez.

 

Novas, Promoción económica

CONTENT.1711688963

17/04/2020

Continúa a cadea solidaria de elaboración de mascariñas no municipio de Barbadás

CONTINÚA A CADEA SOLIDARIA DE ELABORACIÓN DE MASCARIÑAS NO MUNICIPIO DE BARBADÁS

  • En Barbadás continúa a cadea solidaria para confeccionar mascariñas de tela.
  • Varias/os voluntarias/os confeccionan dende hai días estes elementos que, aínda que non son de uso sanitario, poden utilizarse como barreira ante o coronavirus.
  • As artítices e protagonistas desta cadea solidaria son as persoas que confeccionan: Carmen, Toñi, Isabel C, Manuela, Ángeles, Manola, Begoña, Isabel R., Elvira, Eva, Ana, Geni, Tatá, Kiowa e numerosos/as veciños/as de Loiro. As persoas viven en diferentes lugares do municipio e en Ourense.
  • Colabora na doazón de tela: @Telpes.
  • Tamén donou material Aurora Bal e Geni.
  • Tamén colaboran na entrega de tela e sábanas veciños e veciñas do municipio de Barbadás e Ourense.
  • Colaboran tamén na esterilización: clínica dental Parracía, centro médico Semecor e clínica dental A Valenzá e clínica Iglesias e Piñón.
  • Tamén participou na donación de elementos para engadir filtros a mascariñas empresa Bermello.
  • Perto de 1000 mascariñas foron repartidas nas últimas semanas nos 3 centros xeriátricos de Barbadás: Siervas de San José, Nosa Señora dos Milagres e DomusVi.
  • Tamén se distribuiron nos establecementos que permanecen abertos: despachos de pan, panaderías, carnicerías, tendas de comestibles, establecementos de venda de produtos agrícolas, froiteirías, etcétera.
  • Nos vindeiros días seguiranse distribuindo nos establecementos abertos máis mascariñas para que á súa vez as entreguen entre os/as seus/súas clientes.
  • Na entrega das mascariñas solidarias, entregase tamén un documento con unha serie de indicacións.
  • A continuación transcribimos o documento que se entrega coas mascariñas solidarias:

O Concello de BARBADÁS, en colaboración coa cadea solidaria de veciñas/os xurdida con motivo do estado de alarma provocado polo COVID-19, procede á entrega das mascarillas elaboradas, facendo constar :

1- Estas mascarillas non son un material homologado sanitariamente.

2- O seu uso non garante unha protección total contra o contaxio do COVID-19

3- Rógase o mantemento das medidas establecidas polas autoridades sanitarias, tales como o uso de luvas, gardar unha distancia de seguridade de 2 metros, lavado de mans etc…

4- A entrega é gratuita  e queda prohibida a súa comercialización polos destinatarios das mesmas.

É IMPORTANTE NON TER UNHA FALSA SENSACIÓN DE SEGURIDADE.

POR FAVOR: EXTREME AS PRECAUCIÓNS!

Novas

CONTENT.1711688963

06/04/2020

O Concello de Barbadás pon en marcha un servizo para a impresión de apuntes/deberes para escolares do municipio

O CONCELLO DE BARBADÁS PON EN MARCHA UN SERVIZO PARA IMPRESIÓN DE APUNTES PARA OS/AS ESCOLARES DO MUNICIPIO

  • O Servizo de impresión de apuntes está dirixido a nenos e nenas que non dispoñen de conexión wifi ou impresora.

  • Co obxecto de facilitar que os/as escolares poidan seguir desenrolando tarefas didácticas dende a casa, ofrécese a posibilidade de imprimir apuntes ou deberes e a posterior entrega nos domicilios.

  • O sistema para acceder a este servizo consiste en enviar un correo electrónico á seguinte dirección: apuntesconcellodebarbadas@gmail.com .

  • A información que se precisa para proceder á impresión de apuntes/deberes é o nome e apelidos, número de teléfono de contacto e a dirección postal.

  • Este servizo préstase a través da Área de Educación no teléfono 988 246885, con un horario de atención ao público de 9,00 a 14,00 horas.

  • Unha vez realizada a petición a través da dirección de email ou do teléfono, o Concello de Barbadás realizará a entrega en función da dispoñibilidade de medios humanos e materiais.

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1711688963

06/04/2020

O Ministerio de Sanidade distribúe 1 millón de test de diagnóstico rápido entre as comunidades autónomas

O MINISTERIO DE SANIDADE DISTRIBÚE 1 MILLÓN DE TEST DE DIAGNÓSTICO RÁPIDO ENTRE AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

  • O ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou o domingo 5 de abril que os test rápidos van ser un complemento ás PCR e vanse dirixir especialmente a colectivos vulnerables como as residencias de maiores.
  • Dende o Ministerio de Sanidade asegurase que España vai incrementar de maneira substancial a capacidade de diagnóstico para confirmar ou descartar a presenza do COVID-19 na poboación.
  • O obxectivo do Ministerio de Sanidade é facer o máximo número de test posible ás persoas que teñan síntomas. Cada día realízanse entre 15.000 a 20.000 test diarios, pero é importante aumentar esta capacidade de diagnóstico diario, segundo afirma o ministro.

 

  • A Xunta de Galicia, segundo informa o Delegado do Goberno, recibiu hoxe 58.800 test rápidos.
  • Os test que se distribuirán agora, segundo o Instituto de Saúde Carlos III, teñen unha sensibilidade de máis do 80 % a partir de que a persoa leve 7 días ou máis infectada.
  • A peza clave da estratexia de diagnóstico seguirán sendo os test PCR e o test rápido vai ser un complemento para chegar a un maior número de poboación diagnosticada. Dirixiranse especialmente a hospitais e colectivos vulnerables, como as residencias de maiores.

 

Novas

CONTENT.1711688963

06/04/2020

O luns 6 de abril e o martes 7 de abril a Unidade Móbil de Doazón de Sangue estará ubicada xunto o antigo centro médico

UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ UBICADA NA VALENZÁ OS O LUNS 6 DE ABRIL E O MARTES 7 DE ABRIL

 

  • Ubicación: avenida de Celanova, 84 (XUNTO ANTIGO CENTRO MÉDICO).

 

  • Luns 6 de abril e martes 7 de abril.

 

  • Horario: 9,30 a 14,30h pola mañá. E pola tarde: 15:30 a 21:00h.

 

  • ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue) está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos/as enfermos/as ingresados nos hospitais de Galicia.

 

  • A Axencia de Doazón lembra que “o noso traballo depende da colaboración diaria dos concellos galegos e aínda máis nestas circunstancias”.

 

  • As persoas que acudan a doar sangue poden amosar a súa tarxeta de doador/doadora de sangue para acreditar o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.

 

  • A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradece a constante colaboración das persoas que colaboran, “vital para acadar as doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a milleiros de doentes”.

Novas

CONTENT.1711688963

03/04/2020

Amplíase a atención psicolóxica con accesos directos na web do Concello de Barbadás

O CONCELLO DE BARBADÁS AMPLÍA O SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA A TRAVÉS DE 2 ACCESOS DIRECTOS DENDE A CABECEIRA DA PÁXINA WEB E DE UN BOTÓN DE ACCESO DENDE O MENÚ DE ACCESO RÁPIDO

  • O Concello de Barbadás amplía o Servizo de Atención Psicolóxica para axilizar a accesibilidade da veciñanza a contidos e ás profesionais que o atenden.

  • A páxina web do Concello de Barbadás (barbadas.es) habilitou dous novos accesos a contidos, información e atención vinculados ao Servizo de Atención Psicolóxica:
  1. A través do banner de atención psicolóxica que está na cabeceira da web.
  2. A través do primeiro botón que está no menú de acceso rápido da páxina de inicio da web.

  • Na sección de atención psicolóxica cando as liñas estean ocupadas ou fóra dos horarios de atención, pode a cidadanía deixar cuberta unha solicitude expoñendo a situación que quere consultar e recibirán unha resposta tan pronto como sexa posible.

  • Diversos organismos como a OMS, o Sergas, e o Consello Xeral da Psicoloxía xunto cos Colexios Profesionais do país, entre eles o de Galicia, afánanse día a día en achegar á cidadanía documentos e materiais de interese para axudar a xestionar as diversas circunstancias que estamos todos xuntos a afrontar.

  • Por esta razón ao clicar no banner ou no botón de acceso rápido poderá atopar unha selección de enlaces que esperamos lle poidan servir de utilidade.

  • Estes enlaces están relacionados coa infancia, mocidade, comunidade educativa, poboación en xeral ou persoas maiores. Tamén se pode consultar información vinculada con situacións de embarazo ou maternidade, violencia de xénero, saúde mental, profesionais e persoas intervintes ou situacións de dó.

Novas

CONTENT.1711688963

03/04/2020

Viaqua comunica medidas económicas ante o COVID-19

VIAQUA COMUNICA UNHA SERIE DE MEDIDAS PARA AFRONTAR AS CONSECUENCIAS ECONÓMICAS SOBRE OS/AS CLIENTES ANTE O COVID-19

  • A empresa Viaqua informa de unha serie de medidas dirixidas a autónomos, propietarios/as de pequenas e medianas empresas, comerciantes, restauradores, persoas en situación de desemprego sobrevido, empresarios/as, hosteleiros/as, etc.

 

  • A empresa adxudicataria do servizo de saneamento e abastecemento en Barbadás comunica á cidadanía unha serie de medidas, entre as que figuran o “Plan 12 gotas”, o aprazamento ou financiamento de facturas, a posibilidade de elixir a data do mes na que prefire o/a usuario para a domiciliación bancaria e seguen vixentes as bonificacións para colectivos vulnerables.

 

  • Medidas adoptadas por Viaqua ante a situación de emerxencia sanitaria do COVID-19:

 

  • —–Financiamento ou aprazamento de facturas, sen intereses, a todos os colectivos que ante esta situación excepcional presenten dificultades no pago das súas facturas.
  • —-Plan de cuota fixa, “Plan 12 Gotas”, que pode solicitar calquer cliente e que permite pagar todos os meses ao mesmo importe en base ao consumo do anto anterior, regularizando ao final do ano a situación. No caso de que o importe sexa superior ou inferior ao consumido, devólvese a cantidade ou financiase a pagar nos seguintes meses respectivamente.
  • —–A empresa que presta o servizo en Barbadás ofrece tamén a posibilidade de elixir a data do mes que prefire para a domiciliación bancaria.

 

  • Por outra banda, seguen vixentes as bonificacións para colectivos vulnerables aprobadas de acordo co Concello de Barbadás segundo o Convenio de facturas sen papel.

 

  • Puxéronse en marcha tamén medidas compelementarias como a suspensión dos cortes do subministro a persoas en situación de vulnerabilidade económica. Dende que se produciu a emerxencia sanitaria Viaqua ampliou esta medida aos/ás clientes, paralizando calquera acción de reclamación de débeda ou cortes de subministro.

 

  • Viaqua aclara que con este tipo de medidas “garántese que un ben básico como é a auga chegue a todos os fogares en un momento no que ademais a hixiene converteuse nunha acción indispensable para previr o contaxio do COVID-19”.

 

  • Outra das medidas complementarias consiste na duplicación do pago de facturas, polo que o/a cliente dispón de 2 meses para realizar o pago a partir do momento no que habitualmente lle chega o recibo da auga.

 

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1711688963

01/04/2020

Medidas sociais do Goberno Central

MEDIDAS SOCIAIS DO GOBERNO CENTRAL

  • Suspensión de desafiuzamentos sen alternativa habitacional.
  • Ampliación da moratoria das hipotecas.
  • Prohibición de cortes de subministro na vivenda habitual.

Novas medidas laborais:

  • Subsidio para persoas traballadoras do fogar.
  • Subsidio extraordinario para traballadores/as temporais cuxo contrato rematou tras a declaración do estado de alarma e non teñen cotización necesaria para acceder a outra prestación ou subsidio.

Medidas no ámbito da igualdade:

  • garántense servizos de atención a vítimas de explotación sexual.
  • Garántese alternativa habitacional segura para vítimas de violencia machista.
  • Habilitanse mecanismo para concellos e comunidades autónomas poidan destinar a execución dos fondos do Pacto de Estado para a violencia de xénero.

Medidas relacionadas co Consumo:

  • Restricción da publicidade do xogo “online”.
  • Moratoria de pago de créditos ao consumo para persoas en situación de vulnerabilidade económica.
  • En caso de viaxes combinados cancelados: posibilidade de un bono para ser utilizado en 1 ano polo consumidor.

Novas

CONTENT.1711688963

01/04/2020

O Concello de Barbadás pon en marcha un servizo de atención psicolóxica

Atención psicolóxica

O CONCELLO DE BARBADÁS PON A DISPOSICIÓN DA VECIÑANZA UN SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA CON MOTIVO DA SITUACIÓN XENERADA POLO COVID-19

 

  • As especiais circunstancias que está a vivir a poboación con motivo do estado de alarma, o Concello de Barbadás pon a disposición da veciñanza un servizo de atención psicolóxica.

 

  • A posta a disposición deste servizo de atención psicolóxica obedece á situación que está a vivir a veciñanza que en determinados momentos pode precisar do mesmo con motivo do COVID-19.

 

  • Os teléfonos de atención son os seguientes: 988-36 00 00, extensión 3 en horario de 9,00 a 14,00 horas e 638746501: en horario de 16,00 a 19,00 horas. De luns a venres.

 

 

Novas

CONTENT.1711688963

01/04/2020

Bases reguladoras do apoio de acceso ao crédito das pemes galegas

Extracto da convocatoria: Apoio ao crédito das pemes galegas (Igape)

O prazo de presentación de solicitudes da liña «Préstamos avalados para apoiar pemes e autónomos no contexto do actual brote do COVID-19» comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro).

b) O 30 de setembro de 2020

Cursos

CONTENT.1711688963