Arquivo mensual: Maio 2020

30/05/2020

Apertura das pistas de pádel no polideportivo de Barbadás

APERTURA DAS PISTAS DE PADEL DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE BARBADÁS

As pistas de pádel poderán utilizarse a partir da primeira semana do mes de xuño

  • Para poder acudir as pistas de padel será necesario reservar mediante cita previa. Non se permitirá realizar a actividade a quen se presente nas instalación sen cita. A cita previa debe solicitarse no número de teléfono 988 26 35 19.

 

  • O horario será o seguinte:
  • 08 a 9.30
  • 10 a 11.30
  • 12 a 13.30.
  • 16,00 a 17,30
  • 18,00 a 19,30
  • 20,00 a 21,30

 

  • Só se permitirá a entrada a un dos usuarios á instalación para a realización do pago do servizo mediante tarxeta bancaria.

 

  • A zona de acceso ás pistas será pola porta exterior verde do polideportivo.

 

  • Non se permitirá o uso dos vestiarios.

 

  • Será de obrigado cumprimento acudir con mascarilla ao recinto ata o momento de inicio da actividade física así como cumprir todas as medidas establecidas de prevención e distanciamento.

 

  • Disporán de Xel hixienizante na entrada do recinto.

 

  • Todos/as os/as usuarios/as deben acudir á instalación co material deportivo xa que non se prestará ningún por parte do persoal da instalación.

Deportes, Novas

CONTENT.1606198541

29/05/2020

O prazo para solicitar as axudas de celiaquía e intolerancia á lactosa reábrense entre o 1 e o 15 de xuño

O PRAZO DE SOLICITUDE PARA BENEFICIARSE DAS AXUDAS A CELÍACOS/AS E INTOLERANTES Á LACTOSA ABRE ENTRE OS DÍAS 1 E 15 DE XUÑO

  • A emerxencia sanitaria do Covid-19 provocou a paralización dos prazos administrativos para solicitar a axuda para celiaquía e intelancia á lactosa.

 

  • Unha vez que se retoma a normalidade, estes prazos reabrense entre os días 1 e 15 de xuño.

 

  • A presentación de solicitudes realizarase a través de Rexistro tanto na casa do Concello coma nas Oficinas Municipais da Valenzá.

 

  • A entrega da solicitude cumplimentada require que o/a solicitante pida cita previa nos teléfonos 988 36 00 00 ou 988 39 31 68.

 solicitude axuda celíacos pdf

Novas, Servizos sociais

CONTENT.1606198541

28/05/2020

O Concello de Barbadás amplía a data límite para os desbroces e limpeza de terreos forestais

O CONCELLO DE BARBADÁS AMPLÍA A DATA LÍMITE PARA OS DESBROCES E LIMPEZA DOS TERREOS FORESTAIS ATA O DÍA 16 DE XULLO

  • O Concello de Barbadás comunica á veciñanza que os titulares dos terreos forestais están na obriga de limpeza e desbroce.
  • A normativa aplicable é a Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incencios forestais de Galicia e a Ordenanza municipal de Barbadás de xestión de biomasa.
  • A lexislación estipula que as especies arbóreas non poden invadir os viais públicos e deberán estar situadas a unha distancia mínima de 2 metros do peche do terreo.
  • As sancións que procedan están recollidas na normativa mencionada anteriormente.
  • Este ano e debido á situación provocada polo Covid-19 a data límite amplíase ata o 16 de xullo de 2020
  • AS DISTANCIAS SON AS SEGUINTES:

50 M. NON PODE HABER MALEZA NIN ESPECIES PIRÓFITAS (PIÑEIROS, EUCALÍPTOS, ACACIAS, ETC.) CON RELACIÓN ÁS VIVENDAS.

SOLO URBANO, SOLO DE NÚCLEO RURAL, SOLO URBANIZABLE: É OBLIGATORIO TELAS DESBROZADAS.

 

Medio ambiente, Novas

CONTENT.1606198541

25/05/2020

Novos horarios de terrazas e interior durante a Fase 2


NORMAS PARA A INSTALACIÓN E USO DAS TERRAZAS NOS SERVIZOS DE HOSTALERÍA CONCELLO DE BARBADÁS.

Cambios nos horarios de establecementos hosteleiros vixentes durante a Fase 2

  • HORARIOS DE PECHE DE LOCAIS (TERRAZAS E INTERIOR):

– De luns a xoves (ámbolos dous incluídos) e domingos ás 00:30 horas.

Venres, sábados e vísperas de festivo, á 01:30 h.

  • MARXE DE TEMPO DENDE O PECHE:

Os propietarios disporán de 60 minutos máximo, a partir do peche ao público

do establecemento, para a realización de labores de limpeza e desinfección do

local.

Comercio, Novas

CONTENT.1606198541

23/05/2020

Plan hacia unha nova normalidade: Fase 2

PLAN PARA A TRANSICIÓN HACIA UNHA NOVA NORMALIDADE

GUÍA DA FASE 2

  • Ante a evolución epidemiolóxica positiva da pandemia de COVID-19 e o oportuno cumprimento dos criterios establecidos en fases anteriores, o Goberno e as Comunidades Autónomas acordaron estender a flexibilización dalgunhas medidas en determinadas unidades territoriais, contempladas na Orde SND/414 do 16 de maio de 2020, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 2 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

 

  • Esta orde será de aplicación nas unidades territoriais que pasan a Fase 2, e que constan no anexo da Orde e ao final deste documento, así como ás persoas que residan nas devanditas unidades.

 

  • As persoas vulnerables tamén poderán facer uso das devanditas habilitacións, sempre que a súa condición clínica estea controlada e permítao, e mantendo rigorosas medidas de protección.

 

  • Non poderán facer uso das habilitacións das que se fala neste documento as persoas que presenten síntomas, estean en illamento domiciliario ou corentena por un diagnóstico por COVID-19 ou ser contacto estreito.

 

  • A continuación anexamos o documento detallado do Plan para a Fase 2:

Novas

CONTENT.1606198541

22/05/2020

As dependencias municipais permanecerán pechadas hoxe día 22 de maio pola celebración de Santa Rita

Os/as funcionarios/as da administración local, tanto de concellos como de diputacións, celebran a festividade de Santa Rita, motivo polo que as instalacións municipais permanecerán pechadas

Bandos e avisos, Novas

CONTENT.1606198541

19/05/2020

O Concello de Barbadás oferta unhas xornadas formativas “on line” para a procura de emprego

O CONCELLO DE BARBADÁS OFERTA UNHAS XORNADAS FORMATIVAS PARA A PROCURA DE EMPREGO

A formación “on line” pretende ofrecer aos/ás participantes ferramentas sobre as canles actuais de comunicación para a procura de emprego

  • O Concello de Barbadás, a través do Centro Empresarial Transfronteirizo, oferta unhas xornadas formativas para a procura de emprego.

 

  • Estas xornadas pretenden ofrecer ferramentas “on line” para a procura de emprego a través das canles actuais de comunicación.

 

  • As xornadas desenrólanse entre os días 20 e 22 de maio, en horario de 16,30 a 19,30 horas.

 

  • O link de acceso dende o ordenador é  https:meetingsemea19.webex.com/meet/pr955393009”.

 

  • O acceso dende dispositivos móbiles é “APP WEBEX”, número de reunión 955393009.

 

  • Estas xornadas teñen como obxectivo que as persoas en situación de desemprego coñezan as novas ferramentas que existen e se adapten ás novas canles de comunicación na procura de traballo.

 

  • É unha posibilidade formativa útil, cómoda e efectiva para coñecer as novidades nas novas formas de busca de emprego a través do móbil ou do ordenador.

Educación/Formación, Novas, Promoción económica

CONTENT.1606198541

18/05/2020

A Biblioteca de Barbadás retoma progresivamente a súa actividade e abre o 18 de maio para devolución de documentos

A BIBLIOTECA DE BARBADÁS RETOMA PROGRESIVAMENTE A SÚA ACTIVIDADE A PARTIR DE HOXE 18 DE MAIO

O horario será de 10,00 a 13,00 e só para a devolución de documentos en préstamo

O Préstamo de libros realizarase baixo demanda, sen acceso directo aos fondos”, a través do correo electrónico: biblioteca@barbadas.es., e o persoal da Biblioteca responderalle dándolle día e hora para recoller o solicitado

  • A Biblioteca Municipal de Barbadás retoma pouco a pouco a súa actividade.

 

  • A apertura iniciarase hoxe luns 18 de maio.

 

  • O horario será de 10 a 13h e só para devolución de documentos en préstamo.

 

  • A entrada ás instalacións da biblioteca municipal regularase de xeito que só se permite a entrada na instalación de  1 soa persoa.

 

  • O Préstamo de libros realizarase baixo demanda, sen acceso directo aos fondos“, a través do correo electrónico: biblioteca@barbadas.es. A continuación o persoal da Biblioteca responderalle dándolle día e hora para recoller o solicitado, só se permite oacceso dunha soa persoa.

 

  • Poderán consultar as obras que ten disponible a Biblioteca no OPAC WEB https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/.

 

  • Será obrigatorio acudir á Biblioteca provistos/as de mascarilla e lavar as mans co xel hidroalcohólico que lles será facilitado ás persoas usuarias nas propias instalacións.

 

  • Para a devolución dos exemplares, procederase á descontaminación dos materiais a través dunha corentena de 14 días.

 

  • Dende a biblioteca municipal informase que non se realizarán actividades culturais, actividades de estudo en sala ou préstamo interbibliotecario“, e tampouco se poderá facer uso dos ordenadores.

 

  • Durante este período, as coleccións en libre acceso permanecerán pechadas ao público.

Cultura, Novas

CONTENT.1606198541

18/05/2020

O prazo de renovación ou inscrición para a Escola Infantil Municipal de Barbadás abrirá entre os días 18 e 29 de maio

O PRAZO DE RENOVACIÓN E INSCRICIÓN DE ALUMNADO PARA A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BARBADÁS ESTARÁ ABERTO ENTRE OS DÍAS 18 E 29 DE MAIO

É preciso solicitar cita previa para o Rexistro nos teléfonos 988 36 00 00 ou 988 39 31 68.

Para o pago o sistema é realizar o abono a través do sistema TPV ou por transferencia bancaria

  • A Escola Infantil Municipal de Barbadás abre o prazo de renovación e inscrición entre os días 18 e 29 de maio.
  • As persoas que realicen os trámites de renovación e matrícula deben cumplimentar os 2 impresos que se adxuntan nesta noticia impreso de renovación e impreso de matrícula. A renovación de prazasestá destinada ao alumnado matriculado na escola infantil durante o curso 2019-20.
  • O impreso INSCRICIÓN (tamén se adxunta este documento) sería para as novas inscriciónsde nenos/as que non están matriculados na escola durante o curso 2019-20.
  • Instruccións para presentar a documentación:
    • Os impresos correspondentes (renovación e matrícula e inscrición) deben presentarse cumprimentados.
    • As persoas que formalicen a renovación/matrícula ou a inscrición deben traer toda a documentación precisa
    • É preciso solicitar cita previa para o Rexistro nos teléfonos 988 36 00 00 ou 988 39 31 68.
  • Nas solicitudes debe indicarse se solicitan xornada completa ou media xornada, horario, situación sociofamiliar, tipo de enfermidade ou discapacidade (se procede) ou situación laboral familiar.
  • Entre a documentación que hai que presentar figura:
  1. Fotocopia do documento nacional de identidade da nai, pai e se é o caso, dos representantes legais.
  2. Fotocopia compulsada do libro de familia ou outro documento que acredite a situación familiar.
  3. Folla de empadroamento do neno/a ou certificado de empresa conforme o titor do neno/a traballe en este termo municipal.
  4. Renda do ano 2018 ou certificado de facenda no caso de non tela feita.
  5. Desemprego con prestación economica.
  6. Aportar certificación de demanda de emprego, con efectos do día anterior da apertura do prazo de presentacion da solicitude, no caso das solicitudes fora de prazo con efectos do día anterior ó da presentacion.
  7. Fotocopia cotexada do título de familia numerosa, só no caso en que non sexa expedido pola comunidadex autónoma de galicia.
  8. Certificado do recoñecemento do grao de minusvalidez alegada polos membros da unidade familiar, só no caso de que non sexa expedido pola comunidade autónoma de galicia.
  9. Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.
  10. Informe do equipo de valoración e orientación das delegacións provinciais da vicepresidencia da igualdade e do benestar, servizos especializados de atención temperá da administración local ou autonómica, ou órganos competentes na materia na administración do estado ou nas correspondentes comunidades autónomas, sobre a necesidade de integración no caso de nenos/as con necesidades de apoio específico.
  11. Documentación acreditativa de incidencias: separación, abandono do fogar, maltrato, etc.
  12. Informe dos servizos sociais do concello correspondente, no suposto de que sexa necesario por falta dex acreditación documental suficiente ou por situacións especiais en que viva a unidade familiar.
  13. Certificado de convivencia solamente si é monoparental.

 RENOVACION GARDERÍA CURSO 2020-2021

MATRICULA GARDERÍA CURSO 2020-2021

INSCRICIÓNS GARDERÍA CURSO 2020-2021

Escola infantil, Novas

03/11/2020

Menú do mes de novembro da Escola Infantil Municipal (2-3 anos)

Menú do mes de novembro (2-3 anos)

03/11/2020

Menú do mes de novembro purés da Escola Infantil Municipal

Menú do mes de novembro (purés)

23/07/2020

Matrícula Escola Infantil Municipal Curso 2020/2021

Matrícula Curso 2020-2021 da Escola Infantil Municipal

CONTENT.1606198541

15/05/2020

Apertura da Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal de Barbadás retoma pouco a pouco a súa actividade.

Será a partir do luns 18 de maio.

En horario de 10 a 13h.

Regularase a entrada na instalación de unha soa persoa.

Será exclusivamente, para a devolución de documentos en préstamo.

Préstamo de libros:

“Farase baixo demanda, sen acceso directo aos fondos”, a través do correo electrónico: biblioteca@barbadas.es., e o persoal da Biblioteca responderalle dándolle día e hora para recoller o solicitado, só se permite o acceso dunha soa persoa.

Poderán consultar as obras que ten disponible a Biblioteca no OPAC WEB https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/.

Será obrigatorio acudir á Biblioteca provistos de mascarilla e lavar as mans co xel que facilitaremos nas nosas instalacións.

Para a devolución dos exemplares, procederase á descontaminación dos materiais a través dunha corentena de 14 días.

“Non se realizarán actividades culturais, actividades de estudo en sala ou préstamo interbibliotecario”, e tampouco se poderá facer uso dos ordenadores.

Durante este período, as coleccións en libre acceso permanecerán pechadas ao público.

Cultura, Novas

CONTENT.1606198541

14/05/2020

O Concello prohibe o acceso e a circulación de bicicletas polos paseos peonís do río no núcleo da Valenzá

 

O CONCELLO DE BARBADÁS PROHIBE O ACCESO E A CIRCULACIÓN DE BICICLETAS POLOS PASEOS PEONÍS DO RÍO NO NÚCLEO DA VALENZA

  • Debido a afluencia de persoas que se está a producir no paseo fluvial, e coa finalidade de evitar que se produzan aglomeracións de xente; facilitando a práctica da actividade física a todos/as, e a para a protección da saúde colectiva, o Concello de Barbadás prohibe o acceso e a circulación de bicicletas polos paseos peonís do río no núcleo da Valenzá.

  • Dende o día 2 de maio, coa entrada en vigor dita orde, as marxes do rio do núcleo da Valenzá son utilizados pola cidadanía para a realización da actividade física permitida, tanto a práctica non profesional de calquera deporte individual que non requira contacto con terceiros, como os paseos.

  • A citada orde (Orden SND/380/2020, de 30 de abril, BOE 1 de maio de 2020) establece o mantemento dunha distancia interpersoal de polo menos 2 metros, sendo a distancia recomendada polas autoridades sanitarias, para a práctica do deporte, maior; evitando os espazos concorridos ou nos que onde poidan existir aglomeracións.

  • A afluencia de persoas nos pasesos fluviais é numerosa, motivo polo que para evitar aglomeracións de persoas e para facilitar a práctica da actividade física a todos/as, e a para a protección da saúde colectiva, decidiuse prohibir o acceso e circulación de bicicletas.

  • Esta prohibición manterase mentres dure o estado de alarma.

 

 

Novas

CONTENT.1606198541

12/05/2020

Campaña de promoción do comercio local en Barbadás: “Ti necesítalos, eles necesítante”

campaña comercio

“TI NECESÍTALOS, ELES NECESÍTANTE” É O TÍTULO DA CAMPAÑA PROMOVIDA POLO CONCELLO DE BARBADÁS PARA APOIAR AO COMERCIO LOCAL

Esta iniciativa pretende promover entre a veciñanza a importancia de promocionar e mercar no comercio local de Barbadás

  • O reinicio da actividade comercial en Barbadás debería contar co apoio non só do Concello de Barbadás, senón tamén da propia cidadanía para aunar esforzos e impulsar o comercio de proximidade.

 

  • O Concello de Barbadás promove unha campaña cuxo principal obxectivo é incentivar as compras no comercio local.

 

  • “Ti necesítalos, eles necesítante” é o título da campaña para que “cando saias a mercar, non te esquezas dos comercios do teu barrio”.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que “este é un momento crucial para que apostemos polo comercio local e pola hostalaría e o empresariado do concello de Barbadás. É a única aposta válida”.

 

  • Valcárcel sinala que “este momento é o definitivo para que se relance a economía local  de Barbadás, que depende en gran medida da hostalaría e do comercio de proximidade”.

 

  • Esta aposta ten que centrarse no comercio local. O Concello de Barbadás levou a cabo varias campañas durante os últimos anos para reactivalo, potencialo e que seiga medrando o comercio de proximidade, explica o rexedor.

 

  • Esa é a liña que deben seguir os/as nosos/as conveciños/as, é dicir, “non basta co apoio das institucións, senón que a aposta ten que vir tamén por parte da cidadanía”, apunta o alcalde de Barbadás.

 

  • A concelleira de Comercio, Marga Pérez, resalta, pola súa banda, que “coidar e axudar ao Comercio Local convérteuse hai 5 anos nun obxetivo importante para este Concello. Para eso puxemos en marcha diferentes campañas ao longo do ano”.

 

  • Na actualidade “e tralas consecuencias que sobre o comercio tivo o COVID-19 é o momento de unha campaña distinta, con máis esforzo se cabe , porque agora trátase de axudar aos/ás nosos/as veciños e veciñas que gracias a un pequeño comercio manteñen á súa familia. Por esta razón é fundamental mercar nestes comercios, toca axudar ao noso comercio, porque só deste xeito podemos avanzar todos/as xuntos/as”, comenta Marga Pérez.

Comercio, Novas

CONTENT.1606198541

13/05/2020

Convocatoria de subvencións da Deputación de Ourense para Pemes e autónomos

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publica no día de hoxe unha convocatoria de subvencións da Deputación de Ourense.

Estas liñas de axudas están dirixidas a Pemes e traballadores autónomos  dos concellos de menos de 20.000 habitantes que se visen afectados pola crise do Covid-19.

 

SUBVENCIÓN TRABALLADORES AUTONOMOS

  • Esta axuda será compatible con calquer outra.
  • Para traballadores autónomos, incluídos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Sistema Especial para traballadores por Conta Propia Agrarios e que figuren dados de alta no Imposto de Actividades Económicas. Non poderá ser beneficiarios os traballadores autónomos colaboradores
  • Exercer unha actividade económica con carácter empresarial, profesional ou artística por conta propia nun municipio de Ourense con poboación inferior a 20.000 habitantes.
  • Ter recoñecida a prestación extraordinaria por cese de actividade prevista no artigo 17 do RD Lei 8/2020 de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias fronte ao impacto económico e social do COVID 19, ou ben por unha perda do 75% ou máis da súa facturación respecto do semestre anterior.
  • Recibirán un pago único dunha contía fixa e igual para todos de 600€.
  • As solicitudes presentaránse no Rexistro da Deputación de forma presencial ou telemático, nun prazo de 20 días hábiles a partir do seguinte a publicación no BOP, ainda que toda a tramitación e notificación serán electrónicas.
  • Documentación a presentar:

o   Formulario normalizado a disposición na web da Deputación.

o   https://www.depourense.es/images/subvencions_coronavirus/Solicitude-subvencion-autonomos-galego.pdf

o   Copia resolución recoñecemento prestación por cese actividade.

o   Certificación situación censal expedida por Axencia Estatal Tributaria posterior a 31/12/2019 na que se indique actividade e domicilio.

o   Certificado titularidade conta corrente para ingreso subvención.

o   Copia poder representación interesado no caso de que se presente a        través representante.

 

SUBVENCIÓN A PEQUENAS EMPRESAS

  • Esta axuda será compatible con calquer outra.
  • Para persoas físicas ou xurídicas ou entidades sen personalidade xurídica que exerzan actividade económica nun municipio da provincia de menos de 20.000 habitantes con alta no Imposto de Actividades Económicas, ter menos de dez traballadores a data 14/03/2020 e no exercicio 2019 unha facturación anual a efectos de IVE inferior a un millón de euros. Tamén que a actividade económica realizada non se vise afectada polo peche obrigatorio durante o estado de alarma e a súa facturación a efectos de IVE entre 14/03/2020 e 30/04/2020 se vise reducida nun 50% respecto a media de 2019.
  • A subvención será idéntica na súa contía para todos os solicitantes e determinarase logo de pechar prazo de presentación solicitudes, dividindo o crédito (550.000€) entre as solicitudes con dereito a subvención e nunca poderá exceder de 1.000€.
  • As solicitudes presentaranse no Rexistro da Deputación de forma presencial ou telemático, nun prazo de 20 días hábiles a partir do seguinte a publicación no BOP.
  • Documentación a presentar:

o   Formulario normalizado a disposición na web da Deputación.

o   https://www.depourense.es/images/subvencions_coronavirus/Solicitude-subvencions-pequenas-empresas-galego.pdf

o   Certificación actualizada situación censal expedida Axencia Estatal Tributaria posterior a 31/12/2019 indicando actividade económica e domicilio.

o   Documento Relación liquidación cotización ao mes de marzo de 2020 ou, no seu caso TC1

o   Copia modelo 390 presentado ante a Axencia Estatal Tributaria co resumo anucal facturación IVE exercicio 2019

o   Copia libro rexistro facturas emitidas solicitante 14/03/2020 ao 30/04/2020.

o   Certificado titularidade conta corrente para ingreso subvención.

o   Copia poder representación interesado no caso de que se presente a través de representante.

Data Adxuntos
13/05/2020 Convocatoria subvencións para Pemes e autónomos da Deputación de Ourense PDF [346 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1606198541

11/05/2020

Normas para lugares de culto e para velorios e enterros: fase 1

NORMAS PARA VELORIOS E ENTERROS SEGUNDO O BOE DO 9 DE MAIO (FASE 1)

Indicacións para a fase 1 respecto de lugares de culto

INDICACIÓNS PARA VELORIOS E ENTERROS:

  • Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, cun límite máximo en cada momento de 15 persoas en espazos ao aire libre ou 10 persoas en espazos pechados, sexan ou non conviventes.

  • A participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de 15 persoas, entre familiares e achegados, ademais de, no seu caso, o ministro de culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do/a defunto/a.

  • En todo caso, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19, relativas ao mantemento dunha distancia mínima de seguridade de 2 metros, hixiene de mans e etiqueta respiratoria.

INSTRUCCIÓNS PARA LUGARES DE CULTO

  • Permitirase a asistencia a lugares de culto sempre que non se supere un terzo do seu aforo e que se cumpran as medidas xerais de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias.

  • Se o aforo máximo non estivese claramente determinado poderanse utilizar os seguintes estándares para o seu cálculo:

a)Espazos con asentos individuais: unha persoa por asento, debendo respectarse, en todo caso, a distancia mínima de 1 metro metro.
b) Espazos con bancos: 1 persoa por cada metro lineal de banco.
c) Espazos sen asentos: 1 persoa por metro cadrado de superficie reservada para os asistentes. 

d) Para o devandito cómputo terase en conta o espazo reservado para os asistentes excluíndo corredores, vestíbulos, lugar da presidencia e colaterais, patios e, se os houbese, sanitarios. Determinado o terzo do aforo dispoñible, manterase a distancia de seguridade de, polo menos, un metro entre as persoas.

  • O aforo máximo deberá publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto. Non se poderá utilizar o exterior dos edificios nin a vía pública para a celebración de actos de culto.

  • Sen prexuízo das recomendacións de cada confesión nas que se teñan en conta, as condicións do exercicio do culto propias de cada unha delas, con carácter xeral deberanse observar as seguintes recomendacións: uso de máscara con carácter xeral e antes de cada reunión ou celebración, deberanse realizar tarefas de desinfección dos espazos utilizados ou que se vaian a utilizar, e durante o desenvolvemento das actividades, reiterarase a desinfección dos obxectos que se tocan con maior frecuencia.

 

 

 

 

 

Novas

CONTENT.1606198541

CONTENT.1606198541

11/05/2020

Plan para a transición hacia unha nova normalidade: Guía Fase 1

Plan para transición normalidade

PLAN PARA A TRANSICIÓN HACIA UNHA NOVA NORMALIDADE:

GUÍA DA FASE 1

  • En atención actual situación epidemiolóxica de crise sanitaria, o Goberno e as Comunidades Autónomas acordaron flexibilizar algunas medidas en determinadas unidades territoriais para a flexibilización de determinadas restriccións de ámbito nacional establecidas trala declaración do estado de alarma na aplicación da fase 1 do Plan para a Transición hacia a noova normalidade.

 

  • Esta orde será de aplicación nas unidades territoriais que pasan a la fase 1 e no que constan no anexo da orde final de este documento.

 

  • As personas vulnerables tamén poderán facer uso desta habilitación sempre que a súa condición clínica este controlada ou o permita e mantenido rigorosas medidas de protección.

 

  • Non poderán facer uso das habilitacións das que se falan neste documento as personas que presenten síntomas, estén en aillamiento domiciliario ou corentena por un diagnóstico por por COVID-19 ou ser contacto estreito.

 MEDIDAS ESTABLECIDAS

  • Sempre que sexa posible fomentarase a continuidade do teletraballo.

 

  • Nas empresas comercios centros educativos e outras entidades previstas nesta orde do Ministerio de Sanidade deberanse adoptar as medidas necesarias para cumprir as medidas de hixiene e/ou prevención para os traballadores.

 

  • Asegurarase que todos/as os/as traballadores/as teñan á súa disposición no lugar de traballo xel hidroalcolico ou desinfectantes con actividades virucida para a limpeza de mans. Cando esto non sexa posible, auga e xabon.

 

  • Cando non pode garantirse a distancia de seguridade de interpersoal de aproximadamente 2 metros, asegurarase que os/as traballadores/as dispoñan de equipos de protección axeitados ao nivel de risco.

 

  • A fichaxe con pegada dactilar será substituída por outro sistema de control horario que garanta as medidas hixiénicas axeitadas para protexer a saúde e a seguridade do/a traballador/a, ou ben deberanse desinfectar o dispositivo de fichaxe antes e despois de cada uso.

 

  • Se un traballador empezara a ter síntomas compatibles coa enfermidade, contactarase de inmediato co teléfono habilitado para elo pola comunidade autónoma ou centro de saúde e, no seu caso, cos servizos de prevención de riscos laborais.

 

  • Sempre que sexa posible o traballador colocarase una mascarilla debendo abandonar en todo caso o seu posto de traballo hasta que a súa situación médica sexa valorada por un profesional sanitario.

 

  • Os centros deberán realizar axustes na súa organización horaria para evitar o risco de coincidencia masiva de persoas, traballadores/as ou non, en espazos ou centros de traballo durante as franxas horarias de previsible máxima afluencia e concentración.

 

  • No documento que se anexa en formato pdf poden consultarse: medidas sociais; comercio e prestación de servicios; hosteleria e restauracion; servizos sociais; educación cultura e deporte; hoteis e establecementos turísticos; medidas de hixiene nos establecementos; territorios en fase 1.

Plan_Transicion_Guia_Fase_1

 

Novas

CONTENT.1606198541

09/05/2020

Enquisa á veciñanza para programar proxectos de intervención sociocomunitaria

Enquisa ao vecindario

O CONCELLO DE BARBADÁS PRESENTA UNHA ENQUISA Á VECIÑANZA PARA OPTIMIZAR O BENESTAR E PLANIFICAR INTERVENCIÓNS EN SITUACIÓNS SIMILARES ÁS DO COVID-19

  • O Servizo de Educación e Apoio Familiar da área de Servizos Sociais do Concello de Barbadás elaborou unha enquisa que servirá “para coñecer máis polo miúdo as nosas fortalezas e debilidades, o noso potencial e aquelo que sentimos como ameaza”.
  • Esta enquisa voluntaria e anónima será un instrumento para “afrontar a realidade concreta coa que traballar de cara ao futuro”.
  • A enquisa será tamén un instrumento para identificar cómo coidar e coidarnos cando a emerxencia sanitaria remate e se retome a vida normalizada “e tamén no caso de que por calquera outra cuestión tiveramos que voltar a unha situación de emerxencia”.
  • A participación da cidadanía cumplimentando esta enquisa será útil porque os datos propiciarán a programación de proxectos municipais de intervención sociocomunitaria “feitos á medida das nosas necesidades e inquedanzas”, indica a responsable do Servizo de Educación e Apoio Familiar, Eva Dorado.
  • A enquisa está enfocada para coñecer a opinión da cidadanía ante diferentes cuestións e extraer conclusións “para saber cómo abordar cuestións de saúde pública relacionadas coa súa vivencia no estado de alarma polo Covid-19”, indica Eva Dorado.
  • Dende a Área de Educación e Apoio Familiar, encargada de prestar atención psicolóxica a quen o solicite durante a emerxencia sanitaria destácase “a exemplar resposta da nosa comunidade e da sociedade en xeral ante as medidas extraordinarias adoptadas durante o estado de alarma”.
  • É destacale tamén, segundo este Servizo, “o cumprimento e a solidariedade vecinal e social amosada polas numerosas persoas que prestan soporte e apoio material, profesional e moral, con aquelas outras que o precisan”, sinala Dorado.
  • O obxectivo de esta enquisa é preguntarse cómo nos estamos a sentir qué nos está a axudar agora pode servir para cando a pandemia remane ou se vexa minimizada.
  • A enquisa de valoración do coidado persoal e familiar no estado de alarma polo COVID-19 require un tempo aproximado de 5 minutos e será moi útil para abordar cuestións de saúde pública.
  • O cuestionario inclúe preguntas relacionadas coa situación laboral, co nivel de preocupación ante determinadas necesidades, co grao de información da persoa enquisada, coa credibilidade que se lle dá á información recibida, con aspectos relacionados co estado de ánimo ou co grado de confianza ante determinados ámbitos: sanidade, educación, etc.
  • Tamén se pregunta na enquisa por cuestións relacionadas co estado de ánimo durante o confinamento, con cambios nas costumes ou con situacións coas que se sente identificado/a.

Novas, Servizos sociais

CONTENT.1606198541

08/05/2020

O Concello de Barbadás informa sobre as normas para terrazas na desescalada

O CONCELLO DE BARBADÁS INFORMA SOBRE NORMAS PARA A INSTALACIÓN E USO DAS TERRAZAS DURANTE O PERÍODO DE DESESCALADA

Coa finalidade de permitir a ventilación natural, non se permiten as mamparas laterais ou frontais

O Concello autoriza a reapertura ao público das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración limitándose ao 50 % das mesas permitidas

As reunións nas terrazas dos establecementos de hostalería e restauración autorízanse ata un máximo de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

 

REAPERTURA DAS TERRAZAS DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN.

  • O Concello autoriza a reapertura ao público das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración limitándose ao 50 % das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior en base á correspondente licenza municipal.
  • En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia física de polo menos 2 metros entre as mesas ou, no seu caso, agrupacións de mesas.
  • No caso de que o establecemento de hostalaría e restauración obtivese o permiso do Concello para incrementar a superficie destinada a a terraza, poderanse incrementar o número de mesas previsto no apartado anterior, respectando, entodo caso, a proporción do 50 % entre mesas e superficie dispoñible e levando a cabo un incremento proporcional do espazo peonil no mesmo tramo da vía pública no que se sitúe a terraza.
  • As reunións nas terrazas dos establecementos de hostalería e restauración autorízanse ata un máximo de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas. A mesa ou agrupación de mesas que se utilicen para este fin, deberán ser acordes ao número de persoas, permitindo que se respecten a distancia mínima de seguridade entre persoas.

MEDIDAS DE HIXIENE E/OU PREVENCIÓN NA PRESTACIÓN DO SERVIZO EN TERRAZAS.

 Limpeza e desinfección do equipamento da terraza, en particular mesas, cadeiras, así como calquera outra superficie de contacto, entre un cliente e outro.

  • Priorizarase a utilización de mantelerías dun só uso. No caso de que isto non fose posible, debe evitarse o uso da mesma mantelería ou gardamanteis con distintos clientes, optando por materiais e solucións que faciliten o seu cambio entre servizos.
  • Deberase poñer ao dispor do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade, en todo caso na entrada do establecemento ou local, que deberán estar sempre en condicións de uso.
  • Fomentarase o pago con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto físico entre dispositivos, evitando, na medida do posible, o uso de diñeiro en efectivo.
  • Limparase e desinfectarase o datáfono tras cada uso, así coma o TPV se o/a empregado/a que o utiliza non é sempre o/a mesmo/a.
  • Evitarase o uso de cartas de uso común, optando polo uso de dispositivos electrónicos propios, lousas, carteis ou outros medios similares.
  • Os elementos auxiliares do servizo, como a vaixela, cristalería, xogo de cubertos ou mantelería, entre outros, almacenaranse en recintos pechados e, se isto non fose posible, lonxe de zonas de paso de clientes e traballadores.
  • Eliminaranse produtos de autoservizo como servilleteros, palilleiros, vinagreras, aceiteiras, e outros utensilios similares, priorizando monodosis desechables ou o seu servizo noutros formatos baixo petición do cliente.

MEDIDAS DE HIXIENE E/OU DE PREVENCIÓN PARA O PERSOAL TRABALLADOR/A

  • O/a titular da actividade económica que se realice na terraza do establecemento ou local deberá cumprir, en todo caso, coas obrigas de prevención de riscos establecidas na lexislación vixente, tanto con carácter xeral como de maneira específica para previr o contaxio do COVID19.
  • Neste sentido, asegurarase de que todos/as os/as traballadores/as conten con equipos de protección individual adecuados ao nivel de risco, e de que teñan permanentemente á súa disposición no lugar de traballo xeles hidroalcohólicos con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade para a limpeza de mans, ou cando isto non sexa posible, auga e xabón.
  • O uso de máscaras será obrigatorio cando non poida garantirse a distancia de seguridade interpersoal de aproximadamente 2 metros entre o/a traballador/a e o/a cliente ou entre os/as propios/as traballadores/as.
  • Todo o persoal deberá estar formado e informado sobre o correcto uso dos citados equipos de protección.
  • O anterior será tamén aplicable a todos/as os/as traballadores/as de terceiras empresas que presten servizos no local ou establecemento, xa sexa con carácter habitual ou de forma puntual.
  • A disposición dos postos de traballo, a organización das quendas e o resto de condicións de traballo presentes no centro modificaranse, na medida necesaria, para garantir a posibilidade de manter a distancia de seguridade interpersoal mínima de dous metros entre os traballadores, sendo isto responsabilidade do/a titular da actividade económica ou da persoa en quen este delegue.
  • Habilitarase un espazo para que o/a traballador/a poida cambiarse de roupa e calzado ao chegar ao centro de traballo e ao finalizar a súa quenda antes de saír da instalación. Este espazo debe contar con despachos de billetes ou, polo menos, facilitar un porta-traxes ou similar no que os empregados deixen a súa roupa e obxectos persoais.
  • As medidas de distancia previstas nesta orde deberán cumprirse, no seu caso, nos vestiarios, despachos de billetes e aseos dos/as traballadores/as, así como nas áreas de descanso, comedores, cociñas e calquera outra zona de uso común.
  • Se un/unha traballador/a empezase a ter síntomas compatibles coa enfermidade, contactarase de inmediato co teléfono habilitado para iso pola comunidade autónoma ou centro de saúde correspondente. O/a traballador/a deberá abandonar o seu posto de traballo ata que a súa situación médica sexa valorada por un profesional

HORARIOS.

  • Os establecementos de hostalería pecharán ao público ás 23:00 horas.
  • Concederáse unha marxe de 30 minutos aos responsables e persoal dos mesmos para realizar as tarefas de recollida, limpeza e desinfección.
  • As franxas horarias nas que a cidadanía poderá acudir a ditos establecementos serán as vixentes con ocasión no estado de alarma, segundo o núcleo de poboación, poderán estar diferenciadas por tramos de idade.

ESTRUCTURAS PERMITIDAS.

  • Permítese o mantemento das estructuras de cubrición sempre que carezan de laterais e/ou frontais.
  • Permítese o uso de toldos anclados a parede.
  • Coa finalidade de permitir a ventilación natural, non se permiten as mamparas laterais ou frontais, sexan de lona, metacrilato ou calquera outro material nin elementos de separación entre as mesas.

Novas

CONTENT.1606198541

07/05/2020

Actuacións no centro de extensión de cobertura do sinal de TDT de Moreiras: afecta a Bentraces

Actuacións no centro de extensión de cobertura do sinal de TDT de Moreiras

  • Tal e como se informou Outubro de 2019, para cumprir co proceso de liberación do segundo Dividendo Dixital, a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións que axuden aos concellos a realizar os cambios necesarios nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT.

 

  • Estas actuacións realizaranse o próximo mércores 13 de maiono centro de extensión de cobertura de Moreiras. Lembrámoslle que o proceso consiste no apagado neste centro dalgunhas frecuencias de emisión actuais e acendido nas novas frecuencias asignadas. Deste xeito, os beneficiados poderán desfrutar das canles da TDT, que se distribuirán do seguinte xeito:

 

  • Canle 26 (MPE1): Disney Channel, Paramount Channel, Dmax, Gol.
  • Canle 39 (MPE2): Antena 3, La Sexta, Neox, Nova, A3 HD, Sexta HD.
  • Canle 42 (RGE2): TDP, TDP HD, Clan HD, DKiss, Ten.
  • Canle 43 (MPE3): Telecinco, Cuatro, Divinity, FDF, T5 HD, Cuatro HD.

 

  • Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada do devandito centro, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -881 866 388- ou na web tdtgalicia.gal.A continuación, bastará con realizar unha busca das canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.

 

  • De cara a facilitar a información aos veciños, anexamos as entidades de poboación do seu concello que, segundo os nosos cálculos de cobertura, teñen a este centro de extensión de cobertura de TDT de Moreiras como mellor servidor e que se beneficiarán deste cambio:

 

Parroquia Nome entidade Habitantes
BENTRACES (SAN XOÁN) BENTRACES 307

 

 

 

Novas

CONTENT.1606198541

06/05/2020

Xornadas informativas dirixidas a empresariado, comerciantes, autónomos/as e desempregados/as

O CONCELLO DE BARBADÁS ORGANIZA UNHAS XORNADAS INFORMATIVAS EN FORMATO “ON LINE”SOBRE O COVID-19

Dirixidas a empresariado, autónomos e comerciantes. Tamén están destinadas a persoas desempregadas

As xornadas abordan cuestións de interese como consecuencia da pandemia: lexislación, axudas, trámites e resolución de dúbidas

  • A Concellería de Promoción Económica do Concello de Barbadás organiza unhas xornadas informativas dirixidas a empresarios/as, autónomos/as , comerciantes e desempregados/as.

 

  • O concelleiro de Promoción Económica, Ramón Selas, explica que “as xornadas abordan cuestións de interese como consecuencia da pandemia: lexislación, axudas, trámites e resolución de dúbidas”.

 

  • As xornadas para empresarios/as, autónomos/as  e comerciantes celebraranse o xoves 7 de  maio entre as 18.00 e as 20.00 horas.

 

 

 

Novas, Promoción económica

CONTENT.1606198541

05/05/2020

Apertura de centros de estética e perruquerías

APERTURA DE CENTROS DE ESTÉTICA E PERRUQUERÍAS

  • Dende o luns 4 de maio abriron de novo perruquerías e centros de estética na Valenzá.

 

  • A apertura fíxose seguindo as directrices de seguridade marcadas polas autoridades sanitarias.

 

  • Operarios municipais da brigada de obras procederon á desinfección das inmediacións dos establecementos.

 

  • Dende a Concellería de Comercio entregaronse nestes establecementos 400 mascariñas cirúrxicas para aquelas persoas que acudan a estes lugares e as esqueceran ou as teñan desgastadas.

 

  • Tamén se entregaron 5 pantallas antisalpicaduras.

 

  • Listado de perruquerías e centros de estética abertos:

 

  • Peluquería Roberto: avda Celanova 122
  • M&P Peluquería: avda Celanova 112
  • Berta Feijoo Peluquería: avda Celanova 110
  • Shinyu Estetica: avda Celanova 95
  • Peluquería M&A: avda  Celanova 106
  • Claudia Nails & Beauty: avda Cela 90
  • Peluquería Maria Bolaño: rúa as Burgas
  • Peluquería A nena das tesoiras: avda Celan 39
  • Peluquería Paula Diéguez: avda Celanova 58
  • Y yo con estos pelos: avda Celano 52
  • Idunna: Celanova 48
  • Hair Colors: avda Celanova 42
  • Perruqueria C Dominguez: avda 24
  • Esencia Zen: avda. Celanova 22
  • JM Peluquería: avda. Celanova 22
  • Peluquería Lorena Rodríguez: rúa As Cuartas 15

 

  • Tamén está aberto “Reparación de calzado Juan”

 

Comercio, Novas

CONTENT.1606198541

CONTENT.1606198541

04/05/2020

Reparto de mascariñas en diferentes dependencias municipais e en establecementos comerciais abertos

REPARTO DE MASCARIÑAS EN DIFERENTES PUNTOS DO MUNICIPIO DE BARBADÁS

  • O Concello de Barbadás continuará repartindo mascariñas de tela nos establecementos comerciales abertos e nas dependencias da Policía Local.
  • Repartiranse tamén mascariñas, neste caso cirúrxicas, para as persoas maiores de 60 anos ou con patoloxías nas Oficinas Municipais da Valenzá e comezaran a repartirse este mércores na casa consistorial.
  • As mascariñas infantís de tela tamén comezarán a repartirse nas dependencias da Policía Local.
  • Infórmase á veciñanza que as mascariñas de tela están sendo confeccionadas por máis de 20 persoas de xeito altruista. Entregaronse primeiros nos centros da terceira idade e dende hai semanas distribúense periódicamente nos establecementos comerciais, lugares nos que hai que solicitalas. A maior parte das mascariñas de tela que se reparten son confeccionadas por estas persoas voluntarias, en tanto que Adercou (Asociación de Desenvolmento Rural da Comarca de Ourense, con sede no Centro Empresarial Transfronteirizo, ubicado en Pontón) donou 150 aproximadamente tanto para nenos e nenas como para adultos/as.

 

CALENDARIO DE ENTREGA:

MASCARIÑAS CIRÚRXICAS: para maiores de 60 anos ou con patoloxías:

  • Martes de 17,00 a 19,00 e os Xoves de 9,00 a 14,00 horas nas Oficinas Municipais da Valenzá Rúa do Viso, 2).
  • Mércores: de 9,00 a 14,00 horas na casa consistorial, fundamentalmente para persoas que residan na zona de Barbadás, Pontón, Bentraces, Sobrado e Loiro.

MASCARIÑAS DE TELA:

  • Policía Local: de luns a venres, de 9.00 a 14, 00 horas.
  • Establecementos comerciais abertos.

MASCARIÑAS INFANTÍS:

  • Policía Local: de luns a venres, de 9.00 a 14, 00 horas.

 

Novas

CONTENT.1606198541

04/05/2020

Condicións de apertura ao público de comercios e servizos

O Boletín Oficial do Estado o domingo día 3 de maio publicou a orde do Ministerio de Sanidade pola que se establecen as condicións de apertura ao público de determinados comercios e servizos, a apertura de arquivos , así como a práctica do deporte profesional e federado.

Data Adxuntos
04/05/2020 BOE condiciones apertura establecimientos PDF [297 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1606198541

04/05/2020

Melloras en 4 viais e rúas municipais e no patio exterior de Protección Civil

AVISO POR CORTE DE RÚA COMO CONSENCUENCIA DO INICIO DAS OBRAS EN UN CAMIÑO EN PIÑOR

A ampliación e mellora de un tramo da rúa Requeixo está enmarcada en un proxecto de mellora de varios viais no municipio

  • O inicio das obras de ampliación e mellora de un tramo na rúa Requeixo, en Piñor, provoca o corte ao tráfico deste vial.
  • A execución destas obras enmárcase nun proxecto de mellora de viais en diferentes puntos do concello de Barbadás.
  • A mellora da pavimentación na rúa Tras Cotromela e a dotación de pavimento ao Sendeiro da Cotromela (actualmente en terra), no pobo de Sobrado do Bispo son outras actuación incluidas no mesmo proxecto de mellora de viais.
  • A mellora na pavimentación no patio exterior de Protección Civil, na rúa Ruxidoiro (As Lamás) é outra das melloras incluidas no mesmo proxecto.
  • A localidade de Barbadás tamén verá mellorada un dos rincóns ubicados na zona antiga da rúa Carreira. En concreto trátase da rúa Boulevar, que na actualidade ten unha pavimentación en mal estado e moi desigual.
  • Todas estas actuacións de mellora enmárcanse na proposta que o Concello de Barbadás realizou para que a Deputación conceda a contía de aproximadamente 50.000 euros que destina aos 91 concellos da provincia no que se denomina Plans Provinciais, unha contía que se distribúe na mesma cantidade para todos os municipios, independentemente da súa poboación.
  • Estes traballos estaba previsto inicialos na segunda quincena de marzo, pero a declaración do estado de alarma paralizou a súa execución.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1606198541

02/05/2020

O Concello de Barbadás abre os paseos e pecha ao tráfico a rúa Calzada Romana

O CONCELLO DE BARBADÁS HABILITA UNHA RÚA PARA OS PASEOS E PRÁCTICA DE DEPORTE E PECHA O VIAL AO TRÁFICO (RÚA CALZADA ROMANA)

Os paseos do río serán abertos novamente e terán un sentido circular

  • O Concello de Barbadás habilitará a partir do 2 de maio unha rúa para os paseos e a práctica de deporte non profesional.
  • Este vial que pasará a ser de uso exclusivo de transeúntes e persoas que acudan a pasear e/ou correr.
  • Trátase da rúa Calzada Romana no tramo entre o campo de fútbol e o cruce do parque dos Patos.
  • Así mesmo, os paseos do río volverán a abrirse para o uso peonil, excepto o espazo verde que bordea a cafetería e o parque infantil do Parque dos Patos.
  • Os paseos do río por ambas marxes quedarán abertos coa peculiaridade de que terá un sentido circular.
  • Dende a Ponte do parque dos Patos en dirección Ourense pola marxe dereita a circulación peonil será de un único sentido.
  • Dende o límite con Ourense (túneles do Lidl) hacia a entrada do parque dos Patos na súa marxe dereita dirección a Barbadás terá tamén único sentido.
  • Deste xeito (tal como aparece nos planos adxuntos) a circulación de corredores/as, transeúntes e persoas que paseen terá un sentido circular.
  • Estas medidas son adoptadas polo Concello de Barbadás, co asesoramento técnico de Policía Local e Protección Civil, para mellorar a seguridade das saídas da poboación na fase de desescalada tralo confinamento como consecuencia do COVID-19.
  • Nas zonas afectadas colocarase cartelería na que se especifica que por motivos de seguridade e mentres dure o estado de alarma deberase utilizar os pasesos do río dos Muíños ou Barbañica en sentido circular e nunha única dirección.

Novas

CONTENT.1606198541

01/05/2020

Condicións nas se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre e paseos

CONDICIÓNS NAS QUE SE PODE REALIZAR ACTIVIDADE FÍSICA NON PROFESIONAL AO AIRE LIBRE

Orde do Ministerio de Sanidade 380/2020, de 30 de abril, sobre as condición nas que se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19

DESPRAZAMENTOS PERMITIDOS PARA A PRÁCTICA DE ACTIVIDADE FÍSICA

  • Persoas de máis de 14 anos: poden circular polas vías e espazos de uso público para a práctica de actividades físicas permitidas.
  • Queda permitida a práctica non profesional de calquera deporte individual que non requira contacto con terceiros. E tamén quedan permitidos os paseos.
  • Durante os paseos poderase sair acompañado de 1 soa persoa convivente. Non obstante, as persoas que por necesidade teñan que sair acompañadas poderán facelo tamén por unha persoa empregada do fogar a cargo ou persoa coidadora habitual.
  • A práctica non profesional de calquera deporte individual que non requira contacto se podera realizar DE MANEIRA INDIVIDUAL. Excepción: non obstante, as persoas que por necesidade teñan que sair acompañadas poderán facelo tamén por unha persoa empregada do fogar a cargo ou persoa coidadora habitual.
  • Os paseos realizaranse con unha distancia non superior a 1 quilómetro con respecto ao domicilio.
  • A práctica non profesional de calquera deporte individual non terá como limitación de distancia, estando permitida dentro do municipio onde se reside.
  • Circulación por vías e espazos de uso público non estarán permitidas ás persoas que presenten síntomas ou estean e aillamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19 ou se atopen en corentena domiciliaria.
  • Tampouco poden circular por vías e espazos públicos as persoas residentes en centros sociosanitarios de maiores.
  • Os desprazamentos a que se refire este artigo son compatibles co artigo 7 do Decreto 463 e os desprazamentos de poboación infantil (Orde ministerial 370, de 25 de abril). Esto significa que as 3 normativas son acumulativas.

************Artigo 7 do Decreto 463 de 14 de marzo de 2020. Limitación da liberdade de circulación das persoas:

  1. Durante a vixencia do estado de alarma, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades, que deberán realizarse individualmente, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores, ou por outra causa xustificada: a) Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade, así como adquisición doutros produtos e prestación de servizos de acordo co establecido no artigo 10.
    b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
    c) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial.
  2. d) Retorno ao lugar de residencia habitual.
  3. e) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
    f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros.
    g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
    h) Calquera outra actividade de análoga natureza.*************
  4. Os menores de 14 anos poderán acompañar a un adulto responsable do seu coidado cando este realice algunha ou algunhas das actividades previstas no apartado anterior.
  5. Igualmente, permitirase a circulación de vehículos particulares polas vías de uso público para a realización das actividades referidas nos apartados anteriores ou para a reposición en gasolineiras ou estacións de servizo.
  6. En todo caso, en calquera desprazamento deberán respectarse as recomendacións e obrigacións ditadas polas autoridades sanitarias.
  7. O Ministro do Interior poderá acordar o peche á circulación de estradas ou tramos delas por razóns de saúde pública, seguridade ou fluidez do tráfico ou a restrición nelas do acceso de determinados vehículos polos mesmos motivos. Cando as medidas ás que se refire o parágrafo anterior adóptense de oficio informarase previamente ás Administracións autonómicas que exercen competencias de execución da lexislación do Estado en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade viario. As autoridades estatais, autonómicas e locais competentes en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade viario garantirán a divulgación entre a poboación das medidas que poidan afectar o tráfico rodado.
  8. O Ministro de Sanidade poderá, en atención á evolución da emerxencia sanitaria, ditar ordes e instrucións en relación coas actividades e desprazamentos a que se refiren os apartados 1 a 4 deste artigo, co alcance e ámbito territorial que naquelas determínese.  **********************
  • REQUISITOS PARA EVITAR O CONTAXIO
  • Durante a práctica das actividades físicas autorizadas deberá manterse unha distancia interpersoal con terceiros de polo menos 2 metros.
  • Deben evitarse espazos concorridos e lugares onde poidan existir aglomeracións.
  • Na medida do posible a actividade física debe realizarse de maneira continuada evitando paradas innecesarias . Cando sexa necesario realizar unha parada farase polo temo estritamente necesario.
  • Deberán cumprirse as medidas de prevención e hixiene marcadas polas autoridades sanitarias.
  1. LUGARES PERMITIDOS:
  • Poderá circularse por calquera vía ou espazo público. Inclúense espazos naturais e zonas verdes autorizadas, sempre que se respecten os límites establecidos nesta orde.
  • Non estará permitido o acceso a instalacións deportivas pechadas para a práctica de actividades previstas nesta orde.
  • Non se poderá facer uso de vehículo motorizado ou do transporte público para desprazarse a vías e espazos de uso público co fin de practicar a actividade física prevista nesta orde.

 

  • FRANXAS HORARIAS:
  • Práctica de deporte individual e paseos: 6,00-10,00 e de 20,00 a 23,00 horas.
  • Para persoas que requiran sair acompañadas por motivos de necesidade e persoas maiores de 70 anos: poderán pasear e practicar deporte individual : 10,00-12,00 e de 19,00 a 20,00 horas. As persoas maiores de 70 anos poden sair acompañadas de 1 persoa convivente de entre 14 e 70 anos.
  • MunIcipios de poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes: a práctica das actividades permitidas nesta orde poden levarse a cabo entre as 6,00 e as 23,00 horas.
  • Excepción: estas franxas horarias poden non ser de aplicación naqueles casos nos que por razón médicas debidamente acreditadas se recomendé a actividade física fóra das franxas establecidas.
  • Outra excepción: as persoas que por motivos de conciliación xustificados dos/as acompañantes das persoas maiores, menores ou con discapacidade.

 

https://www.boe.es/boe/dias/2020/05/01/pdfs/BOE-A-2020-4767.pdf

Novas

CONTENT.1606198541