Arquivo mensual: Xuño 2020

CONTENT.1711671419

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1711671419

29/06/2020

Convocatoria para a provisión dun arquitecto técnico

PRAZO DE SOLICITUDES:

A instancia, xunto co resto da documentación mínima que os aspirantes se presentará conforme ao modelo ANEXO II dirixido ao Alcalde da corporación, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8:30 a 14:30 horas de luns
a venres, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. A publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense realizouse o 27 de xuño de 2020, polo que o prazo rematará o 10 de xullo de 2020.

Data Adxuntos
29/06/2020 Anexo II - Solicitude PDF [144 KB]
29/06/2020 Bases reguladoras para a provisión por concurso - oposición como funcionario interino dun arquitecto técnico. PDF [491 KB]

Emprego público, Novas

CONTENT.1711671419

27/06/2020

Manifestso polo Día Internacional do Orgullo Lésbico, Gai, Transexual, Bisexual e Intersexual

MANIFESTO POLO DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO

LÉSBICO, GAI, TRANSEXUAL, BISEXUAL E INTERSEXUAL.

O Concello de Barbadás únese as celebracións, un ano máis, do día do Orgullo LGTBI, este ano baixo o lema “2020 Mulleres LTB: Sororidade e Feminismo”, reivindicación que pretende que as mulleres de colectivo LTB acaden unha igualdade real e efectiva nos ámbitos social, político, cultural, económico e educativo.

A realidade que viven as mulleres do colectivo LTB é que en moitas ocasións, experimentan discriminacións múltiples: coma integrantes do colectivo LGTBI, coma mulleres e a opresión que estas viven na nosa sociedade, así como, os diferentes tipos de discriminacións por ter recoñecida algún tipo de discapacidade, ou por pertencer a un colectivo de persoas que se encontren en situación de vulnerabilidade.

Esta reivindicación pretende visibilizar as discriminacións específicas que afrontan as mulleres do colectivo LGTBI. Con isto, preténdese amosar a diversidade coma algo positivo, real e necesario, unha ferramenta que permita empoderar as mulleres cara unha sociedade igualitaria, así como, protexer das discriminacións ás máis vulnerables dentro do colectivo, como poden ser as mulleres migrantes, refuxiadas e aquelas que foron vítimas da trata de persoas.

Tamén a necesidade de poñer en funcionamento medidas que erradiquen a discriminación no ámbito laboral e educativo, a través da creación de programas que amosen a realidade do colectivo LGTBI e a diversidade como un valor social, dirixido a todos os niveis formativos.

Para lograr unha sociedade igualitaria é necesario que todas e todos sexamos visibles, por iso consideramos imprescindible que a realidade das persoas gais, trans, bisexuais, e intersexuais estea presente no ámbito cultural e social, como referentes que axuden a rachar cos estigmas e discriminacións vencelladas principalmente a orientación sexual e de identidade de xénero das persoas.

O feito de poñer este ano o foco da atención no concepto de sororidade, posibilita a reivindicación feminista na que as mulleres do colectivo LGTBI, se unan e coma colectivo, loiten para dar a coñecer a súa realidade social, na que a igualdade non sexa unha mera utopía senón que sexa o motor de cambio na construción social actual.

CIM-Centro de Información á Muller, Novas

CONTENT.1711671419

27/06/2020

Xunta e Concello de Barbadás asina o convenio para bonificar o uso do transporte público con bonificacións á cidadanía

O CONCELLO DE BARBADÁS E A XUNTA ASINAN UN CONVENIO PARA BONIFICAR O TRANSPORTE NA ZONA METROPOLITANA

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel firmaron un convenio de colaboración para establecer accións de promoción da utilización do transporte público

O Concello bonificará os viaxes de uso xeral e establecerá bonificacións sociais dirixidas a estudantes menores de 28 anos, pensionistas e persoas en situación de emerxencia social

A entrada en vigor destas bonificacións está pendente da aprobación definitiva da ordenanza municipal que regula estas bonificacións

  • A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel asinaron onte o convenio de colaboración para a promoción da utilización do transporte público.

 

  • A sinatura deste convenio implicará o mantemento e mellora das bonificacións que o Concello estaba aplicando, pero coa modernización que supón a habilitación da Tarxeta Metropolitana de Galicia, TMG.

 

  • Ademais das bonificacións de uso xeral e as dirixidas a estudantes de ata 28 anos, o Concello bonificará os billetes das persoas en situación de emerxencia social, unha das principais novidades da sinatura deste convenio.

 

  • Barbadás é o único concello da provincia de Ourense que destina bonificacións para a cidadanía coa finalidade de promover a utilización do transporte público.

 

  • As persoas usuarias que se poderán beneficiar das bonificacións propostas polo concello de Barbadás serán as seguintes:
  1. a) Bonificación de uso xeral: Aplicarase a todas as persoas usuarias que fagan uso da Tarxeta do Transporte de Galicia, TMG, da TMG Xente Nova ou doutras tarxetas integradas (actualmente, a Tarxeta Millenium da Coruña e a Tarxeta Cidadá de Lugo), nos desprazamentos correspondentes ás relacións de tráfico incluídas no ámbito de aplicación deste convenio por concesións de servizo público de transporte adheridas ao mesmo. Neste suposto o importe da tarifa a aboar pola persoa usuaria terá unha bonificación de 0,50 €, sendo o importe a pagar utilizando as ditas tarxetas o de 0,85 €/viaxe. Prezo do billete de uso xeral: 0,85 céntimos.
  2. b) Bonificacións Sociais: Á tarifa xeral bonificada establecida no apartado anterior resultaralle de aplicación unha bonificación adicional a favor daquelas persoas que pertenzan a certos colectivos para os que este concello acorde establecer este tipo de bonificación adicional e identifique na aplicación informática habilitada para tal fin pola Xunta de Galicia.

Inicialmente, os colectivos designados polo Concello de Barbadás, son os seguintes:

Estudantes: bonificación adicional de 0,25 € sobre a bonificación xeral. Prezo do billete para estudante: 0;60 €.

Pensionistas: bonificación adicional de 0,15 € sobre a bonificación xeral. Prezo da viaxe para pensionistas: 0;70 €.

Persoas en situación de risco ou emerxencia social: bonificación equivalente ao importe total que lles correspondería abonar polo servizo de transporte. Prezo da viaxe: 0 €.

  • O rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explica que “para Barbadás é fundamental a potenciación do transporte público porque somos un concello novo, con moitos desprazamentos cara a capital, moitos desprazamentos interiores e poder prestar un bo servizo con prezos asequibles para toda a veciñanza é algo fundamental para este goberno”

 

  • Valcárcel engade que este tipo de iniciativas para promocionar o uso do transporte público favorece a protección do medio ambiente e o coidado do noso entorno.

 

  • Para a protección do medio ambiente e para favorecer o transporte público “é necesario aplicar as novas tecnoloxías non só no que se refire aos vehículos que se utilizan, senón tamén á modernización das marquesiñas e o uso de tarxetas electrónicas”, apunta Valcárcel.

 

  • A concelleira de Mobilidade, Victoria Morenza, indicou que na actualidade “e antes da entrada en vigor definitiva do convenio para promocionar a utilización do transporte público, está en período de exposición a ordenanza reguladora das axudas á cidadanía”.

 

  • Morenza sinala que unha vez que se aprobe definitivamente esta ordenanza “ofrecerase información á cidadanía sobre a forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes para beneficiarse destas bonificacións”.

 

  • Estas bonificacións aplicaranse tanto nas rutas dente A Valenzá- As Lagoas, coma no resto de rutas que comunican Loiro, Sobrado, Bentraces e Barbadás coa Valenzá ou con Ourense. Tamén se aplican ás rutas entre Piñor, Parada e Ourense.

 

  • Adicionalmente, as bonificacións previstas anteriormente acumularanse ao desconto que corresponde á empresa concesionaria do servizo de transporte en relación á comercialización de bonos de 50 ou, no seu caso, 100 viaxes. Neste caso, a aquelas persoas usuarias que, cunha mesma tarxeta de transporte TMG, realicen no mes natural 50 ou 100 viaxes, segundo o caso, reintegraráselles o importe correspondente ao desconto previsto para o respectivo abono de 50 ou de 100 viaxes, con cargo á empresa concesionaria.

 

  • As persoas usuarias de alta na aplicación TARSOC, ao facer uso dos servizos de transporte, deberán pagar no autobús o importe da viaxe coa súa tarxeta “TMG social”, aplicándoselles por tanto de xeito automático a bonificación de uso xeral (0,50 €/viaxe) nos mesmos termos que o resto de beneficiarios.

 

  • A bonificación social adicional que lle corresponda á persoa usuaria farase efectiva para as persoas beneficiarias no momento no que estas efectúen a recarga da tarxeta a partir de finais do mes seguinte a aquel no que realizasen a viaxe. As persoas beneficiarias disporán do prazo de dous meses para aceptar cada bonificación dende a data na que esta se poña á súa disposición. No caso de non aceptar a recarga dentro do devandito prazo, esta recarga caducará e perderán o dereito a percibila.

 

  • As persoas beneficiarias das axudas establecidas neste Convenio poderán consultar o estado das súas recargas na páxina web https://tmg.xunta.gal/consulta-tarxeta, ou na que en cada momento habilite a Dirección Xeral de Mobilidade. Neste sentido, este sistema de pagamentos operará de xeito análogo a como o fai o actual programa tarifario social no Transporte Metropolitano.

 

  • As bonificacións previstas neste convenio serán aplicables no contrato de concesión do servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral XG605 (orixe e destino Barbadás-Ourense e viceversa ou viaxes dentro do propio municipio de Barbadás) dende a data que estableza a Dirección Xeral de Mobilidade atendendo á programación dos traballos tecnolóxicos precisos para tal fin.

Novas, Transporte

CONTENT.1711671419

26/06/2020

Xornada informativa cheques dixitalización Covid-19

 

O xoves 2 de xullo ás 20.30 hs nas instalacións municipais de A Solaina terá lugar unha xornada informativa sobre os  cheques de dixitalización.

Estas axudas do IGAPE son destinadas a  proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais.

Son subvencións a fondo perdido en réxime de minimis e que se resolven polo procedemento de concorrencia non competitiva.

Comercio, Eventos, Promoción económica

CONTENT.1711671419

25/06/2020

Axudas Galicia destino seguro

No camiño de reactivación do sector turístico ante a crise sanitaria da COVID-19, a Xunta e o sector turístico traballan no programa Galicia, destino seguro.

Para resolver dúbidas do sector turístico en materia de seguridade sanitaria a Xunta habilitou:

  • O teléfono gratuíto 900 815 334, dispoñible en horario de luns a venres de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas
  • O enderezo electrónico: info-galiciadestinoseguro@xunta.gal

Novas, Promoción económica, Turismo

CONTENT.1711671419

23/06/2020

Masterclass gratuitas no polideportivo de Barbadás

O POLIDEPORTIVO DE BARBADÁS OFRECE MASTERCLASS GRATUITAS CON CITA PREVIA EN HORARIO DE MAÑÁ E DE TARDE

  • O polideportivo de Barbadás programa masterclass gratuitas en diferentes modalidades que se desenrolarán na pista central da instalación deportiva.

 

  • As diferentes modalidades nas que se impartirán estas masterclass son aerobic, body tono, aerobic total, HIIT (Entrenamentos interválicos de alta intensidade), GAP (Glúteos, Abdominais, Pernas) e aerobic latino.

 

  • Os horarios da masterclass é de luns a venres de 10,00 a 11,00 h pola mañá e pola tarde de 20,30 a 21,30 horas.

 

  • Distribución de especialidades en horario de mañá: os luns aerobic, os martes body tono, GAP os mércores, aerobic latino os xoves e aerobic total os venres.

 

  • Pola tarde os luns impartirase masterclass de GAP, os martes aerobic latino, os mércores aerobic, body tono os xoves e os venres HIIT (Entrenamentos interválicos de alta intensidade).

 

  • A entrada para participar en estas masterclass será gratuita e a asistencia debe confirmarse a través de cita previa chamando ao teléfono 988 26 35 19.

 

  • O aforo máximo para participar será de 20 persoas para garantir as directrices de seguridade marcadas tralo COVID-19.

Deportes, Novas

CONTENT.1711671419

22/06/2020

Programación do “Verán cultural” de Barbadás no Parque dos patos: os xoves entre o 2 de xullo e o 3 de setembro

O PARQUE DOS PATOS SERÁ O ENTORNO DO “VERÁN CULTURAL” DE BARBADÁS

Teatro, cine, literatura, circo, danza, clown conforman a programación cultural que se desenrolará todos os xoves dende o 2 de xullo ao 3 de setembro

  • O programa cultural “E no verán? Refréscate coa Cultura” comeza o xoves 2 de xullo ás 21,00 horas con un espectáculo de danzá-circo.

 

  • Xogo, imaxinación, acrobacia aérea e voz conforman o espectáculo “Ikigai” a cargo de SU.MA.

 

  • Os irmáns Quintá serán os protagonistas o 9 de xullo do camiño de volta de San Andrés de Teixidó despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu difunto avó.

 

  • O título deste espectáculo é Os romeiros do caracol”, posto en escena polos Fantoches bag.

 

  • Charo Pita presentará o xoves 16 de xullo “No país do vento”, un espectáculo musical para toda a familia.

 

  • Un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes e, sobre todo, de risas conforman “Crunch”, cuxos protagonistas son dous superhéroes.

 

  • “Crunch” será protagonizado o 23 de xullo polos actores Muu ás 21,00 horas.

 

  • Os protagonistas do verán cultural en Barbadás o día 30 de xullo serán Piscore, que fusionan música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público.

 

  • Concerto con fusión” é o título do espectáculo no que teñen cabida diferentes ritmos: música latina, rock and roll, reggae, pop ou música disco.

 

  • O teatro chega ao escenario que estará todo o verán no parque dos Patos da man de Teatro Ghazafelhos coa posta en escena da obra “Acuario”, dirixido á xente miúda da casa para que se acheguen á poesía en lingua galega, aprendan o nome de peixes de descubran a riqueza bioloxica do litoral de Galicia.

 

  • O Sonoro Maxín estarán en Barbadás o 20 de agosto presentando o espectáculo “De navallas e cumbias”.

 

  • “Crónicas do paraíso” é o título do espectáculo que Sarabela Teatro presentará no escenario do parque dos Patos o 27 de agosto.

 

  • Esta obra que poñerá en escena Sarabela Teatro reflexa a forza do capital, da igresxa e do negocio escuro, colocando aos personaxes nunha situación irónica entre a vida e a morte.

 

  • Como colofón do “Verán cultural” de Barbadás proxectarase a película “Yerterday”, na que Jack Malik soña coa fama e conta co apoio da súa amiga incondicional Ellie. Tras un accidente dase conta de que é a única persoa que pode recordar ao Beatles.

Cultura, Novas

CONTENT.1711671419

21/06/2020

Ábrese o prazo para solicitar praza na Escola de Musica Municipal de Barbadás

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BARBADÁS PARA O VINDEIRO CURSO 2020/2021

  • O prazo para solicitar praza na Escola Municipal de Música de Barbadás estará aberto dende o 22 de xuño ata o 6 de xullo.
  • Ofértanse, igual ca en cursos anteriores, 16 especialidades
  • A Escola Municipal de Música de Barbadás oferta tamén prazas de Música e Movemento para nenos/as de 4, 5, 6 e 7 anos.
  • As persoas interesadas deberán de cubrir o impreso que se adxunta nesta información e envialo por correo electrónico á dirección da Escola de Música, que se atopa no pé do documento.
  • Unha vez recibido a Escola porase en contacto co alumnado para telo informado dos pasos a seguir.
  • Listado de especialidades:

– ACORDEÓN 8 anos ou máis a 31/12/2020

– BOMBARDINO 8 anos ou máis a 31/12/2020

– CLARINETE 8 anos ou máis a 31/12/2020

– CORO 8 anos ou máis a 31/12/2020

– FRAUTA 8 anos ou máis a 31/12/2020

– GAITA 8 anos ou máis a 31/12/2020

– GUITARRA 8 anos ou máis a 31/12/2020

– PERCUSIÓN CLÁSICA 8 anos ou máis a 31/12/2020

– PERCUSIÓN TRADICIONAL E MODERNA 8 anos ou máis a 31/12/2020

– PIANO 8 anos ou máis a 31/12/2020

– SAXOFÓN 8 anos ou máis a 31/12/2020

– TROMBÓN 8 anos ou máis a 31/12/2020

TROMPA 8 anos ou máis a 31/12/2020

– TROMPETA 8 anos ou máis a 31/12/2020

– TUBA 8 anos ou máis a 31/12/2020

– VIOLÍN 8 anos ou máis a 31/12/2020

– MÚSICA E MOVEMENTO 4 ANOS 4 anos a 31/12/2020

– MÚSICA E MOVEMENTO 5 ANOS 5 anos a 31/12/2020

– MÚSICA E MOVEMENTO 6 ANOS 6 anos a 31/12/2020

– MÚSICA E MOVEMENTO 7 ANOS 7 anos a 31/12/2020

EMMB2021_IMPRESO_SOLICITUDE_NOVA_PRAZA

Escola de Música, Novas

CONTENT.1711671419

20/06/2020

Mensaxe do Alcalde de Barbadás para a entrada na “nova normalidade”

MENSAXE DO ALCALDE DE BARBADÁS PARA A ENTRADA NA “NOVA NORMALIDADE”

 

Vai a facer unha semana que en Barbadás e en toda Galicia entramos nunha nova etapa da desescalada. Entramos na “nova normalidade”.

E chegamos a esta fase grazas ó comportamento exemplar e cívico de toda a veciñanza. 

Vimos de varios meses complicados e difíciles, que puxeron a proba a nosa capacidade de superación, pero que demostrou que sabemos afrontar os problemas con decisión e que somos un concello solidario e comprometido.

Por esa solidariedade e por ese compromiso quero trasladarlle a veciñanza o agradecemento de toda a Corporación Municipal. E por suposto a nosa gratitude a Protección Civil, Policía Local, sanitarios e todas aquelas persoas que coidaron de nós de forma voluntaria ou desde os seus postos de traballo.

Como dicía antes, agora estamos na  “nova normalidade”. 

É o momento de que sexamos responsables individualmente, de ser esixemtes con nós mesmos como veciños e veciñas con gran sentido do civismo. 

 Esta nova fase significa unha paulatina apertura dos lugares públicos, pero sempre dende unha actitude responsable.

Todos e todas nós debemos adoptar unha postura de respecto ás  normas establecidas pola Xunta de Galicia dende  que entramos nesta nova etapa. Esta actitude responsable debe estar en consonancia coas directrices sanitarias e de seguridade marcadas polo Goberno de Galicia e polo Concello.

A apertura de parques e zonas deportivas físoxe con unha serie de condicións precisamente para garantir a seguridade e favorecer a prevención. 

É fundamental respectar as normas establecidas: os parques infantís, zonas deportivas, pista de skate ou espazos de uso público ao aire libre  poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada de 1 persoa por cada 4 metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

En Barbadás, tanto nas pistas deportivas abertas coma nos parques infantís reaperturados colocáronse uns carteis informativos marcando os aforos máximos e as normas de seguridade.

Os/as usuarios/as de estas zonas deberán adoptar as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal (1,5 metros) ou, no seu defecto, a utilización de medidas alternativas de protección física (uso de mascarilla).

Dende o Concello de Barbadás estase realizando un importante esforzo para habilitar estas zonas e mantelas desinfectadas, pero é igualmente crucial que as persoas que as utilizan respecten as instruccións sobre seguridade e saúde. 

Agradecer o gran esforzo que se realiza desde Protección Civil nestes traballos de desinfección. Un traballo que só ten un obxectivo, garantir a nosa saúde e evitar posibles rebrotes.

Grazas e saúde para toda a veciñanza de Barbadás.

 

POLO SEU BEN

POLO DE TODOS E TODAS

O Alcalde

Novas

CONTENT.1711671419

20/06/2020

Campamentos de Verán “Concilia Barbadás”

Prazo inscrición 22 - 25 de xuño

O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN “CONCILIA BARBADÁS COMEZA O LUNS 22 DE XUÑO ATA O XOVES 25 DE XUÑO

As inscricións poden realizars de forma telemática ou presencial con cita previa

Ofértanse un total de 140 prazas por quincena durante os meses de xullo e agosto

  • A participación nos campamentos terá como requisitos indispensables que o/s proxenitor/es estén traballando no periodo solicitado de disfrute do campamento e que teñan a idade cumprida requirida para o campamento que se solicita no momento da
  • O prazo de inscrición será desde o luns 22 ata o xoves 25 de xuño (ámbos dous incluídos) podendo ampliar este prazo en caso de non cubrir a totalidade das prazas.
  • Nos días inmediatamente posteriores ao prazo de inscrición (cando se contrasten todos os datos) publicarase a listaxe de admitidos/as publicada na páxina web do Concello de Barbadás xunto cas listas de espera.
  • Criterios de adxudicación:  
  • – No caso de que o número de prazas solicitadas non supere o número de prazas ofertadas, a adxudicación de prazas realizarase de forma directa.
  • A adxudicación realizarase segundo a orde de prioridade fixada na solicitude.
  • No caso de que o numero de prazas solicitadas si supere o número de prazas ofertadas:

–  As prazas serán preferentemente para usuarios que teñan polo menos 1 proxenitor empadroado no Concello de Barbadás. No caso de que, as solicitudes que cumpran con este criterio supere ao de prazas dispoñibles, resolverase usando como criterio, entre éstas, o resultado obtido o 26 de febreiro do Sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021 da Xunta de Galicia (artigo 29 da Orden do 12 de Marzo de 2013).

– Os/as solicitantes non admitidos pasarán a formar parte dunha lista de espera, seguindo a orde establecida no apartado anterior, primeiro os solicitantes que teñan polo menos 1 proxenitor empadroado no Concello de Barbadás ordeados segundo o especificado no apartado 5.2, e despois os solicitantes que non cumpran dito criterio, ordeados segundo o resultado obtido o 26 de febreiro do Sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021 da Xunta de Galicia (artigo 29 da Orden do 12 de Marzo de 2013).

– No caso de que varios irmáns presenten solicitude para o mesmo campamento e quenda, o feito de que un dos irmáns sexa admitido, suporá a admisión dos demáis irmáns.

– No caso de que o solicitante se lle adxudiquen dous campamentos, a adxudicación do segundo campamento quedará condicionada a que non existan en lista de espera de dito campamento solicitantes aos que non lle adxudicase ningún campamento.

– Os solicitantes admitidos deberán realizar o pagamento e presentar o xustificante de pago no prazo e forma que se indicarán na publicación dos listados de admitidos/as.

– Chamamento por lista de espera:  No suposto de que quedasen prazas vacantes, chamarase por rigorosoa orde ós solicitantes en lista de espera, que deberán efectuar o pagamento nun prazo de 2 días unha vez recibida a comunicación telefónica da súa admisión na actividade. Realizarase un máximo de 2 chamadas, de non ser posible a comunicación telefónica, chamarase ó seguinte solicitante da lista.

  • As inscricións realizaranse por unha das seguintes formas:
  • De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal.
  • De forma presencial no rexistro con cita previa (Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168). En calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.
  • Deberá presentarse a seguinte documentación:

– A folla de inscrición individual debidamente cumprimentada que se poderá descargar directamente na páxina web do concello, cuxa sinatura produce os efectos de autorización para a asistencia do menor á  actividade.

Xustificante certificado pola empresa do horario laboral e das vacacións solicitados no ano 2020 durante o periodo dos campamentos do proxenitor ou proxenitores.

–  No caso de proxenitores divorciados/separados acreditarán ademáis do anterior, a custodia durante o periodo do campamento solicitado.

– No caso de traballadores/as autónomos/as presentarán declaración xurada do horario laboral e das vacacións solicitados no ano 2020, e o recibo do último mes da cuota de autónomo.

–  No caso de familias monoparentais terán que acreditar dita condición.

– Certificado de recoñecemento de discapacidade conforme o especificado no apartado 2.1.

Libro de familia (só no caso de que o/a menor non dispoña de DNI para proceder á comprobación de datos).

– Os datos reflectidos na documentación presentada deberán ser certos na súa totalidade; de non ser así, suporá a baixa automática e a perda de todos os dereitos de participación na actividade.

  • PAGAMENTO:

– O custo da praza para os solicitantes é de 20 euros por neno/a.

– O pagamento deberá realizarse mediante ingreso ou transferencia bancaria o número de conta / IBAN: ABANCA (A VALENZÁ): ES21 2080 5342 5431 1000 9242 *Indicando como concepto “Campamentos de verán concilia Barbadás”, e o nome e apelidos do menor.

-Unha vez efectuado o ingreso correspondente, non se devolverá o importe satisfeito salvo que se acredite a imposibilidade do neno/a de asistir á actividade mediante certificado médico que deberá presentarse cun mínimo de antelación de 48 horas antes do inicio da actividade.

  • Normas de funcionamento: É obrigatoria a asistencia. Un 25% de faltas sen xustificar dará lugar a baixa automática no campamento. Só se permitirán como xustificantes válidos de falta de asistencia:  xustificante médico por enfermidade ou ingreso do/a neno/a ou de familiar co que conviva. No caso de que o comportamento dun neno/a afecte ao normal funcionamento da actividade, procederase a avisar a familia e a dar o/a de baixa no campamento. A baixa do/a neno/a do campamento non dá dereito a devolución do importe pagado.
  • Teléfonos de interese: A organización dos campamentos corresponde ás concellerías de Educación e Deportes e Mocidade. Teléfonos de información: Casa da Xuventude: 988391526. Educación: 988246885. Http://www.barbadas.es
  • Ofértanse 140 prazas por cada quincena coa seguinte distribución:

10 prazas en cada un dos seguintes campamentos:

 Campamento urban “A” (3 a 6 anos) A Valenzá

 Campamento urban “B” (3 a 6 anos) A Valenzá

 Campamento urban “C” (7 a 12 anos) A Valenzá

 Campamento multideporte (7 a 12 anos) A Valenzá

 Campamento Barbadás (5 a 12 anos)

 Campamento As Lamas (5 a 12 anos)

 Campamento Piñor (5 a 12 anos)

 Campamento Sobrado (5 a 12 anos)

 Campamento Parada (5 a 12 anos)

 Campamento Santa Uxía (5 a 12 anos)

 Campamento Loiro (5 a 12 anos)

 Campamento Finca Fierro (5 a 12 anos)

 Campamento Bentraces (5 a 12 anos)

 Campamento do Fonsillón (5 a 12 anos)

1.2 Quendas: Todos os campamentos se ofertan para cada una das quincenas, sendo éstas:

 1o quincena xullo (6 a 17 de xullo)

 2o quincena de xullo (20 a 31 de xullo)

 1o quincena agosto (3 a 14 de agosto)

 2o quincena de agosto (17 a 28 de agosto)

  • Cada campamento terá un número máximo de 10 prazas, e un número mínimo de 9 participantes para a súa realización.
  • Os/as solicitantes podrán participar en 2 quendas podendo solicitar ata 3 diferentes e indicando a orde de prioridade (antes de conceder o 2o turno de campamento darase prioridade a quen non participase en ninguna).
  • PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:

–  As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:

– Facer constar a súa condición no apartado que figura no impreso de solicitude, co fin de

planificar os apoios necesarios se os precisaran.

– Que no certificado de recoñecemento de discapacidade se recolla a non necesidade de axuda de terceira persoa.

– Ter capacidade de integración no grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais

lles permitan participar e beneficiarse das actividades programadas que se van a desenvolver.

  • Os requisitos sinalados serán condición para a admisión da solicitude e o seu incumprimento non permitirá a participación da persoa solicitante no campamento.
  • Porén, a organización reservará en cada quenda un 5% das prazas para os solicitantes con discapacidade igual ou superior ao 33% que cumpra os requisitos do punto 2.1.
  • En función do tipo de discapacidade, poderían excepcionarse a algún tipo de actividade dentro da programación. De selo caso, o participante non podería participar nesa actividade específica.

Data Adxuntos
20/06/2020 Solicitude campamentos de verán concilia Barbadás-2 PDF [177 KB]
20/06/2020 Bases campamentos de verán Concilia Barbadás PDF [321 KB]

Cultura, Educación/Formación, Mocidade, Novas

CONTENT.1711671419

18/06/2020

Apertura dos servizos de lectura en sala e acceso a Internet na Biblioteca Municipal de Barbadás


Apertura dos servizos de lectura en sala e acceso a Internet na Biblioteca Municipal de Barbadás

 

  • A Biblioteca municipal de Barbadás abre os servizos de lectura en sala e acceso de Internet.
  • Horario de atención ao público: 10,00 a 13,00 horas.

Cultura, Novas

CONTENT.1711671420

17/06/2020

Axudas á contratación de traballadores na modalidade de remuda

A Orde do 4 de xuño de 2020 da Consellería de Economía, Emprego e Industria  establece as bases reguladoras do Programa de axudas para a contratación de persoas traballadoras remudistas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Data Adxuntos
17/06/2020 Axudas contratación PDF [1 MB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1711671420

16/06/2020

O Concello de Barbadás abre 17 parques infantís, 9 pistas polideportivas e a pista de skate

O CONCELLO DE BARBADÁS ABRE 17 PARQUES INFANTÍS, 9 PISTAS POLIDEPORTIVAS E A PISTA DE SKATE

  • O Concello de Barbadás informará nos parques que se abrirán mañá mércores 17 de xuño a partir das 11,00 horas sobre as normas sobre parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre:
  1. Os parques infantís, zonas deportivas, pistas de skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada de 1 persoa por cada 4 metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.
  2. Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal (1,5 metros) ou, no seu defecto, a utilización de medidas alternativas de protección física (uso de mascarilla).
  3. O horario: 11,00 a 21,00 horas. Estes lugares serán desinfectados diariamente.

 

  • Os parques infantís serán desinfectados diariamente e nuns días instalaranse dispensadores de xel hidroalcoólico, unha medida recomendada pola Xunta de Galicia na Resolución de 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a Fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

 

  • A agrupación de voluntarios/as de Protección Civil de Barbadás levou a cabo tarefas de desinfección nas diferentes zonas infantís e deportivas que se abrirán.

 

  • Os parques infantís que se abren aos/ás cativas foron seleccionados por zonas, ao igual que nas diferentes localidades. Barbadás dispóns de 36 parques infantís, motivo polo que se decidiu reabrir os máis estratéxicos.

 

  • LISTADO DE PARQUES E PISTAS DEPORTIVAS A ABRIR O 17 DE XUÑO

Parques infantís:

– Loiro

– Bentraces: estrada de Celanova (Besadas)

– Sobrado: Fidalguiño

– Pontón

– Barbadás: antigo centro médico

– As Lamas

Valenzá:

  1. Amieiros: a carón das piscinas
  2. Patos
  3. Tren
  4. Solaina
  5. Casa de cultura
  6. Bahamonde
  7. Liberdade

– Finca Fierro: parque da fonte

– Parada

– Piñor: Campo de Roma

– Santa Uxía

– Mundideo

Pistas deportivas:

  1. Solaina: 2
  2. Sobrado: Fidalguiño
  3. Campo de Roma
  4. Parada
  5. Finca Fierro
  6. Barbadás: a carón do antigo centro médico
  7. Bentraces: Barreiro
  8. Loiro: antiga escola
  9. Pista de skate.
  10. Liberdade

 

 

Deportes, Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1711671420

16/06/2020

Resumo da actividade do departamento de Servizos Sociais durante a Emerxencia Sanitaria

RESUMO DA  ACTIVIDADE DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DURANTE A EMERXENCIA SANITARIA

Desde os Servizos Sociais do Concello de Barbadás (atendido por unha das 3 traballadoras sociais do Concello), a raíz do estado de alarma decretado o 14 de marzo de 2020, e como apoio aos colectivos máis vulnerables, puxéronse en marcha unha serie de medidas para intentar paliar as situacións de crise destes colectivos:

Desde o día 8 ao 21 de abril realizouse un primeiro reparto entregando vales de 25€ para gastar en alimentación e enseres básicos xunto cun lote de comida (leite, pasta, arroz, conservas,galletas,alimentos infantís, carne, froita, patacas…).

Entre os días 4 e 14 de maio realizouse un segundo reparto, ademais de dous repartos extraordinarios dirixidos a familias con menores a cargo. En total realizáronse 4 repartos e a día de hoxe séguense repartindo segundo demanda e necesidades.

– Púxose en marcha un “teléfono solidario”, onde os maiores e persoas que o precisaran podían utilizar este servizo para a compra de medicación, de alimentos ou calquer enser necesario, a través do cal realizáronse 50 intervencións en total.

– Creouse un “teléfono de atención psicolóxica”, atendido por dúas psicólogas, ó cal podía acceder todo aquel que o precisara, chegando a realizar 19 intervencións.

– O Servizo de Axuda no Fogar (atendido por a segunda traballadora social do Concello de Barbadás) estivo funcionando en todo momento, concedendo 160 horas novas de SAF (Servizo de Axuda no Fogar) durante o estado de alarma. Ás auxiliares de axuda no fogar entregáronselle 1288 mascarillas, 15 lentes de protección, 15 pantallas, máis luvas das habituais, hidroxeles e batas desechables; todos estes EPIS para garantir a saúde das mesmas e dos/as usuarios/as. O servizo de axuda no fogar, coordinado pola traballadora social, a cal estaba en contacto diario cos/coas usuarios/as de SAF e coas auxiliares correspondentes.

– A través do CIM (Centro de Información á Muller) de Barbadás e durante o estado de alarma, proporcionouse ás mulleres unha alternativa de atención, por medios como atención telefónica, correo electrónico ou videochamadas. Atendeuse a mulleres usuarias novas derivadas doutros servizos, como SERGAS, corpos de seguridade, secretaría xeral de igualdade e servizos de emprego.

– Así mesmo, e a maiores dos programas específicos que se puxeron en marcha a raíz do estado de alarma, os Servizos Sociais Comunitarios estiveron atendidos en todo momento vía telefónica ou correo electrónico, recibindo unha media de 20 chamadas diarias, tramitando novas axudas para a Renda de Integración Social (RISGA), AIS (Ayuda de Integración Social), Xantar na Casa, tarxetas sanitarias para situacións especiais, tarxetas benvida, 155 tarxetas do comercio local (axudas proporcionadas pola Deputación, pero xestionadas pol o Concello de Barbadás) ou calquer outro tipo de demanda que precisara a cidadanía como trámites de prestacións da oficina de emprego ou seguridade social, de persoas que non tiñan acceso á vía  telemática.

O Concello de Barbadás quere agradecer ás empresas e particulares que doaron alimentos, así como a Agrupación de Protección Civil, voluntarios/as do Banco Solidario e demais persoas que que puxeron o seu tempo a disposición da cidadanía.

CIM-Centro de Información á Muller, Novas, Servizos sociais

CONTENT.1711671420

15/06/2020

Medidas de prevención para a nova normalidade – Xunta de Galicia

A  Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, publica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Data Adxuntos
15/06/2020 Medidas de prevención nova normalidade PDF [826 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1711671420

13/06/2020

O Concello de Barbadás organiza campamentos “Concilia Barbadás” ofertando 140 prazas por quincena

O CONCELLO DE BARBADÁS ORGANIZA PARA OS MESES DE XULLO E AGOSTO CAMPAMENTOS PARA CONCICIAR A VIDA FAMILIAR E LABORAL

“Concilia Barbadás 2020 oferta 140 prazas por cada quincena distribuidas entre campamentos urbanos e rurais

 

Será requisito indispensable que os/as proxenitores estén traballando no periodo solicitado de disfrute do campamento

O custo da praza para os solicitantes é de 20 euros por neno/a.

O prazo de inscrición será desde o luns 22 ata o xoves 25 de xuño

Os/as solicitantes poderán participar en 2 quendas podendo solicitar ata 3 diferentes e indicando a orde de prioridade (antes de conceder o 2º turno de campamento darase prioridade a quen non participase en ninguna).

As inscricións realizaranse de forma telematica no Rexistro Xeral do Concello ou presencialmente no rexistro con cita previa ( Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168)

 

 

  • Os “Campamentos concilia de verán” no ano 2020 consisten en un programa de conciliación con actividades que terán lugar nos meses de verán, xullo e agosto, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas.

 

 

  • Ofértanse 140 prazas por cada quincena coa seguinte distribución:

 

10 prazas en cada un dos seguintes campamentos

– Campamento urban “A” (3 a 6 anos) A Valenzá

– Campamento urban “B” (3 a 6 anos) A Valenzá

– Campamento urban “C” (7 a 12 anos) A Valenzá

– Campamento multideporte (7 a 12 anos) A Valenzá

– Campamento Barbadás (5 a 12 anos)

– Campamento As Lamas (5 a 12 anos)

– Campamento Piñor (5 a 12 anos)

– Campamento Sobrado (5 a 12 anos)

– Campamento Parada (5 a 12 anos)

– Campamento Santa Uxía (5 a 12 anos)

– Campamento Loiro (5 a 12 anos)

– Campamento Finca Fierro (5 a 12 anos)

– Campamento Bentraces (5 a 12 anos)

 

  • Todalas prazas ofértanse para cada una das quincenas:

1º quincena xullo (6 a 17 de xullo)

2º quincena de xullo (20 a 31 de xullo)

1º quincena agosto (3 a 14 de agosto)

2º quincena de agosto (17 a 28 de agosto).

  • Cada campamento terá un número máximo de 10 prazas e un número mínimo de 9 participantes para a súa realización.

 

  • Os/as solicitantes poderán participar en 2 quendas podendo solicitar ata 3 diferentes e indicando a orde de prioridade (antes de conceder o 2º turno de campamento darase prioridade a quen non participase en ninguna).

 

  • As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:

– Facer constar a súa condición no apartado que figura no impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios necesarios se os precisaran.

-Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.

-Ter capacidade de integración no grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades programadas que se van a desenvolver.

 

  • Os requisitos sinalados serán condición para a admisión da solicitude e o seu incumprimento non permitirá a participación da persoa solicitante no campamento.

 

  • Porén, a organización reservará en cada quenda un 5% das prazas para os solicitantes con discapacidade igual ou superior ao 33% que non cumpra os requisitos mencionados, que deberán facer constar da mesma maneira a súa condición, co fin de planificar os apoios necesarios para a súa integración na actividade.

 

  • En función do tipo de discapacidade, poderían excepcionarse a algún tipo de actividade dentro da programación. De selo caso, o participante non podería participar nesa actividade específica.

 

  • O prazo de inscrición será desde o luns 22 ata o xoves 25 de xuño (ámbolos dous incluídos) podendo ampliar este prazo en caso de non cubrir a totalidade das prazas.

 

  • A adxudicación será os días inmediatamente posteriores ao prazo de inscrición (cando se contrasten todos os datos) e publicarase a listaxe de admitidos/as publicada na páxina web do Concello de Barbadás xunto coas listas de espera.

 

  • Será requisito indispensable que os/as proxenitores estén traballando no periodo solicitado de disfrute do campamento, para o que se entregará un xustificante certificado pola empresa do horario laboral e das vacacións solicitados no ano 2020 durante o periodo dos campamentos do proxenitor ou proxenitores.
  • No caso de proxenitores divorciados/separados acreditarán ademáis do anterior, a custodia durante o periodo do campamento solicitado.

 

  • No caso de traballadores/as autónomos/as presentarán declaración xurada do horario laboral e das vacacións solicitados no ano 2020, e o recibo do último mes da cuota de autónomo.

 

  • As prazas serán preferentemente para usuarios que teñan polo menos 1 proxenitor empadroado no Concello de Barbadás.

 

  • A adxudicación de prazas realizarase de forma directa no caso de que o número de prazas solicitadas non supere o número de prazas disponibles.

 

  • No caso de que o numero de prazas solicitadas supere o número de estas mesmas dispoñibles, as prazas serán preferentemente para usuarios que teñan polo menos 1 proxenitor empadroado no Concello de Barbadás. No caso de que, as solicitudes que cumpran con este criterio supere ao de prazas dispoñibles, resolverase usando como criterio, entre éstas, o resultado obtido o 26 de febreiro do Sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021 da Xunta de Galicia (artigo 29 da Orden do 12 de Marzo de 2013).

 

  • Os solicitantes non admitidos pasarán a formar parte dunha lista de espera, seguindo a orde establecida no apartado anterior, primeiro os solicitantes que teñan polo menos 1 proxenitor empadroado no Concello de Barbadás ordeados segundo o especificado, e despois os solicitantes que non cumpran dito criterio, ordeados segundo o resultado obtido o 26 de febreiro do Sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021 da Xunta de Galicia (artigo 29 da Orden do 12 de Marzo de 2013).

 

  • Os/as solicitantes admitidos deberán realizar o pagamento e presentar o xustificante de pago no prazo e forma que se indicarán na publicación dos listados de admitidos/as.

 

  • A presentación do xustificante de pago dentro deste prazo suporá a confirmación da praza no campamento urbano. A non presentación do xustificante de pago suporá a baixa automática e a perda de todos os dereitos de participación na actividade.

 

  • As inscricións realizaranse de forma telematica no Rexistro Xeral do Concello ou presencialmente no rexistro con cita previa ( Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168) presentando a seguinte documentación:

– A folla de inscrición individual ou múltiple (no caso de irmáns dentro da unidade familiar) debidamente cumprimentada que se poderá descargar directamente na páxina web do concello, cuxa sinatura produce os efectos de autorización para a asistencia do menor a actividade.

-A solicitude poderá ser individual ou múltiple (no suposto de dous, tres ou catro irmáns)

-A solicitude múltiple ten efectos para adxudicación de prazas segundo a a orde dos resultados e para xerar as listas de espera. No momento das adxudicacións desde a lista de espera xa se teñen en conta como individuais.

-Certificado de recoñecemento de discapacidade.

-Libro de familia (só no caso de que o/a menor non dispoña de DNI para proceder á comprobación de datos).

  • O custo da praza para os solicitantes é de 20 euros por neno/a.

 

  • No suposto de que quedasen prazas vacantes, chamarase por rigorosoa orde ós solicitantes en lista de espera, que deberán efectuar o pagamento nun prazo de dous días unha vez recibida a comunicación telefónica da súa admisión na actividade. Realizarase un máximo de 2 chamadas, de non ser posible a comunicación telefónica, chamarase ó seguinte solicitante da lista.

 

  • Unha vez efectuado o ingreso correspondente, non se devolverá o importe satisfeito salvo se acredite a imposibilidade do neno/a de asistir á actividade mediante certificado médico que deberá presentarse cun mínimo de antelación de 48 horas antes do inicio da actividade.

 

  • Información de interese: Concellería de Educación e Mocidade.

Teléfonos de información:

Casa da Xuventude: 988391526

Educación: 988246885

Inicio

 

 

Deportes, Educación/Formación, Mocidade, Novas

CONTENT.1711671420

12/06/2020

Axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19

Estas axudas son destinadas a  proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais.

Son subvencións a fondo perdido en réxime de minimis e que se resolven polo procedemento de concorrencia non competitiva.

Data Adxuntos
12/06/2020 Ficha resumen cheques dixitalización COVID19 PDF [104 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1711671420

12/06/2020

Formación dixital da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia pon en marcha, dentro do Plan de reactivación económica, un paquete de formación dixital para mellorar os coñecementos e habilidades de 2000 persoas no que se inclúe un programa para autónomos, outro para formadores, unha liña para menores de 30 anos sen emprego e un ciclo de obradoiros.

1) Autónomos dixitais

Programa formativo que pretende reforzar o tecido produtivo galego facilitando a 1200 alumnos o desenvolvemento de competencias en comercio electrónico e novas canles online co obxectivo de mellorar tanto a comunicación cos clientes como o coñecemento dos seus produtos e servizos. O programa, que xa está en marcha cos primeiros 160 participantes, ofrece dúas accións formativas online de 50 horas lectivas cada unha centradas na mellora de habilidades no eido da xestión loxística, o márketing, a venda online e a creación de tendas virtuais. En concreto, Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico e Especialista en e-commerce. As persoas que realizan unha actividade económica por conta propia interesadas nestes cursos poden solicitar a súa praza cubrindo un formulario web na páxina https://www.autonomosdixitais.com. O último curso comezará o 23 de xullo.

2)Formadores dixitais 

Programa de formación online destinado a docentes e formadores para que adquiran coñecementos nas técnicas e métodos para impartir formación online. Destinado a 100 persoas, preferentemente docentes de formación profesional para o emprego, os interesados poderán realizar a súa inscrición ata o 14 de xuño a través dun formulario web na páxina http://www.formadoresdixitais.com e as clases comezarán o 17 de xuño. Os alumnos recibirán 50 horas de formación e poderán acceder a diferentes recursos, foros e un proxecto titorizado.

3)Impulso da empregabilidade 

Permitirá mellorar a empregabilidade dos menores de 30 anos en situación de desemprego nos últimos tres meses. O obxectivo é ofrecer formación e capacitación para incrementar as súas habilidades á hora de atopar un emprego. Celebraranse un total de cinco edicións de 20 alumnos cada unha en formato online que incluirán sesións grupais pero tamén sesións individuais de coaching. En total, ofrécense máis de 55 horas de formación.

4)Pon Rumbo

Obradoiros virtuais con capacidade para 500 personas que se completa con sesións de coaching individual para os 20 alumnos que reúnan os requisitos exixidos no programa. Cunha duración de 50 horas ao longo de tres semanas, traballarase en nove competencias: a análise, o traballo en equipo, a creatividade, a xestión emocional, a capacidade resolutiva, a comunicación, a conexión, a actualización e a organización para aplicar tanto no traballo e no teletraballo como na busca de oportunidades. Está dirixido a persoas en situación de desemprego, emprendedoras e autónomas. O obxectivo é comezar o 15 de xuño.

 

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1711671420

11/06/2020

Horarios da Fase 3 para terrazas e veladores en Barbadás

HORARIOS DA FASE 3 PARA TERRAZAS E VELADORES EN BARBADÁS

  • Considerando que dende hoxe día 9 de xuño de 2020, estamos na Fase 3 da desescalada e tendo en conta as NORMAS PARA A INSTALACIÓN E USO DAS TERRAZAS NOS SERVIZOS DE HOSTALERÍA CONCELLO DE BARBADÁS, procédese ao cambio de horario.
  • Modifícase o apartado número IV (HORARIOS) da Ordenanza de terrazas e veladores, quedando como segue:

a- Horario de peche de locais (terrazas e interior):

De luns a xoves (ámbos os dous incluídos) e domingos ás 01:30 horas.

Venres, sábados e vísperas de festivo, ás 02:30.

b- Os/as propietarios/as disporán de 60 minutos máximo, a partir do peche ao público do establecemento, para a realización de labores de  limpeza e desinfección do local.

 

Novas

CONTENT.1711671420

10/06/2020

Información sobre o Ingreso Mínimo Vital

INFORMACIÓN SOBRE INGRESO MÍNIMO VITAL

O Ingreso Mínimo Vital poderase solicitar a partir do 15 de xuño

  • O Goberno aprobou esta axuda económica que se concederá a 4 de cada 5 persoas en situación de pobreza extrema.
  • É unha axuda igual para todo o territorio español, garantida polo Estado e que será estable durante os próximos anos.
  • No BOE do 1 de xuño publicouse a Real Decreto-lei 20/2020 que regula o Ingreso Mínimo Vital.
  • Os grandes trazos desta axuda son os seguintes:
  • O importe do Ingreso Mínimo Vital dependerá dos ingresos que teña cada fogar, de modo que o Estado achegará a cantidade que falte para alcanzar o mínimo garantido.
  • É dicir, o IMV non é unha cantidade fixa xa que se fai un cálculo para cada persoa ou fogar. Se non se cobran axudas, o Ingreso Mínimo achega todo o que falta para chegar ao mínimo garantido e se se están cobrando outras axudas, o Ingreso complementa a parte que falta.
  • O importe da axuda garantirá uns ingresos que dependen do número de persoas e outras condicións.
  • Hai ata 14 niveis distintos, desde 461 euros ao mes para o caso dun fogar formado por un adulto ata os 1.015 euros ao mes para familias con varios membros.
  • Esta axuda non é só para familias, senón tamén para persoas que non teñan cargas familiares, aínda que se prevé que haxa nenos na metade de fogares aos que chegue para combater deste xeito a pobreza infantil.
  • Non se esixirá a nacionalidade española para recibir esta axuda, sempre que se comprobe que a persoa estranxeira ten residencia legal e efectiva en España durante un mínimo dun ano e que cumpran o resto das condicións.
  • Poderase solicitar a partir do 15 de xuño.
  • Comezarase a cobrar a finais do mes de xuño, segundo váianse aprobando as solicitudes. Estímase que terá un custo anual de 3.000 millóns de euros.
  • O Ingreso Mínimo Vital poderase solicitar a partir do 15 de xuño. Ata entón non é posible facer os trámites.
  • Á que se esperan moitas solicitudes, o Goberno previu que de maneira excepcional todas as solicitudes que se presenten desde o 15 de xuño ata tres meses despois (ata o 15 de setembro) cobraranse con efecto retroactivo ao 1 de xuño, sempre que os requisitos cúmpranse na devandita data.
  • Desta forma pagarase o mínimo vital con efecto retroactivo. Con este sistema preténdese que non haxa acumulación de solicitudes e que as persoas interesadas poidan ir recompilando información e a documentación que será necesaria.
  • O Ingreso Mínimo Vital poderase solicitar a partir do día 15 de xuño sen necesidade de certificado dixital ou dni electrónico e desde a mesma web da Seguridade Social ou por correo.
  • A Seguridade Social puxo en marcha unha liña 900 gratuíta de información sobre o Ingreso Mínimo Vital, o 900202222, en horario de 9 a 14:30. Tamén se deseñou un sistema de información para responder a preguntas básicas sobre a nova axuda.
  • O simulador está xa dispoñible nesta ligazón:  https://ingreso- minimo-vital. seg-social-innova.es/simulador A axuda do IMV regúlase en a Real Decreto-lei 20/2020 do 29 de maio (texto completo).
  • Máis información O Ministro de Seguridade Social e Inclusión explica como se poderá solicitar esta axuda desde a páxina web da Seguridade Social a partir do 15 de xuño. 

    El Ingreso Mínimo Vital se podrá solicitar a partir del día 15 de junio sin necesidad de certificado digital o dni electrónico y desde la misma web de la Seguridad Social o por correo.

 

 

Guía del Ingreso Mínimo Vital

 

Novas

CONTENT.1711671420

09/06/2020

Horario de festas durante a semana do 8 ao 12 de xuño nas Oficinas Municipais da Valenzá

HORARIO DE FESTAS PATRONAIS NAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS DA VALENZÁ

  • Con motivo da celebración de “San Bernabé”, patrón da parroquia da Valenzá, o horario durante a semana do 8 ao 12 de xuño das oficinas municipais será de 9,00 a 13,00 horas.
  • As tardes do martes e mércores as oficinas permanecerán pechadas esta semana e non se venderán bonobuses nin se repartirán mascariñas o mércores.

Bandos e avisos, Novas

CONTENT.1711671420

03/06/2020

O Concello de Barbadás habilita un Campus Virtual para facilitar o acceso á formación da cidadanía

O CONCELLO DE BARBADÁS HABILITA UN CAMPUS VIRTUAL NA PÁXINA WEB PARA FACILITAR O ACCESO Á FORMACIÓN DA CIDADANÍA

Un total de 11 cursos compoñen a oferta desta plataforma formativa virtual

  • O Concello de Barbadás, co fin de facilitar o acceso á formación “online” da veciñanza e favorecer a conciliación familiar coa adquisición de competencias profesionais, pon en marcha unha plataforma de teleformación na páxina web.
  • Esta plataforma será permanente na web e permitirá ao alumnado conectarse e desenvolver os cursos segundo a súa dispoñibilidade horaria.
  • O alumnado terá á súa disposición un/unha titor/a de xeito continuado que lles irá axudando no proceso formativo e solventando as súas dúbidas.
  • Esta plataforma de teleformación compatible con SEPE e FUNDAE e baseada nas últimas versións de Moodle, incorporando melloras substanciais nas áreas de imaxe, usabilidade e funcionalidade.
  • O Campus Virtual terá activas 750 licencias para cursos das áreas de ofimática, prevención de riscos e hixiene alimentaria, ademais, cursos de protección de datos e seguridade.
  • O inicio das actividades comezou onte 1 de xuño e estarán dispoñibles ata o esgotamento das prazas ou ata 15 de decembro 2020.
  • O concelleiro de Formación de Barbadás, Ramón Selas, explica que “para participar nestas actividades formativas, os/as interesados/as deberán cubrir unha ficha, que lles permite acceder a un máximo de 3 cursos ao ano, que estará accesible na páxina web do Concello de Barbadás e remitila ao enderezo electrónico cet@barbadas.es”.
  • O Campus Virtual de Barbadás oferta os seguintes cursos: Prevención de riscos laborais (60 horas); Manipulador de cargas con carretillas elevadoras (50 horas); Conducción de carretillas elevadoras (30 horas); Manipulación de alimentos (10 horas); Excel avanzado (20 horas); Word avanzado (40 horas); Access avanzado (40 horas; Open Office 3.0: writer e calc (100 horas); Google drive (100 horas); Iniciación á Ofimática (40 horas); Novo Regulamento europeo de protección de datos (60 horas).
  • O teléfono de información do Centro Empresarial Transfronteirizo, centro dende o que se xestiona o Campus Virtual: 988 36 04 13.
  • O sistema de acceso ao Campus Virtual formalízase tras superar unha proba de selección de competencias dixitais.
  • Dende o Centro Empresarial Transfronteirizo sinalan que para o acceso ao Campus Virtual teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Barbadás.
  • O acceso á plataforma virtual de formación debe realizarse a través de barbadas.gal.

Cursos de teleformación

Ficha inscrición cursos teleformación

 

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1711671420

02/06/2020

Preparativos e posta a punto para a apertura dos parques infantís o día 8 de xuño

O CONCELLO DE BARBADÁS ACOMETE OS PREPARATIVOS E POSTA A PUNTO PARA A APERTURA DOS PARQUES INFANTÍS

  • O Concello de Barbadás afronta a desescalada do Covid-19 acometendo a limpeza e posta a punto dos parques infantís.
  • Os/as voluntarios/as de Protección Civil comezaron a finais da semana pasada a realizar tarefas de limpeza a fondo dos parques infantís.
  • Estes traballos de limpeza continuarán ao longo da presente semana do 1 de xuño para que a práctica totalidade dos parques infantís e zonas de xogo queden listos para a súa apertura o 8 de xuño.
  • Operarios da brigada de obras están ao mesmo tempo levando a cabo labores de comprobación e posta a punto dos elementos de xogo das diferentes zonas de xogo infantil.
  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou a colaboración de sectores, empresas, colectivos, sanitarios/as, Protección Civil, persoal do Concello de Barbadás, forzas e corpos de seguridade, profesionais, persoal de servizos básicos (de supermercados, recollida de lixo, limpeza viaria, panadeiros/as, establecementos de venta de produtos de alimentación, cidadáns e un longo etcétera dende o inicio da pandemia.
  • Valcárcel agradeceu “a colaboración da cidananía en xeral durante o proceso de confinamento e posterior desescalada e dos diferentes profesionais e persoal que durante os difíciles momentos que vivimos estiveron atentos e pendentes de cumprir as directrices marcadas para salvagardar a saúde de tod@s”.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1711671420

02/06/2020

Campus virtual de teleformación

O Concello de Barbadás pon en marcha un campus virtual de teleformación:

campus.barbadas.gal

  • A plataforma estará dispoñible dende o 1 de xuño e deica o 15 de decembro de 2020.
  • Poderase acceder a un máximo de 3 accións formativas por participante.
  • O requisito previo para poder acceder á formación é superar unha proba de selección de competencias dixitais.
  • As inscricións faranse cubrindo a ficha de solicitude e enviandoa ao enderezo electrónico : cet@barbadas.es
  • Terán preferencia os solicitantes empadroados no Concello de Barbadás
Data Adxuntos
02/06/2020 Cursos de teleformación PDF [333 KB]
02/06/2020 Ficha inscrición cursos teleformación PDF [384 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1711671420