Arquivo mensual: Xullo 2020

31/07/2020

A Concellería de Turismo presenta 2 vídeos promocionais da música de Barbadás

A CONCELLERÍA DE TURISMO PRESENTA 2 VIDEOS PROMOCIONAIS DA MÚSICA EN BARBADÁS

“Barbadás terra de música” e “Museo da Gaita de Fole” son os títulos de ambosos dous videos para promocionar a importancia da Música

  • O concelleiro de Turismo, Ramón Selas, falou na presentación dos videos promocionais da importancia da música no concello de Barbadás.
  • “Barbadás, terra de música” pretende “facer unha homenaxe aos predecesores da riqueza musical da que goza o noso concello, unha tradición musical que foi pasando de pais/nais a fillos/as, que están explicadas polos/as protagonistas, xunto coas súas experiencias e anécdotas”.
  • Selas destaca que a cultura musical “segue estando viva no noso concello, onde cada vez máis proliferan corais, agrupacións musicais de todo tipo e cuxo centro neurálxico está na Escola Municipal de Música de Barbadás, na que preto de 300 alumnos/as desenvolven a súa actividade, asegurando o futuro”.
  • O segundo dos vídeos fai un percorrido polo Museo da Gaita de Fole “da man dun dos maiores coñecedores da historia do insturmento e unhs dos poucos artesáns que segue elaborando gaitas, Pablo Martínez.
  • O Museo da Gaita foi inaugurado en 2017, sendo único en Galiza con un claro trazado da historia da gaita dende as primeiras referencias ata o día de hoxe.
  • O múseo é visitado por colexios, colectivos ou mesmo por persoas individuais ao longo do ano.
  • Ramón Selas, concelleiro de Turismo expresou a gratitude a todas as persoas que participaron nos vídeos: Manuel Valdés Cid, Meri Alonso Iglesias, Alfonso Cid Yáñez, Manuel Álvarez González, Manuel Álvarez Ferncández, Manuel Seara Álvarez, Modesta Seara Selas e Pablo Martínez.
  • No acto de presentación participaron membros da corporación municipal e persoas vinculadas á historia da música no concello.
  • A continuación Nova Fronteira protagonizou unha actuación de música tradicional.

Escola de Música, Novas, Turismo

CONTENT.1600877539

29/07/2020

Superxoves no Comercio Local de Barbadás: máis horarios, máis ofertas

O CONCELLO DE BARBADÁS PON EN MARCHA UNHA INICIATIVA PARA REACTIVAR O COMERCIO LOCAL COA APERTURA DE COMERCIOS OS XOVES ATA AS 22,00 HORAS

Esta campaña de Súper-Xoves terá lugar desde Mañá dia 30 ata finais de setembro.

 

  • A concelleira de Comercio, Marga Pérez, explica que se trata de unha “iniciativa para reactivar o comercio local do nosos concello , día de ofertas con máis horário para facilitar ás compra, coidando especialmente as medidas de seguridade sanitarias”.

 

  • Neste primeiro xoves, día 30 de xullo, participan 12 establecementos, aos que se unirán para o seguinte xoves moitos mais.

 

  • Esta campaña de Súper-Xoves terá lugar desde Mañá dia 30 ata finais de setembro.

 

  • É unha iniciativa da Asociación Centro Comercial Aberto A Valenzá en colaboración coa Concelleria de comercio de Barbadás.

 

  • Listado de participantes no primeiro Superxoves do comercio local: Moda Bel, O Roupeiro de Uxía, Twins, Twins Men, O Gato con botas, Pillabáns, Samsara, Carussa Baby, La Cigüeña, Mimi Floristería, Discomovil L’evento, Gaia Contigo.

 

 

Comercio, Novas

CONTENT.1600877539

27/07/2020

Píscore no Programa de Verán

Continúa avanzando o Programa de Verán do Concello, neste ocasión contamos co Grupo PÍSCORE que nos presenta o espectáculo “Concerto Con Fusión”, será o xoves 30 de Xullo ás 21h., no Parque dos Patos (A Valenzá)

Sinopse:

Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos, como música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.

Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que o que podería ser un desastre se convirta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.

Público: Todos os públicos / 55 min. / Tipo espectáculo: Familiar

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1600877539

24/07/2020

Medidas de seguridade ante casos confirmados de coronavirus e para previr un brote

BANDO

DEBIDO Á EXISTENCIA DE CASOS CONFIRMADOS, PARA EVITAR UN POSIBLE BROTE:

  • RECORDÁSELLE a cidadanía as medidas establecidas na Resolución do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, PERSOAS CON SINTOMATOLOXÍA.

 

  • Calquera persoa que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles con COVID-19, tales como febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de garganta, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos, deberá permanecer no seu domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario coa maior brevidade.

 

  • Igualmente, se existen conviventes no domicilio, deberá evitar o contacto con eles e, se é posible, usar unha habitación de forma exclusiva ata recibir instrucións do seu servizo sanitario.

 

  • MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA CASOS E CONTACTOS ESTREITOS.
    – As persoas que sexan consideradas caso confirmado, sospeitoso, que se atopen pendentes dos resultados de probas diagnósticas por este motivo, e as consideradas contacto estreito dun caso sospeitoso, probable ou confirmado, DEBERÁN SEGUIR AS CONDICIÓNS DE ILLAMENTO OU CORENTENA que lles sexan indicadas desde os dispositivos asistenciais ou de saúde pública, sen poder abandonar o seu domicilio ou lugar de illamento ou corentena en ningún caso, salvo autorización expresa do servizo sanitario por causas debidamente xustificadas.

 

  • TELÉFONOS DE CONTACTO:
    TELÉFONO DE INFORMACIÓN: 900 400 116.
    CENTRO DE SAÚDE DA VALENZÁ: 988 24 53 98.

Barbadás, a 24 de xullo de 2020.

 

Bando coronavirus

Novas

CONTENT.1600877539

CONTENT.1600877539

23/07/2020

Matrícula Escola Infantil Municipal Curso 2020/2021

Matrícula Curso 2020-2021 da Escola Infantil Municipal

Ábrese  o prazo para formalizar a matrícula da Escola Infantil Municipal para o Curso 2020-2021. Dito prazo será dende o 24 de xullo ata o 6 de agosto de 2020 ambos inclusive. Documentación a achegar: Impreso de matrícula debidamente cuberto e xustificante bancario do pago da matrícula. Este impreso  descargarase da páxina web do Concello de Barbadás,  para a súa presentación poderase facer de forma telemática na sede electrónica do Concello  barbadás.sedelectronica.gal e para facelo de xeito presencial deberán pedir cita mediante a sede electrónica.

Data Adxuntos
23/07/2020 MATRICULA ESCOLA INFANTIL CURSO 2020-2021 PDF [549 KB]

Escola infantil, Novas

CONTENT.1600877539

22/07/2020

Axudas REACTIVA comercio, turismo e servizos do IGAPE

O PRAZO DE PRESENTACIÓN REMATA O 31 DE XULLO 2020

Resolucin do 15 de xuo de 2020 DOG N120 do 19062020 – Bases e convocatoria (3)

Resolucin do 15 de xuo de 2020 DOG N124 do 25062020 – Bases e convocatoria 2020

(1)Resolucin do 15 de xuo de 2020 DOG N124 do 25062020 – Bases e convocatoria 2020

IG281 – REACTIVA SERVIZOS SEGUROS – GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E XERAR CONFIANZA NO CONSUMIDOR

O obxecto das axudas reguladas nestas bases é contribuír a xerar confianza nos consumidores mediante a adopción de medidas para crear espazos seguros, e introducir cambios nas prácticas empresariais que faciliten unha adecuada reactivación das actividades económicas tras o confinamento consecuencia da crise sanitaria provocada polo COVID19.

 

IG280 – REACTIVA TURISMO – GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E XERAR CONFIANZA NO CONSUMIDOR

O obxecto das axudas reguladas nestas bases é contribuír a xerar confianza nos consumidores mediante a adopción de medidas para crear espazos seguros, e introducir cambios nas prácticas empresariais que faciliten unha adecuada reactivación das actividades económicas tras o confinamento consecuencia da crise sanitaria provocada polo COVID19.

 

IG279 – REACTIVA COMERCIO SEGURO

Axudas aos proxectos dos comercios ao retallo galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor e convocar para o ano 2020 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1600877539

CONTENT.1600877539

20/07/2020

MUU no Programa de Verán de Barbadás

O Xoves 23 de Xullo, ás 21h., unha nova actuación con MUU e o seu espectáculo “Crunch” continuando co Programa de Verán do Concello, será no Parque dos Patos (A Valenzá)

Onde están cando se lles necesita? É unha pregunta que adoitamos facernos sobre as nosas amizades, a clase política, a familia… algunha vez eles fallan, pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, aconciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No
fondo todas as persoas somos superheroes.
Crunch! é un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes, de saltos mortais, de golpes e caídas coas que aprendemos e saímos adiante, e sobre todo de risas, que é o máis necesario. Ti non os ves, pero eles estante mirando.

XÉNERO: circo e clown / 50’ / FAMILIAR.

Organiza: Concellaría de Cultura.

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1600877539

CONTENT.1600877539

14/07/2020

Normativa sobre as piscinas en Barbadás e información de interese

NORMATIVA PISCINA MUNICIPAL CONCELLO DE BARBADÁS E INFORMACIÓN DE INTERESE

 

HORARIO DE APERTURA E TEMPORALIZACIÓN

O horario da instalación será o seguinte:

  • Os días 15, 16 e 17 de Xullo a pisicina abrirá en horario de tarde con 1 únicaquenda en horario de 16:00 a 20:30
  • A partir do día 18 de Xullo o horario será de Lunes a domingo de 11.300h -20:30 cos seguintes turnos:

– 11:30 a 13:00

– 13:30 a 15:00

– 16:00 a 20:30

(con flexibilidade según as necesidades do servicio e as condicións

climatolóxicas).

A PISCINA ABRIRÁ DENDE O 15 DE XULLO ATA O 15 DE SETEMBRO

GUÍA RESUMO DE ACCESO Á INSTALACIÓN

Será obrigatorio a cita previa a través de esta aplicación e prégase ir xa co pago do bono ou abono correspondete realizado (de non ser posible/capaz de realizar o pago mediante a aplicación o taquilleiro podrá axudar e dar as indicacións oportunas).

Accederase pola porta pequena sitada no Paseo dos Amieiros, gardando a distancia de seguridade mentres se agarda na fila de ascceso ao recinto.

Unha vez dentro deberán desinfectar as mans con hidroxel e agardar a pasar o control de acceso.

O uso de mascariñas será obrigatorio nas zonas de tránsito e ademáis sempre que non se poida garantir a distancia de 1,5 m.

Unha vez superado o control de acceso moverase polas zonas debidamente indicadas ata unha das parcelas sinaladas na instalación.

Se elixe unha parcela multipersoal debrá manter unha distancia de polo menos 1.5 m a non ser que quen se atope en dita parcela sexan convivintes.

Todos os residuos xerados deberán ser depositados nunha bolsa plástica e esta será depositada no lixo na saída do recinto.

Para acceder a auga deberase desplazar polas zonas de transito do recinto con chancletas. E ducharse antes de acceder a auga do vaso.

No caso de querer facer uso dos baños deberá desplazarse en chancletas polas zonas indicadas.

Non está permitido o acceso aos vestiarios, estes permanecerán pechados en

todo momento.

Unha vez os socorristas indiquen que se debe abandonar a instalación, deberá facerse na maior brevidade posible para así poder realizar as labores de desinfección recomendadas.

Saldrase pola porta próxima á zona dos socorristas e depositaranse as bolsas de residuos dentro dos contenedores.

NORMAS XERAIS

  • O aforo máximo da instalación será de 200 persoas (aproximado ao 30% da capacidade máxima permitida). E o aforo recomendad para garantir as medidas e distancias de seguridade en todo o recinto.

*Os días 15, 16 e 17 de xullo o aforo estará limitado a 100 persoas

  • É obrigatorio respectar en todo momento as indicacións do persoal socorrista. Débese observar puntualmente as instrucións do socorrista da piscina. Un comportamento antisocial supoñerá a expulsión do recinto do infractor.
  • Todos os cidadáns teñen dereito a acceder á piscina e ao resto das instalacións en condicións de igualdade, coas limitacións e requisitos establecidos na normativa aplicable ás piscinas de uso público, sen prexuízo do dereito da entidade xestora para, con visto da dirección, restrinxir ou suspender o acceso á instalación cando as condicións de salubridade, hixiene ou superación da capacidade real da instalación fágao necesario para manter a calidade da prestación do servizo.
  • É obrigatorio ducharse antes da inmersión na auga dos vasos.
  • O uso das instalacións débese facer con roupa e calzado adecuado. Está prohibido acceder á zona de baño con calzado de rúa e é obrigatorio usar calzado de baño persoal en aseos, vestiarios ou duchas.
  • Todo usuario estará obrigado a velar polo bó estado de conservación das instalacións e servizos, e por tanto, impedirá ou denunciará todos os actos que deterioren as instalacións ou servizos e advertirá aos empregados cando observe anomalías nas instalacións ou no material destas.
  • Deberanse respectar os espazos reservados aos diferentes usos da instalación.
  • Prohíbese fumar en todo o recinto, así como utilizar envases de cristal.
  • Prohíbese acceder á instalación con animais ou obxectos que poidan causar

dano ou molestias aos usuarios, fóra de cans guía.

  • Prohíbese a realización de xogos e prácticas perigosas (correr polo bordo

do vaso, apneas prolongadas, mergullarse violentamente, tirar obxectos, etc…) e

en xeral todos aqueles actos que dificulten, obstaculicen ou impidan o

desenvolvemento das actividades que leven a cabo.

  • Prohíbese correr para tirarse á auga, empuxar, cuspir dentro da auga, e en xeral, todo o que poida molestar ao baño dos demais usuarios ou vaia en detrimento de a calidade da lámina de auga, así como arroxar obxectos do exterior á piscina e viceversa.
  • Non se permitirá a introdución de cadeiras, hamacas, tumbonas, etc para colocalas na zona de praia salvo causa xustificada e coa autorización do persoal responsable da piscina.
  • Se é necesario algún elemento para a aprendizaxe de natación, pódese solicitar ao socorrista. Devolverase, posteriormente, en bo estado de uso e colorearase nos compartimentos abilitados para ese efecto.
  • Todo accidente que se produza na instalación será comunicado antes de abandonar esta.
  • Non se permite o nudismo.
  • Recoméndase o uso de lentes de baño e protección solar.
  • Por motivos de seguridade, dadas as características do vaso da piscina, os menores de 12 anos deberán acceder á piscina acompañados por un responsable maior de idade, igual que os menores de 16 anos que non saiban nadar

NORMAS  RECOMENDACIÓNS derivadas da crise COVID-19

En aplicación da normativa derivada da situación de pandemia pola COVID-19 e proporcionar un ambiente seguro e saudable minimizando o enorme potencial de transmisión do virus, faise necesaria a redacción deste suplemento.Para iso tivéronse en conta as normas e recomendacións do Ministerio de Sanidade, as autoridades competentes da Comunidade Autónoma de Galicia e do sector piscinas.

O aforo máximo permitido para piscinas ao aire libre de uso recreativo redúcese para garantir a seguridade dos bañistas, o que no actual contexto, sitúa en 200 persoas o aforo máximo das Piscinas Municipais  de Barbadás

Respectar a distancia de seguridade de 1.5 metros entre persoas resulta fundamental para evitar posible contagios. Co fin de procurar a distancia de seguridade interpersoal entre usuarios, establécense itinerarios de ida e volta en todo o recinto mediante marcas no chan que son de obrigado cumprimento. I

Nas zonas de estancia (parcelas), os usuarios deberán respectar os perímetros de seguridade, onde ademais deberán permanecer todos os seus obxectos persoais, a fin de evitar o contacto co resto de usuarios.

Os usuarios están obrigados a seguir as recomendacións e normas de hixiene e prevención a observar expostas na cartelería así como a seguir as indicacións do persoal e a comunicar ao persoal e ás autoridades sanitarias a aparición de calquera síntoma compatible coa COVID-19, situación ante a cal deberá abandonar inmediatamente as instalacións.

É necesario habilitar sistema de acceso que eviten a acumulación de persoas e que cumpran as medidas de seguridade e protección sanitarias. Para iso, habilitouse un sistema informático, GALILEO, que permite tanto ao xestor do servizo como ao usuario ver o aforo en tempo real e, no seu caso, concertar cita previa para acceder ás instalacións realizando reservas nominais.

Devandito sistema servirá como ferramenta de rastrexo en caso de producirse algún contaxio.

Recoméndase aos grupos vulnerables que non asistan á instalación ou, se o fixesen, que sexa baixo a súa responsabilidade.

Todos os usuarios deberán acceder con calzado adecuado ( chanclas) que será de uso exclusivo nas instalacións e desinfectado á entrada.

Recoméndase que cada un traia unha bolsa onde depositar o calzado de rúa antes de acceder ás instalacións.

Os/as usuarios/as deberán dispor de unha bolsa de plástico para material desechable que deberán depositar convenientemente pechada nos cubos próximos á saida do recinto Poñeranse ao disposición dos usuarios dispensadores de hidroxel para unha correcta desinfección de mans, que deberá levar a cabo antes e despois de tocar calquera superficie.

Os vestiarios permanecerán clausurados.

Recoméndase o uso de lentes para o baño.

¿Qué debes saber sobre GALILEO?

Todo usuario maior de 12 anos, INDEPENDENTE DO TIPO DE SERVIZO A

CONSUMIR, ten a obrigación de crear un perfil:

  • NOME
  • APELIDOS
  • DNI
  •  MAIL
  • TELÉFONO

O taquilleiro poderá solicitar DNI en calquera momento para verificar datos

rexistrados.

A identidade dos EMPADROADOS será verificada por parte da dirección.

As entradas son nominais e intransferibles. Non é posible facer reservas de entradas en nome doutros. Salvo para menores de 12 anos.

A entrada obriga a cumprir coa reserva realizada. O sistema permite anular a reserva nun prazo de 60 minutos antes do comezo da FRANXA HORARIA RESERVADA. A dirección bloqueará a RESERVA ONLINE ao segundo aviso de incumprimento.

Deportes, Novas

CONTENT.1600877539

13/07/2020

Charo Pita no Programa de Verán

O xoves  16 de Xullo, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá), actuación de CHARO PITA co espectáculo “No País do vento” dentro do Programa de Verán do Concello.

No País do Vento nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns. Moitos son as personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: unha científica incorrixible e algo poeta que chegou  a explorar o País do vento;  noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas todas, que bailan unha canción tradicional deste país de brisas; unha familia de papaventos que é feliz buscando países imaxinarios que visitar; un corazón que viaxa nunha cáscara de noz; unha xirafa que quería ser araña e unha araña que quería ser xirafa; o Pato Simón; unhas pitas refuxiadas, un reloxo que no canto de dar horas, dá risa … E así, con moitas ganas de bailar e de gozar, vaise esgallando aos pouquiños este espectáculo.

Espectáculo musical |55 min | +3

Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1600877539

14/07/2020

Aberto o prazo para os servizos: Bos Días Cole e Actividades Extraescolares curso 2020- 2021

Prazo inscrición: 13 de xullo - 7 de agosto

Inscricións:

Prazo: 13 xullo – 7 agosto
Lugar: Sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal
No rexistro con cita previa: Concello 988360000, A Valenzá buzon sede electronica.

Data Adxuntos
14/07/2020 Bases Bos Días Cole 2020-2021-1 PDF [340 KB]
14/07/2020 Solicitude Bos dias cole curso 2020-2021 PDF [216 KB]
14/07/2020 Bases Actividades extraescolares 2020-2021 PDF [53 KB]
14/07/2020 Solicitude extraescolares 2020- 2021 PDF [64 KB]
14/07/2020 Horarios Extraescolares PDF [130 KB]

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1600877539

CONTENT.1600877539

07/07/2020

Axudas programa Emega emprendemento feminino

O Diario Oficial de Galicia publica unha resolución da Secretaría Xeral da Igualdade, pola
que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega
para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo
Fondo Social Europeo.

Data Adxuntos
07/07/2020 Programa Emega emprendemento feminino PDF [1 MB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1600877539

06/07/2020

Cheques autónomo “seguimos adiante” Xunta de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG)  publica no día de hoxe a convocatoria do Cheque Autónomo Seguimos Adiante.

A medida conta cun orzamento de 16 millóns de euros e ofrecerá financiamento do 100%, ata un límite de 1800 euros, do custo de determinados gastos correntes, como loxística e transporte de envíos (ata 3€ por envío); o pago por estar nunha plataforma de e-commerce local; o pago por licenza de uso de software de venda online; promoción en redes sociais; gastos correntes de seguridade motivados pola covid-19, entre os que se encontran os gastos en máscaras, guantes, desinfectante, limpeza, biombos e asesoramento en prevención de riscos laborais; e os gastos de subministracións e telecomunicacións. Estas axudas prevén anticipos do 100% e cubrirán os gastos realizados desde a declaración do estado de alarma ata o 31 de decembro do ano 2020

Data Adxuntos
06/07/2020 Cheque autónomo seguimos adiante PDF [1 MB]

Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1600877539

06/07/2020

Fantoches Bag no Programa de Verán

O Xoves 9 de Xullo, ás 21h., no Parque dos Patos unha nova actuación do Programa de Verán do Concello, estará con nós o Grupo FANTOCHES BAG que nos presenta o espectáculo “Os romeiros do caracol”.

Sinopse:

Un espectáculo infantil sobre Antón Fraguas…
Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a San Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en San Andrés.

O espectáculo está baseado na obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas. A escenografía do espectáculo é un enorme caracol vivenda no que se contan e cantan cancións e as lendas de San Andrés. Monicreques, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos do teatro popular que utilizaremos neste espectáculo con música en directo interpretada polo acordeón diatónico de Carlos Quintá.

Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1600877539

04/07/2020

As piscinas de Barbadás abrirán a mediados de xullo: acceso mediante un código QR e 4 quendas diarias

A PISCINA MUNICIPAL DE BARBADÁS ABRIRÁ A MEDIADOS DO MES DE XULLO

  • Este ano a piscina abrirá cunhas condicións especiais dadas as circunstacias sanitarias provocadas polo COVID-19.

 

  • O control de acceso realizarase sen carné físico, senón que será mediante unha aplicación que xenera un código QR.

 

  • As tarifas serán as mesmas que en tempadas anteriores. O mesmo ocorrerá co bono de tempada, é dicir, será o mesmo que en anos anteriores..

 

  • Haberá 4 quendas de acceso de 2 horas cada unha en horario de 11,00 a 13,00, mentras que de 13,00 a 13,30 procederase á desinfección.

 

  • A segunda quenda será de 13,30 a 15,30 horas. O terceiro turno será de 16,00 a 18,00 horas, mentras que a cuarta quenda será de 18,30 a 20,30.

  • As parcelas estarán delimitadas para convivintes e aforo limitado tanto na zona verde como no vaso.

  • En vindeiros días o Concello aclarará as cuestións relacionadas coas medidas de seguridade que se adoptarán e coa distribución do aforo.

  • O sistema de uso do carné da piscina para este ano será modificado porque o control de acceso será a traves dunha aplicación que xerará un código QR.

  • Nesa mesma aplicación realizaranse os pagos tanto da entrada diaria como do carne de toda a tempada, polo que no momento que se poña en funcionamente será cuestión de minutos cubrir os datos básicos e realizar o pago a través desta mesma aplicación.

  • Unha vez cubertos todos os datos nesa aplicación, esta mesma xerará ese código QR que nos servirá de acceso durante toda a tempada de verán ou para un día en función do que solicite o/a usuario/a.

 

  • Ao longo das últimas semanas estanse realizando tarefas de mantemento na zona de céspede, retirouse o parque infantil, acometéronse obras de mellora nas instalacións e están realizándose melloras no sistema de máquinas e no cadro eléctrico.

 

 

Deportes, Novas

CONTENT.1600877539

01/07/2020

Axudas a traballadores e empresas afectadas por ERTE

O Diario Oficial de Galicia publica as bases reguladoras das axudas destinadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ás persoas traballadoras e ás empresas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos ou redución da xornada para favorecer o mantemento do emprego ante flutuacións da economía, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de outubro de 2020.

Data Adxuntos
01/07/2020 Anuncio DOG PDF [797 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1600877539

01/07/2020

E no verán…? Refréscate coa cultura

Este xoves 2 de Xullo, ás 21h.,  iniciamos o Programa de Verán do Concello, coa actuación de circo de SU.MA que nos presenta o espectáculo “Ikagai” no Parque dos Patos de A Valenzá.

Sinopse:

Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía. Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador.
Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende do que nós facemos con eses conflitos e como os resolvemos para que cada momento se converta nunha agradable aventura. Que te impulsa a seguir? a erguerte cada dia como se fose novo? Que fai que esperte o teu sorriso?
Cal é o teu Ikigai?

Cultura, Eventos

CONTENT.1600877539