Arquivo mensual: Agosto 2020

31/08/2020

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para educación infantil para o curso 2020/2021

Prazo: 1 - 30 de setembro..

Presentación de solicitudes

Prazo: 1-30 de setembro.

Lugar: Sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal

No rexistro con cita previa Concello 988360000, Oficinas Municipais A Valenzá: buzón sede electrónica.

Máis información:

Casa da cultura: 988 24 68 85 / casacultura@barbadas.es

Data Adxuntos
31/08/2020 Bases Convocatoria Axuda curso 2020-2021 PDF [148 KB]
31/08/2020 Solicitude curso 2020-2021 PDF [48 KB]

Novas

CONTENT.1606199750

31/08/2020

Proxección da película YERTERDAY no Programa de Verán

XOVES 3 DE SETEMBRO ÁS 21H. no Parque dos Patos de A Valenzá, proxección da película YESTERDAY

Sinopse:

Jack Malik é un cantautor británico que soña coa fama e conta co apoio incondicional da súa amiga Ellie. Tras un accidente, Jack dase conta que é a única persoa que pode recordar aos Beatles.

Xénero: Cinema.

Públco: Todos os públicos.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1606199750

28/08/2020

O DÍA 1 DE SETEMBRO COMEZAN A APLICARSE AS BONIFICACIÓNS DO CONCELLO DE BARBADÁS PARA O TRANSPORTE EN AUTOBÚS

O DÍA 1 DE SETEMBRO ENTRAN EN VIGOR AS AXUDAS Á CIDADANÍA PARA O USO DO TRANSPORTE PÚBLICO COLECTIVO REGULAR DE VIAXEIROS POR ESTRADA DO CONCELLO DE BARBADÁS.

As persoas que dispoñan de bonobuses antigos deben consumilos antes do 1 de novembro

  • As axudas consistirán na xestión das bonificacións establecidas mediante o uso da tarxeta de transporte de Galicia que corresponda.
  • Son de aplicación en todos os medios de transporte públicos especificados no artigo 2 da ordenanza aprobada recentemente, sendo as axudas reguladas neste prego de aplicación exclusiva naquelas viaxes especificadas en dito artigo.
  • Artigo 2. Obxecto e ámbito de aplicación.

A presente ordenanza ten por obxecto establecer as condicións que rexerán as axudas ao transporte colectivo de viaxeiros por estrada do Concello de Barbadás, destinadas a promover e facilitar a mobilidade e o desprazamento e a intercomunicación a través dos medios de transporte públicos, en especial daqueles colectivos especificados no artigo 3 da presente normativa, tendo validez nos servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral que se desenvolvan no interior do termo municipal de Barbadás ou entre este e o de Ourense. Estas relacións de tráficos son atendidas polos contratos de concesión de servizos de transporte público regular de viaxeiros por estrada de uso xeral da titularidade da Xunta de Galicia, que se indican no anexo I.

  • ANEXO I

Contratos de concesión de servizos públicos de transporte con relacións de tráfico incluídas no ámbito de aplicación desta ordenanza.

Concesión Denominación Concesionario
XG603 Comarca de Terra de Celanova Sociedad de Transportes SL, Autos González SL, Barcala Sanz SL, Auto Industrial SA, Empresa Villalón SA, Aguas de Íncio SA, e Eleuterio Lopez y CIA SL, Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio
XG605 Comarca de Ourense Minhobus-Transportes do Minho, SUL, Empresa Gavilanes, SL, Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio
XG688 Termos municipais do Pereiro de Aguiar, Coles e Barbadás Autos González SL, Auto Industrial SAU, Empresa Villalón SAU, Aguas de Incio SA e Eleuterio López y Cía SL Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio
XG691 O Pereiro de Aguiar – Ourense, con anexos Autos González SL, Auto Industrial SAU, Empresa Villalón SAU, Aguas de Incio SAU e Eleuterio López y Cía SL Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio
XG707 Toén – Barbadás – Ourense, con anexos Autocares Alfer, SA, Empresa Toén, SL, Autos Gómez, SL, Autocares Manolete, SL, Autocares A. González, SL, Autocares La Mezquita, SL, Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio
  • IMPORTE DA AXUDA.
  1. A contía das axudas fixarase tomando como referencia o prezo da viaxe sinxela correspondente a unha viaxe coa tarxeta TMG, na actualidade 1,35€, e serán modificadas de acordo coas variacións que este prezo experimente durante a vixencia das axudas regulamentadas nesta base.
  2. As contías das axudas son as seguintes:
COLECTIVO SUBVENCIÓN MUNICIPAL IMPORTE ACTUAL ABONADO POLO BENEFICIARIO
Bonificacións de uso xeral. 37% do importe da viaxe 0,85€.
Estudantes. 55.5% do importe da viaxe 0,60€.
Pensionistas. 48% do importe da viaxe 0,70€.
Persoas en situación de risco  social. 100% do importe da viaxe Gratuito
  • ABOAMENTO DAS AXUDAS.
  1. O aboamento das bonificacións de uso xeral á persoa usuaria efectuaranse mediante desconto aplicado directamente no pagamento realizado no autobús coa tarxeta de que se trate (TMG, TMG Xente Nova, Millenium da Coruña e Cidadá de Lugo).
  2. As persoas beneficiarias dunha bonificación social, ao facer uso dos servizos de transporte, deberán pagar no autobús o importe da viaxe coa súa tarxeta “TMG social”, aplicándoselles por tanto de xeito automático a bonificación de uso xeral, nos mesmos termos que o resto de beneficiarios.

A bonificación social adicional que lle corresponda á persoa usuaria farase efectiva para as persoas beneficiarias no momento no que estas efectúen a recarga da tarxeta a partir de finais do mes seguinte a aquel no que realizasen a viaxe. As persoas beneficiarias disporán do prazo de dous meses para aceptar cada bonificación dende a data na que esta se poña á súa disposición. No caso de non aceptar a recarga dentro do devandito prazo, esta recarga caducará e perderán o dereito a percibila.

  1. As persoas beneficiarias das axudas establecidas poderán consultar o estado das súas recargas na páxina web https://tmg.xunta.gal/consulta-tarxeta, ou na que en cada momento habilite a Dirección Xeral de Mobilidade. Neste sentido, este sistema de pagamentos operará de xeito análogo a como o fai o actual programa tarifario social no Transporte Metropolitano.
  2. Na modalidade de axudas por situacións de emerxencia social, estas aboaranse segundo o mesmo procedemento, tendo en conta a resolución recaída mediante a compensación do 100% do importe das viaxes realizadas.
  • USO DA TARXETA.

A Tarxeta é persoal e intransferible, responsabilizándose o seu titular do correcto uso da mesma.

A persoa titular da Tarxeta deberá identificarse sempre que lle sexa requirido polo condutor/a do autobús, persoal de inspección da compañía de transporte ou persoal do concello debidamente acreditados.

  • PERÍODO DE TRANSICIÓN.

As persoas beneficiarias das axudas na actualidade do transporte colectivo vixente neste Concello deixarán de ser beneficiarias no momento en que se produza a entrada en vigor do Convenio de colaboración entre Concello de Barbadás coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, en materia de transporte público de viajeros por estrada. Fíxase un periodo de transición de dous meses, dende o inicio da posta en funcionamiento desde novo sistema de axudas, para a adaptación a ésta.

  • A partir do 1 de setembro non se venderán bonobuses nas Oficinas Municipais da Valenzá ao cambiar o sistema de uso das bonificacións.

 

  • Documento resumo do funncionamento das bonificacións:ns:

Pdf Tarxeta Metropolitana de Galicia

Novas, Transporte

CONTENT.1606199750

26/08/2020

Superxoves no Comercio Local de Barbadás o 27 de agosto

O COMERCIO LOCAL DE BARBADÁS OFRECERÁ MÁIS HORARIOS E MÁIS OFERTAS O XOVES 27 DE AGOSTO

O Concello de Barbadás apoia esta iniciativa para reactivar o comercio local coa apertura de comercios ata as 22,00 horas

 

  • O xoves 27 de agosto participan un total de 13 establecementos comerciais: Zocos, Librería A Valenzá, Samsara, Gaia contigo, Twins, Twins men, Pillabáns, Carussa baby, Gato con botas, Bel, La Cigüeña, Más que un sueño e O Roupeiro de Uxía.

 

  • É unha iniciativa da Asociación Centro Comercial Aberto A Valenzá en colaboración coa Concelleria de Comercio de Barbadás.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Comercio, explica que se trata de unha “iniciativa para reactivar o comercio local do nosos concello: día de ofertas, con máis horário para facilitaras compras, coidando especialmente as medidas de seguridade sanitarias”.

 

Comercio, Novas

CONTENT.1606199750

24/08/2020

Sarabela Teatro no Programa de Verán

Xoves 27 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos en A Valenzá, actuación do grupo teatral SARABELA TEATRO co espectáculo “Crónicas do Paraíso”, este espectáculo forma parte da Rede REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense) que este ano excepcionalmente poden programarse  espectáculos na rúa por culpa do Coronavirus.

Sinopse:

Madame de Nancy, Clarina e Xan Dorne viaxan cara ao funeral de Madame de Quelven acompañados polo clérigo Sochantre. Durante a noite que pasan xuntos confúndese a morte coa vida e o drama coa comedia.

 O funeral de Madame de Quelven contextualiza un universo viaxeiro poboado por bandidos, armas, sexo, diñeiro e sangue. Ao ritmo do blues o crime compensa, porque o diñeiro compra todo, incluso a propia morte. Nas “Crónicas do Paraíso” ninguén morre, quizais porque estean todos mortos ou porque o verdadeiro bandido, o poderoso, o socialmente envexado, ese, siga eternamente vivo. Descubrimos que todos son culpables criminosos protexidos, integrados e admirados por unha realidade social que exalta a beatitude do poder económico.

A forza do capital, da igrexa e do negocio escuro colocan aos personaxes nunha situación irónica entre vida e morte na que a eternidade acaba por afirmarse como a máis pura recompensa da impunidade xudicial.

Xénero: Teatro

Público: Todos os públicos.

Organiza: Concellaría de Cultura e REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1606199750

21/08/2020

Aviso Bos Días Cole – Actividades Extraescolares

A Concellería de Educación comunica a suspensión do programa Bos Días Cole e Actividades Extraescolares.

A decisión tómase despois das consultas realizadas coa comunidade educativa e debido a imposibilidade de adoptar as medidas necesarias co obxetivo de protexer a saude do alumnado e profesionais a cargo das mesmas, nestes momentos de crise sanitaria.

 

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1606199750

18/08/2020

O Sonoro Maxín no Programa de Verán

O xoves 20 de Agosto, ás 21h. actuación musical do SONORO MAXÍN co espectáculo “De navallas e cumbias” no Parque dos Patos (A Valenzá) dentro do Programa de Verán e da REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)

NOTA: ESTAMOS PENDIENTES DA PRVISIÓN DO TEMPO, SE CHOVE CANCELAREMOS A ACTUACIÓN E INFORMARASE DA NOVA DATA.

Sinopse do Espectáculo:

Nestes tempos tan ingratos cómpre ter a man unha navalla ben afiada. A nosa navalla é a canción. Tamén o baile.O Sonoro Maxín comeza, como unha tarazana, un camiño de ida e volta para compartir, a través da súa música, os momentos e os lugares nos que naceu, creceu e amou. Reclamando un espazo para poder bailar mellor. Reivindicando a música como unha arma de construción masiva. A pedra está amolando as nosas cancións, deixándoas ben xeitosas para partir polo medio a intolerancia que nos está a invadir. Esperta o coitelo do seu soño. Saca a túa navalla preferida. Déixanos acompañarte a darlle unha tallada a esta verbena mundial na que vivimos.

Xéneros: Verbena, música de baile , Fusión-Rap
Público: Todos os públicos.
Organiza: Concellaría de Cultura e REAOU
(Rede de Auditorios Provincial de Ourense)

Cultura, Eventos

CONTENT.1606199750

15/08/2020

Acordo entre Comunidades Autónomas e Ministerio de Sanidade para controlar a transmisión do COVID-19

AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS E O MINISTERIO DE SANIDADE ACORDAN POR UNANIMIDADE ACTUACIÓNS COORDINADAS PARA CONTROLAR A TRANSMISIÓN DO COVID-19

HOSTALARÍA:

  • Horario máximo de apertura ao público ata a 1,00 DA MADRUGADA, sen que se poidan admitir novos clientes a parir das 00,00 horas.
  • En locais de hostalaría, restauración, terrazas, bares/restaurantes debe garantirse unha distancia mínima interpersoal de 1,5 metros no servizo en barra e entre mesas, con un máximo de 10 persoas por mesa.
  • Peche dos establecementos de ocio nocturno, discotecas, bares de copas ou salas de baile.

PROHIBICIÓN DE FUMAR na vía pública e espazos públicos cando non se poida manter a distancia de seguridade mínima de polo menos 2 metros.

CRIBADOS POR PCR:

  • Realización de cribados por PCR nos entornos nos que poida expandirse a transmisión (barrios ou edificios de vivendas onde se detecten) e tamén nas poboacións de risco.

OUTRAS MEDIDAS:

  • En actividades e eventos que supoñan presenza multitudinaria de público, as Comunidades Autónomas deben realizar unha avaliación de riscos e autorizarán en base a esta avaliación.
  • Intensificaranse os controis para evitar o consumo de alcohol non autorizado por parte de grupos na vía pública.

RECOMENDACIÓNS

  • Limitar os encontros sociais aos grupos de convivencia estable.
  • Encontros de NON MÁIS DE 10 PERSOAS.
  • En centros sociais e residencias recomendase facer PCR de xeito periódico para asegurar que non hai ningún traballador/a con positivo.

RESIDENCIAS DE PERSOAS MAIORES E OUTROS CENTROS SOCIOSANITARIOS:

Reforzar as medidas de protección das residencias de persoas maiores e outros centros sociosanitarios:

  • Realizar PCR ás persoas que ingresen nestes centros, así coma aos/ás traballadores/as que regresen de vacacións, permisos e aos/ás novos/ás traballadores/as que se incorporen.
  • Limitar as visitas aos/ás residentes a 1 PERSOA AO DÍA, DURANTE 1 HORA. Garantirase que as visitas sexan de forma escalonada.
  • Limitar ao máximo a presenza dos residentes fóra dos centros.

As Comunidades Autónomas e o Goberno acordaron esta serie de medidas de prevención e contención do COVID-19.

Para a súa entrada en vigor as CC AA deberán aprobar as disposicións legais correspondentes.

Estas medidas céntranse no control da transmisión nos ámbitos que actualmente son a orixe dos brotes epidémicos de maior impacto e en controlar a transmisión comunitaria asociada a esos brotes.

O obxectivo é protexer a saúde do conxunto da cidadanía.

Novas

CONTENT.1606199750

14/08/2020

Praza de arquitecto técnico interino: listado de admitidos/as, constitución tribunal e data do primeiro exercicio.

Apróbase por Resolución de Alcaldía, o listado de admitidos/as e a constitución do tribunal avaliador para a cobertura dunha praza de arquitecto técnico no réxime de funcionario interino.

Así mesmo, convócase aos aspirantes a realización do primeiro exercicio o día 2 de setembro de 2020, ás 10:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Barbadás, para o que se lles requerirá documentación identificativa.

Os aspirantes convocaranse en chamamento único, por orde alfabética,comezando pola Q, en virtude da RESOLUCIÓN de 24 de xaneiro de 2019, DOG 5 febreiro de 2019,pola que se fai público o resultado do sorteo ao que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O exercicio consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 90 preguntas de resposta alternativa referido ás materias que se especifican no Temario Xeral do ANEXO I da convocatoria. Este exercicio valorarase sobre un máximo de 30 puntos, sendo obrigatorio obter un mínimo de 15 puntos parasuperalo.Haberá 10 preguntas de reserva e cada 3 preguntas mal descontarase unha ben.O tempo de realizaciónda proba será de hora e media.

 

Data Adxuntos
14/08/2020 Resolución de Alcaldía. PDF [487 KB]

Emprego público, Novas

CONTENT.1606199750

CONTENT.1606199750

13/08/2020

Convocatoria do Programa de axudas municipais para a creación de empresas

Publicación da convocatoria do  PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS no ámbito do Concello de Barbadás coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais.

Data límite de solicitude: 30 de setembro de 2020 ou ata esgotamento de crédito.

Data Adxuntos
13/08/2020 BOP Axudas a empresas PDF [419 KB]
13/08/2020 Bases axudas empresas 2020 PDF [548 KB]
13/08/2020 ANEXO I PDF [140 KB]
13/08/2020 ANEXO II PDF [298 KB]
13/08/2020 ANEXO III PDF [299 KB]
13/08/2020 ANEXO IV PDF [310 KB]
13/08/2020 ANEXO V PDF [302 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1606199750

12/08/2020

Subvencións para o impulso da comercialización dixital

O Diario Oficial de Galicia publica a Orde do 30 de xullo de 2020 da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o impulso da comercialización dixital, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Data Adxuntos
12/08/2020 Subvencións impulso da comercialización dixital PDF [1 MB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1606199750

11/08/2020

Convocatoria para a concesión de subvencións ás asociacións veciñais inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Barbadás ano 2020.

Convocatoria para a concesión de subvencións ás asociacións veciñais inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Barbadás ano 2020.

Data Adxuntos
11/08/2020 Convocatoria subvencións AVV PDF [398 KB]
11/08/2020 Solicitude 2020 PDF [400 KB]

Novas, Participación cidadá

CONTENT.1606199750

10/08/2020

Inventi Teatro no Programa de Verán

Este xoves 13 de Agosto, ás 21h., unha nova actuación no Programa de Verán do Concello, trátase do Grupo de Teatro INVENTI co espectáculo “A tropa do doutor Milagre”, será no Parque dos Patos de A Valenzá.

Sinopse:

Un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre. Non ten pelo? Alopecia? Síntese débil e decaído? Sen apetito… de ningún tipo? Probe os produtos do Doutor Milagre: Espumosos xampús, elixires fertilizantes ou inxeccións máxicas… Proximamente a súa vila encherase de diversión e alegría coa chegada do Expreso do Doutor Milagre. Agoniado polas débedas e impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna este atolado médico/inventor toma unha arriscada decisión: Facerse con un autobús abandonado para convertelo nun autentico show de venta ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e a exuberante Madame Bobarí. Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.

Teatro de rúa | Todos os públicos | 45 min.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1606199750

CONTENT.1606199750

10/08/2020

Punto de consulta de Axudas COVID-Deputación de Ourense e Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia

A Deputación de Ourense e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), axudan a Ourense na transformación dixital dos negocios e das empresas.

AxudasCOVID é un  punto de consulta de liñas de axuda, subvencións e financiamento.

Por unha banda as empresas, especialmente as que non pertencen ó sector tecnolóxico, poderán consultar as convocatorias públicas de financiamento. Por outra banda, gracias ó Cluster TIC de Galicia, haberá un catálogo das empresas galegas das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) de prestadores de servizos.

Neste formulario de contacto poden enviarse  as consultas que se desexe plantexar , este servizo é gratuito.

Na web https://axudascovid.cpeig.gal/ pódense consultar todas as axudas.

Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1606199750

08/08/2020

Curso intensivo de salvamento acuático e primeiros auxilios na piscina municipal de Barbadás

A CONCELLERÍA DE DEPORTES DO CONCELLO DE BARBADÁS OERGANIZA UN CURSO INTENSIVO DE SALVAMENTO ACUÁTICO E PRIMEIROS AUXILIOS

A duración do curso será de 1 semana (luns a sábado)

  • A participación no curso intensivo de salvamento acuático e primeiros auxilios requerirá que os/as participantes teñan a capacidade de flotar sen material auxiliar e idade mínima de 6 anos.
  • O número máximo de usuarios por quenda será de 20 participantes.
  • Quendas: 10-15 de agosto; 17-22 de agosto; 24-29 de agosto; 31 de agosto a 55 de setembro; 7-12 de setembro.
  • O número de información en relación con esta actividade é o teléfono 696 93 28 95.
  • A formación impartirase de luns a sábado entre as 10,00 e as 12,00 horas.
  • A actividade constará de sesión con un total de 12 horas por semana e desenrolarase na piscina municipal dos Carrís (A Valenzá, Barbadás).
  • Todas as persoas inscritas no curso poderán quedarse de xeito gratuito na sesión de 12,00 a 14,30 horas.
  • O curso de natación constará de 6 horas e impartiranse nocións para traallar por equipos en medio acuático, abordaranse diferentes estilos de natación, coordinación de respiración e movemento e aprenderán a flotar e desprazarse en medios acuáticos.
  • No curso de natación utilizarase gancho de monitor, churros e conectores, táboas, cinturóns de flotación e aros e discos sumerxibles.
  • O curso de salvamento durará 3 horas. Os/as participantes aprenderán pautas ante situación de perigo, a entrar correctamente na auga, a achegarnos á vítima con seguridade ou a técnica do remolque.
  • Entre os materiais e equipos que se usarán no curso de salvamento figuran corcheras e corda, monecos de arrastre, “floppys” de salvamento e aros de salvamento.
  • O curso inclúe tamén formación en primeiros auxilios, con unha duración de 3 horas. Abordarase a posición lateral de seguridade e actuar ante diferentes feridas. Tamén se impartirán nocións de cómo realizar comprensións torácicas e a movilizar correctamente á vítima.
  • No curso de primeiros auxilios utilizarán monecos de RCP, lona de evacuación, material funxible de curas e camillas e cinchas de suxeición.

Deportes, Novas

CONTENT.1606199750

07/08/2020

Información de interese sobre o uso do transporte público en Barbadás: aplicación das bonificacións e uso da TMG

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA OS USUARIOS/AS DO TRANSPORTE PÚBLICO EN BARBADÁS.

O Concello de Barbadás poñerá en marcha as novas bonificacións para o uso do transporte público colectivo que se unificarán en todo o termo municipal.

Para acceder as bonificacións deberás tramitar a tarxeta TMG Tarxeta Metropolitana de Galicia nas Oficinas de ABanca.

As solicitudes para acceder as bonificacións poderán ser presentadas a partir do vindeiro 17 de agosto.

 A UTILIZACIÓN EFECTIVA DA TARXETA METROPOLITANA DE GALICIA COAS CORRESPONDENTES BONIFICACIÓN ENTRARÁ EN VIGOR A PARTIR DO 1 DE SETEMBRO

  • COA TARXETA TMG nas túas viaxes dentro do término municipal de Barbadás, ou entre Barbadás e Ourense, o prezo é de 0.85€ por viaxe (que serán descontados automáticamente do saldo da túa tarxeta), sen necesidade de ningunha solicitude.
  • SE ADEMÁIS está vostede empadroado/a no Concello de Barbadás e PERTENCE A UN DESTES COLECTIVOS:
    • Estudantes:
      • Menores de 28 anos.
      • Matriculado/a nun centro de ensino oficial (público ou privado).
    • Pensionistas.
    • Persoas cunha diversidade física ou psíquica igual ou superior ao 33%.
    • Usuario/a de asociacións dedicadas á atención a persoas con diversidade intelectual ou física, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública emprazada no Concello de Barbadás.
  • PRESENTE A SÚA SOLICITUDE, acompañada da documentación e a túa tarxeta TMG, no Rexistro do Concello de Barbadás para poder acceder as seguintes BONIFICACIÓNS:
COLECTIVO IMPORTE DA VIAXE
Estudantes. 0,60€.
Pensionistas. 0,70€.
Persoas cunha diversidade física ou psíquica igual ou superior ao 33%. 0,70€.
Usuario/a de asociacións dedicadas á atención a persoas con diversidade intelectual ou física, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública emprazada no Concello de Barbadás. 0,70€.

 

  • DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR XUNTO COA SOLICITUDE:
  1. Copia cotexada do DNI, NIE ou pasaporte.
  2. Copia da tarxeta do transporte de Galicia.
  3. No caso de non dar permiso para comprobar os datos persoais no Padrón de habitantes do Concello de Barbadás, deberá presentar volante de empadroamento do Concello de Barbadás.
  • Documentación específica segundo o tipo de bonificación social:
  1. Estudantes: copia da matrícula do centro de ensino (público ou privado) no momento que se solicita a axuda, ou certificado acreditativo de estar matriculado en dito centro de ensino.
  2. Pensionistas: segundo o caso que proceda:
  • Certificado expedido polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO) da Xunta de Galicia ou organismo análogo doutra comunidade autónoma, que acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Certificado da Seguridade Social ou da Xunta de Galicia indicando si a persoa solicitante é perceptora dunha pensión.
  • Certificado acreditativo de ser usuario/a de asociacións dedicadas á atención a persoas con diversidade intelectual ou física, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública emprazada no Concello de Barbadás.

 

Novas, Transporte

CONTENT.1606199750

03/08/2020

Ghazafelhos no Programa de Verán

O Xoves 6 de Agosto, ás 21h., nova actuación do Programa de Verán do Concello, trátase do Grupo GHAZAFELHOS que nos presenta o espectáculo “Acuario” será no Parque dos Patos de A Valenzá.

Sinopse:

Acuario está baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral. Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez atractiva. Acuario é un conxunto de versos doados e musicais que en ningún momento esquecen o seu propósito didáctico: Amosar a maxia do noso patrimonio lingüístico…e mariño.

Teatro actoral | Público infantil e familiar (+5) |60 min

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1606199750