Arquivo mensual: Setembro 2020

CONTENT.1600879344

CONTENT.1600879344

CONTENT.1600879344

CONTENT.1600879344

22/09/2020

Horarios Bus Bacharelato – IES Ferro Couselo

Mércores e Xoves ( presentación do curso)

Autobus 1- empresa Iacobús

  • Bentraces 10:20
  • Sobrado 10:25
  • Rúa A Chaira 4 Piñor 10:45

 

Autobus 2 – empresa Iacobús

  • Ponte báixo autovía 10:30
  • Moraima 10:31
  • Farola 10:33
  • Antigo centro médico 10:35
  • Viaqua 10:37
  • Macauto 10:40

 

O rematar a presentación recollerá os/as alumnos/as no instituto para o regreso.

O xoves, día 24,  publicaransé os horarios que comenzarán o venres co inicio do horario de clases habitual.

Novas

CONTENT.1600879344

18/09/2020

Corrección de erros “Programa de Axudas a creación de empresas 2020”

Advertidos erros na publicación das bases reguladoras do Programa de axudas municipais para a creación de empresas do Concello de Barbadás, (BOP n.º 185, do 13 de agosto de 2020)

Na páxina 14 (galego e castelán) no punto quinto, onde di: “… que iniciasen a súa actividade entre o 1 de novembro de 2019 e o 30 de setembro de 2020…” debe dicir: “entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020…”

Data Adxuntos
18/09/2020 Corrección de erros PDF [101 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1600879344

CONTENT.1600879344

CONTENT.1600879344

CONTENT.1600879344

16/09/2020

Sinatura do convenio entre Confederación e Concello de Barbadás para reformar parque do Tren e peche do parque dos Patos

A CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA E O CONCELLO DE BARBADÁS ASINAN UN CONVENIO DE FINANCIAMENTO PARA A MELLORA DO PARQUE DOS PATOS E A REFORMA DO PARQUE INFANTIL DO TREN

O parque do tren será obxecto do cambio de pavimento e a instalación de unha nova locomotora e vagón, ademáis de reparar os xogos do parque e aplicar un tratamento de pintura

O peche do parque dos Patos mellorará a seguridade na zona e ampliarase o vial preto de 1 metro

  • O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asinaron este mediodía un convenio para a financiación, execución e entrega das obras de mellora na zona verde dos Patos e non parque infantil do tren.

 

  • O parque dos Patos conta con un peche vexetal de pouca entidade e atópase deteriorado, o que supón un risco pola facilidade que os/as nenos/as teñen para sair da zona verde e pola posibilidade de invasión por parte dos vehículos que circulan pola rúa.

 

  • O parque infantil do Tren é moi frecuentado por nenos e nenas da zona e precisa unha reforma porque o pavimento de baldosas de caucho está deteriorado , o multixogo precisa reparacións e a valla perimetral e outras pezas de madeira do parque requiren de tratamento e pintura.

 

  • O custo todal de reforma de ambos parques é de 110.000 euros, dos cales 22.000 son aportados polo Concello de Barbadás e 88.000 pola Confederación, é dicir, unha porcentaxe do 20 % aportada por Barbadás e un 80 % polo organismo de augas.

 

  • Estas contías están distribuidas en dúas anualidades: 12.000 para o ano 2020 e 98.000 para o exercicio de 2021.

 

  • As actuacións no peche do parque dos Patos consitirán na retirada do seto vexetal que linda coa estrada nun tramo de 118 metros e o levantamento de un muro de pedras de granito con albardilla, reixa metálica de aceiro pintado e postes de granito rematados con capiteles graníticos.

 

  • Inclúese tamén unha porta metálica de doble fola de 1,80 de ancho e rematarase a frontera con ovo peche con firme de zahorra. Ademais retranquearase un tramo de 80 metos para a ampliación da rúa e rematarase ese tramo de vial con asfalto.

 

  • As obras a realizar no parque infantil do Tren consistirán na retirada do pavimento de caucho e do xogo do tren para a posterior colocación do novo pavimento e instalarase unha nova locomotora de tren e un vagón novos. Tamén se efectuarán as reparacións necesarias do resto dos xogos do parque.

 

  • No parque do Tren aplicarase un tratamento de pintura e lasur ás pezas de madeira do tren, do resto de xogos do parque e á valla perimetral.

 

  • No acto de sinatura ademais do presidente da Confederación Hidrográfica, José Antonio Quiroga, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcarcel, estivo tamén a concelleira de Urbanismo, Victoria Morenza.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1600879344

CONTENT.1600879344

11/09/2020

Máis de 20 establecemento participan na campaña “Revive Comercio Barbadás”

MÁIS DE 20 ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS PARTICIPAN NA CAMPAÑA “REVIVE COMERCIO BARBADÁS”

Habilitouse unha páxina web para participar na campaña: www.comerciobarbadasrevive.es

A campaña desenrolarase entre os días 15 e 30 de setembro

 

  • Os responsables das áreas de Comercio e Promoción Económica do Concello de Barbadás, Marga Pérez e Ramón Selas, mantiveron un encontró con comerciantes para explicar o funcionamento da paxina da campaña de bonos.

 

  • As explicacións encamiñáronse a destacar o proceso en dous pasos moi sinxelos: os/as comerciantes podrán rexistrar os tikets de compra e o bono desconto e tamén de xeito moi rápido calquera persoa maior de 18 anos e empadronada podrá descargar o seu bono desconto de 10€.

 

  • A concelleira de Comercio, Marga Pérez sinala que “cada establecemento participante estará identificado con un distintivo na porta do seu comerci, así como tamén nun listado na páxina da campaña: comerciobarbadasrevive.es.

 

  • Esta mañá na reunión informativa dirixida aos comerciantes o Concello entregou bolsas publicitarias a todos os comercios inscritos.

 

  • Máis de unha vintena de establecementos inscribíronse nesta campaña. O listado de comerciantes participantes farase público na páxina habilitada: www.comerciobarbadasrevive.es.

 

  • A campaña “Revive Comercio Barbadás” ten doble obxetivo: por un lado axudar ao comercio de proximidade despois de tantas semanas de peche forzoso e por outro lado axudar ás familias neste mes de setembro onde temos máis gastos debido ao  comenzo do curso escolar.

 

  • Dende a área de Comercio e da área de Promoción Económica “unimos esforzos na activación do tecido comercial, aportando por unha parte axudas económicas para as empresas de nova creación e, por outra banda, organizando ao longo dos vindeiros meses distintas campañas para dar a coñecer a oferta comercial e potenciando o as tendas locais”, sinala Ramón Selas.

 

  • Esta campaña en concreto vaise desenvolver en 3 fases en diferentes meses: a primera comenza o día 15 de setembro ata o día 30 con unha partida orzamentaria é de 10.000 euros repartidos en bonos-descontos de 10€ cada un.

 

  • As seguintes fases desenvolveranse previsiblemente nos meses de Nadal e  en febreiro Sempre valorando s resultados e o nivel de satisfacción tanto dos comerciantes como dos usuarios.

 

Comercio, Novas

CONTENT.1600879344

16/09/2020

Reforma da Pista de San Bieito, en San Lourenzo de Piñor

O CONCELLO DE BARBADÁS ACOMETE A REFORMA DA PISTA DE SAN BIEITO PARA FACILITAR A ACCESIBILIDADE E A MELLORA DE INFRAESTRUTURAS NA ZONA RURAL

A execución das obras tivo un custo de 38.811,61 euros

Un dos obxectivos da actuación no vial mellorar un tramo de acceso a vivendas e a fincas agrícolas e pór en valor aos núcleos rurais, así como potenciar o arraigo da súa poboación

  • As obras de mellora na Pista de San Bieito de Cova do Lobo consistiron na rexeneración do firme nun camiño de titularidade municipal que presentaba un estado que dificultaba o tráfico rodado polo mesmo, debido fundamentalmente ao deterioro da súa capa de rodadura.

 

  • Procedeuse tamén á ampliación, mediante a roza e retirada da vexetación herbácea dos bordos laterais do camiño, deixando á vista o pavimento existente baixo ela, limpeza de cunetas, regularización da rasante en zonas puntuais, pola aparición de raíces na calzada, mediante a eliminación das mesmas e o afirmado.

 

  • Os traballos de execución do proxecto incluiron tamén a mellora, mediante o reforzo do firme existente cunha dobre rega asfáltica, e o mantemento mediante o bacheo de zonas puntuais dun tramo de 550 m de lonxitude dun camiño de titularidade municipal que dá acceso a parcelas agrícolas situadas entre loa Travesía de Piñor e a capela de San Bieito de Coba do Lobo.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, destaca que a Pista de San Benito, que comunica a travesía de Piñor coa hermida de Cova do Lobo, “é unha zona moi transitada, na que se están construindo vivendas no seu tramo inicial, e ademais é un paraxe moi representativo do Concello de Barbadás a nivel natureza e no ámbito relixioso”.

 

  • Un dos motivos do arranxo desta pista é “mellorar un tramo de acceso a vivendas e a fincas agrícolas e pór en valor aos núcleos rurais, así como potenciar o arraigo da súa poboación”, sinala Valcarcel.

 

  • A concelleira de Urbanismo e Obras, Victoria Morenza, explica que “mediante as obras proxectadas o Concello de Barbadás pretende manter a liña que lle caracterizou nos últimos anos, no seu empeño de reforzar o tecido social e mellorar a capacidade produtiva das áreas municipais. Deste xeito perséguese dinamizar o tecido empresarial e fixar poboación nos núcleos rurais, promovendo accións encamiñadas á execución de obras de conservación e acondicionamento de accesos”.

 

  • Morenza sinala que o custo de execución do proxecto ascendeu a 38.811,61 euros e que esta actuación forma parte da mellora de viais anual correspondente ao Plan Marco, financiado con fondos europeos (Fondo Europeo Agrícola de Desenrolo Rural).

 

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1600879344

CONTENT.1600879344

08/09/2020

A Biblioteca de Barbadás promove organiza “Contadas no parque” para promover o hábito da lectura entre os máis cativos

A CONCELLERÍA DE CULTURA PON EN MARCHA UNHA INICIATIVA PARA FOMENTAR A LECTURA DURANTE A INFANCIA

“Contadas no parque” desenrolarase na Solaina entre os días 11 de setembro e o 2 de outubro ás 18,30 horas

Para participar na actividade cultural é preciso inscribirse en biblioteca@barbadas.es

Os contacontos están dirixidos a nenos e nenas entre os 5 e os 11 anos

  • “Contadas no parque” é unha iniciativa promovida dende a Concellería de Cultura de Barbadás a través da Biblioteca municipal.
  • Para participar nesta actividade de contacontos é necesario inscribirse na seguinte dirección de email: biblioteca@barbadas.es.
  • A primeira “contada” no parque será o 11 de setembro ás 18,30 horas a cargo de Trécola Teatro coa narración “Sen medo”.
  • A seguinte cita coa literatura contada será o mércores 16 de setembro. A “contadora de historias” será Raquel Queizás coa narración “Travesías”.
  • O venres 25 de setembro estará no parque da Solaina Sabela Gago coa narración “Naturizo e o espirito do bosque”.
  • O colofón ás “Contadas no parque” poñerao Pedro Brandariz o día 2 de outubro coa narración “A familia de Tango”.
  • Esta actividade cultural está patrocinada pola Xunta a través da campaña “Ler conta moito”.

Cultura, Novas

CONTENT.1600879344

07/09/2020

Campaña “ReVive os comercios de Barbadás” coa entrega de bonos de dinamización comercial

O CONCELLO DE BARBADÁS PROMOVE UNHA CAMPAÑA DE BONOS DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL

“ReVive os comercios de Barbadás” é o título da campaña dinamizadora das compras no comercio de proximidade

 Poderán participar na seguinte campaña todos os/as clientes do comercio de Barbadás maiores de 18 anos que se rexistren na páxina web www.comerciobarbadasrevive.es e descarguen correctamente o seu bono.

  • A campaña constará de 000 bonos de desconto, por valor cada un deles de 10 euros que se poderán empregar como desconto en compras superiores ou iguais a 30 euros nos establecementos de Barbadás adheridos á campaña. A campaña realizarase entre o 15 de setembro e o 30 de setembro de 2020 (ou ata que se troquen os mil bonos postos en circulación).
  • Os BONOS:-
  1. Serán nominativos, polo que os/as usuarios/as deberán estar empadroados no Concello de Barbadás e deberán facilitar o seu nome e apelidos, DNI/NIE, email e teléfono.
  2. Cada usuario só poderá trocar un bono.
  3. O valor de 10 euros de desconto, deberá aplicarse na súa totalidade a unha compra de importe igual ou superior a 30 euros.
  4. Os bonos caducan ás 48 horas polo que, se unha vez descargados non se utilizan transcorrido ese tempo, perderán a súa validez.
  5. Os bonos recibiranse por correo electrónico unha vez sexan solicitados a través dunha páxina web habilitada para o efecto.
  6. Para o seu troco teranse que presentar ao comerciante ben a través do correo descargado no móbil ou debidamente impresos antes de que perdan a súa vixencia (48 horas).
  7. No bono figurará o nome, apelidos e DNI/NIE do/a cliente, así como un número de bono que deberán ser validados polo comerciante.
  • A CLIENTELA que queira acceder aos bonos deberá cumprimentar os datos solicitados na web e seguir as instrucións sinaladas na páxina web habilitada.
  • Poderán participar na seguinte campaña todos os/as clientes do comercio de Barbadás maiores de 18 anos que se rexistren na páxina web www.comerciobarbadasrevive.es e descarguen correctamente o seu bono.
  • Cada persoa só poderá trocar un bono de desconto de 10 euros. Cada bono terá unha vixencia de 48 horas. Se nese tempo non trocou o bono, a persoa poderá volver á páxina habilitada para a campaña e descargar outro.

Comercio, Novas

CONTENT.1600879344

04/09/2020

Contadas no parque

A Biblioteca Pública de Barbadás presenta o programa “Contadas no parque”

Esta composto por catro actividades que consisten en narracions a cargo de diferentes compañías e artistas.

Será necesaria a inscrición previa, cubrindo a solicitude que se abxunta e posterior envío o correo electrónico: biblioteca@barbadas.es

O prazo de inscrición comeza o día 7 de setembro.

Máis información: Casa da Cultura Manuel María

Teléfono: 988 24 68 85

Correo electrónico: biblioteca@barbadas.es

Data Adxuntos
04/09/2020 Bases reguladoras do programa Contadas no Parque PDF [38 KB]
04/09/2020 Solicitude programa Contadas no parque PDF [40 KB]

Cultura, Eventos

CONTENT.1600879344

04/09/2020

Axudas para libros e material escolar financiada polo Concello de Barbadás para alumnado de Educación Infantil

O CONCELLO DE BARBADÁS FINANCIA AXUDAS ECONÓMICAS PARA LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende 1 de setembro e finaliza o 30 de setembro

Estas axudas están destinadas a estudantes matriculados en centros públicos e privados en tramos concertados

  • As axudas están destinadas a facilitarles libros e material didáctico ao alumnado de Educación Infantil do concello de Barbadás matriculados en centros públicos e privados en tramos concertados.

 

  • Os/as destinatarios/as destas axudas serán as unidades de convivencia en desventaxa social e con menor poder adquisitivo do concello de Barbadás.

 

  • Trátase de unha subvención diñeiraria para a compra de libros e material para o ciclo de Educación Infantil e ascenderá a 90 euros como máximo.

 

  • Por renda familiar entenderase a obtida polos membros computables no ano anterior ó comezo do curso ó que se refire a convocatoria. Considérase que son ingresos familiares os mesmos que serven para o cómputo da Base Bruta do imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. No suposto de que concorran diversos membros computables da familia con ingresos, sumarase as Bases Brutas correspondentes a cada un deles.

 

  • O alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, explica que existe unha preocupación pola situación económica das familias ás que afectou a crise sanitaria provocada polo Covid. “A intención con este tipo de axudas é que ningún/ningunha neno/a quede atrás á hora da compra do material educativo”.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Educación, explica que estas axudas inclúen como novidade este “o aumento do ingreso maximo neto para poder subvencionar a un maior número de familias”.

 

  • “A axuda máxima é de 90€ e os gastos subvencionados son o de libros e material necesario para o curso (mandilón, mochila…)”, indica Pérez.

 

  • Os datos aportados pola Concellería de Educación apunta que “o curso anterior foron outorgadas 53 axudas por un importe total de 4538,81€. Este año a partida presupuestaria é de 5000€, ampliable se o número de solicitudes o fai necesario e tendo en conta as situacións familiares a causa da crise Covid-19”.

  • Computarase como membros da familia, o pai e nai, o solicitante, os irmáns solteiros/irmás solteiras menores de 23 anos que convivan no domicilio familiar ou os maiores de idade cando se trate de disminuidos/as físicos, psíquicos ou sensoriais, así como os ascendentes dos proxenitores que xustifiquen a súa residencia no mesmo domicilio co certificado municipal correspondente.

 

  • Aumento da unidade familiar aos efectos do cálculo da renta per capita:  Computárase un membro máis no caso de presentar algún de eles unha descapacidade igual ou superior ó 33% ou situación similar. – Tamén se computará como un membro máis no caso de ser familia monoparental.  Unha vez obtidos os ingresos brutos, a renda familiar “per cápita” obterase dividindo a cantidade global entre o número de membros computables da familia.

 

  • Beneficiarios: unidades de convivencia cuxos ingresos non poderán exceder de CINCO MIL QUINIENTOS EUROS NETOS (5500 Euros) por membro familiar anual. Exemplo: tres membros, pai, nai e un fillo, 5500×3=16500 Euros.

 

  • Os/as peticionarios/as de axudas para o estudio deberán reunilas seguintes condicións: a) Conten con nenos e nenas o seu cargo, escolarizados en centros públicos ou concertados. b) Estar empadroados no Concello de Barbadás, segundo o artigo 16 da Lei 7/85 do 2 de Abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. c) Estar matriculados en Educación Infantil (3, 4 e 5 anos). d) Non exceder o nivel máximo de ingresos establecido nas presentes bases. e) Os/as alumnos/as aspirantes ó beneficio das Axudas ó estudio cumprimentarán a solicitude no modelo de instancia que a tal efecto será facilitado polo Concello de Barbadás.
  • Documentación:

 *- Escaneado do resgardo de matrícula (só no caso de cursar a solicitude on-line).

 *- Fotocopia da Declaración sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente ó exercicio 2019 de tódolos membros computables da familia con obligación de declarar. Si non estiveran obrigados a facela Declaración da Renda deben entregar:

*- Certificado de Empresa: Quen non teña obligación de facer declaración aportarán un certificado de Empresa correspondente ó exercicio 2019 ou datos que acrediten os ingresos obtidos no ano 2019.

*- Fotocopia do Libro de Familia.

*- Fotocopia do D.N.I. (Carnet de identidade).

 *- Certificado Vida laboral dos maiores de 18 anos.

*- Certificado de acollemento familiar remunerado.

 *- Certificados de pensións. *- Certificado do INSS: prestación por fillo a cargo.

*- RISGA (Renda de Integración Social de Galicia).

*- Certificado da axuda de Integración do menor.

*- Parados. Cando o cabeza de familia se atopa en situación de paro e non percibiu subsidio de desemprego durante o ano 2019, presentará un certificado do Instituto Nacional de Emprego que acredite. Asemade, se percibiu algunha cantidade por desemprego, presentará o correspondente certificado.

*- Os emigrantes. Emigrantes retornados e inmigrantes deberán presentar unha certificación dos ingresos obtidos no ano 2019 no país correspondente, cun informe bancario sobre a cotización media da moeda de dito país nese ano. No caso de estar un membro do matrimonio no estranxeiro e outro retornado, deben acreditar os ingresos obtidos no ano 2016 mediante certificacións oficiais.

*- Sen ingresos. No caso de non poder xustificar ningún tipo de ingresos familiares (por no telos realmente), realizarase declaración xurada da non percepción de ingresos algúns. Neste caso o Concello resérvase a facultade de comprobar este extremo, denegándose ou anulándose as axudas no caso de falsidade, sen perxuicio das sancións ou responsabilidades en que incorra o declarante.

*- Pago dos impostos Municipais, comprobarase internamente.

*- Separados/as. Aportarán fotocopia da sentenza de separación ou divorcio. Senón perciben pensión alimenticia ou compensatoria, aportarán a denuncia por incumprimento da sentencia de separación ou divorcio.

*- Facturas debidamente conformadas dos libros e material adquirido para o neno/a para o curso 2020-2021.

*- Certificación da conta bancaria, para a realización do pago da axuda.

 

  • Formas de presentación: a) Entrega da solicitude nas Oficinas Municipais de A Valenzá, no Concello de Barbadás e por sede electrónica. b) Os solicitantes poderán descargar o modelo de impreso de solicitude a través da páxina web do Concello de Barbadás, anexo á publicación das presentes bases.

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1600879344

CONTENT.1600879344

03/09/2020

Campaña de bonos “ReVive os comercios de Barbadás”

O Concello de Barbadás pon en marcha a campaña de dinamización comercial “ReVive os comercios de Barbadás”

Poderán participar os comercios polo miúdo situados no municipio de Barbadás. Todos os comercios que queiran participar deberán encher o formulario de inscrición e envialo por correo electrónico ao cet@barbadas.es

O prazo de inscrición será dende o 7 e ata o 10 de setembro.

O venres día 11 de setembro ás 09.15 hs terá lugar unha reunión no Centro empresarial transfronteirizo de Barbadás,cós comerciantes, para explicarlles o funcionamento da campaña.

A campaña constará de mil bonos de desconto, por valor cada un deles de 10 euros para utilizar como desconto en compras superiores ou iguais a 30 euros nos establecementos de Barbadás adheridos á campaña. A campaña realizarase entre o 15 de setembro e o 30 de setembro de 2020 (ou ata que se troquen os mil bonos postos en circulación).

Os bonos estarán a disposición das persoas empadroadas no concello de Barbadás dende o día 15 e ata o día 30 de setembro, a través da páxina comerciobarbadasrevive.es, onde os poderán descargar para trocar nas compras nos comercios locais.

Data Adxuntos
03/09/2020 Bases bonos comercio PDF [140 KB]
03/09/2020 Formulario de inscrición PDF [312 KB]

Comercio, Eventos

CONTENT.1600879344

03/09/2020

Axudas a emprendedores/as financiadas polo Concello de Barbadás

O CONCELLO DE BARBADÁS ACTIVA A CREACIÓN DE EMPREGO NO MUNICIPIO CO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA CREAR EMPRESAS

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro

As accións incluidas nesta convocatoria financiaranse con importe de 15.000 euros, unha contía que poderá ampliarse en función da dispoñibilidade orzamentaria

 

  • As axudas que habilita o Concello de Barbadás están dirixidas a empresarios/as individuais e pequenas e medianas empresas que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de novembro de 2019 e o 30 de setembro de 2020.

 

  • Entre os requisitos xerais dos/as beneficiarios/as figuran que a empresa teña o seu domicilio fiscal e o centro de traballo no concello de Barbadás.

 

  • As empresas deben ser de nova creación, considerando incluidos neste concepto os traspasos de negocios, excepto aqueles que se realicen entre cónxuxes ou parellas de feito e familiares por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o segundo grao.

 

  • Como mínimo cada empresa debe crear 1 posto de traballo, non ter débedas coa Seguridade Social nin coa Consellería de Economía e Facenda, coa Axencia Estatal, de Administración Tributaria nin co Concello de Barbadás.

 

  • As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar a reación do propio posto de traballo e parte dos gastos iniciais da posta en marcha da actividade.

 

  • O importe das axudas desglósase do seguinte xeito:

 

  • Contía fixa de 500 euros pola cración do propio posto de traballo acreditada mediante a alta no réxime especial de autónomos ou equivalente da Seguridade Social, mutualidade ou colexio profesional.
  • Contía variable equivalente á metade dos gastos iniciais de posta en marcha da actividade con un máximo de 1.000 euros por empresa.
  • A axuda mínima de 500 euros terá carácter individual, polo tanto concederase a cada un dos promotores/as que acredite terse dado de alta na Seguridade Social, mutualidade ou colexio profesional.

 

  • Relación de gastos obxecto da subvención:

 

  • Os gastos de constitución serán subvencionables ao 50 %.
  • As existencias de mercancías serán subvencionables ao 50%.
  • Os gastos de aluguer de local, do vehículo industrial, de aplicacións informáticas e de equipos informáticos: subvencionables ao 50 %.
  • As primas de seguros tamén serán subvencionables ao 50 %, o mesmo que as subministracións e gastos correntes, os dereitos de propiedade industrial e o imposto de vehículos de tracción mecánica.

 

  • O procedemento da concesión das axudas a emprendedores/as tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, é dicir, non será necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas en un único procedemento ata esgotar o crédito orzamentario.

 

  • O conxunto de axudas desta convocatoria son compatibles con calquera outra concedida por empresas públicas ou privadas, estatais ou internaconais, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables.

 

  • A Concellería de Promoción Económica, dirixida por Ramón Selas, será a encargada da tramitación das solicitudes e emitirá unha proposta de concesión ou denegación das axudas á Xunta de Goberno Local.

 

  • O prazo máximo para resolver será, como máximo, de 3 meses dende a presentación de solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Barbadás.

 

 

  • Os/as beneficiarios/as das subvencións deberán poñer no seu local un cartel, de forma visible, no que se indique que a actividade está financiada polo Concello de Barbadás.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Novas, Promoción económica

CONTENT.1600879344

CONTENT.1600879344

02/09/2020

REDRUM TEATRO en Barbadás

O Programa Cultural de Verán do Concello de Barbadás “E NO VERÁN…? REFRÉSCATE COA CULTURA”, finaliza esta semana con dous eventos, o XOVES 3 DE SETEMBRO con unha proxección de cinema e o DOMINGO 6 DE SETEMBRO cun espectáculo teatral para os máis pequen@s.
DOMINGO 6 DE SETEMBRO, ÁS 20H. no Parque dos Patos de A Valenzá, actuación do Grupo REDRUM TEATRO, que nos presenta o espectáculo “A nena que quería navegar”
Sinopse:
A Nena farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.
A Nena que Quería Navegar é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.
Xénero: Teatro Familiar / Comedia Musical 50′
Organiza: Concellaría de Cultura
Patrocina: Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia

Cultura, Eventos

CONTENT.1600879344

01/09/2020

Comeza o curso na Escola Infantil Municipal de Barbadás con 73 matriculados/as

COMENZA UN NOVO CURSO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BARBADÁS, ONDE 73 NENOS E NENAS COMEZAN UNHA NOVA ETAPA NA QUE SE PRIMARÁN, SEMPRE QUE SEXA POSIBLE, AS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE

 

  • Hoxe martes 1 de setembro comenza un novo curso na Escola Infantil Municipal de Barbadás que nesta nova etapa recibindo aos 73 nenos e nenas que este año están matriculados/as, onde se primará sempre que sexa posible, as actividades ao aire libre

 

  • O luns 31 de agosto as famílias visitaron as instalacións da escola infantil para coñecer ao persoal e comprobar as reformas e os medidas de seguridade e saúde implantadas no protocolo da escola entre elas a obligatoriedade de calzado exclusivo para Escola.

 

  • Estas visitas realizaronse en pequeños grupos e de xeito escalonado.

 

 

  • Nos meses de verán pintaronse as instalacións con pintura bactericida e de fácil limpeza para asegurar unha continua desinfección.

 

  • Procedeuse á retirada de mobiliário e materiais para facilitar amplitude nas diferentes aulas.

 

  • A comunicación coas familias será principalmente por vía telefónica e por correo electrónico con cada titora.

 

  • Dende a escola pediuse a maior colaboración ás familias , xa que para cumprir os protocolos as entradas e saídas serán escalonadas e a máxima responsabilidade á hora de control de temperatura ou outros sintomas compatibles coa Covid para que todo o persoal , familias, cativos e cativas poidan desenvolver a sua actividade o mellor posible.

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1600879344