Arquivo mensual: Outubro 2020

31/10/2020

O Centro Empresarial Transfronteirizo oferta un “niño empresarial” para persoas emprendedoras

O CENTRO EMPRESARIAL TRANSFRONTEIRIZO DE BARBADÁS OFERTA UN “NIÑO” PARA A UBICACIÓN DE PERSOAS EMPRENDEDORAS

 

  • O Centro Empresarial Transfronteirizo oferta o seu último “niño” empresarial (nido empresarial).

 

  • Esta iniciativa está dirixida a calquera persoa que decida levar a cabo a creación de unha empresa.

 

  • O concelleiro de Promoción Económica de Barbadás, Ramón Selas, explicas que “a intención é que se te decides a emprender, ou tes unha idea e queres poñela en marcha, en Barbadás tes a oportunidade de instalarte nun niño empresarial e dar forma os teus proxectos”.

 

  • O Centro Empresarial Transfronteirizo, ubicado en Pontón, Barbadás é o lugar ao que calquera persoa interesada pode dirixirse. Para máis información pódese chamar ao teléfono 988 360 413 ou na seguinte dirección de e-mail: cet@barbadas.es

 

  • O CET (Centro Empresarial Transfronteirizo) dispón de 3 niños empresariais. Na actualidade só están ocupados 2 de estes lugares destinados ao emprendemento empresarial, de xeito que 1 deles queda un libre.

Novas, Promoción económica

CONTENT.1713305928

29/10/2020

Listado provisional de admitidos/as clases de reforzo de inglés ESO

Pago: 29 de outubro - 4 de novembro.

MÉTODO DE PAGO:

O pago farase efectivo, entre o 29 de outubro e o 4 de novembro, unha vez que o/a neno/a sexa admitido na lista provisional de admitidos/as publicada o día 29 de outubro.

Custo: 20€.

Ingreso bancario na conta Nº: ABANCA: ES21 2080 5342 5431 1000 9242

Concepto:”Clases Reforzo ESO” e nome dos/as menores.

Para que se faga efectiva a inscrición do/a neno/a é obrigatorio enviar o xustificante de pago, ata o 4 de novembro, a dirección de correo electrónico: educacion@barbadas.es

O listado definitivo de admitidos será publicado na páxina web do Concello (www.barbadas.es) o día 6 de novembro.

As clases comenzarán o día 9 de novembro nás Instalacións Municipais do Parque da Solaina.

Data Adxuntos
29/10/2020 Listado provisional de admitidos Aula de Reforzo Escolar Inglés ESO PDF [233 KB]

Cursos, Educación/Formación

CONTENT.1713305928

29/10/2020

Normativa en cemiterios e lugares de culto cara Fieis Difuntos

NORMATIVA MUNICIPAL RESPECTO A CEMITERIOS, CULTOS ANTE O DÍA DE FIEIS DEFUNTOS

Tendo en conta o protocolo de prevención da infección polo virus SARS-CoV-2 nos cemiterios da Comunidade autónoma de Galicia, ante a festividade de todos os santos e defuntos, publicado pola Xunta de Galicia o 22 de outubro de 2020,

RECOMÉNDASE:

Evitar o contacto físico e cumprir a medida de mantemento da distancia de seguridade
interpersoal establecida, alomenos 1,5 metros.
 Cumpriranse as medidas de limitación de agrupacións de persoas establecidas polas autoridades sanitarias.
 Seguirase a normativa en canto ao emprego obrigatorio de máscara cirúrxica/hixiénica.
Non se poderá fumar na vía pública ou en espazos o aire libre cando non se poda resspectar unha  distancia mínima interpersoal de, alomenos 2 metros
 Realizarase unha adecuada hixiene de mans e hixiene respiratoria
 Asegurarase a dispoñibilidade de dispensadores de solución/xel hidroalcohólico ou antisépticos para uso dos traballadores e visitantes en distintos puntos do recinto, sobre todo nos de maior concurrencia.
 Ampliar os horarios de apertura dos cemiterios para evitar aglomeracións
Respectar un aforo máximo dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto, establecendo un sistema para o seu control.
 De haber aseos, a súa ocupación máxima será dunha persoa para espazos de ata 4m2, salvo naqueles supostos de persoas que podan precisar asistencia.
Máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/convivintes, sendo a
duración o máis breve posible e non superior a 30 minutos en nigún caso.
Establecer circuítos diferenciados de entrada e saída do recinto.
 Se existe aparcadoiro, organizarase evitando aglomeracións de persoas
 Establecer pautas de limpeza e desinfección daquelas superficies que podan ser obxecto de contacto das mans dos visitantes
 Os aseos contarán con dispensador de xabón e papel de secado.
 Garantir un número adecuado de contedores para depositar os residuos xerados, que deberán estar abertos ou doutados de pedal de apertura.

Novas

CONTENT.1713305928

27/10/2020

O Centro Empresarial Transfronteirizo oferta o seu último niño empresarial

O Centro Empresarial Transfronteirizo oferta o seu último niño empresarial.

Se te decides a emprender, ou tes unha idea e queres poñela en marcha, en Barbadás tes a oportunidade de instalarte nun niño empresarial e dar forma os teus proxectos.

Máis información no 988 360 413 ou no cet@barbadas.es

 

Novas, Promoción económica

CONTENT.1713305928

27/10/2020

Últimas prazas cursos campus virtual

Últimas  prazas dispoñibles para cursar accións formativas do campus virtual;  campus.barbadas.gal

  • Pode accederse a un máximo de 3 accións formativas por participante.
  • O requisito previo para poder acceder á formación é superar unha proba de selección de competencias dixitais.
  • As inscricións faranse cubrindo a ficha de solicitude e enviandoa ao enderezo electrónico : cet@barbadas.es
Data Adxuntos
27/10/2020 Ficha inscrición cursos teleformación PDF [384 KB]

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1713305928

CONTENT.1713305928

23/10/2020

O Concello de Barbadás abre o prazo de inscrición para as clases de reforzo de inglés en E.S.O

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A AULA DE REFORZA DE INGLÉS PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA

O prazo para formalizar a pre-inscrición será entre o 22 ao 28 de outubro. O día 29 de outubro publicaranse as listas provisionais na páxina web do Concello: www.barbadas.es.

O importe da matrícula será de 20 euros por alumno/a e por curso

As clases comezarán o luns 9 de novembro e rematarán o mércores 2 de xuó de 2021

  • A Aula de Reforzo de Inglés para Educación Secundaria Obrigatoria é unha medida educativa dirixida a axudar ao alumnado nas súas dificultades escolares ordinarias na materia de lingua inglesa, recoñecendo e reforzando a singularidade de cada alumno/a.

  • Os/as destinatarios/as son os/as alumnos/as matriculados no presente curso escolar en E.S.O que se atopen empadroados no Concello de Barbadás, agás causas excepcionais debidamente xustificadas.

  • Será preciso un número mínimo de 8 alumnos/as por clase para que se desenvolva a actividade, en tanto que o número máximo será de 10 persoas por clase.

  • A orde de selección será por rigorosa orde entrega da solicitude, agás as solicitudes que veñan acompañadas de informe do servizo de orientación do centro docente ou informe social, que terán preferencia.

  • O prazo para formalizar a pre-inscrición será entre o 22 ao 28 de outubro. O día 29 de outubro publicaranse as listas provisionais na páxina web do Concello: www.barbadas.es.

  • O alumnado seleccionado disporá dende o 29 de outubro ao 4 de novembro para facer efectivo o pago do importe mediante o envío do xustificante de ingreso ao e-mail educación@barbadas.es.

  • Tamén pode realizarse de forma presencial no rexistro con cita previa (Casa do Concello- 988 36 00 00, nas Oficinas da Valenzá a través do buzón de citas da sede electrónica).

  • O importe da matrícula será de 20 euros por alumno/a e por curso.

  • As clases comezarán o luns 9 de novembro e rematarán o mércores 2 de xuño de 2021.

  • Horario: luns- entre as 19,00 e as 20,00 horas. Mércores: 17,45-18,45 horas.

  • O alumnado deberá acudir a clase con mascarilla. Con motivo da situación actual vincualda á propagación da Covid-19, para acceder á aula de reforzó escolar, de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias será necesario asinar unha declaración responsable, que se entregará na primeira clase á que acuda, e cumrpri as instucción que na mesma se indican.

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1713305928

22/10/2020

Clases de reforzo escolar de inglés ESO

Prazo de inscrición: 22 - 28 de outubro

Prazo de inscrición: do 22 ao 28 de outubro de 2020.

Lugar de inscrición:
Sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal
No rexistro con cita previa Concello 988360000, Oficinas municipais A Valenzá sede electrónia).

Máis información:
Educación: 988 246885
E-mail: educacion@barbadas.es

Prazas limitadas.

Data Adxuntos
22/10/2020 Bases reguladoras das clases de apoio de inglés para ESO 2020-2021 PDF [80 KB]
22/10/2020 Solicitude para as clases de apoio para ESO 2020-2021 PDF [71 KB]

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1713305928

21/10/2020

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO

Este domingo 25 de Outubro pechamos o FITO cunha actuación espectacular, será coa Compañía Burgalesa ALAUDA que nos trae os espectáculo “INGENII MACHINA”, será no Patio do Colexio Filomena Dato en A Valenzá.
Haberá varios pases:
Ás 12h. – Ás 12:30h. -Ás 13h. – Ás 13:30h.
Ás 16:30h. – Ás 17h. – Ás 17:30h. – Ás 18h. – Ás 18:30h. – e Ás 19h.
Só poderán asistir 20 persoas en cada pase (por orden de chegada), e terán unha duración de 25 minutos, despois procederase a desinfectar ás máquinas.
SIPNOSE:
Espectáculo de animación de rúa de gran tamaño baseado en diversos dispositivos mecánicos, creados coa intención de buscar a interacción lúdica e diversión do público.
Unha marioneta de 5 metros de altura, manipulada polo público, autómatas mecánicos, paneis con diversos mecanismos e engrenaxes, unha pirámide que garda no seu interior un enigma que deberás descubrir, un guindastre con mecanismos e
poleas na que tres xogadores, con máxima colaboración e coordinación, terán que conseguir transportar uns obxectos dentro dun espazo. Todo iso amenizado polo divertido Musicóptero, un triciclo que con só a enerxía xerada polos pedais pon en marcha un organillo.
¡Anímate a participar! ¡O FITO REMATA AQUÍ EN BARBADÁS!
Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1713305928

CONTENT.1713305928

CONTENT.1713305928

CONTENT.1713305928

CONTENT.1713305928

16/10/2020

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO

Mañá sábado 17 de outubro, ás 21h. ESTREA da obra “O RARO É QUE BAILAR SEXA RARO” a cargo de ANDREA QUINTANA, será no Auditorio Manuel María de Barbadás (A Valenzá)

SIPNOSE:

Isto vai de ir de cámping ao teu corpo, de montar unha festa no interior. De escoitar o fluxo do sangue. Bailar dende aí, cos xeonllos flexibles, accesibles. De mover o aire, desordenalo todo e seguir bailando.

De facerse residente do teu corpo, de estar e deixar de estar á vez. De permanecer no tránsito e ocupar ese espazo. Isto vai de bailar bailando.

Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incompresible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle.

Con todas nós:

un corpo en rebelión, atravesado,

sublevado,

a bailarina non normativa,

a bailarina faquir,

a taumaturga,

a subalterna.

Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha lea de identidades, un trampantojo dramatúrxico. Unha peza participada na que ninguén participa.

 Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión.

Recollida de invitacións na Casa da Cultura.

Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1713305928

16/10/2020

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO

Hoxe  venres 16 de outubro, ás 21h. no Auditorio Manuel María de Barbadás, actuación de CÁMARA NEGRA que nos presenta a montaxe “SI ESTO ES UN HOMBRE”
Sinopse:
En 1944, Primo Levi foi deportado a Auschwitz. Tiña 24 anos. Durante a súa estancia no campo, empezou a escribir “Se isto é un home”, o relato dos dez meses que estivo prisioneiro.
En 2020 (76 anos despois), un actor entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para tentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores do Século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado.
Unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo.
Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión.
Recollida de invitacións na Casa da Cultura.
Concellaría de Cultura de Barbadás

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1713305928

15/10/2020

Segunda xornada do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) en Barbadás

BARBADÁS SEGUE DISFRUTANDO DO TEATRO NO MARCO DA PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATROS DE OURENSE (FITO)

  • Festival Internacional de Teatro de Ourense en Barbadás.

 

  • Xoves 15 de outubro.

 

  • Casa de Cultura Manuel María, na Valenzá (Rúa San Bernabé, 37).

 

  • Compañía de teatro O mono habitado.

 

  • Posta en escena da obra “Benditas”.

 

  • Están programados 3 pases: 19,00, 20,00 e 21,00 horas.

 

  • Debido ás restriccións pola Covid só haberá 30 entradas para cada sesión.

 

  • Recollida de invitacións na Casa da Cultura.

 

  • Sinopse: unhas pastoras atópanse no campo cos seus rebaños cando teñen, ou cren ter, unha aparición mariana. A través da comicidade esta compañia propón unha mirada crítica sobre os modelos femininos que a relixión leva sosteñendo ao longo da historia.

Cultura, Novas

CONTENT.1713305928

15/10/2020

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO

Hoxe xoves 15 de outubro no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María, actuación de O MONO HABITADO coa obra “BENDITAS”
Faranse tres pases: ás 19h. ás 20h. e ás 21h.
SIPNOSE:
Unhas pastoras atópanse no campo cos seus rabaños cando teñen, ou cren ter, unha aparición mariana. Dúas mulleres e un resplandor derivan nunha conversa sobre o humano e o divino que pasará polo reproche pero tamén pola comprensión e camaradería. Un delirio entre pulgas e milagres. Benditas xorde do desexo de reflexionar como artistas sobre determinados temas e de converter esa relexión nun diálogo co público. A través da comicidade propón unha mirada crítica sobre os modelos femininos que a relixión leva sosteñendo ao longo da historia. Máis de 2000 anos de figuras sumisas, sometidas, invisibilizadas, asociadas ao pecado e valoradas como sufridoras e mártires, algo ten que ter deixado no noso incosnciente.
Benditas é a terceira produción da compañía afincada en Vitoria-Gasteiz.
Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión.
Recollida de invitacións na Casa da Cultura.
Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1713305928

13/10/2020

Último día campaña bonos comercio

O xoves 15 de outubro remata a campaña de bonos comercio.

Aínda quedan unhas horas para descargar os bonos.

#mercanocomerciolocaldebarbadas

 

Comercio, Eventos, Promoción económica

CONTENT.1713305928

13/10/2020

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO – FITO

CAMBIO DE UBICACIÓN DO ESPECTÁCULO DO MONO HABITADO
Mañá mércores 14 de outubro comenzamos o Fito, POR MOTIVOS ALLEOS Á ORGANIZACIÓN, temos que cambiar a ubicación do grupo O MONO HABITADO, pasando a realizarse no Pabillón do Colexio Filomena Dato.
Será ás 19h. e con aforo limitado (75 prazas) por orden de chegado ó Pabillón.
SIPNOSE:
Neste espectáculo sen texto dúas naves interestelares circulan polas rúas sorprendendo aos viandantes. Prodúcese un choque e en plena discusión descóbrese que un dos astronautas é un simio. Unha visión re- evolucionaria en clave de humor da carreira espacial que poñerá en dúbida as teorías de Darwin. Será difícil saber quen é a evolución de quen… Unha comedia espacial na que
o público se converte en cómplice destes inxenuos viaxeiros do espazo-tempo. Un aloucado encontro galáctico de individuos diferentes. Partindo do humor faise unha homenaxe ás seires, cómics e películas de ciencia ficción que alá polo anos 70 nos
amosaban como ía a ser o futuro.- A primeira referenciua evidente é “O planeta dos simios”, pero tamén están “Viaxe á lúa” ou “Encontros na terceira fasse”. O resultado é unha comedia espazial, un aluado pic-nic galáctico, no que o público sentirase cómplice coa inxenuidade destos viaxeiros do espazo e do tempo.
Teatro de rúa.
Aforo reducido pola COVID
¿Participa e disfruta do FITO! Por unha cultura SEGURA.

Cultura, Eventos

CONTENT.1713305928

08/10/2020

Bando sobre Medidas restrictivas ante a Covid-19

 

BANDO

INFORMASELLE Á CIDADANÍA DAS MEDIDAS, DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, VIXENTES NO CONCELLO DE BARBADÁS DENDE ÁS 00:00 DO DÍA 8 DE OUTUBRO (MADRUGADA DO DÍA 7 AO DÍA 8 DE OUTUBRO):

  • RESTRINXIDA A MOBILIDADE NA ÁREA UNIFICADA OURENSE-BARBADÁS. SÓ SE PERMITIRÁ A ENTRADA OU SAÍDA DA ÁREA POR RAZÓNS LABORAIS, EDUCATIVAS, SANITARIAS OU ASISTENCIAIS.
  • PROHIBIDAS AS REUNIÓNS, EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS, CON PERSOAS NON CONVIVINTES.
  • BARES, CAFETERÍAS E RESTAURANTES E LOCAIS COMERCIAIS:
    • AFOROS AO 50% EN ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS, DE RESTAURACIÓN E HOSTALERÍA ASÍ COMO BIBLIOTECAS, ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINANZA NON REGRADA.
    • PROHIBIDAS AS COSUMICIÓNS NO INTERIOR DOS BARES E CAFETERÍAS, SÓ SE PERMITE O CONSUMO EN TERRAZAS EN GRUPOS DE MÁXIMO 5 PERSOAS (SEMPRE CONVIVINTES) ASEGURANDO O MANTEMENTO DA DISTANCIA DE SEGURIDADE (1,5 M) ENTRE MESAS.
    • OS RESTAURANTES PODERÁN SERVIR NO INTERIOR SENTADO EN MESA A MÁXIMO DE 5 PERSOAS POR MESA (SEMPRE CONVIVINTES) ASEGURANDO O MANTEMENTO DA DISTANCIA INTERPERSOAL (1,5 M) ENTRE MESAS. OS RESTAURANTES CON CAFETERÍA NON PODERÁN SERVIR NO INTERIOR DA CAFETERÍA, SO PODERÁN UTILIZAR PARA SERVIR NO INTERIOR A ZONA DE RESTAURANTE, SEMPRE RESPECTANDO AS MEDIDAS.
    • OS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS  DEBERÁN RESPECTAR UN MÁXIMO DE TRINTA PERSOAS PARA LUGARES PECHADOS E DE SETENTA E CINCO PERSOAS AO AIRE LIBRE.

ADEMÁIS DAS XA ESTABLECIDAS:

  • O USO OBRIGATORIO DE MASCARILLA EN TODO MOMENTO A PARTIR DOS 6 ANOS. DEBERÁ   DARSE   UN  USO AXEITADO Á MÁSCARA,   É   DICIR, ESTA   DEBERÁ   CUBRIR   DESDE   PARTE   DO   TABIQUE   NASAL   ATA  O QUEIXO, INCLUÍDO. SÓ PODERÁ PRESCINDIRSE DA MASCARILLA NO MOMENTO DA CONSUMICIÓN EN CAFETERÍAS, BARES E RESTAURANTES.
  •  O CONSUMO DE TABACO OU DE CIGARRILLOS ELECTRÓNICOS NA   VÍAPÚBLICA OU EN ESPAZOS AO AIRE LIBRE, INCLUIDA A TERRAZA, SÓ SE PODERÁ EXCEPTUAR A OBRIGA DE USO DE MASCARILLA, E EXCLUSIVAMENTE DURANTE O INDICADO CONSUMO, SEMPRE QUE, TENDO EN CONTA A POSIBLE CONCURRENCIA DE PERSOAS E AS DIMENSIÓNS DO LUGAR, POIDA   GARANTIRSE O MANTEMENTO,   EN   TODO   MOMENTO,   DA   DISTANCIA   DE   DOUSMETROS CON OUTRAS PERSOAS.
  • OS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN DEBERÁN PECHAR NON MÁIS TARDE DA UNHA DA MADRUGADA, SEN QUE SE POIDA PERMITIR O ACCESO DE NINGÚN CLIENTE DESDE AS 00.00 HORAS.

 

DITAS MEDIDAS ADÓPTASEN ANTE A CRISE SANITARIA PARA FREAR A PROPAGACIÓN DO VIRUS, POLO BEN DE TODOS E TODAS.

 

SANCIONARASE A QUEN NON RESPECTE AS NORMAS.

EN BARBADÁS, A 8 DE OUTUBRO DE 2020.

O ALCALDE.

Novas

CONTENT.1713305928

07/10/2020

Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO

Este ano o Concello de Barbadás súmase á iniciativa do FITO e vai participar neste importante Festival.
A pesar dos problemas plantexados pola COVID o Festival vai continuar e mandamos a Programación tanto de Ourense como en especial a de Barbadás.
A tod@s os interesad@s dicirvos que por culpa da pandemia haberá restriccións nos aforos dos espectáculos tanto de rúa como de interior no Auditorio da Casa da Cultura,   e que estedes atent@s para poder participar.
¡Levántase o telón!

Cultura, Eventos

CONTENT.1713305928

06/10/2020

Charla sociosanitaria sobre a endometriose nas instalacións da Solaina: 16 de outubro ás 18,30 horas

O DÍA 16 DE OUTUBRO ESTÁ PROGRAMADA UNHA CHARLA SOCIOSANITARIA SOBRE A ENDOMETRIOSE NAS INSTALACIÓNS DA SOLAINA

  • A charla está programada para un aforo de 15 persoas.

 

  • É necesaria a inscrión previa, que se formalizará no e-mail igualdade@barbadas.gal ou chamando ao teléfono 988 22 22 51.

 

  • Cristina Fernández Feijóo da Asociación querENDO será a encargada de impartir a charla o día 16 de outubro ás 18,30 horas.

 

  • A continuación publicamos o impreso de inscrición, que pode vostede descargalo:

SOLICITUDE_DE__INSCRICIÓN

CIM-Centro de Información á Muller, Igualdade, Novas

CONTENT.1713305928

05/10/2020

Bando da Alcaldía de Barbadás ante o aumento substancial dos casos positivos de Covid-19 en Barbadás

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA

Ante o aumento substancial de casos positivos de Covid-19 en Barbadás É FUNDAMENTAL que cumpra vostede a NORMATIVA SANITARIA.

O CONCELLO DE BARBADÁS EMITIU UN BANDO DIRIXIDO A VECIÑANZA PARA QUE EXTREMEN AS MEDIDAS DE PRECAUCIÓN

Infórmase á veciñanza que, con motivo do aumento substancial de casos positivos de Covid-19 É FUNDAMENTAL que CUMPRA vostede A NORMATIVA SANITARIA:

  • Manteña unha distancia de seguridade de 2 metros.
  • Utilice máscara.
  • Lave as mans a miúdo durante alomenos 1 minuto.
  • Non tire as máscaras ao chan: é un risco medioambiental e sanitario.
  • Evite os desprazamentos innecesarios.
  • Evite contactos innecesarios.

Novas

CONTENT.1713305928

01/10/2020

O Festival Internacional de Teatro de Ourense inaugura e pon o broche final en Barbadás

O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE AMPLIA AS SÚAS FRONTEIRAS ATA BARBADÁS

A XORNADA DE INICIO DO FITO E A CLAUSURA TERÁN O SEU ESCENARIO EN BARBADÁS

O día 14 de outubro será a xornada inaugural do FITO coa compañía O mono habitado coa obra “Primatium, un tropezó na carreira espacial

A clausura do FITO correrá a cargo da compañía Alauda (Burgos) coa posta en escea de “Ingenii machina”

  • Este medio día presentouse en Barbadás a 13ª edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense, que se desenrolará en 3 escenarios: Barbadás (apertura e peche), Auditorio de Ourense e Universidade de Vigo.

 

  • No acto de presentación estiveron as actrices de Sarabela Teatro: Fina Calleja e Sabela Gago; o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, a concelleira de Cultura, Marga Pérez e o grupo de teatro A Rum Rum.

 

  • A xornada inaugural do FITO será o día 14 de outubro en Barbadás, con teatro na rúa a cargo de O Mono habitado (País Vasco) coa obra “Primatium, un tropezó na carreira espacial”.

 

  • 15 de outubro os/as protagonistas serán tamén O mono habitado coa obra “Benditas”.

 

  • O día 16 de outubro Cámara negra escenificarán “Si esto es un hombre”, mentres que o 17 de outubro Andrea Quintana escinificará “O raro é que bailar sexa raro”.

 

  • Como remate do FITO en Barbadás o día 25 de outubro Alauda poñerá en escena “Ingenii machina”.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou o “orgullo contar con este evento en Barbadás porque a cultura é un elemento básico para sosegar os espíritos, para trasladar ledicia e para abrir as mentes. E neste momento que estamos vivindo de “fake news”, a cultura permite abrir as mentes, abrirnos a outras culturas. A cultura ten que ser un elemento para trasladar viveza e alegría á cidadanía”
  • Valcárcel indicou que se van representar en Barbadás 5 obras nesta 13ª edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense. Sinalou o rexedor que Barbadás será o escenario onde terá lugar a apertura e peche deste festival internacional de teatro, un feito que sitúa ao municipio nun lugar privilexiado no ámbito cultural.

 

  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, destacou que o FITO “amplíe por primeira vez as súas fronteiras para chegar ao concello de Barbadás. Estamos Orgullosos/as de converternos en un punto de encontro da cultura”.

 

  • Pérez comentou que cando se nos achegou esta proposta “dende o primeiro momento dixemos que si por dúas razóns, porque o FITO é un referente cultural e porque cremos que hai que apoiar sempre a cultura. É un pracer acoller en barbadas os espectáculos a cultura enriquécenos, fainos sentir, emocionar e tamén nos evade un pouco neste tempos difíciles que estamos a vivir”.

 

  • Agradeceu á compañía Sarabela Teatro o esforzo que supón organizar un festival destas características. Tamén destacou a importancia que o coordinador da casa de cultura Manuel María de Barbadás, Alfonso Blanco, na celebración no concello deste festival.

 

  • Fina Dacosta, actriz da compañía Sarabela Teatro, destacou a colaboración de Barbadás e o “si” do que falou a concelleira de Cultura. “Esta sinerxia de colaboración e entendemento ten a súa orixe dende hai tempo, ven de colaboracións de anos anteriores, ten moito que ver con Alfonso Blanco, coordinador da casa de cultura, e para nós é como ampliar fronteiras de xeito natural para a veciñanza de Barbadás.

 

  • Dacosta explicou que o FITO “está deseñado a través de unha programación coa combinación de teatro vangardista con un tipo de teatro máis en sintonía con todos os públicos”.

 

  • Dacosta falo una presentación do feito de que “estes 13 anos convertennos en adolescentes e deutos o impulso e a ledicia para disfrutar de compañías teatrais de ámbitos diversos.

 

  • Sabela Gago, actriz de Sarabela, resaltou o cariño de Barbadas hacia a compañía teatral organizadora do evento.

 

  • Gago comentou que “´é moi lindo traballar cando o teu traballo se valora e por eso o facemos con paixón e profesionalidade”

Cultura, Novas

CONTENT.1713305928

01/10/2020

Listado alumnos/as Aula de Reforzo Escolar de Inglés – primaria

As clases comenzarán o día 5 de Outubro

As clases comenzarán o día 5 de outubro, no día que corresponda según o curso.

Será requisito imprescindible para acceder a aula que o/a alumno/a leve mascarilla.

Data Adxuntos
01/10/2020 Listado alumnos reforzo inglés 2020- 2021 PDF [153 KB]

Novas

CONTENT.1713305928