Arquivo mensual: Novembro 2020

CONTENT.1606808656

30/11/2020

Concurso de decoración de xanelas, balcóns e portais de Nadal en Barbadás

Inscricións do 30 de novembro ata o 11 de decembro de 2020

BARBADÁS ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO II CONCURSO DE DECORACIÓN DE XANELAS, BALCÓNS E PORTAIS DE NADAL 2020

Os criterios de valoración será a creatividade, a orixinalidade, a combinación de elementos e cores, a iluminación e composición e os motivos empregados para decorar 

O prazo de presentación de inscrición empeza o 30 de novembro ata o 11 de decembro de 2020 (ambos incluidos)

  • Esta campaña ten como finalidade, amosar as obras anónimas de decoración que realizan os veciños/as do Concello, coincidindo coas datas de Nadal, polo que, en ningún momento ten finalidade comercial.

 

  • Poderán participar todos os veciños/as do Concello de Barbadás, que teñan vivendas con xanelas, balcóns e portais que poidan ser decorados.

 

  • O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo.

 

  • Os criterios de valoración será a creatividade, a orixinalidade, a combinación de elementos e cores, a iluminación e composición e os motivos empregados para decorar.

 

  • Os impresos de inscrición poderán obterse, no Concello de Barbadas, na Oficina Municipal de A Valenzá ou a través desta ligazón da páxina web do Concello (barbadas.es).

 

  • Os impresos debidamente cumprimentados presentaranse por rexistro, no Concello de Barbadás, na Oficina Municipal de A Valenzá, ou a través da Sede Electrónica dende o 30 de novembro ata o 11 de decembro de 2020 (ambos incluidos).

 

  • Coa ficha de inscrición será preciso para formalizar a participación no concurso enviar unha foto da xanela, balcón ou portal ó enderezo de correo electrónico cet@barbadas.es ata o día 11 de decembro de 2020 (incluído), facendo constar no asunto do correo electrónico: PARTICIPACIÓN CONCURSO DE XANELAS OU BALCÓNS OU PORTAIS, así como o nome da persoa participante.

 

  • Na web do Concello (barbadas.es) habilitarase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente, entre os días 14 e 21 de decembro de 2020.

 

  • Unha vez se coñeza o/a gañador/a do concurso, comunicaráselle formalmente e ademais publicarase na web do Concello (barbadas.es).

 

  • Establécense os seguintes premios:

Un premio á mellor xanela por importe de 300 €.

Un premio ó mellor portal por importe de 300 €.

Un premio ó mellor balcón por importe de 300 €.

 

  • Os premios serán adxudicados aos participantes que obtivesen máis votos telemáticos.

 

  • Os premios serán entregados o día 23 de decembro de 2020.

 2020-Concurso de decoración de xanelas, balcóns....

Novas

CONTENT.1606808656

30/11/2020

Concurso de vídeos de TikTok dirixido á mocidade de Barbadás

O prazo de presentación será do 30 de novembro ao 11 de decembro de 2020.

UN CONCURSO DE VÍDEOS DE TIKTOK DIRIXIDO Á MOCIDADE PRETENDE QUE OS/AS XÓVENES DE BARBADÁS AMOSEN O SEU INXENIO E OCORRENCIA

O concurso de vídeos de TikTok é unha das novidades da programación de Nadal e está dirixido á mocidade de Barbadás con idades comprendidas entre 13 e 30 anos.

Entregaranse premios aos 3 vídeos que máis votos recibirán na web do concello.

  • O concurso de vídeos de TikTok é unha das novidades da programación de Nadal e está dirixido á mocidade de Barbadás con idades comprendidas entre 13 e 30 anos.

 

  • Os vídeos presentados deberán cumprir os seguintes requisitos: o tema a desenvolver no video xirará en torno ao Nadal e con total liberdade en canto a técnica e estilo.; a participación pode ser de xeito individual ou en grupo. A presentación feita coa aplicación TikTok.

 

  • O prazo de presentación será do 30 de novembro ao 11 de decembro de 2020.

 

  • Os vídeos creados enviaranse ao email xuventude@barbadas.es cun pseudónimo, nome completo, dirección, nº de teléfono e idade do participante.

 

  • No caso dos menores de idade, deberá incluir adxunta unha autorización dos pais ou titores legais.

 

  • No asunto da mensaxe debe indicar “Concurso de TIK-TOK 2020”.
  • Na web do Concello, barbadas.es, habilitarase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar de maneira telemática entre os días 14 e 21 de decembro de 2020.
  • Para máis información poden contactar no teléfono 988391526 ou e-mail xuventude@barbadas.es (Espazo Infantil, Parque da Solaina s/n, A Valenzá (Barbadás)

 

  • Unha vez se coñeza o/a gañador/a do concurso, comunicaráselle formalmente e publicarase o seu nome na web do concello (barbadas.es).

 

  • Entregaranse premios aos 3 vídeos que máis votos recibirán na web do concello.

 

  • Os premios serán os mesmos para os 3 gañadores (altofalante conectable por bluetooth, auriculares inalámbricos e pulseira de monotorización da actividade).

 

  • Serán entregados o día 22 de decembro de 2020 na Casa da Mocidade (Rúa do Viso, á beira das Oficinas Municipais da Valenzá).

 

Concurso TikTok

Mocidade, Novas

CONTENT.1606808656

30/11/2020

Será unha terceira vez… o Gato con Botas?

Emprendemento en Barbadás

Cris e Eva de O gato con botas
  • Cristina Arias Noia e Eva Losada Fernández coñécense dende a infancia vivida en Pereiro de Aguiar, onde compartiron vecindade e colexio, e despois, en Ourense, os estudos universitarios.

 

  • As dúas  graduaronse en Traballo Social e parte da súa vida laboral transcorría entre rapaces en risco de exclusión social no caso de Cristina, e para Eva, no mundo da animación cultural.

(máis…)

Novas, quereoviveo

CONTENT.1606808656

29/11/2020

Presentación programa de Nadal de Barbadás

Como novidades a comunicación con Papá Noël e Reis Magos a traves de videochamada de WhatsApp e a Casa da Mocidade

A PROGRAMACIÓN DE NADAL 2020-21 INCLÚE COMO NOVIDADES A COMUNICACIÓN CON PAPÁ NOEL E REIS MAGOS A TRAVÉS DE VIDEOCHAMADA DE WASAP E UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA CASA DA MOCIDADE

 O concurso de ventás e balcóns mantense e haberá animación pola rúa con fío musical

O acendido do Nadal será o 7 de decembro

  • A programación navideña do Concello de Barbadás ten como novidades este ano a comunicación cos Reis Magos e Papá Noel a través de videochamada de wasap.

 

  • Outra novidade: fío musical e entrega de premios na nova instalación da Casa da Mocidade, na que o día 26 se celebrará unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a nova instalación.

 

  • Mantense o concurso de decoración de ventás e balcóns.

 

  • Está previsto un concurso de escaparates e poñerase en marcha a segunda edición da campaña de promoción do comercio local “ReVive os comercios de Barbadás”, coa entrega de bonos por valor de 10 euros ás persoas que consuman no comercio local.

 

  • Programación:

SÁBADO 5 DE DECEMBRO

20:00h OBRA DE TEATRO  “O empapelado amarelo” – Auditorio Manuel María

DOMINGO 6 DE DECEMBRO

19:00h OBRA DE TEATRO  “O empapelado amarelo” – Auditorio Manuel María

LUNS 7 DE DECEMBRO

19:00h Inauguración do Nadal. Acendido do alumeado.

VENRES 11 DE DECEMBRO 

20:00h OBRA DE TEATRO “Bravas” (público adulto)

LUNS 21 DE DECEMBRO

18:00h Exposición e entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal

MARTES 22 DE DECEMBRO

17:00h CINE INFANTIL – Auditorio Manuel María

18:30h CINE INFANTIL- Auditorio Manuel María

MÉRCORES 23 DE DECEMBRO 

18:30h OBRA DE TEATRO- Auditorio Manuel María

LUNS 28 DE DECEMBRO

16:00h-19:00h CIRCUITO DE PATINAXE- Colexio Filomena Dato

18:30h OBRA DE TEATRO- Auditorio Manuel María

MARTES 29 DE DECEMBRO

16:00h-19:00h CIRCUITO DE PATINAXE- Colexio Filomena Dato

17:00h CINE INFANTIL- Auditorio Manuel María

18:30h CINE INFANTIL- Auditorio Manuel María

MÉRCORES 30 DE DECEMBRO

16:00h-19:00h CIRCUITO DE PATINAXE- Colexio Filomena Dato

17:00h Visita do Apalpador- Auditorio Manuel María

18:00h Visita do Apalpador- Auditorio Manuel María

LUNS 4 DE XANEIRO

18:30h OBRA DE TEATRO – Auditorio Manuel María ( Sarabela Teatro)

  • PROGRAMACIÓN DE DEPORTES E MOCIDADE:

Concurso de TikTok ( as datas son as mesmas que o concurso de balcóns, ventás…)

-15/16/17/18 decembro ( masterclass de nadal para adultos no polideportivo, martes e xoves de ioga e mércores e venres mix outras máis activas e movidas)

– 23 de decembro masterclass de nadal para nenos/as ( de 17 a 18, podendo vir acompañados de algún adulto da mesma unidade familiar)

-26 de decembro ( xornada de portas abertas na casa da mocidade).

-28/29/30 xinkana de patinaxe no “Filomena Dato” de 16:00 a 19:00

  • Video: Interviron na presentación do programa de Nadal Marga Pérez, concelleira de Cultura e Educacion; Abel Pérez, concelleiro de Deportes e Mocidade e Victoria Morenza, concelleira de Urbanismo e Servizos Públicos. Os 3 membros do goberno falaron respectivamente de programación cultural , comercio, etc: Abel falou de Deportes e Mocidade e Victoria de alumeado e fío musical. Marga Pérez falou do concurso de escaparates

Cultura, Infraestruturas/Obras/Servizos, Mocidade, Novas

CONTENT.1606808656

CONTENT.1606808656

CONTENT.1606808656

CONTENT.1606808656

27/11/2020

Aviso transporte bacharelato

Comunicación de datos bancarios

Con motivo da crise sanitaria derivada da incidencia da covid-19, o Concello aprobou unha serie de modificacións no cobro da tasa do tranporte escolar de ensino postobrigatorio.

  • A cuota correspondente o mes de setembro non se cobrará debido o aplazamento que se produciou no inicio do curso.
  • O prezo da taxa farase efectivo en entidade bancaria mediante emisión de recibos. Estes recibos emitiranse do 1 ao 10 de cada mes.
  • As cuotas pendentes, correspondentes os meses de octubre e novembro cobraranse dentro dos 10 primeiros días do mes de decembro.
  • As cuotas correspondentes os meses de decembro e xaneiro cobraranse dentro dos 10 primeiros días do mes de xaneiro.
  • Dende o mes de febreiro ata o mes de xullo, a cuota cobrarase dentro dos 10 primeiros días dos mes correspondente.
  • El coste será: 20€/mes de octubre a maio e 10€ o mes de xuño.

Para facer efectivos estes cambios, os alumnos que xa teñen praza no autobus no presente curso escolar deberán cubrir e presentar por rexistro o documento que se abxunta de comunicación de datos bancarios.

Lugar de presentación:

  • De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal
  • De forma presencial no rexistro con cita previa (Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá a través do buzón de citas da sede electrónica).

Prazo: do 27 de novembro ao 11 de decembro.

Máis información: Casa da Cultura

Teléfono: 988 24 68 85.

Correo electrónico: educacion@barbadas.es

 

Data Adxuntos
27/11/2020 Comunicación datos bancarios transporte bacharelato PDF [44 KB]

Novas, Transporte

CONTENT.1606808656

28/11/2020

Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible do Concello de Barbadás

A CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBOU EN UN PLENO EXTRAORDINARIO O PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE DO CONCELLO DE BARBADÁS

  • A Corporación Municipal de Barbadás aprobou por unanimidade o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)  do Concello de Barbadás en un pleno extraordinario telemático celebrado o día 25 de novembro.
  • o Plan está enmarcado no Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía, asinado polo Concello de Barbadás en abril de 2019.
  • Trátase de unha iniciativa das Autoridades Locais de toda Europa a prol das cidades descarbonizadas e resilintes.
  • O obxectivo é levar a cabo iniciativas en todos os ámbitos para acceder a unha enerxía sostible, segura e asequible.
  • O PACES é unha folla de ruta para acadar ata o ano 2020 unha redución de emisión de CO2 á atmosfera de un 40,3 %.
  • O plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible engloba unha serie de 28 medidas que afectan a diversos ámbitos para, precisamente, conseguir a redución de CO2.
  • Estas medidas afectan á flota de vehículos municipais, ao transporte público e privado, ás augas residuais, a residuos sólidos urbanos e á avaliación de riscos ante incendios, seca, precipitacións extremas ou inundacións, entre outras.
  • Os fondos que proveñan da Unión Europea para a reducción da produción de carbono canalizaranse a través do Pacto de Alcaldes.
  • O Concello de Barbadás actuará de difusor e informador a cidadanía, empresarios/as para contribuír a levar a cabo as reducións de CO2.

 

  • O investimento fixado no PACES ascende a 100 millóns de euros, distribuidos entre aportación municipal, de outras entidades públicas rexionais, de entidades públicas nacionais, de fondos europeos e de aportación privada.

 

  • Está estimada unha aportación municipal de 2.427.724 euros, en tanto que as entidades rexionais poderían aportar 94772€.

 

  • Está prevista no plan unha aportación de fondos europeos por valor aproximado de 21.982.442 euros e unha aportación de particulares, empresas, empresarios, proveedores, etc de 69.286.210 euros.

 

  • As aportacións de entidades nacionais previstas no PACES para Barbadás ascende a 4.612.006 euros.
  • Enumeración das 28 accións recollidas no plan:

–  Implantación de sistemas de iluminación LED no alumado público municipal.

– Mellora no sistema de acendido no alumeado público.

– Mellora da envolvente dos edificios municipais.

– Implantación de sistemas de climatización de alta eficiencia enerxética nos edificios municipais.

-Implantación de sistemas de produción de ACS (Auga Quente Sanitaria) mediante paneis solares en instalacións deportivas.

– Implantación de sistemas de iluminación de alta eficiencia enerxética nos edificios municipais.

– Implantación de sistemas de alta eficiencia enerxética en instalacións de bombeo.

– Implantación de sistemas de produción de enerxía solar fotovoltaica para autoconsumo en edificios municipais.

– Implantación de sistemas de monitorización e telemedida dos consumos enerxéticos municipais.

Formación do persoal municipal en consumo responsable en edificios e instalacións.

– Mellora da envolvente dos edificios residenciais.

– Implantación de sistemas de climatización de alta eficiciencia enerxética en edificios residenciais.

– Implantación de sistemas de iluminación de alta eficiencia enerxética en vivendas e edificios residenciais.

– Implantación de sistemas de producción de calefacción e auga quente sanitaria mediante paneis solares en vivendas e edificios residenciais.

– Implantación de uso de electrodomésticos de alta eficiencia e domótica enerxética en vivendas e edificios residenciais.

– Implantación de sistemas de produción de enerxía solar fotovoltaica para autoconsumo en vivendas e edificios residenciais.

– Realización de eventos de difusión de recomendacións para a reducción do consumo enerxético no fogar.

– Renovación da flota de vehículos municipais mediante a adquisición de de vehículos propulsados por combustibles fósiles con maior eficiencia enerxética que os actuais.

– Renovación da flota de vehículos municipais mediante a adquisición de vehículos eléctricos e híbridos.

– Formación do persoal municipal en condución eficiente.

– Emprego de vehículos con alta eficiencia enerxética en transporte público interurbano en autobús.

– Adaptación ao emprego de transporte público baixo demanda nas áreas pouco poboadas.

– Formación dos operarios de servizos públicos de transporte na condución eficiente.

– Desenrolo de un Plan de Mobilidade Urbana Sostible.

– Renovación dos vehículos de uso privado mediante a adquisición de vehículos propulsados por combustibles fósiles con maior eficiencia enerxética que os actuais.

Renovación dos vehículos de uso privado  mediante a adquisición de vehículos eléctricos e híbridos.

– Formación dos habitantes do municipio en condución eficiente.

Compostaxe “in situ”.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Medio ambiente, Novas, Transporte

CONTENT.1606808656

27/11/2020

Programa de axudas as microempresas e hostalaría máis afectadas polo COVID- 19

Extracto das Axudas as microempresas e hostalería máis afectadas polo COVID-19

Esta convocatoria de axudas ten dous programas:
– Programa I microempresas: axudas as microempresas, persoas traballadoras autónomas con persoal a cargo e negocios de sectores especialmente paralizados. Este programa
ten carácter plurianual e está financiado con 37.000.000 €, con cargo aos fondos finalistas
e propios , dentro dos cales 2.000.000 € están reservados a aquelas pemes pertencentes
a sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada.
– Programa II hostalaría: axudas ao sector da hostalaría cun orzamento de 17.000.000 €,
con cargo aos fondos finalistas e propios do Estado e fondos propios.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ( publicadas o 27 de novembro de 2020), cumprindo o disposto no artigo 29 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establece un período mínimo dun mes.

Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1606808656

30/11/2020

“Marabú” é marca de carne e rallyes

Emprendemento en Barbadás

imaxe marabu
  • Se dicimos Juan Carlos Villanueva Fernández, todos miran cara esquerda e dereita… na procura do aludido…Se dicimos Marabú, a cousa cambia. Marabú é fillo, neto e bisneto de Barbadás e do seu bisavó materno herdou o alcume que xa leva tamén o seu fillo.

 

  • É fillo de rianxeira e de carniceiro . A nai vendía rosquillas nun pequeno local do barrio da Carballeira, xa na cidade de Ourense. Nese mesmo local, Marabú ten a carnicería. Pero a súa vida leva varios capítulos e hai que contala partillada.

(máis…)

Data Adxuntos
30/11/2020 imaxe marabu JPEG [408 KB]

Novas, Promoción económica, quereoviveo, ,

CONTENT.1606808656

27/11/2020

Queres que te chamen o Papá Noel e Reis Magos??

Video chamada dos Reis Magos e Papa Noel

OS REIS MAGOS E PAPÁ NOEL CHEGARÁN AOS FOGARES DE TODAS AS CRIANZAS DE BARBADÁS A TRAVES DE UNHA VIDEOCHAMADA

  • Todos/as nenos/as de Barbadás terán a posibilidade de falar con Papá Noel e os Reis Magos este Nadal.
  • A partir de hoxe 25 de novembro  todas as crianzas do municipio de Barbadás poderán inscribirse para falar con Papá Noel e os Reis Magos.
  • O sistema para poñerse en contacto con Papá Noel e Reis Magos é a través de unha videochamada de WatsApp.
  • A través da páxina www.nadal2020.es, rexistrarse e seleccionar a provincia de Ourense.
  • O prazo de solicitude para Papá Noel remata o 17 de decembro.
  • O prazo para solicitar video chamadas finaliza o 29 de decembro.

 

Cultura, Eventos, Mocidade, Novas

CONTENT.1606808656

24/11/2020

Calendario laboral da provincia de Ourense para o ano 2021 -Barbadás

Calendario laboral da provincia de Ourense para o ano 2021

Decláranse inhábiles para o ano 2021, para os efectos laborais
retribuídos e non recuperables; ademais das festas de ámbito
estatal que se sinalan para o ano 2021 (BOE núm. 280, do 2 de
novembro de 2020) e as festas laborais propias da Comunidade
Autónoma de Galicia (DOG nº 198, do 30 de setembro de 2020)
tamén, e dentro dos respectivos termos municipais, as festas
laborais de carácter local para o ano 2021, seguintes:

Barbadás:
16 de febreiro, Martes de Entroido.
11 de novembro, San Martiño.

Novas

CONTENT.1606808656

24/11/2020

Adhesión dos comercios á II Edición da campaña “ReVive o comercio de Barbadás”

Solicitud adhesión comercios do 23 ao 30 de novembro de 2020.

Campaña comercio Navidad 2020
  • Dende as áreas de Comercio e  Promoción Económica do Concello de Barbadás ponse en marcha a II Edición da campaña “Revive o Comercio de Barbadás”, (Edición de Nadal 2020), co obxecto de estimular as vendas e dinamizar o tecido comercial do noso municipio .

 

  • Poderán adherirse  os comercios polo miúdo situados no municipio de Barbadás. Todos os comercios que queiran participar deberán encher o formulario que se achega e envialo ao enderezo electrónico cet@barbadas.es ,  dende o 23 ao 30 de novembro , ambos os dous incluídos.

 

  • A campaña porá en circulación para os/as veciños/as un total de cincocentos bonos, por valor cada un deles de 10 euros,  que os clientes poderán  utilizar como desconto en compras superiores ou iguais a 30 euros nos establecementos de Barbadás adheridos á campaña.

 

  • Estes bonos poderán ser trocados polos clientes nos establecementos participantes,  entre o 1 de decembro e o 19 de decembro de 2020 (ou ata que se troquen os cincocentos bonos postos en circulación). Cada cliente poderá trocar 2 bonos para facer dúas compras.

 

Data Adxuntos
24/11/2020 Formulario de inscrición comercios campaña Nadal PDF [514 KB]
24/11/2020 Establecementos - Bases bonos comercio NADAL 2020 PDF [144 KB]

Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1606808656

23/11/2020

Proxección da película Tódalas mulleres que coñezo

O Venres 27 de novembro, ás 20h. Proxección da película “TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO” no Auditorio Manuel María de Barbadás, dentro do Programa de actos do 25N.

Tódalas mulleres que coñezo

Xiana do Teixeiro, 2018

Do persoal ao político, as vivencias de mulleres diversas evidencian como de masculinizada e violenta segue a ser a rúa hoxe en día. En tres conversas reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de secundaria, a directora busca artellar un discurso sobre o medo que non fomente o medo, un discurso sobre a violencia que non resulte violento. Cine directo e horizontal, autocrítica e ruptura do relato. Unha historia de sororidade universal.

Entrada libre con invitación (Recollida de invitacións na Casa da Cultura)

Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión.

Organiza: CIM Barbadás

Colabora: Concellaría de Cultura.

 

 

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1606808656

26/11/2020

A “Estrella” dos pementos de Barbadás

Emprendemento en Barbadás

Imaxen de Estrella de Barbadás
  • Nos barrios de A Cal, Fornos, Rosario e Regueiro levan alomenos 50 anos co cultivo, selección e transmisión de sementes e traballos dunha horta moi variada, propia de Barbadás.

 

  • Os pais e os sogros de Estrella Freire eran “rianxeiros” como ela. A nai, Dolores de A Cal e o pai Jesús “o canario” de Fornos, deixáronlle un oficio e todo tipo de sementes. Con eles aprendeu a cultivar e vender pementos, remolachas, leitugas, tomates, cebolas brancas, ceboletas… E o seu pai xa aprendera ca súa nai e tías.

(máis…)

Novas, Promoción económica, quereoviveo

CONTENT.1606808656

21/11/2020

Toén, Barbadás, Taboadela e San Cibrao desenrolarán conxuntamente un obradoiro dual de emprego

TOÉN, BARBADÁS, TABOADELA E SAN CIBRAO DESENROLARÁN CONXUNTAMENTE UN OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO  CENTRADO NO MANTEMENTO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES NOS 4 CONCELLOS

A Consellería e Emprego e Igualdade financiará este proxecto para favorecer a empregabilidade nestes territorios

O obradoiro conxunto implicará a contratación de 1 director/a 2 docentes, 1 administrativo/a e 20 alumnos/as para un período de 9 meses

  • A Consellería de Emprego e Igualdade confirma a concesión de financiamento para un Obradoiro Dual de Emprego denominado “Concellos Rurais da Comarca de Barbadás, San Cibrao, Taboadela e Toén”.

 

  • O obradoiro de emprego que se desenrolará nos 4 concellos abrangue as especialidades de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

 

  • A posta en funcionamento deste obradoiro implicará a contratación de 2 docentes, 1 director/a, 1 administrativo/a e 20 alumnos/as para un período de 9 meses.

 

  • A Xunta de Galicia aportará 346.946 euros, en tanto que os 4 concellos participantes achegarán 31.827,46 euros.

 

  • Os módulos que se abordarán no obradoiro de emprego de Barbadás, Toén, Taboadela e San Cibrao centraranse na instalación de xardíns e zonas verdes, mantemento de mellora dos mesmos, control fitosanitario e un módulo de prácticas profesionais de instalación e mantemento.

 

  • As unidades competenciais serán as seguintes: Instalación de xardíns de interior, exterior e zonas verdes; manter e mellorar xardíns e controlar as pragas, enfermidades, malas herbas e fisiopatías.

 

  • O obradoiro dual de emprego impartirá formación complementaria ao alumnado: inserción laboral, prevención de riscos laborais, alfabetización informática, sensibilización ambiental e sensibilización en violencia de xénero.

 

  • Os Obradoiros de emprego son programas destinados a mellora e empregabilidade das persoas desempregadas, alternando a formación para o emprego xunto coa práctica laboral.

 

  • INTERVENCIÓNS EN BARBABAS ( A Valenzá, Bentraces e todo o concello):
  • Mellora da área recreativa do Barreiro, situada en Bentraces, que na actualidade se atopa nun estado de deterioro. Procederase neste espazo natural á reposición de bancos, mesas e barbacoas. Habilitarase unha zona de xogos infantís renovada. Realizaranse ademais traballos de limpeza, desbroce, lavado con hidrolimpadora dos elementos de pedra e repintado dos elementos biosaudables.
  • Axardinamento do noiro de acceso dende a rúa da Presa ao parque dos Patos. Nesta zona de bancais creados hai uns meses realizarase un axardinamento que destaque pola súa beleza e colorido. Deste xeito pretende conseguirse unha sintonía coa beleza do lugar aproveitando os bancais de recente creación.
  • Recuperación dos céspedes e pradeiras e mellora das zonas verdes do Paseo dos Amieiros.
  • Traballos de poda en diferentes zonas verdes: Solaina, Leiteira, Viso, Diestros, Canella, Salgueiriños, Searas, Area gorda, Amieiros, Patos-Vilaescusa-Lameira do Mato, Cuartas, Liberdade, Avenida Celanova, Bahamonde.

INTERVENCIÓNS EN TOÉN

  • Mellora na área recreativa San Alberte (Moreiras)
  • Mellora no parque de Fondón
  • Traballos de poda no CEIP Saco e Arce
  • Traballos de poda do arborado viario na OU-0519 ao seu paso polo núcleo de Toén.
  • Traballos de poda do arborado viario na OU-0518 ao seu paso polo núcleo de San Pedro de Moreiras.
  • Traballos de mantemento de elementos vexetais e non vexetais no parque infantil de Trellerma.

INTERVENCIÓNS EN TABOADELA

  • Creación dun parque en Santa Leocadia.
  • Traballos de mantemento e mellora na ruta de San Xoan.
  • INTERVENCIÓNS EN SAN CIBRAO DAS VIÑAS: Reposición e mellora da sinalización nas rutas do Espazo Natural de Interese Local de A Boutureira. Este Espacio Natural presenta catro rutas:
  • Ruta A : Percorrido circular: A Boutureira – Capela de San Roque – Outeiro Calvo – A
  • Ruta B : Percorrido circular: Boutureira – Laxe – Rego – Boutureira.
  • Ruta C : Percorrido lineal: Boutureira – Muíño de Soutopenedo – Igrexa de San Miguel – Cruceiro de Soutopenedo.
  • Ruta D : Percorrido líneal: Boutureira – San Cibrao das Viñas – O Condado – Noalla –Ponte Noalla –

Infraestruturas/Obras/Servizos, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1606808656

CONTENT.1606808656

CONTENT.1606808656

CONTENT.1606808656

18/11/2020

Entre flores e eventos… pasa a vida de Arturo

Emprendemento en Barbadás

Arturo - Floristería y funeraria A Valenzá
  • Arturo Varela é un emprendedor de Chantada que buscou na Valenzá o mesmo que tivo na súa infancia: “un pobo no que eu coñecía e axudaba a todos e todos me coñecían e axudaban a min”.

 

  • Abriu a funeraria Ourense en 2013 no lugar que xa coñecía dos seus anos mozos, cando xogou no equipo de Baloncesto de Barbadás. “Un tempo despois, cando quixen abrir un negocio, pensei en facelo aquí mesmo e pareceume que bares xa había moitos así que formeime para o traballo de funerario”… e está convencido de ter acertado.

 

(máis…)

Promoción económica, quereoviveo

CONTENT.1606808656

18/11/2020

Cine, charlas, teatro, coloquios e obradoiros conforman a programación do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller en Barbadás

Actividades dirixidas ao público adulto, ás crianzas e ás súas familias, ás mulleres e a toda a poboación en xeral.

TEATRO, CHARLAS INFORMTIVAS, OBRADOIROS DE SENSIBILIZACIÓN, CINE E ESPECTÁCULO DE  QUE REPASA A HISTORIA DA MULLER CONFORMAN A PROGRAMACIÓN DO CONCELLO DE BARBADÁS PARA CONMEMORAR O 25N

Programación do CIM (centro de información á muller) para o 25 de novembro,  Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

  • A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade, dende a Área de Igualdade, e con motivo do 25n – DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

 

  • A finalidade destas actividades é a promoción da igualdade e prevención da violencia, dirixidas a toda a poboación do Concello, sinala a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal.

 

  • Durante todo mes de novembro e parte de decembro haberá diferentes actividades dirixidas ao público adulto, ás crianzas e ás súas familias, ás mulleres e a toda a poboación en xeral.

 

  • A programación do 25N pretende reflexionar sobre os espazos, sobre a liberdade e sobre os dereitos que teñen as mulleres e todos os que quedan por acadar.

 

  • Esta programación está deseñada para promover e promocionar a igualdade e pór en valor ás mulleres e os seus dereitos e tamén as súas reivindicacións.

 

  • A programación arrincou o 6 de novembro con unha charla sobre endometriose e continuou o 14 de novembro con obradoiros de sensibilización e actividades lúdicas que tiveron lubar nunha carpa ubicada na rotonda da familia.

 

  • O Mércores 25 novembro ás 12:00h. realizásese a lectura do manifesto 25N diante do concello de Barbadás.

 

  • Ese mesmo día 25 de novembro no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” ás 12:00h poñerase en escena o espectáculo – conferencia “Sofía”, que aborda a estrutura que sustenta a violencia: silencio, negacións. Esta actividade vai dirixida ao público adolescente.

 

  • O venres 27 novembro contaremos cunha proxección de filme “Todas as mulleres que coñezo” no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María”, dirixida ao público xuvenil e adulto.

 

  • “Todas as mulleres que coñezo” é o título dunha longametraxe baseada en conversacións entre mulleres que relatan vivencias persoais de terror vividas nas rúas por mor de acosos ou agresións por parte de homes.

 

  • Para finalizar, o venres 11 de decembro ás 20:00h. no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” e para o público xuvenil e adulto poñerase en escena “Bravas” , un espectáculo unipersoal que ofrecen unha vision da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada.

 

  • Para todas as actividades que se levan a cabo no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” é preciso a recollida previa de invitacións.

CIM-Centro de Información á Muller, Eventos, Novas

CONTENT.1606808656

CONTENT.1606808656

CONTENT.1606808656

17/11/2020

Concurso de Tarxetas de Nadal 2020

Presentación será dende o día 17 ata o 27 de Novembro de 2020

BASES REGULADORAS DO CONCURSO INFANTIL DE TARXETAS DE NADAL 2020

  1. Destinatarios

Dirixido ás nenas e nenos do Concello de Barbadás, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

  1. Categorías

Establécense dúas categorías:

  • Alumnos/as de 1º a 3º de Primaria.
  • Alumnos/as de 4º a 6º de Primaria.

 

  1. Normas de participación

As tarxetas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • O tema da tarxeta é o espíritu do Nadal e podrá conter de forma libre calquera aspecto relativo a estas festas, valorárase a orixinalidade e a capacidade creativa.
  • Estar presentado en cartolina ou papel, tamaño DIN A5 (medio folio normal, 15×21 centímetros).

 

 

  1. Lugar e prazo de presentación

As tarxetas poderán presentarse na Casa da Cultura deixándoas no buzón habilitado para tal efecto ou nos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro.

O prazo de presentación será dende o día 17 ata o 27 de Novembro de 2020.

As tarxetas deberán presentarse en sobre pechado con pseudónimo e idade, dirixido a Concellaría de Cultura de Barbadás “Concurso de Tarxetas de Nadal 2020”, e  incluindo no interior outro sobre pechado cos datos persoais: nome e apelidos, dirección, idade e nº de teléfono.

 

  1. Premios
  • Entregaranse dous premios por cada categoría, consistentes en:
    • Categoría alumnos/as de 1º a 3º de Primaria:

1º Premio: un puzle 3D e un lote de libros.

2º Premio: un puzle 3D e un  lote de libros.

 

    • Categoría alumnos/as de 4º a 6º de Primaria:

1º Premio: un altofalante conectable por bluetooth e un lote de libros.

2º Premio: un altofalante conectable por bluetooth e un  lote de libros.

 

  • O xurado estará composto pola Concelleira de Cultura, coordinador da Casa de Cultura e por un membro do equipo directivo dos CEIP do Concello de Barbadás.

 

  • O nome dos gañadores ou gañadoras publicarase na páxina web do Concello de Barbadás (www.barbadas.es) a partir do 30 de novembro de 2020.

 

  • Todas as tarxetas presentadas ao concurso serán expostas na sala de exposicións da Casa de Cultura do Concello de Barbadás durante o periodo de Nadal, dende o día 21 de decembro ata o día 7 de xaneiro.

 

  • Os premios entregaránse na Casa da Cultura o día 21 de Decembro, coincidindo coa inauguración da exposición de todas as tarxetas presentadas, na Casa de Cultura ás 18 h.

 

  • A tarxeta galardoada co 1º Premio de calquera das dúas categorías poderá ser utilizada para o Programa Cultural destas datas, as postais finalistas poderán ser utilizadas para felicitar o Nadal por parte do Concello de Barbadás.

 

 

A participación no concurso suporá a aceptación das presentes bases.

A Concellaría de Cultura resérvase o dereito a realizar os cambios que poida considerar necesarios.

 

Data Adxuntos
17/11/2020 Bases concurso tarxetas de Nadal 2020 PDF [222 KB]

Cultura, Educación/Formación, Novas

CONTENT.1606808656

16/11/2020

#eugastoenBarbadás

Campaña de promoción do comercio local de Barbadás

#eugastoenbarbadas

Chega un Nadal moi, moi diferente… para todos e todas.

Que che parece se tentamos vivilo con tranquilidade, paciencia e solidariedade con todos os veciños e  visitantes? (máis…)

Novas, quereoviveo

CONTENT.1606808656

CONTENT.1606808656

CONTENT.1606808656

15/11/2020

Recollida de xoguetes ata o 7 de decembro, para que ningún/ningunha neno/a se quede sen agasallo este Nadal

Cartaz campaña recollida de xoguetes de Nadal

Campaña de recollida de doazóns de xoguetes e xogos para que todos/as nenas teñan un agasallo en Nadal

Finaliza o 7 de decembro

As doazóns recolleranse ata o 7 de decembro no Banco Solidario (Rúa do Ensino, 5, A Valenzá, os martes entre as 16,00 e as 18,00 horas) e no polideportivo da Valenzá (rúa Calzada Romana, de luns a venres de 8,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 18,00 horas).

O teu xesto conta!

Eventos, Servizos sociais

CONTENT.1606808656

14/11/2020

Campaña de recollida de xoguetes para o Nadal con destino ao Banco Solidario de Barbadás

Recollida de doazóns ata o 7 de decembro de 2020

campaña recollida xoguetes

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES PARA O BANCO SOLIDARIO DE BARBADÁS

“Este Nadal ningún/ningunha neno/a sen agasallo” é o título desta campaña solidaria promovida pola Concellería de Servizos Sociais

  • “O teu xesto conta!” é o espírito da campaña solidaria de recollida de xogos e xoguetes.

 

  • “Este Nadal ningún/ningunha neno/a sen agasallo” é o título desta campaña solidaria promovida pola Concellería de Servizos Sociais.

 

  • As doazóns recolleranse ata o 7 de decembro no Banco Solidario (Rúa do Ensino, 5, A Valenzá, os martes entre as 16,00 e as 18,00 horas) e no polideportivo da Valenzá (rúa Calzada Romana, de luns a venres de 8,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 18,00 horas).

 

  • A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Barbadás inicia una  campaña de recollida de xoguetes con destino ao Banco Solidario para levar ilusión a nenos/as neste Nadal.

 

  • As crianzas que recibirán estes xoguetes poderán disfrutar con xogos e elementos que desexen doar outras familias para que o espíritu navideño chegue a todos os fogares.

 

  • A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, asegura que esta campaña ten como obxectivo “asegurar o dereito a xogos e xoguetes de todos/as nenas e nenos”.

 

  • A cadea solidaria da campaña de doazón de xoguetes ten como finalidade “doar un xoguete , sempre en bo estado, para contribuir a que os/as nenos e as nenas poidan disfrutar neste Nadal, de xoguetes e xogos”.

 

  • Con esta iniciativa “fomentamos a solidariedade entre os/as mais pequenos/as, para que coñezan o valor de compartir e axudar a quen o máis o precise”, comenta González Nistal.

 TODAS E TODOS OS NENOS E NENAS TEÑEN O DEREITO DE TER UN XOGUETE NO NADAL

 

Cartaz campaña recollida de xoguetes de Nadal

Novas, Servizos sociais

CONTENT.1606808656

14/11/2020

Campaña “Agresión off: eu digo non á violencia sexual

14 de novembro, de 16:00 a 20:00 h., na glorieta da familia de A Valenzá

CAMPAÑA “AGRESIÓN  OFF:  EU DIGO  NON *Á VIOLENCIA SEXUAL 2020 “

 Sábado 14 de novembro de 2020

Lugar: Glorieta da Familia (avenida Celanova,39)

Horario: 16,00-20,00 horas

Actividade aberta ao público en xeral

 

  • Esta campaña serve para  previr e sensibilizar a  cidadanía sobre o que  é a violencia    sexual, e para que en  moitos casos,  as mulleres  poidan  identificala.
  • Na caseta ofrécese á cidadanía participar en diferentes talleres de sensibilización e actividades lúdicas, sempre cumprindo con toda a normativa de prevención contra a            covid-19.
  • Todos os talleres son inclusivos e están dirixidos a todas as idades. No caso do público infantil, hai un espazo especial destinado a dinámicas adaptadas á súa idade.
  • Os talleres están divididos en áreas de traballo con contidos concretos co obxectivo de sensibilizar á poboación contra a violencia sexual.

 

Entre as temáticas que se abordan destacan :

  • O desmantelamento de estereotipos de xénero co obxectivo de combater o sexismo desde a infancia.
  • Mitos sobre o amor.
  • Alerta de
  • A parella e a igualdade.
  • Autoestima e valoración
  • Violencia e novas tecnoloxías.
  • Educación en igualdade, e a importancia de estar informados.

 

 

Igualdade, Novas

CONTENT.1606808656

14/11/2020

Campaña do Concello de Barbadás de apoio á Hostalaría do municipio

Relación de establecementos hostaleiros que permanecen abertos co servizo de recollida en local e entrega a domicilio

O CONCELLO DE BARBADÁS PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE APOIO Á HOSTALARÍA ANTE O PECHE DOS ESTABLECEMENTOS DECRETADA POLA XUNTA PARA MINIMIZAR O IMPACTO DA COVID

  • O Concello de Barbadás, a través do Centro Empresarial Transfronteirizo, pon en marcha unha campaña de apoio ao sector da Hostalaría elaborando un listado de establecementos abertos e que poden seguir prestando os seus servizos.

 

  • A Xunta de Galicia emitiu unha Orde o 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

  • A Orde da Xunta indica que os establecementos de restauración, restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio.

 

  • A normativa da Xunta establece que “en todo caso evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados mantelñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios”.

 

  • O Concello de Barbadás inicia unha campaña co título “Apoia á Hostalaría de Barbadás”.

 

  • A través do Centro Empresarial Transfronteirizo elaborouse un listado de establecementos que permanecen abertos e prestan servizos de atención ao/á consumidor/a.

 

  • Apoia á Hostalería de Barbadás.

 

  • Apoia aos/ás teus/túas hosteleiros/as.

 

  • Apoia ao emprendemento do teu concello.

 

  • Faino por eles/as.

 

  • Faino por tod@s.

 

  • Hostalaría de Barbadás.

 

Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1606808656

06/11/2020

Gratuidade para a segunda crianza na Escola Infantil Municipal

O CONCELLO DE BARBADÁS IMPLANTA A GRATUIDADE PARA A SEGUNDA CRIANZA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

  • O Concello de Barbadás implanta neste novo curso 2020-2021 a gratuidade para o/a segundo/a fillo ou filla e sucesivos na Escola Infantil Municipal de Barbadás.

 

  • As familias, neste caso 34 serán as benficiarias e non pagaran ningúnha cuota mensual e ademáis non é preciso que se faga ningún trámite ou solicitude.

 

  • Estas familias xa foron informadas dende a dirección da Escola Infantil de esta nova situación.

 

  • A concelleira de Educación, Marga Pérez, destaca que “esta gratuidade supón unha gran axuda nestes momentos de crise económica e sanitaria”.

 

  • O Concello de Barbadás desde o mes de setembro adopta a medida de gratuidade de atención educativa na súa escola infantil de 0-3 anos para segundos/as e sucesivos/as fillos, é dicir, todas as familias cuxo segundo fillo ou filla e sucesivos da unidade familiar estea matriculado na escola infantil de Barbadás beneficiaranse desta medida, sempre que o primeiro fillo non supere os 18 anos de idade. No Concello de Barbadás son 34 familias as beneficiadas desta medida.

 

  • O financiamento desta medida realízase a través do cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais previa solicitude do Concello, a través da adhesión a un programa do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

 

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1606808656

CONTENT.1606808656

04/11/2020

Charla sobre a endometriose

Charla sobre a endometriose nas instalacións municipais do parque da Solaina

Día: 6 de novembro

Hora: 18,30 horas

Prazas limitadas: 15 persoas

A inscrición para a asistencia a esta charla de realizarse a través do e-mail: igualdade@barbadas.gal

Teléfono do Centro de Información á Muller de Barbadás: 988 22 22 51

Imparte a charla Cristina Fernández Feijóo, da Asociación querendoENDO

 

SOLICITUDE_DE__INSCRICIÓN_ENDOMETRIOSE (2)

Eventos, Igualdade, Novas

CONTENT.1606808657

03/11/2020

Menú do mes de novembro purés da Escola Infantil Municipal

Menú do mes de novembro (purés)

23/07/2020

Matrícula Escola Infantil Municipal Curso 2020/2021

Matrícula Curso 2020-2021 da Escola Infantil Municipal

21/07/2020

Lista definiva de admitidos/as e excluídos/as da Escola Infantil Municipal para o Curso 2020/2021

Lista definitiva de admitidos e excluídos da Escola Infantil Municipal para o Curso 2020-2021

CONTENT.1606808657

03/11/2020

Menú do mes de novembro da Escola Infantil Municipal (2-3 anos)

Menú do mes de novembro (2-3 anos)

23/07/2020

Matrícula Escola Infantil Municipal Curso 2020/2021

Matrícula Curso 2020-2021 da Escola Infantil Municipal

21/07/2020

Lista definiva de admitidos/as e excluídos/as da Escola Infantil Municipal para o Curso 2020/2021

Lista definitiva de admitidos e excluídos da Escola Infantil Municipal para o Curso 2020-2021

CONTENT.1606808657

CONTENT.1606808657

02/11/2020

Biblioteca Pública Municipal de Barbadás

A Biblioteca Pública Municipal de Barbadás informa:

A partir do luns 2 de novembro volvemos ó noso horario habitual de funcionamento:

De luns a venres de 10 a 13h. e de 16 a 20h.

Continuamos coas restriccións da COVID, así pois Non se pode acceder aos fondos libremente, haberá que pedilos ao persoal da Biblioteca.

É necesario pedir os libros a través do correo electrónico: biblioteca@barbadas.es

Para buscar libros da nosa Biblioteca poden facelo en: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

Mandamos as novidades desta 2ª quincena de outubro do 2020.

Data Adxuntos
02/11/2020 Boletín de Novidades 2ª Outubro_2020 PDF [565 KB]

Cultura, Eventos

CONTENT.1606808657

CONTENT.1606808657