05/04/2022
Barbadás acolle a 34ª edición da Feira Apícola de Galicia
BARBADÁS ACOLLE A 34ª EDICIÓN DA FEIRA APÍCOLA DE GALICIA CON PONENCIAS DE ÁMBITO INTERNACIONAL, CATAS DE MEL E UNHA ACTIVIDADE DIDACTICA NO COLEXIO RUXIDOIRO
Esta mañá presentouse o evento no Centro Empresarial Transfronteirizo, sede da Agrupación Apícola de Galicia
O evento desenrolarase vía streaming e contará coa presenza virtual de expertos de Arxentina, Francia e Italia
- A presentación da 34 edición da Feira Apícola das Rías Baixas tivo lugar este mediodía no Centro Empresarial Transfroiterizo de Barbadás, onde ten a súa sede precisamente a Agrupación Apícola que reúne a varias asociacións de toda Galicia.
- Victoria Morenza, tenente alcalde do Concello de Barbadás, destacou que “esta feira ten un longo percorrido, é un evento de carácter internacional no que participan países como Francia, Arxentina e Italia”.
- A feira celebrarase o 9 de abril e nesta ocasión trala pandemia “tívose que desenrolar vía streaming e tivo bastante éxito a nivel internacional, motivo polo que se mantén o formato por ter máis acollida e implantación”, indicou Morenza.
- Previamente á feira apícola e vinculada con este encontro, desenrolaranse unha xornada didáctica no colexio de Barbadás de O Ruxidoiro. Nesta actividade didáctica os/as menos/as do centro educativo poderán coñecer de preto o proceso de obtención do mel e os seus efectos beneficiosos.
- Morenza sinalou que Ourense é unha das provincias de toda Galicia máis profesionalizada no sector apícola e onde hai máis colmeas de toda Galicia e de aí que teña esta implantación e que sexa na provincia de Ourense, concretamente en Barbadás, dende onde se lance esta Feira Apícola.
- A feira vai incidir na innovación no proceso productivo, tamén vai abordar cuestións como enfermidades da Apis mellifera, mentras que unha das partes máis atractivas do evento son as catas comentadas, nas cales hai prazas limitadas dun máximo de 40 participantes.
- A agrupación para o desenvolvemento e formación do sector apícola Agrupación Apícola de Galicia creouse en 1999 cos obxectivos de fomentar a práctica da apícultura da nosa comunidade e proporcionar asesoramento técnico e servizo cualificado a todos e todas os apicultores e apicultoras galegos que é algo fundamental a formación, o asesoramento, a innovación, destacou a tenente alcalde de Barbadás.
- Dar a coñecer o universo da apicultura ao público é un dos seus obxectivos e un fin que se materializaba a través da súa tradicional Feira Apícola das Rías Baixas que se foi transformando nesta feira vía streaming.
- Foi imprescindible dar a coñecer a importancia de ter un mel con contraetiquetas reguladas baixo a Indicación Xeográfica Protexida de Galicia “para seguir precisamente avanzando en todos os aspectos da innovación e do progreso deste sector. Outro dos obxectivos é visibilizar o mundo da apicultura e o mel de Galicia e levar a cabo unha labor directa e inestimable para a vida como pode ser a polinización”, comentou Morenza
- José María Seijo, presidente da Agrupación Apícola de Galicia, explicou que a Feira das Rías Baixas foi unha feira fundada nas Rías Baixas, concretamente en Vigo, despois pasou á zona do Porriño, e tiñamos salí un recinto que o concello do Porriño nos cedeu pero que unha vez que veu a pandemia, no era factible seguila celebrando nesta ubicación”.
- A solución foi facela on line e xa é esta a terceira edición que se celebra en Barbadás, indicou Seijo, quen destacou “o agradecemento ao Concello de Barbadás, co que temos unhas comunicación excelentes e dende o inicio da pandemia a nosa decisión foi facela dende aquí, xa levamos dous anos, este xa vai ser o terceiro as cales saíron expléndidas cunha comunicación amplia, chegou a moitísimas partes, felicitaronnos polas condicións que se están facendo” .
- A feira apícola comezará ás 10:25 e as 10:30, cinco minutos máis tarde xa empezaríamos. “A primeira sería dar información do producto, dos resultados, estamos cun sistema de I+D+i, creamos o máximo cun sistema de control de colmenas sobre peso, temperaturas, sobre ruído, vibración”.
- Aos/ás apicultores ofrécelles toda a información perfecta de cómo están as colmeas. “Non fai falta ir ás colmeas, a través do móvil podemos estar lendo o que está pasando no noso colmear, non en todas as colmeas pero con que teñamos dúas ou tres referencias é suficiente. Este é un sistema que se está facendo co apoio da universidade e varios compoñentes máis pero pode ser o futuro de levar un colmear sen ter que ir ás colmeas, explica Seijo.
- Ás 11 abordarase un dos aspectos fundamentais: para que as colmeas estén ben hai que controlar a raíña. “É o motor principal das colmeas entón neste caso Gilles Fert que é especialista en cría de raíñas, vai ofrecer unha visión completa da cría de raíñas, cómo seleccionar as nosas colmeas para ter unha boa abella e que funcionen ben”, detallou o presidente da Agrupación Apícola de Galicia.
- Ás 13,00 horas ao italiano Antonio nanetti que nos abordará as enfermidades , “un dos temas que se están controlando o problema máis grande que temos os apicultores neste momento. Tátase de un parásito que xa chegou aquí no 85 e dende entón se podería dicir que nos está matando todas as abellas. Se desarrolla a unha velocidade terrible, hai 50.000 productos pero de cada vez hai máis hai que innovar e a forma de utilizar o producto é saber se os tratamentos son máis efectivos ou menos efectivos. Entón este experto vai dicir como é a investigación que se está facendo e como está utilizando o ácido sálico frente a estes problemas”, comentou Seijo.
- Ás 17,00 horas haberá unha cata comentada neste caso despois comentará Ester polo miúdo xa que é a presidenta do consello regulador e as 18 horas temos a un especialista en manexo invernal. Como por al colmeas para que pasen ben o inverno chamado Martín Colombani, médico especialista en producción apícolas de Argentina. As nosas abellas non se comportan igual que as de Arxentina , hai diferentes climatoloxías, hai diferentes razas de avellas. Pero nos vai dicir unha información de cómo van as cousas funcionando.
- Ester Ordóñez, presidenta do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Mel de Galicia e veterinaria a Agrupación Apícola de Galicia iniciou a súa intervención afirmando que “a min tócame a parte máis doce. Neste caso falaremos da cata comentada en formato on line virtual e este e o kit que recibirán os participantes na súa casa donde van mostras de mel de Galicia e mostras da Alcarria”.
- Ordóñez anticipou que “é a primeira vez que se fai unha cata on line comentada de degustación con dúas denominacións de calidade englobadas, neste caso Alcarria e mel de Galicia, porque moitas veces se fala de mel pero para que a xente saiba que realmente se pode falar de meles, hai distintos meles”.
- Dentro de Galicia temos unha variedade moi clara entre os meles de costa e os meles de interior. E despois tamén a diferencia é ver que tamén o mel é un produto intimamente ligado ao territorio e que non ten nada que ver un mel de Galicia co mel de Alcarría, que vai a ser outras características totalmente distintas, máis aromáticas, detallou Ester Ordóñez.
- A veterinaria indicou que “hai que probar distintos tipos de meles igual que hai que probar distintos tipos de queixos, distintos tipos de viños e bueno, buscar o mel que nos gusta”.
- Nos colexios xa se leva facendo dende fai moito de tempo a actividade do achegamento á apicultura de Galicia. “Aos nenos e nenas encántalles realmente o mel xa que é unha golosina natural. Pero unha golosina natural que lles aporta moitisimas cousas, lles aporta: vitaminas, minerais, antioxidantes… E a eles realmente encantalles que deben de engadilo, tanto eles coma nós, a unha dieta saudable. Por que nos somos o que comemos, somos o que consumimos. E isto, realmente, o mel de galicia é un produto a engadir nunha dieta saudable, detalla Ordóñez.
- Ordóñez destacou a colaboración coa Universidade de Vigo no Campus de Ourense, “onde fixemos un estudo de investigación durante tres anos e as conclusións de comparativa do mel de Galicia en comparación con respecto aos meles a nivel mundial, sairon que o mel de Galicia ten máis vitaminas, máis minerais e un poder antioxidante que se pode comparar con froitas e verduras co cal o deixa moitisimo mellor que o resto dos meles a nivel mundial”.
- Temos que pensar máis nesto, que os consumidores apoien e merquen esta contraetiqueta que garante o orixe do mel de Galicia de calidade diferenciada e a maiores que están apoiando a estos apicultores e apicultoras Galegas que manteñen o rural vivo e que nos benefician a todos coa polinización que fan e a biodiversidade de Galicia.
- Na cata ademais vaise facer un sorteo dos produtos de Belacolmea que é unha linea de cosmética natural que sacou a agrupación apicola de Galicia. É un produto de inovación que é unha marca colectiva para que as explotacións apicolas poidan aumentar a renda das súas explotacións diversificando a súa renda por que a metereoloxia inflúe moito neste sector e entonces, claro hai moitos apicultores que estaban últimamente un pouco desanimados porque a climatoloxia non os estaba axudando o cal claro, diversificar un pouco, non só o mel senón tamén o pole, propole, a cera ou a innovación a través de pasar estes produtos a unha linea de cosmética natural que ademais leva o selo de Galicia por que todos os produtos levan mel de Galicia, que poidan aumentar súas rendas e poder vivir no rural e do rural.
- A actividade didáctica no colexio O Ruxidoiro desenrolarase o venres 8 de abril. “É unha actividade que lles encanta e se lle achega a través de historias e demais a apicultura en si e degustas o mel que é distinto o mel da costa que o de aqui de interior xa que é unha golosina natural que lles encanta”, sinalou Ester Ordóñez.