18/03/2025
O 24 de marzo abre o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás
O prazo estará habilitado ata o 11 de abril de 2025

Dende o día 24 de marzo ao 11 de abril, estará habilitada a recepción de solicitudes de matrículas novas para o curso 2025-2026 para a Escola Infantil Municipal de Barbadás.
A achega do impreso de solicitude, poderá facerse nas oficinas municipais ou a través da Sede Electrónica.
Data | Adxuntos |
---|---|
18/03/2025 | SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CURSO 2025-2026 PDF [204 KB] |