01/09/2022

Terceira Edición da Romaría Feminista de Barbadás: 3 de setembro no Parque dos Carrís

MESAS DE DEBATE, MÚSICA, POSTOS DE RÚA, ESPAZO GASTRONÓMICO, ZONA INFANTIL...

MESAS DE DEBATE, MÚSICA, POSTOS DE RÚA, ESPAZO GASTRONÓMICO E ZONA INFANTIL CONFORMAN A PROGRAMACIÓN DA III EDICIÓN DA ROMARÍA FEMINISTA DE BARBADÁS QUE TERÁ LUGAR O 3 DE SETEMBRO

A Banda da Loba, De Vacas, e The Tetas Van protagonizarán o apartado musical na tarde-noite no Parque dos Carrís da Valenzá (ao carón do polideportivo)

Carmen Calvo, ex-vicepresidenta do Goberno e Presidenta da Mesa de Igualdade do Congreso dos Deputados abordará nunha conferencia a “axenda das mulleres”

  • A Concellería de Igualdade do Concello de Barbadás organiza a III Romaría feminista que terá lugar o vindeiro día 3 de setembro de 2022.

 

  • A xornada consistirá nunha serie de mesas de debate durante o día, nas que se abordarán cuestións relacionadas coa igualdade e o feminismo, dando paso pola tarde-noite a unha serie de concertos a cargo de grupos musicais femininos: A Banda da Loba, De Vacas e The Tetas Van.

 

  • Durante toda a xornada poderán visitarse postos na rúa a través dos que se lle dará visibilidade ao traballo de mulleres emprendedoras, artesáns, asociacións e plataformas de mulleres que queiran expoñer os seus traballos e/ou dar a coñecer a súa actividade.

 

  • Tamén haberá unha zona gastronómica así como un espazo infantil para facilitar a conciliación.

 

  • Esta pretende ser unha xornada de reivindicación e tamén de celebración que se desenvolverá na área recreativa fronte ao campo municipal “Os Carrís”.

 

  • A concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, explicou hoxe ao mediodía na presentación do evento no propio parque dos Carrís que “despois de dous anos de espera, por fin podemos presentar hoxe a III Romaría Feminista do concello de Barbadás, dándolle así continuidade á que comezou no ano 2018”.

 

  • “A Romaría Feminista pretende ser unha xornada de celebración do feminismo e da igualdade nunha xornada na que participarán diversas grupos de pandereteiras do noso concello, Vagalumes de Sobrado do Bispo e as Lambisqueiras de Barbadás, colectivos de mulleres aos que queremos agradecer dende o Concello de Barbadás a súa participación neste importante encontro” sinalou González Nistal.

 

  • A xornada dará comezo coa intervención de Dona Carmen Calvo que é Presidenta da Mesa de Igualdade do Congreso e ex-vicepresidenta do Goberno de España, que ofrecerá unha conferencia na que abordará a axenda das mulleres.

Carmen Calvo asistirá á III Romaría Feminista de Barbadás

  • Logo ese mesmo día xa pola tarde, despois do xantar, están programadas 2 mesas de debate. A primeira comezará as 16:30 da tarde na que se falará sobre a muller e emprendemento coa participación de mulleres emprendedoras de distintos ámbitos como Elena Ferro unha gran coñecida zoqueira, Eva Castro, en representación da Asociación Executivas de Galicia, e Ana Pumar que é auditora de contas. Esta mesa estará moderada por Ana Valado que é experta en comunicación.

 

  • “Acto seguido e non menos importante as 18:30 da tarde contaremos con outra mesa que falará sobre a muller e a cultura coa intervención da escritora Ledicia Costas, con Mª Xosé Porteiro escritora e xornalista e en representación do audiovisual galego teremos dúas grandes actrices que son Berta Ojea e Laura Míguez. Esta mesa estará moderada pola locutora Montse Estévez, indicou a edil de Igualdade.

 

  • González Nistal destacou na presentación da III Romaría Feminista de Barbadás que “dende aquí quero comunicar a todas as persoas que queiran acudir a esta romaría que saiban que contaremos cun espazo para xantar e cear onde non pode faltar o polbo, tan tradicional nas nosas romarías galegas”.
    “Dende aquí animamos a todas as persoas a que se acheguen ao noso concello e vivan un día de feminismo e de igualdade, achegando a home e mulleres a este día por igual”.

 

  • Nistal rematou a súa intervención destacando que “non nos podemos esquecer dos mais pequeniños/as polo que imos ter un espazo infantil para poder conciliar. Tampouco podemos esquecer o día de festa, entón pola noite a romaría vaise converter nun gran escenario con grandes actuacións onde vamos a ter uns grandes concertos sendo o primeiro o da A Banda da Loba, seguido de  De Vacas e The Tetas Van”.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, comentou que “estamos diante a III Romaría Feminista aquí en Barbadás que pretende ser, e creo que conseguimos, ser pioneiros en Galicia. Non se trata só de reivindicar, que si, que é algo fundamental, senón de celebrar o que é o feminismo. O feminismo ao final o que pretende é acadar dereitos e igualdade para todas e todos, esta romaría non quere excluír a ningún colectivo, pretende ser globalizador e englobador”.

 

  • Valcárcel destacou que “vivimos momentos que consideramos que tamén son difíciles a pesares de que hai grupos e colectivos que están nunha defensa continua do feminismo e da igualdade e tamén hai outros grupos da sociedade e incluso políticos que ven o feminismo doutro xeito, ven o feminismo como agresión. Sen embargo, o feminismo é integración porque se non avanzamos no feminismo tanto homes como mulleres xuntas e xuntos, non avanza a sociedade. O feminismo é esencial para o avance da sociedade”.

 

  • Valcárcel considera que “Se miramos no noso entorno, incluso na Unión Europea, estamos observando que hai lugares, países nos que os dereitos, non son só das mulleres, que os dereitos de colectivos diferentes están en risco, non vou a poñer nomes pero todos sabemos a que países nos referimos. Tamén hai países nos que dereitos que estaban consolidados dende hai 50 ou 60 anos pois volven a estar en risco, coártanse argumentando a liberdade dos demais, pois a liberdade ten que ser usada en maiúsculas e para defender e para ser unha persoa plena hai que respectar os dereitos e as liberdades desa persoa para ser posible a súa realización persoal na súa integridade.”

 

  • Dentro da programación da Romaría, en xornada de mañá, comezaremos ás 12:00h coas actuacións das Pandereteiras de Sobrado do Bispo e das Lambisqueiras de Barbadás que darán paso ás 13:00h á conferencia de apertura da III Romaría Feminista, co título “A axenda das Mulleres” a cargo de Carmen Calvo Poyato (Presidenta da Mesa de Igualdade do Congreso e ex-vicepresidenta do Goberno de España).

 

  • Xa pola tarde, haberá dúas mesas de debate. A primeira delas, ás 16:30h na que se abordará o tema “muller e emprendemento” coa intención de visibilizar e poñer en valor o papel das mulleres como creadoras e emprendedoras e na que contaremos coa intervención de varias mulleres referentes do emprendemento feminino en sectores moi distintos como Elena Ferro (zoqueira) ou Ana Pumar Atrio (auditora de contas), así como coa presencia de Eva Castro Outeiriño en representación da Asociación Executivas de Galicia. Esta mesa de debate estará moderada por Ana Valado (economista, experta en comunicación, marketing e proxectos de marca).

 

  • Mais tarde, ás 18:30h, tocaranos debater sobre “Muller e cultura”, nesta mesa abordaremos o papel das mulleres na cultura coa intención de visibilizar o traballo e a presenza das mulleres en diferentes disciplinas relacionadas co ámbito cultural para o que contaremos coas intervencións de dúas actrices, Berta Ojea (que ademais foi fundadora do Sindicato estatal Unión de Actores y Actrices e ocupou o cargo de secretaria de igualdade en dito sindicato, ademais de ser creadora dos premios Mujeres en Unión por la Igualdad entre outras) e Laura Míguez Escudero (ourensana e involucrada en proxectos relacionados coa igualdade tamén). Na mesa ademais estarán Ledicia Costas Álvarez (escritora) e Mª Xosé Porteiro García (escritora e xornalista). A moderadora será Montse Estévez Varela (comunicadora).

 

  • Como tamén queremos celebrar esta xornada III Romaría Feminista dende un ambiente lúdico e festivo celebrando o feminismo e reivindicando a igualdade, unha vez rematadas as mesas de debate daremos paso as actuacións musicais de grupos femininos referentes da música galega: ás 20:00h A Banda da Loba ás 22:00h De Vacas e ás 00:00h The Tetas Van.

 

– PROGRAMA –

III Romaría Feminista

Sábado, 3 de setembro

Fronte ao Campo Municipal “Os Carrís”

Conferencias e mesas de debate
  • 12:00 – Inauguración da Romaría

Actuación de Pandereteiras de Sobrado Do Bispo e As Lambisqueiras de Barbadás.

  • 13:00 – Apertura: A axenda das mulleres:

Carmen Calvo Poyato: Presidenta da Mesa de Igualdade do Congreso e Ex-vicepresidenta do   Goberno de España

  • 16:30 – Mesa de debate: “Muller e emprendemento”
    Elena Ferro, Zoqueira
    Eva D. Castro Outeiriño, Asociación Executivas de Galicia
    Ana Pumar Atrio, auditora de contas
    Modera: Ana Valado, economista, experta en comunicación, marketing e proxectos e marca
  • 18:30 – Mesa de debate: “Muller e cultura”

Ledicia Costas Álvarez, escritora
Berta Ojea, actriz
María Xosé Porteiro García, escritora
Laura Míguez Escudero, actriz
Modera: Montse Estévez Varela, comunicadora

III Romaría Feminista Concello de Barbadás

 

Concertos
  • 20:00 A Banda Da Loba
  • 22:00 De Vacas
  • 00:00 The Tetas Van

Concertos III Romaría Feminista Concello de Barbadás

Barbadás Quéreo Viveo, CIM-Centro de Información á Muller, Igualdade, Novas

CONTENT.1726075937

SINGLE.1726075937