25/11/2024

25N Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

Cartel The Witch

O próximo venres 29 de Novembro actuación de DIANA SIEIRA co espectáculo “The Witch”, será ás 20h. na Sala Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
The Witch é unha invocación aos elementos. Unha palabra máxica. Unha liberación. Un espectáculo ritual que convida ao público a vivilo. Dentro, a Cómica, a Menciñeira e a Acusada entrelazan as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción para rematar nunha danza catárquica que as levará á fogueira (ou non).
Pois as tres son unha. E unha son as tres. A Inquisición observa, pero neste ritual, o público é soberano.
The Witch é un espectáculo no que o público participa a través de pequenos xogos, outorgándolle unha maior implicación na historia. Os xogos siguen a estructura do xogo do clown: eu douche, ti dasme, e de paso botamos unhas risas.
O espectáculo é presentado pola actriz cabareteira, que é a que se gaña ao público coa súa vis cómica. Logo aproveitaranse deste vínculo xa creado as diferentes personaxes nas que a actriz se convirte: a menciñeira, a acusada, o inquisidor… Todo é un xogo!
E mentres xogamos, a historia é contada. E mentres xogamos, as cousas vanse poñendo serias. Así, as escenas van pasando da comedia ó drama, do pasado ó presente, do real ao ficticio, para ver finalmente saír á nosa protagonista camiño da súa condena… ou non!
Non en van, a Witch ensinouche a facer os teus propios rituales. Se ti herdas esta sabedoría, The Witch permanece inmortal.
Día: Venres 29 de Novembro.
Hora: 20h.
Lugar: Sala da Casa da Cultura | Barbadás.
Espectáculo recomendado para maiores de 12 anos.
Duración: 70 minutos.
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura)
Organiza: Centro de Información á Muller de Barbadás. CIM
Colabora: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1747736135

SINGLE.1747736135