17/02/2021

2º Plan de rescate dirixido a persoas traballadoras autónomas e microempresas

A Delegacion Territorial da Xunta de Galicia en Ourense organiza  un Webinar específico o xoves 18 de febreiro ás 13.00 horas, para informar da orde de axudas do 2º plan de rescate destinado ás persoas autónomas traballadoras e microempresas.

Para poder asistir, deberá rexistrarse , a través da plataforma para videoconferencias da Xunta de Galicia, Cisco Webex.
Unha vez rexistrado, chegaralle un correo electrónico automático confirmando a inscrición, facilitándoselle a ligazón de acceso ao webinar.

Se teñen algún problema para realizar a conexión poderán  dirixirse por correo electrónico ao enderezo: cau-videoconferencias@xunta.gal

 

Eventos, Promoción económica

CONTENT.1728535004

SINGLE.1728535004