09/04/2021
31 fotógrafos/as transmiten as súas vivencias na exposición “Casas sen xente”
Ata o 30 de abril de 10 a 14:30 h. e de 16 a 20 h. de L-V
31 FOTÓGRAFOS/AS TRANSMITEN AS SÚAS VIVENCIAS NA EXPOSICIÓN “CASAS SEN XENTE”
“Casas sen xente” é a historia de 31 fotógrafos e fotógrafas “que teñen as súas vivencias nesas casas sen xente pero chea de recordos coas lembranzas que ven nelas”
- Durante o 2020, a Agrupación FotoSíntese, baixo o título de “Casas sen Xente”, crea a súa exposición colectiva. Trinta e unha fotografías de outros tantos fotógrafos e fotógrafas que amosan un traballo de grupo onde tentamos representar o seu punto de vista sobre o coñecido tema da “Galicia Vaciada”.
- Son fotografías “que tratan non só do despoboamento, nestas imaxes poden apreciarse e sentirse as ausencias, as paredes que perderon a vida, as pegadas da fuxida, a memoria dun pasado que xa non vai voltar, esa herdanza que parece baleira pero amosa o gran contido dos que alí habitaron”, explica Luis Álvarez, presidente da agupación fotográfica “FotoSíntese”.
- “Este esquecemento parece penetrado por un vento ferido que nos abre os papeis dunhas cartas do pasado que nos interrogan sobre o alí acontecido”, destaca Álvarez.
- “Casas sen xente” é a historia de 31 fotógrafos e fotógrafas “que teñen as súas vivencias nesas casas sen xente pero chea de recordos coas lembranzas que ven nelas”, comenta Ana Valado, da agrupación fotográfica “FotoSíntese”.
- Trátase de “unha reivindicación do noso, das nosas orixes que vivimos e sentimos dende dentro, xa que ás veces as casas se pechan, déixanse, pero nunca se abandonan”, sinala Valado.
- Segundo Valado “somos as nosas vivencias, coas nosas cicatrices, coas nosas feridas e coas nosas tiritas e iso, e o que o fai parte de nós, non son abandonos, son casas sen vida pero cheas de historia”.
- Segundo Luis Álvarez, presidente da Asociación “FotoSíntese”, agradece a corporación de Barbadás a cesión da Casa da Cultura para a presentación de esta obra.
- Álvarez indica que “o que pretendemos con esta exposición é poñer sobre o tapiz o tema da nosa terra vaciada”. Engade que “aínda que se fale e trate de lugares deshabitados ten unha gran virtude, xa que esos lugares que parecen baleirados teñen moitas pegadas do pasado e nos transmiten moitas cousas, suxerencias, que hai moita vida dentro, moita emoción, moita vivencia, que a pesar de ese aspecto de abandono, segue habendo unha presencia humana moi intensa dentro de esos lugares”.
- A mostra poderá visitarse ata o 30 de abril en horario de 10 a 14:30h. e de 16 a 20h. de luns a venres.