04/05/2018

CASTRO TRAIL DE SOBRADO: Máis participantes e unha ruta con máis beleza natural

Cita co deporte de natureza en Barbadás o vindeiro 6 de maio

A 3ª EDICIÓN DO CASTRO TRAIL DE BARBADÁS AUMENTA O NÚMERO DE SENDEIROS DO PERCORRIDO PARA INCREMENTAR A BELEZA DO ITINERARIO

Máis de 200 persoas participarán nesta cita co deporte de natureza en Barbadás o vindeiro 6 de maio

A organización amplía o prazo de inscrición ata o día 3 de maio

  • A terceira edición do Castro Trail de Sobrado do Bispo (Barbadás) reunirá a máis de 200 deportistas o vindeiro 6 de maio.

 

  • As modalidades para participar serán trail longo (24 quilómetros), trail curto (15 quilómetros) no apartado competitivo. Haberá tamén unha andaina que se desenrolará ao longo dun percorrido de 15 quilómetros.

 

  • No que se refire ás categorías dos/as participanes no trail longo, establécense a absoluta, senior e veteranos, tanto no apartado masculino como feminino.

 

  • O trail curto establece a categoría absoluta masculino e feminino e haberá trofeos para os/as 3 primeiros clasificados/as.

 

  • A inscrición amplíase ata o día 3 de maio. O prezo do trail longo é de 14 euros, o trail curto de 12 euros e a andaina terá una aportación por participante de 6 euros.

 

  • As inscricións poden realizarse en ChampionChip Norte ou en Run Maniak (tenda de atletismo e “trail running” ubicada en Ourense).

 

  • David Losada e Reyes Bóveda, membros do equipo Castro Trail estiveron hoxe na presentación do evento xunto con Adrián Varela, concelleiro de Deportes.

 

  • O punto de partida será a Praza de San Xoán, en Sobrado, o domingo día 6 ás 9,00 horas.

 

  • Unha vez rematadas as tres probas os/as participantes e as persoas que acudan a Sobrado poderán disfrutar dun final de festa coa actuación La Banda de Mazinger” de Vigo.

 

  • David Losada, un dos organizadores do evento, destacou “a beleza do percorrido para que os/as participantes disfruten da vexetación, do entorno e de lugares diferentes respecto de outras edicións”.

 

  • Losada comenta que nesta terceira edición diminuíronse o número de pistas polos que transcorre o itinerario e aumentáronse os sendeiros co obxectivo de ampliar a riqueza visual e o disfrute do entorno.

 

  • O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, indica que “dende o Concello queremos mostrar o noso apoio e colaboración a celebración de eventos deportivos que poñen a Barbadás no mapa deportivo provincial e galego, xa que acudirá un gran número de participantes de fóra do municipio de Barbadás”.

 

  • Outro aspecto a destacar é que o percorrido diseñado polos organizadores vai a permitir ós participantes disfrutar da beleza paisaxística dunha das zonas máis vistosas do noso Concello, xa que ó longo do seu percorrido transitará polo monte dos Castros, entorno de gran beleza natural, apunta Varela.

 

  • Varela amosou “o agradecemento dende o Concello ós membros do Castro Trail, polo esforzo que para eles supón a organización desta proba, e invitalos a manter estas proba no calendario deportivo do Concello de Barbadás”.

 

  • Os/as mellor clasificados recibirán premios en metálico, agasallos e trofeos.

 

  • O equipo Castro Trail, promotor da iniciativa, amosaron a súa disposición a manter a cita en Barbadás co deporte de natureza.

 

  • David Losada afirmou que a participación en eventos similares, a organización do Castro Trail e o feito de converterse nun equipo aberto trouxo como consecuencia un avance notable para o equipo tanto en número de integrantes como en infraestrutura propia.

Deportes, Novas

CONTENT.1711713268

SINGLE.1711713268