16/05/2018

Barbadás Street Food. gastronomía, música e animación infantil

 

MÚSICA, GASTRONOMÍA, ANIMACIÓN INFANTIL E COMIDA NA RÚA: PRINCIPAIS ATRACTIVOS DA “BARBADÁS STREET FOOD”

 

Un total de 7 “food trucks” ambientarán A Valenzá con unha proposta gastronómica diferente á da edición anterior

 

O escenario musical acollerá a MCarballo Band, Daniel Minimalia, 33 RPM e Soul &Roll

  • Os días 18, 19 e 20 de maio A Valenzá (Glorieta da familia) acollerá unha nova edición da “Barbadás Street Food”.

 

  • 7 food trucks, procedentes da provincia de Ourense, do resto de Galicia e doutros lugares de España ofrecerán as súas propostas gastronómicas durante a fin de semana.

 

  • Food Trucks participantes: 1) La Piccola (pizza), 2) Gale Truck (hamburguesas), 3) Kilómetro Fuego (asiática), 4) Toloache (mexicana), 5) Arepa Olé (venezolana), 6) Mean& Dogs (hot dogs), 7) Crepes & Roll (doce e salgado).

 

  • As persoas que participen na “Barbadás Street Food” poderán degustar un amplo abano de comidas: veganas, vexetarianas, sen gluten, menús infantís, etc.

 

  • Haberá tamén produtos ecolóxicos, por exemplo carne de razas de tenreira con selo de calidade .

 

  • Un dos atractivos desa edición de “Comida na rúa” será a presencia dun camión que alberga no seu interior un forno de leña no que se elaborarán pizzas artesanais.

 

  • O apartado musical, “Barbadás Street Fest”, comprende as seguintes actuacións: MCarballo Band (venres ás 21,30 h); Daniel Minimalia (sábado ás 20,00 h); 33 RPM (sábado ás 21,30 h) e Soul & Roll o domingo ás 20,00 h.

 

  • O domingo día 20 de maio haberá animación infantil a partir das 12,30 do mediodía: música, xogos e obradoiro de pintura.

 

  • Unha das novidades desta nova edición é a colaboración coa asociación animalista ALMA (Asociación de Ladridos e Maullidos Adoptables), con sede no municipio de Barbadás.

 

  • O artista Daniel Minimalia doará a esta asociación os donativos en metálico ou en especies (piensos, por exemplo) que os/as asistentes ao concierto deste artista queiran aportar para colaborar con este colectivo cuxo obxectivo é protexer aos animais abandoados ou que viven en colonias.

 

  • Na “Barbadás Street Food” participarán os seguintes food trucks: Kilómetro Fuego (cociña fusión: opción vexetarianas e sen glute; Arepa Olé (cociña caribeña: opcións vexetarianas, veganas e sen glute);Crepes & Roll: crepes doces e saladas; Mean Dogs: perritos gourmet; De La Piccola: pizzas artesas feitas en forno de leña; Gale Truck: hamburguesas de razas autóctonas galegas; Toloache: cociña mexicana.

 

  • Tamén participará o establecemento ubicado na Valenzá Toffee Glass con doces e postres caseiros.
  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, comenta que “o Concello de Barbadás en xeral e a Concellería de Comercio neste caso seguen apostando por potenciar as actividades innovadoras no noso concello”.

 

  • “Os food trucks son unha atracción máis que teñen como finalidade atraer cidadáns do municipio e doutros lugares da provincia para que se acheguen a Barbadás”, sinala Valcárcel.

 

  • Na presentación do evente estiveron Rubén Amorín, un dos organizadores do evento, Marga Perez, concelleira de Comercio e Victoria Morenza, segunda tenente alcalde do Concello de Barbadás.

 

  • Rubén Amorín destacou “o atractivo que este tipo de eventos supoñen para as persoas que queren pasar un fin de semana agradable degustando unha ampla veiedade de propostas gastronómicas”. Explica Amorín que “este ano tratouse de ofrecer outra oferta gastronómica diferente á da edición anterior para atraer máis público”.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Comercio, afirma que “á vista do éxito acadado o ano pasado, tanto en número de visitantes como en valoracións positivas, este fin de semana temos a oportunidade de disfrutar no noso concello unha vez máis unha proposta tan orixinal e divertida”.

 

  • Para Marga Pérez a clave está en que se ofrece “un plan diferente con comida de calidade, boa música e sorpresas, unha oportunidade estupenda para achegarse a Barbadás”.

Comercio, Eventos, Novas

CONTENT.1713557167

SINGLE.1713557167