20/11/2019

6ª edición do RallyMix de Barbadás

10.000 AFECCIONADOS CONTEMPLARÁN AS DIFERENTES PROBAS DO RALLYMIX DE BARBADÁS

A 6ª edición do rally de Barbadás contará con unha participación superior respecto a edicións anteriores

A participación de pilotos de outros países pretende abrir esta cita coa automovilismo ao ámbito internacional

  • A sexta edición do RallyMix de Barbadás ten previsto un incremento de participación. Na última edición foron arredor e 60 os/as participantes, mentras que en 2019 a previsión é a de chegar ata os/as 75 pilotos.

 

  • Unha das novidades da edición de 2019 é a retransmisión en directo da clasificación dos/as pilotos e dos resultados.

 

  • No apartado de seguridade a coordinación correrá a cargo de un director médico e habilitanrase na zona de 2 ambulancias.

 

  • Está previsto tamén un dispositivo especial de Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil.

 

  • A 6ª edición conta co patrocinio da Dirección Xeral para o Deporte, a Deputación de Ourense e o Concello de Barbadás.

 

  • O presidente da Escudería Barbadás, Juan Carlos Villanueva: Marabú, agradeceu hoxe ao mediodía na rolda de prensa de presentación do “rally” o apoio das institucións e das empresas patrocinadoras.

 

  • Villanueva apelou a que se respecten as normas de seguridade previstas para o RallyMix e destacou a figura de Gonzalo Belay, o homenaxeado nesta edición do evento deportivo.

 

  • Iván Corral, presidente da Federación Galega de Automobilismo, destacou a importancia do RallyMix de Barbadás e o feito de que se reúnan en Barbadás un nutrido grupo de afeccionados en un intenso fin de semana, “onde deporte e gastronomía irán da man”.

 

  • Corral falou da presencia de pilotos de outros países: un inglés, un rumano e un polaco, que “non só aportarán experiencia, senón que tamén imprimirán ao rally de Barbadás unha impronta de carácter internacional”.

 

  • Dende a organización do evento deportivo invitaron a afeccionados non só de Galicia, senón tamén do norte de Portugal, Asturias e Castela-León.

 

  • O RallyMix de Barbadás desenrolarase os días 23 e 24 de novembro. O sábado día 23 a partir das 9 da mañá produciranse as verificacións e ás 12 do mediodía terá lugar a primeira proba automovilística.

 

  • Ao acto de presentación da 6ª edición do RallyMix asistiron, ademais do presidente da Federación Galega, Iván Corral, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Marabú, presidente da Escudería Barbadás, Bernardino González, en representación da Deputación, Manuel Pérez, xefe de servizo da Secretaría Xeral para o Deporte en Ourense, José Manuel, en nome de Consultores Barreiros, e representantes da Garda Civil de Tráfico.

 

  • O RallyMix de Barbadás contará con un total de 21 puntos de control ao longo deun percorrido de 6,7 quilómetros.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, indicou que o Concello colabora a través de diversos ámbitos, entre eles a retransmisión en directo do rally a través da canle “Siradio”, onde dende hai semanas se está anunciando e publicitando o evento.

 

  • Para unha correcta comunicación co público asistente, habilitarase “un equipo móbil de megafonía instalado en un vehículo correctamente identificado, que estará en funcionamento durante toda a carreira e efectuará un percorrido antes de cada pasada, avisando do inicio da mesma”, explicou Abel Cortés, concelleiro de Deportes de Barbadás.

 

  • Vehículos que participarán non RallyMix: vehículos de montaña, de autocross, os quad biplaza ou os carcross, entre outros.

Deportes, Eventos, Novas

CONTENT.1713614075

SINGLE.1713614075