04/03/2024
8 de Marzo Día da Muller
Cartel Lúcía Álvarez
O venres 8 de Marzo, ás 20h. recital poético musical da actriz LUCÍA ÁLVAREZ para conmemorar esta data tan importante.
Nacións Unidas instaurou o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller, cos obxectivos de promover a igualdade de xénero, o liderado das mulleres e a eliminación de calquera discriminación contra a muller para conseguir a súa plena participación na sociedade, nas mesmas condicións que os homes.
Unha data coma esta temos que reflexionar sobre a evolución das condicións de vida e o traballo das mulleres de todo mundo, pero tamén nos anima a fomentar accións que contribúan a mellorar e afianzar eses avances. E nesta andaina é indiscutible o papel que xogou o movemento feminista e todo o tecido asociativo, así como as mulleres da Cultura da Galicia e de Ourense.
A actriz LUCIA ÁLVAREZ, propón collendo da man a escritores e poetas imprescindibles para a nosa lingua nun intenso percorrido literario pola poesía dos poetas e das poetísas galegas, en especial ourensáns, como de Curros, Celso Emilio, Pura Vázquez, Antón Tovar, José Ángel Valente, Victor Campio, o xa máis contemporaneas como Monste Villar, Chus Pato, Celia Parra, Alba Cid, Yolanda López, Yolanda Castaño. Todo isto acompañado de música en directo a guitarra por José Luis Troitiña Mota.
Deste xeito reivincar e sumarnos nesta data aos actos do 8 de marzo que se desenvolven dende todas as administracións e dende diferentes organizacións, para que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva, para que a sociedade sexa, en definitiva, máis xusta con todas e todos .
Entrada libre con invitación (Recóllense na Casa da Cultura)
Día: Venres 8 de Marzo
Lugar: Sala Manuel María de Barbadás.
Evento: Recital poético Musical.
Público: Todos os públicos.
Organiza REAOU (Rede de Auditorios de Ourense)
Concellaría de Igualdade de Barbadás.
CIM Barbadás.
Concellaría de Cultura de Barbadás.